Pola seguridade dos nosos Bombeiros e Bombeiras e a efectividade do seu traballo

3

Click here to load reader

description

Moción do Grupo Municipal Ourense en Común a presentar no pleno ordinario do mes de Novembro (06/11/2015). Moción presentada para a atención da situación particular que está a sufrir o Servizo de Bombeiros de Ourense

Transcript of Pola seguridade dos nosos Bombeiros e Bombeiras e a efectividade do seu traballo

Page 1: Pola seguridade dos nosos Bombeiros e Bombeiras e a efectividade do seu traballo

Moción do Grupo Municipal Ourense en Común a

presentar no pleno ordinario do mes de Novembro

(06/11/2015).

Pola seguridade dos nosos Bombeiros e Bombeiras

e a efectividade do seu traballo

Moción presentada para a atención da situación particular que está a sufrir o

Servizo de Bombeiros de Ourense

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

PREÁMBULO

Nos últimos dez anos, no Concello de Ourense somos testemuñas dunha situación de empeoramento do

servizo de Bombeiros, que se materializa nun conflicto cíclico, moitas veces aminorado por

compromisos políticos e acrecentado ao longo do tempo polo non cumplimento dos mesmos.

As causas son múltiples. Por un lado a diminución de efectivos, vencellada as xubilacións e a non

reposición de bombeiros nos últimos tempos, a falta de normativas internas, plans e protocolos de

actuación e canles de comunicación fluídos MANDOS-BOMBEIROS e ADMINISTRACIÓN-BOMBEIROS.

DIAGNOSE E XUSTIFICACIÓN

Para poder contextualizar a situación do corpo de Bombeiros de Ourense e para poder ponderar as

consecuencias da situación actual, temos necesariamente que retrotraernos case vinte anos no tempo.

En Outubro de 1996, perdeu a vida un bombeiro nun incendio no garaxe do edificio Viacambre, mentres

parte dos seus compañeiros atendían outro servizo no barrio da Lonia. Nese momento a situación dos

bombeiros era de extrema inseguridade. Ao redor de 60 efectivos, botellas de aire defectuosas, camións

obsoletos, ausencia de protocolos de intervención, etc.

Despois dese tráxico suceso, e grazas á presión sindical, mellórase no servizo cualitativamente e

cuantitativamente. Realízase unha grande inversión en novo material e hai un compromiso por parte dos

traballadores para aumentar o número de gardas e así asegurar un número mínimo de efectivos por

turno. Máis adiante establécese que, once persoas de garda no servizo de extinción de incendios era

aceptable e converteuse nalgo indiscutible.

Page 2: Pola seguridade dos nosos Bombeiros e Bombeiras e a efectividade do seu traballo

Progresivamente foise aumentando a plantilla ata chegar a 72 efectivos. A partir do Real Decreto 383 de

2008, polo que se establece o coeficiente reductor da idade de xubilación en favor dos bombeiros ao

servizo das administracións e organismos públicos, houbo unha merma considerable na dimensión do

servizo. Esa diminución acentúase segundo vai pasando o tempo, pola ausencia de convocatoria de

oferta pública de emprego, causada pola inexistente tasa de reposición ou polo desinterese da

convocatoria das prazas. A penosas realidade é que os bombeiros xubílanse coa praza. Esta amortización

de postos de traballo, sitúanos cun parque de bombeiros con 54 efectivos, a cifra máis baixa nos últimos

vinte anos.

Ata o de agora foron salvándose as quendas de traballo, pola boa vontade dos bombeiros e bombeiras

que aceptaron, de maneira temporal dobrar gardas. Poren, esta situación estase prolongando máis do

humanamente aceptable, polo que os bombeiros e bombeiras atópanse nunha situación "sen saída". Ou

aceptan seguir dobrando quendas ou o servizo non acada o número mínimo de efectivos. Nesta situación

de coacción, con dúas posibles xubilacións máis en 2016, e sen saber ata cando se vai seguir

postergando unha resolución definitiva, atopámonos hoxe. Aínda dorbrando turnos ou dividindo as

vacacións, medida imposta neste 2015, en moitas ocasions non se chega ao mínimo de once efectivos

por quenda, que no pasado fora indiscutible. Deste xeito, nos meses de verán, entre xullo e agosto,

houbo días nos que as quendas de servizo limitábanse a oito ou nove persoas.

