Por unha xestión municipal responsable e dilixente

3
Moción do Grupo Municipal Ourense en Común a presentar no pleno ordinario do mes de xaneiro (08/01/2016) Por unha xestión municipal responsable e dilixente Moción presentada para a constitución dunha comisión informativa sobre as principais concesións municipais e a creación dun grupo de traballo que estude, tendo en conta a actual lexislación, a posibilidade de recuperación paulatina de servizos municipais. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: PREÁMBULO: Dende Ourense en Común entendemos que os concellos poden e deben recuperar e facer efectiva a súa vontade de ser a casa de todas. Un obxectivo asumible pola actual corporación municipal se avanza nos compromisos de transparencia e participación defendidos por todas as organizacións políticas en campaña electoral. Para isto é necesario devolver a confianza nas institucións públicas provocada pola corrupción, primeiro problema despois do desemprego como apuntaba o barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) do mes de novembro de 2015. Queremos un Concello dilixente na xestión e que sexa quen de dar resposta ás demandas e necesidades da veciñanza. Un Concello das persoas, non das empresas. E para isto o único modo de facelo é traballar máis e mellor. Unha encomenda do goberno pero tamén da oposición e dos propios empregados públicos. DIAGNOSE E XUSTIFICACIÓN O pleno ordinario do Concello de Ourense do día 7 de marzo de 2014, por quince votos a favor dos grupos municipais do Partido Popular, Bloque Nacionalista Galego e Democracia Ourensana e once votos en contra do grupo municipal do PSdeG-PSOE, aprobaba a moción número 4.7 Moción do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego para constituír unha comisión informativa sobre as concesións municipais e crear un grupo de traballo que estude a súa posible remunicipalización. Na moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego, apoiada daquela por dous grupos presentes na actual corporación (Partido Popular e Democracia Ourensana), facíase referencia o impacto social que o levantamento do segredo de sumario na denominada “Operación Pokemon” tiña na “perda de confianza nas institucións democráticas e en xeral no descrédito da política”. Por estas razóns, e outras, adoptáronse naquela sesión plenaria os seguintes ACORDOS: 1º- Que se constitúa unha Comisión informativa sobre as principais concesións municipais (ORA, guindastre, lixo, servizo de axuda no fogar, limpeza de zonas verdes, limpeza de edificios públicos, abastecemento de auga, transporte, matadoiro...). 2º- Que se cree un grupo de traballo que estude a posibilidade de rescate e remunicipalización destes servizos públicos concesionados, tendo en conta a actual lexislación.

description

Moción do Grupo Municipal Ourense en Común a presentar no pleno ordinario do mes de xaneiro (08/01/2016) para a constitución dunha comisión informativa sobre as principais concesións municipais e a creación dun grupo de traballo que estude, tendo en conta a actual lexislación, a posibilidade de recuperación paulatina de servizos municipais.

Transcript of Por unha xestión municipal responsable e dilixente

Page 1: Por unha xestión municipal responsable e dilixente

Moción do Grupo Municipal Ourense en

Común a presentar no pleno ordinario do mes

de xaneiro (08/01/2016)

Por unha xestión municipal responsable e dilixente

Moción presentada para a constitución dunha comisión informativa sobre as principais concesións

municipais e a creación dun grupo de traballo que estude, tendo en conta a actual lexislación, a

posibilidade de recuperación paulatina de servizos municipais.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

PREÁMBULO:

Dende Ourense en Común entendemos que os concellos poden e deben recuperar e facer efectiva

a súa vontade de ser a casa de todas. Un obxectivo asumible pola actual corporación municipal se avanza

nos compromisos de transparencia e participación defendidos por todas as organizacións políticas en

campaña electoral. Para isto é necesario devolver a confianza nas institucións públicas provocada pola

corrupción, primeiro problema despois do desemprego como apuntaba o barómetro do Centro de

Investigacións Sociolóxicas (CIS) do mes de novembro de 2015.

Queremos un Concello dilixente na xestión e que sexa quen de dar resposta ás demandas e

necesidades da veciñanza. Un Concello das persoas, non das empresas. E para isto o único modo de

facelo é traballar máis e mellor. Unha encomenda do goberno pero tamén da oposición e dos propios

empregados públicos.

DIAGNOSE E XUSTIFICACIÓN

O pleno ordinario do Concello de Ourense do día 7 de marzo de 2014, por quince votos a favor dos

grupos municipais do Partido Popular, Bloque Nacionalista Galego e Democracia Ourensana e once votos

en contra do grupo municipal do PSdeG-PSOE, aprobaba a moción número 4.7 Moción do grupo municipal

do Bloque Nacionalista Galego para constituír unha comisión informativa sobre as concesións municipais e

crear un grupo de traballo que estude a súa posible remunicipalización.

Na moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego, apoiada daquela por dous grupos

presentes na actual corporación (Partido Popular e Democracia Ourensana), facíase referencia o impacto

social que o levantamento do segredo de sumario na denominada “Operación Pokemon” tiña na “perda de

confianza nas institucións democráticas e en xeral no descrédito da política”. Por estas razóns, e outras,

adoptáronse naquela sesión plenaria os seguintes ACORDOS:

1º- Que se constitúa unha Comisión informativa sobre as principais concesións municipais (ORA,

guindastre, lixo, servizo de axuda no fogar, limpeza de zonas verdes, limpeza de edificios públicos,

abastecemento de auga, transporte, matadoiro...).

