Poesia fin de seculo

46
A POESÍA A FINS DO XX E COMEZOS DO XXI. TEMAS E AUTORES DOS 80 E DOS 90. POETAS E TENDENCIAS ACTUAIS MÁIS RELEVANTES

Transcript of Poesia fin de seculo

Page 1: Poesia fin de seculo

A POESÍA A FINS DO XX E COMEZOS DO XXI. TEMAS E AUTORES DOS 80 E DOS 90.

POETAS E TENDENCIAS ACTUAIS MÁIS RELEVANTES

Page 2: Poesia fin de seculo

EVOLUCIÓN XERAL DA POESÍA GALEGA A PARTIR DE 1975

Dúas transformacións foron as máis salientábeis:

● Eclosión da escrita feminina● Convivencia de varias promocións en plena

tarefa criadora

A pluralidade de estilos, a heteroxeneidade de propostas e tendencias, dentro dus parámetros de calidade moi satisfactorios, marca este periodo

Page 3: Poesia fin de seculo

INFLEXIÓNS SUCESIVAS

●Novísimos: asentamento da estética do socialrealimso a finais dos 60 e comezos dos 70

●A reacción, a partir de 1976, contra as formas dos socialrealismo precedente, representada por poemarios como Seraogna de Pexegueiro e Con polvora e magnolias de Méndez Ferrín

Page 4: Poesia fin de seculo

INFLEXIÓNS SUCESIVAS

A consolidación , da man da Xeración dos 80, dunha nova estética asentada sobre a admiración por determinados poetas (Cunqueiro e Manuel Antonio)● Rexeitamento da poesía comprometida.● Maior atención formal e estilística ● Exquisito coidado da lingua● Apertura a novos motivos temáticos como o erotismo● Inclinación ao hermetismo e ao culturalismo

Page 5: Poesia fin de seculo

INFLEXIÓNS SUCESIVAS

● A reacción, á súa vez, contra a preeminencia desta estética central dos 80, protagonizada pola chamada Xeración dos 90

– Afán de desbarroquización formal e lingüística– Predominio do intimismo da experiencia– Certa recuperación do enfoque social

● A aparición, por volta do milenio, dunha nova promoción nun panorama rexido

– Pluralidade temática– Convivencia interxeracional – Diversidade de tendencias e propostas

Page 6: Poesia fin de seculo

NOVÍSIMOS

● Promoción poética formada por escritores nados entre 1940 e 1955, que viven nun instante especialmente intenso de loita antifranquista e participan na popularización do nacionalismo de esquerdas

● Presenta unha actitude de denuncia e reinvidicación e aborda cuestión como a defensa da lingua, a denuncia da opresión nacional, os desexos de liberdade, etc.

● Son herdeiros da tradición socialrealista

Page 7: Poesia fin de seculo

Darío Xohán Cabana

En 1970 Verbas a a un irmao e Home e terra, na lina socialrealistaA fraga amurallada (1983) poetiza en sonetos o paso histórico de Lugo e as propias vivencias, son sentidas elexías a distintos persoeiros.Amor e tempo liso (1989) está composto por sonetos amorosos en que ecoan a nosa lírica medieval e a poesía italiana renacentista (Petrarca, Dante), que Darío ten traducido maxistralmente para a nosa lingua

Page 8: Poesia fin de seculo

Xosé Lois García

● Borralleira para sementar unha verba (1974),en clave socialrealista

● Do Faro ó Miño, tema paisaxístico● Materia corporal, que aborda a temática erótica

dente o vitalismo e o apaixonamento● Kalendas (2005) denuncia as guerras,evoca a

memoria dos emigrantes galegos, canta as paisaxes contempladas e levanta acta sentimental dos amores sentidos

Page 9: Poesia fin de seculo

Margarita Ledo Andión

● Activista antifranquista, nacionalista e feminista, directora durante un tempo de seminario a nosa terra, catedrática de Comunicación Audiovisual na USC, narradora, académica e cineasta, cos filmes documentalistas Santa Liberdade (2004)

● Parolar cun eu, cun intre, cun insecto (1970) e O corvo érguese cedo (1973).

● A súa estética dentro do perfil cívico e comprometido, manifesta non obstante orixinalidade nas imaxes e certa tendencia á simbolización.

