Pontusalena

32
Pontusalena Historia dunha cidade Historia de Pontevedra

Transcript of Pontusalena

Pontusalena

Historia dunha cidade

Historia de Pontevedra

Ilustración de Fernando Noriega García

En Mascotilandia, temos unha mascota que ten moitos anos, moitísimos anos. Ten máis anos que Vilaverdiño, Antío e Lampi xuntas, ten máis anos que as mascotas do colexio. É unha mascota con máis de 4000 anos. Chámase Pontusalena.

Ten orellas puntiagudas, nariz longo, cabelo crecho e ollos pequenos. Só lle quedan dous dentes e a carón do lume fala e fala.

Traballou como mascota na Fracha, e dende alí, dende o alto, medrou ollando a cidade, os seus ríos (Lérez, Rons e Gafos), a ría,...

Pontusalena pode contarnos moitas historias sobre Pontevedra … queredes escoitala?

Cando Pontusalena era pequerrechiña e ollaba cara á ría, alguén lle contara unha lenda, desa lenda ela lembra que…

- Pontevedra non se chamou sempre Pontevedra. Seica hai moito tempo un arqueiro grego chamado Teucro chegou á costa, á beira do Lérez e como lle gustou tanto o lugar, fundou alí unha cidade, chamoulle Helenes.

Pontusalena imaxinaba como sería Teucro e a cidade e como sería de grande situada onda o río...

Ao facerse grandiña Pontusalena puido ver a construción dunha vía romana enorme que viña dende Portugal, púñanlle miliarios.

Era a vía XIX… ao chegar ao río Lérez fixeron unha ponte e a vía continuaba ao outro lado …

Preto da ponte había unha mansión romana, unha especie de área de descanso onde descansaban as persoas que viaxaban por aquela calzada romana e onde alimentaban os cabalos. A mansión chamábase Turoqua … Pontusalena pasaba as tardes contando os carros e os cabalos que chegaban á mansión,

Así que Pontevedra primeiro recibiu o nome de Helenes, despois o de Turoqua … recibiría algún nome máis?

Pontusalena lembra que ao redor daquela mansión e preto da calzada romana foron xurdindo vivendas, así que pode considerarse que a cidade naceu ao redor da vía XIX, esta vía unía a cidade de Braga (Portugal) con Astorga e pasaba por Lugo.

Desta cidade antiga consérvanse varios miliarios (atopados en varios lugares: Salcedo, no Burgo,…), muros dunha vivenda, moedas, restos de vasillas, ánforas … (atopados na costa de

San Telmo), muros, zona pavimentada, moedas, cerámica, … (atopados na rúa Manuel Quiroga), un hipocausto romano (na rúa Princesa). Pontusalena di que:

- Xa nesa época romana tiñan unha maneira de ter calefacción nos cuartos, son os hipocaustos que consistían en que xunto ao cuarto construían un forno comunicado por un túnel co cuarto, debaixo do cuarto colocaban unha cámara con columnas que sostiñan o chan, por esa cámara

circulaba o aire quente que producía o forno. Podedes ver no deseño como

funcionaba e na foto algúns restos atopados.

Pontusalena lembra como cruzaba aquela ponte cando baixaba pescar ao río. Tamén lembra como co paso dos anos a ponte foise facendo vella e non a arranxaban. Os arcos ían estragándose.

Tan vella era a ponte que ao lugar, á cidade comezaron a chamala Ponte vetera (=Ponte vella)

Séculos máis tarde, na Idade Media, Pontusalena asiste á construción da muralla.

As persoas da cidade protéxense de calquera invasión e constrúen unha muralla. A muralla leva varias portas: a de Trabancas, a do Berrón, a porta da Vila,Galea, Fidalgos, …

Fóra das murallas quedaba o barrio da Moureira.

Pontusalena visita moitas veces a cidade, atravesa os campos e entra pola porta de Trabancas.

Un día de 1169, cando Pontusalena chegaba á Ferrería escoita que din:

- O rei Fernando II outorgou o foro de cidade ás e aos habitantes de "Ponte Veteri“! Xa somos cidade!

O foro era un conxunto de leis polas que se rexiría a cidade.

Na idade Media a cidade faise importante. Constrúese unha ponte nova de 15 arcos, varios peiraos de pedra, casas, unhas torres moi altas (as torres arcebispais) cun foso, un porto medieval único en España, pois é un porto fluvial moi importante, pazos,… Ten un concello presidido por un xuíz, dous alcaldes,…Aséntanse en Pontevedra varias ordes de frades e monxas nos seus

arredores e moi pretiño das murallas. Pontusalena visita o convento de San Francisco e o de Santa Clara,

que no século XIII, están noviños. O convento de san Francisco inda non tiña o rosetón que agora ten, mais pareceulle enorme. Pontusalena ve coma na igrexa de San Francisco algunhas familias moi importantes constrúen capelas funerarias (porque na idade media as familias ricas eran soterradas nas igrexas).