2º- Que se cree un grupo de traballo que estude a posibilidade de rescate e remunicipalización

destes servizos públicos concesionados, tendo en conta a actual lexislación.

Page 2: Por unha xestión municipal responsable e dilixente

O daquela grupo de goberno PSdeG-PSOE, amparado no Artigo 65 Punto 3 do Regulamento

orgánico de goberno e organización do Pleno e a Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións, nunca

chegou a constituír a citada comisión informativa nin avanzar no estudio da recuperación da xestión

municipal directa de servizos. Deixando así sen efecto o acordado por maioría en sesión plenaria.

Coa constitución da nova corporación no mes de xuño de 2015 e a chegada ao goberno municipal

do Partido Popular, as competencias en materia de contratación pasaban a depender da concelleira Dª.

Isabel María Castelo Villanueva xunto coas áreas de Turismo e Termalismo, Compras, Suministros e

Formación Ocupacional. Malia ao anterior, o obrigado rendemento de contas da acción de goberno nesta

materia integrábase dentro da Xunta de Área de Facenda e Servizo Xerais á que non asiste a citada

concelleira nin como presidenta nin como vogal. Algo contemplado no marco regulamentario, pois non é de

obrigado cumprimento a presenza física da persoa responsable de cada área. Agora ben, este mesmo

marco si esixe o rendemento de contas ordinario, sexa transmitido pola concelleira presidenta da xunta,

neste caso Dª. Ana María Fernández Morenza, ou mediante comunicación escrita.

Dende o 21/07/2015 ata o 22/12/2015 celebráronse un total de 24 Xuntas de Área de Facenda e

Servizos ás que a concelleira delegada da área de contratación, Dª. Isabel María Castelo Villanueva, asistiu

só unha vez como aparece recollido na acta do 27 de outubro de 2015. Dende esta data ata a actualidade

non se ten prestado información algunha sobre a acción de goberno en materia de contratación,

acumulando preguntas e solicitudes de información por parte dos diferentes grupos da oposición.

A inexistencia xa que logo de canles de información directa para unha correcta labor de

fiscalización e control da acción de goberno por parte dos grupos da oposición, impide coñecer en que

estado se atopan contratos pendentes ou concesións en precario. Entre os máis destacados polo seu alto

custe está o prego de Transporte Público Municipal, pero son moitos máis os que están pendentes de

adxudicación ou execución como a rede Wifi-Ourense, parque público de bicicletas de aluguer, paneis

publicitarios, axuda no fogar, etc. Proceder que mantén no escurantismo un área de goberno nodal no que a

transparencia e loita contra a corrupción se refire pois concentrou un grande número de requirimentos

policiais no pasado.

EPÍLOGO:

Na moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego (vid supra), aprobada cos votos a favor de

Partido Popular e Democracia Ourensana, afirmábase que “os representantes políticos no Concello de

Ourense debemos (...) axudar a erradicar as posibles prácticas fraudulentas” na administración pública.

Dende Ourense en Común entendemos ademais que o grupo de goberno, e tamén os da oposición, temos

a obriga de contribuír a unha xestión dilixente dos servizos municipais que demanda a veciñanza. Polo que

só compartindo información, tempos e prioridades nun foro específico que solucione os mencionados

problemas na Xunta de Área correspondente; conseguiremos un concello no que os recursos sexan

administrados con responsabilidade na procura do ben común.

De igual modo entendemos que é preciso camiñar na recuperación da xestión directa de moitos

destes servizos esencias. Un proceder que permitiría superar a falta de transparencia e a corrupción

presente en moitas contratas, rebaixar o custo para o consumidor final, a degradación dos servizos, etc. Así

a todo é obrigado o cumprimento dos contratos vixentes, polo que o único modo de avanzar pasaría por

anticiparse e comezar xa a estudar estratexias de remunicipalización e mancomunización naquelas áreas

nas que sexa posible. Unha acción conxunta entre técnicos e grupos políticos no goberno e na oposición

tendente a recuperación paulatina, previo estudo de viabilidade, das actuais concesións de servizos a

empresas privadas, evitando novas licitacións e prórrogas de servizos cuxos prazos de concesión vaian

finalizando.

Page 3: Por unha xestión municipal responsable e dilixente

É por todo o anterior que o grupo municipal Ourense en Común presenta ao Pleno para o seu

debate e aprobación os seguintes

ACORDOS:

1. Dar cumprimento efectivo, coa adaptación necesaria ao momento presente, á moción número 4.7

(citada na exposición de motivos) aprobada no pleno ordinario do Concello de Ourense do día 7 de

marzo de 2014 constituíndo unha comisión informativa sobre as principais concesións municipais e

creando un grupo de traballo que estude, tendo en conta a actual lexislación, a posibilidade de

recuperación paulatina de servizos municipais.

E para que conste aos efectos oportunos Martiño Xosé Vázquez Mato, en calidade de concelleiro e

voceiro do grupo municipal de Ourense en Común, asina o presente documento en Ourense a 30/12/2015

Asdo. Martiño Xosé Vázquez Mato