Por outra parte, as condicións dos Bombeiros e Bombeiras de Ourense non estan equiparadas ao resto de

parques de Galicia. Por esta razón son múltiples os escritos e comunicacións que o corpo leva facendo a

esta administración, nos que reivindican melloras laborais, como é a incorporación dos pluses de

nocturnidade e festividade ao complemento específico. Máis dun 20% do seu salario forma parte das

retribucións variables. Isto quere dicir, que un bombeiro cunha baixa de longa duración estaría cobrando

máis dun 20% menos do seu salario.

Porén, o problema do corpo de Bombeiros non é só de persoal, hai unha grande necesidade de materiais

básicos para o correcto desempeño das súas funcións. Como xa informaron a este Concello, non

dispoñen de lanzas de 25 mm de reposto e outros materiais de primeira intervención para retirar os

deteriorados. Ademáis disto, informan da falta de celeridade a hora de entregar equipación persoal para

intervención, falta de diversos materiais de intervención para incendios forestais, incumprimento

sitemático da normativa en materia de prevención de riscos laborais, salubridade e hixiene, ergonomia

laboral, etc....

Sen unha dotación mínima de efectivos e sen unhas condicións mínimas o risco multiplícase

exponencialmente.

O servizo adoece de outras múltiples deficencias, nomeadamente a inexistencia dun regulamento de

funcionamento, de protocolos de actuación e intervención ou na organización interna e de compra de

materiais.

Unha situación de tensións e inestabilidade no parque, complica aínda máis a realidade que día a día

viven os Bombeiros. Os representantes do corpo aseguran que a actitude dos mandos está a ser outra

das causas desta situación. Unha autoridade baixo criterios arbitrarios, que non propicia puntos de

Page 3: Pola seguridade dos nosos Bombeiros e Bombeiras e a efectividade do seu traballo

encontro e de consenso, son o xermen da incomodidade e o enfrontamento dentro do servizo. Ademáis

dunha estructura que tendeu a ser pouco participativa e falta de mecanismos de diálogo interno.

"Por iso, a quen aspire a liderar persoas, dígolle novamente: sexa humilde.

Non se esforce por dominalos; procure en cambio convocar a súa confianza e respecto."

Warren Bennis

EPÍLOGO

Sobre esta situación de conflito que se está a vivir no parque de Bombeiros do noso Concello, podemos

concluir, que ven causada pola falta de vontade, de diálogo e do establecemento de mecanismos

comunicativos e de consenso dentro do parque. Ademáis, xustamente aí cremos que está a clave da

resolución positiva desta coxuntura, dándolles voz aos bombeiros, escoitando e falando.

Os primeiros interesados en que o parque funcione da maneira máis optima son eles e elas, pola

responsabilidade que asumen e porque día a día arriscan as súas vidas. Merecemos un goberno que estea

a altura dos seus Bombeiros e Bombeiras, que responda coa dilixencia que o fan eles e elas cando se

lles require.

ACORDOS:

1. - Constitución dunha Mesa de Traballo, formada por bombeiros e mandos. Terá como

obxectivos, elaborar un regulamento do servizo, redactar plans e protocolos de intervención,

xestionar as compras e as distintas necesidades, ser un espazo de diálogo e xerador de consensos.

2.- Atención inmediata as demandas laborais, nomeadamente a incorporación dos pluses de

nocturnidade e festividade ao complemento específico.

3.- Cobertura inmediata das prazas de promoción interna de Sarxento e Cabos.

4.- Incremento da plantilla ata recuperar a funcionalidade do servizo.

5.- Convocatoria da praza de Xefe de Servizo.

6.- Reposición dos materiais básicos para o desempeño das súas funcións, cambio do material

deteriorado e adquisición de novo material.

E para que conste aos efectos oportunos Martiño Xosé Vázquez Mato con D.I. , en calidade

de concelleiro e voceiro do grupo municipal de Ourense en Común, asina o presente documento en

Ourense a 30/10/2015

Asdo. Martiño Xosé Vázquez Mato