- O convento de Santa Clara- Di Pontusalena- ten un templo dunha soa nave. A primeira abadesa coñecida foi Leonor Rodríguez.

Nunha das súas visitas para ver os novos conventos Pontusalena coñeceu a un trobador que cantaba ledo preto da súa casa.

- Como te chamas?- preguntou- Son Paio Gómez Chariño, son almirante e servidor do rei

Sancho IV. Agardo á miña dona, xa que o rei vai vir hoxe á cidade...

- Hoxe? - Si, hoxe, día 18 de agosto de 1286, estou aquí

agardando a que chegue para saudalo.Pontusalena viu ao rei e á súa corte.

Pontusalena tardou varios anos en volver baixar á cidade, estivera moi ocupada na Fracha limpando o monte.

Cando volveu, fixo case o percorrido de sempre, pasou pola picota (lugar onde expuñan aos reos), entrou á Ferrería,... Atopou a unha artesá e preguntoulle por Paio, enterouse de que fora asasinado por Roi Pérez de Tenorio e estaba soterrado nun sartego na igrexa de San Francisco.

Pontusalena moi triste, cruzou a vila e foi dar a outra das portas da muralla, preto das torres arzobispais, viu que alí se estaba construíndo o Convento de Santo Domingo, no lugar chamado campo das Rodas. A igrexa era impresionante con cinco capelas absidiais (exemplo único en Galicia onde o gótico mendicante non superou as clásicas tres ábsides). Na igrexa tamén se construirán sepulcros para familias importantes da cidade (Montenegro, Soutomaior,...).

Despois de ver como colocan as pedras neste convento regresa á cidade, e xa dentro das murallas, pasa preto do lampán xudeo, da igrexa de san Bartolomé o vello e o seu cemiterio, da casa das campás,...

Pontusalena pensa nas moitas igrexas de Pontevedra e arredores, igrexas que nese momento son novas e están coidadas, cóntaas:

- San Francisco, Santa Clara, Santo Domingo, San Bartolomé, A capela da Virxe do Camiño, a capela de Santa María de Ponte Vetera, a capela de Santiaguiño,...

Unha mañá de 1386 Pontusalena esperta asustada,

un enorme barullo procedente da cidade indácalle

que algo raro está a pasar... Sucede que o duque

inglés de Lancaster cun exército de 600 lanzas e

1200 arqueiros ataca as murallas de Pontevedra

Despois dunha breve loita consquista a vila que

estaba indefensa e só foi quen de defenderse pouco

tempo con pedras e frechas. Por un periodo curto

Pontevedra convértese nunha cidade inglesa

(só ata fins de 1386).

No século XV, no ano 1467 o rei Henrique IV concede a Pontevedra a licenza para celebrar a feira franca de San Bartolomeu, un mercado libre de impostos que duraría un mes, desde quince días antes da festividade de San Bartolomeu (24 de agosto) a 15 días despois.

Pontusalena asistiu a varias desas feiras, nas que ía buscar alimentos variados, sobre todo peixe.

Tamén durante o século XV, ao redor de 1474 Pontusalena coñeceu a Pedro Álvarez de Soutomaior, coñecido como Pedro Madruga, era o señor feudal que controlaba toda Galicia Sur nesa época, era dono do castelo de Soutomaior. Tiña posesións en Pontevedra, a súa familia foi soterrada no convento de Santo Domingo, onde inda agora podemos atopar algún dos sartegos. Con Pedro Madruga Pontevedra viviu momentos de loita e participou na rebelión irmandiña.

A fins de do século XV, Pontusalena decide quedar vivir en Pontevedra durante uns meses. Está encantada vendo como se constrúe unha carabela nos asteleiros e non quere perder detalle. É unha carabela grande, de madeira,…

Dixéranlle que navegando con tres carabelas, unha delas esa, Cristóbal Colón ía facer unha enorme viaxe e Pontusalena quería ir.

Ía preguntarlle a Colón se a levaba como mariñeira… Dicían que era pontevedrés e que a súa familia tiña un cerco (un sistema de pesca na que varias persoas gobernadas por un atelieiro repartían os beneficios da pesca), así que non lle ía dicir a unha mascota pontevedresa que non podía ir.

Pontusalena embarcou na carabela Santa María. En 1492 chegou, xunto a Colón a un continente descoñecido naquel momento, chegaron a América.

• Durante varios anos estivo viaxando, fixeron varias viaxes a eses novos lugares aos que lle foron poñendo nomes coñecidos e relacionados con Pontevedra e arredores: punta de Ferro, a Seca, San Salvador, Portosanto, punta Aguda,... Din que era natural da parroquia de San Salvador de Poio, e a unha das illas descubertas púxolle ese nome “San Salvador”. Hai unha casa en Poio, en Portosanto, coñecida como a casa de Colón. Colón bautizou un lugar da illa de Cuba como Puerto Santo.

Cansa de tanta viaxe, Pontusalena decide volver á Fracha e alí queda por moito tempo.

Un día, pola mañá cediño, dende a Fracha ve como, polo camiño vello que vén dende Portugal e que pasa por Tui, camiñan moitas persoas. Intrigada baixa preguntarlles, ve que levan unhas roupas moi singulares: capa, sombreiro, unha cuncha de vieira, un pau longo para axudarse a camiñar...

- Quen sodes?- Somos peregrinas e peregrinos que vimos dende Portugal e imos a

Santiago de Compostela. Supoñemos que escoitarías falar de que alí no século IX atoparon a que seica é a tumba do apóstolo Santiago (un dos doce apóstolos de Xesús), nós imos de peregrinación para pedirlle favores e que nos perdoen os pecados...

- Como vindes por aquí?- Pois, porque este é un dos camiños de Santiago, máis

concretamente, o camiño portugués de Santiago... Poderías guiarnos por esta cidade?

- Si, é a cidade de Pontevedra, e eu coñézoa moi ben.- Nun pouco chegaredes á capeliña da Virxe do Camiño, coas súas

dúas campás e o seu cruceiro. Alí preto está un dos cemiterios da cidade.

Un pouco despois...- E isto que é? Pregúntanlle- Esta columna é a picota.- A verdade é que a muralla é grande, só ten esta porta?- Non, ademais desta, da de Trabancas, ten outras máis. Entramos?- Que praza tan enorme!

- É a praza da Ferrería, e aquel o convento de San Francisco. Temos que baixar por aquí, por preto dos soportais e chegar a esta outra praza...

- Que é ese edificio tan grande con torres, igrexa e reloxo?- É o hospital de San Xoán de Deus, coa súa igrexa, Foi fundado por

Teresa Pérez Fiota en 1434.- Aquela casa con arco alá no fondo... É o famoso pazo dos mercaderes

Cruu?- Si, Pedro Cruu, foi alcalde de Pontevedra en 1407, e esta casa tiña

unha torre. Nós imos seguir por esta outra rúa. É a rúa Real. - É unha rúa importante?- Si, unha das máis importantes da vila. Aquí á esquerda ides atopar a

praza do Pan (Teucro) con varios pazos, e aí embaixo hai unha fonte por se queredes beber antes de continuar camiño...

- Si, din que Pontevedra é “boa vila, dá de beber a quen pasa”...- Seguimos rúa abaixo e atopamos o edificio do correo, a porta de saída

da muralla cara á ponte do Burgo, ao seu carón está o cárcere.- Esta ponte ten moitos arcos... Aquilo que se ve é o arrabal da

Moureira? Aqueles son peiraos de pedra?- Si. Nada máis pasar a ponte atoparedes a capela de Santiaguiño e o

hospital destinado a peregrinas e peregrinos pobres. Eu vouvos deixar aquí, teño que regresar... Non deixedes de mirar á vosa dereita, veredes o convento de San Bieito de Lérez... Tende boa viaxe!

- Grazas.

Xa no século XVI Pontevedra cambia moito:O gremio de mareantes comeza a construción da basílica de Santa María, en

substitución da capela de Santa María de Ponte Vetera; desa vella capela aproveitan e gardan algúns elementos, por exemplo, a imaxe de San Pedro da capela, colócana na contraportada da basílica e tamén gardan o capitel (actualmente no museo). Pontusalena escoitou que seica a construción custou máis de 50000 ducados.

Colocan unha fonte fermosa na praza da Ferrería e acométese a traída de auga dende San Mauro, fanse novos pazos, constrúese a casa consistorial...

Pontusalena lembra algún feito triste desa época:Lembra como en 1515 Pontevedra sofre unha epidemia de peste, e mesmo algunha rúa tivo que ser pechada (é o caso da rúa Cega).Tamén lembra como a Inquisiciónfai das súas con persoas de Pontevedra:-mándaas encarcerar ou- queimar como no caso de Gracia Dinís.

Como unha mascota moi curiosa, Pontusalena asistiu a varios nacementos, así, conta como viu nacer a…

- Pedro Sarmiento de Gamboa en 1532, que sería un gran navegante. Descubriu as illas Salomón xunto a Álvaro de Mendaña. Tamén deixou moitos escritos.

- Gonzalo e Bartolomé García Nodal, dous irmáns que foron mariños e capitáns. Ambos naceron na Moureira, onde a súa familia tiña unha casa. Descubriron o estreito de San Vicente.

As expedicións viaxeiras destes personaxes case fan que Pontusalena volva embarcar mais… todas as reformas e construcións que se fan na cidade téñena moi entretida e ten medo de que se marcha … cando volva atope todo cambiado.

A cidade seguiu medrando e medrando, xa no século XVII construíuse a Maestranza (un cuartel próximo ao campo de Santo Domingo) e a igrexa da compañía de Xesús.

En 1669, Pontusalena coñece a Pier María Baldi, un personaxe que acompañaba a un nobre italiano na súa viaxe. Estaba sentado ao outro lado da ponte do Burgo e debuxaba a cidade. Quedoulle tan fermosa!

Pontusalena garda unha copia dese debuxo, é esta:

A mascota máis vella de Mascotilandia, Pontusalena, dedicouse por moito tempo a pasear e visitar os novos pazos, a facerse traxes novos, pois a moda cambiara moito… Estivo moi atarefada.

Pontevedra era unha vila rica e esa riqueza atrouxo a varias persoas, alguhas só para visitar a cidade, outras para saqueala e esixir rescates. Iso sucedeu en 1719…

- Nese ano,-di Pontusalena- as autoridades tiveron noticia de que unha tropa inglesa viña conquistando as vilas galegas, así que mandaron ás mulleres, ás nenas e aos nenos a agacharse aos pobos do interior. Sen dar tempo a que agachasen todas as armas o xeneral Wade chegou á cidade… Queimaron varias casas e edificios como o cárcere, a maestranza, a casa dos irmáns García de Nodal, o castelo da entrada da ponte do Burgo, as torres arcebispais,… deterioraron a igrexa de santo Domingo,… Vaia! Un auténtico desastre e iso que só ocuparon a cidade 9 días! E por riba levaron as riquezas que atoparon...

Así que o resto do século XVIII tiveron que dedicarse a reconstruír. Reconstruíron a Maestranza en 1738.

En 1757, fóra das murallas, inician a construción da Igrexa da Peregrina.

- Si, ao ano seguinte da súa inauguración, un raio derrubou un cacho dunha das súas torres… E estivo así moito tempo.- Conta Pontusalena.

Neste século XVIII tamén se fai unha rúa de circunvalación da muralla, que vai dende a Ponte do Burgo e ata a porta de Trabancas.

Por fin chega o século XIX!

Pontevedra xa non é unha cidade tan rica, ten problemas co seu porto…

Un día de 1805 Pontusalena dá o seu acostumado paseo pola Moureira e escoita como chora un bebé… Era un recén nado, puxéronlle de nome Bieito… Bieito Soto Aboal. Co paso do tempo sería un sanguinario pirata, roubou unha nave á que chamou “Burla negra” e dedicouse á piratería. Foi preso en Xibraltar e axusticiado cando tiña 25 anos.

No século XIX Pontusalena lembra un feito moi importante. Ocorreu hai algo máis de 200 anos (o 28 de xaneiro de 1809), as tropas francesas de Napoleón invadiron a cidade e instalaron o seu posto nunha das casas da praza do Teucro. Fusilaron alí prisioneiros e prisioneiras, confiscaron gando, teas da fábrica dos Lee (situada preto da actual igrexa de San Bartolomé),…

Entre o 7 e o 9 de xuño de 1809, as tropas francesas procedentes de Pontevedra en dirección a Portugal tentaban cruzar a ponte medieval de Pontesampaio, e alí atopáronse coas tropas españolas comandadas por Pablo Morillo que lograron a vitoria vencendo ao exército francés.

- Un século despois, en 1909, en Pontevedra erixiuse un monumento dedicado ás heroinas e heroes de Pontesampaio.

http://es.wikipedia.org/wiki/Batalla_de_Puentesampayo

Pontevedra acada a capitalidade da provincia en 1833. Dende esa data comezará unha época de crecemento e de construción de novos edificios e logra frear o declive, acadando un novo periodo de esplendor cultural e político.

En 1840 ten lugar a que se chamou “guerra de dúas cidades”…- O 4 de outubro de 1840 o capitán xeneral da xunta revolucionaria de

Vigo reuniu os seus efectivos na prazoleta existente onda a antiga capela da Virxe do Camiño en Pontevedra… e dende alí bombardea a Pontevedra que se rendeu e foi ocupada por tropas viguesas, mais non serviu de ren… porque Pontevedra seguiu sendo a capital- Conta Pontusalena

Hai varios sucesos nese século XIX, un dos máis tristes foi o da epidemia de cólera en 1854... Pero pola contra sucederon outros ledos como:

• A saída do primeiro diario pontevedrés a mediados do século, era un xornal chamado “ El correo de Pontevedra”

• A aparición do alumeado público nas rúas, en 1842 con aceite, en 1867 a gas e en 1888 eléctrico (isto último fixo necesario converter a antiga carnicería municipal que estaba na praza da Verdura en fábrica da luz)

• A construción do edificio da deputación e do edificio do teatro Principal (claro que para construír este último derrubaron a igrexa de San Bartolomé o Vello)

Houberon demolicións varias: a da capela da Virxe do Camiño (levaron o cruceiro para o Gorgullón, unha das campás está na actual igrexa), a do convento de santo Domingo, a do Hospital de San Xoán de Deus en 1896,...

- Demolicións que como vedes levaron monumentos importantes... Desapareceron as Torres Arcebispais, as murallas e mesmo eliminaron a fonte da Ferrería (que sería recuperada anos máis tarde e colocada onde está actualmente).- Narra Pontusalena con mágoa.

http://www.ievigueses.com/articulos/La_denominada_guerra_de%20las_dos_ciudades_entre_Vigo_y_Pontevedra.doc

Aquí estivo o Hospital de San Xoán de Deus. Del só queda a capela das ánimas que está na parte posterior e o reloxo que se conserva na igrexa da Peregrina.

Aquí estivo a fábrica da luz.

Pontusalena lembra a Casto Méndez Núñez. Ela víao sempre que pasaba pola praza das Galiñas (praza Méndez Núñez), xa que el vivía na casa do arco, nesa casa que antes fora da familia Cruu. Casto Méndez Núñez foi almirante e contoulle a Pontusalena como deu a volta ao mundo en barco en 1865, mandando a fragata Numancia.

NO MUSEO DE PONTEVEDRA HAI UNHA RECONSTRUCIÓN DUN CAMAROTE DESTE ALMIRANTE.

O arquitecto Alejandro Rodríguez Sesmeros é o encargado de proxectar e dirixir moitas desas obras:

- O edificio que alberga a Casa Consistorial que se levantou sobre as ruínas do antigo edificio municipal, construido no século XVI. O novo edificio foi recibido pola corporación o 24 de agosto de 1880 (hai unha placa onda as escaleiras que así o di)

• O Pazo de la Diputación Provincial• A actual delegación de Defensa (que foi grupo escolar nun comezo) • O Palacete das Mendoza en Santa María• Proxectou os parques da Alameda e as Palmeiras• Deseñou o trazado das novas rúas que hoxe se chaman:

Fernández Villaverde, Gutiérrez Mellado, Riestra, García Camba, Andrés Muruais, Andrés Mellado ou Sagasta.

• Dotou a cidade dos servizos que esixía a súa nova condición de capital provincial: depósitos en San Mauro para a auga corrente, que se canalizou a todas as prazas da cidade.

Pontusalena está esgotada de tanto falar, así que conta moi pouco sobre o século XX e vai durmir. Sabe que nós poderemos atopar fotos e información sen levar moito traballo…:

- As ideas de Castelao que influíron sobre a cidade- As tertulias de personaxes famosos.- Os problemas e desgrazas orixinados pola guerra civil española

dende o 1936 ata 0 1939, durante a cal morreron fusilados importantes personaxes da cidade.

- O comezo da democracia en 1975. A aprobación da nova Constitución á que lle dedicamos unha praza.

- O trolebús que apareceu en 1943 e desapareceu en 1989- …

Na actualidade, no século XXI, Pontevedra é unha cidade en crecemento e reconstrución.

O alcalde é Miguel Anxo Fernández Lores. Hai novas rúas, prazas e edificios.Temos mercados, centros comerciais, tendas

variadas, parques,…Servizos varios como os de bombeiras e

bombeiros, garda civil, garda de tráfico, policía,…

Temos varias pontes, unha das máis recentes é a dos tirantes.

Algunhas obras permiten descubrir restos antigos, restos que imos poder visitar cando se remate o museo da Historia da cidade.