Page 10: Poesia fin de seculo

Xesús Rábade Paredes

● Integrante do colectivo Cravo Fondo● Coautor con Helena Villar Haneiro de libros

como O sangue na paisaxe, No aló de nós e Cabaleiro de pedra

● Entre os seus poemarios individuais destaca Os dedos dos loureiros e Os anos da memoria

Page 11: Poesia fin de seculo

Helena Villar Janeiro

● Publicou Rosalía no espello, Festa do corpo e Álbum de fotos

Page 12: Poesia fin de seculo

Xavier Rodríguez Barrio

Colectivo Cravo Fondo

Pranto irmán, poesia socialrealista

A partir de Herdo e alucinación en Fisterra emprende outros rumbos poéticos que o aproximan á Xeración dos 80, con libros premiados en diversos certames como Os laberintos da xerfa

Alba no muro (Premio Lorenzo Baleirón, 1990)

Antiga Claridade (Premio Martín Códax, 1992)

Claro testamento (Premio Cidade de Ourense, 2011)

Page 13: Poesia fin de seculo

Fiz Vergara Vialriño

● Colectivo Cravo Fondo● Encontro cos tiburós e Pastora de sorrisos● A opresión social e política, a vivencia da soidade e da

espera amorosa incolmada, a reflexión existencial, a visión da paisaxe da Lóuzara e o cariño por unha cadeliña son algúns dos motivos que poboan a súa poesía, sempre ligada á sinceridade expresiva e á autenticidade e vertida unhas veces en moldes clásicos , como o soneto, e outros en versos libres

Page 14: Poesia fin de seculo

Outros autores

● Xosé Carlos Gómez Alfaro, Isidro Novo e Manuel Pereira Valcárcel

Page 15: Poesia fin de seculo

O cambio de rumbo na poesía galega e a Xeración dos 80

● As profundas mudanzas sociopolíticas, institucionais e culturais acompañan a fin da ditadura de Franco:

– Reforma política– Autonomía galega

● A partir de 1975 comezou a se producir un cambio de rumbo estético que a caracterizou, sobre todo, polo abandono do socialrealismo

● Ferrín co seu Con pólvora e magnolias (1976) foi decisivo para esta viraxe e no camiño renovador apareceron varios colectivos poéticos, como Alén, Cravo Fondo, Rompente e Loia

Page 16: Poesia fin de seculo

Xeración dos 80

● A participación en dous volumes colectivos De amor e desamor (1984 e 1985)

● Colaboracións en revistas como Dorna (1981) e Luzes de Galiza (1985)

● Conquista de sucesivos premios relevantes como o Esquío e o Celso Emilio Ferreiro

● Publicación en colección como Leliadoura (Sotelo Blanco)

● Concorrencia ao Festival da Poesía do Condado

Page 17: Poesia fin de seculo

Xeración dos 80características

● Afán culturalista e decadentismo , propositada fuxida da figura do poeta portavoz e mesmo unha certa reacción contra o autobiografismo e o ton confesional nos poemas

● Intento de síntese entre modernidade e tradición, desde a admiración polas obras de poetas como Cunqueiro e Manuel Antonio e en diálogo con poéticas doutras latitudes

● Gusto pola experimentación, pola reflexión metapoética e pola interdisciplinariedade (encontro da poesía coa música, a forografía, a plástica)

Page 18: Poesia fin de seculo

Xeración dos 80Características

● Integración de elementos de contracultura urbana e marxinal como Lois Pereiro, Xela Arias ou membros do Grupo Rompente

● Recreación mítica e recuperación da temática intimista e do erotismo

● Preocupación polos valores lingüísticos, rítmicos e formais do poema. A poesía concíbese basicamente como unha arte da linguaxe

Page 19: Poesia fin de seculo

Xosé María Álvarez Cáccamo

● Vento do sal (2008) , obra na que combina a memoria persoal (infancia, lembranzas familiares, a figura do pai,...) e sentir colectivo (horror do franquismo, catástrofe do Prestige, guerra de Irak,...)

● Tempo do pai (2008) íntima homenaxe á figura do seu proxenitor, Xosé María Álvarez Blázquez

● Varias exposicións de poesía visual (“Obra Perversa” “Underwood. O concepto e a letra”)

● Con Marisa Núñez editou o libro dos Cens poemas (2002), escolma da lírica infantil galega, subxénero ao que contribuíu con Lúa de pan.

Page 20: Poesia fin de seculo

Miguel Anxo Fernán-Vello

● Promotor da Editorial Espiral Maior● Seivas de amor e tránsito, Do desexo en corpo e

sombra e Memorial de brancura, constrúen un ciclo coherente que ten como eixo central o amor, o desexo e o corpo, mais no que tamén concorren a sombra e a ausencia

● Entre água e fogo. Cantos da terra posuída, a paisaxe é protagonista e escenario axeitado para a aparición da muller, presentada en íntima fusión co contorno

Page 21: Poesia fin de seculo

Ramiro Fonte

● Pontedeume, 1957- Barcelona, 2008)● Colectivo Cravo Fondo● As cidades da nada e Designium. Presenta un

discurso poético interrogativo, filosófico e reflexivo que se expresa cunha evidente habilidade técnica e manifesta unha constante interiorización de diferentes estratos culturais

● Pasa un segredo● O cazador de libros

Page 22: Poesia fin de seculo

Pilar Pallarés

● Entre lusco e fusco (1980), combina poemas intimistas , de tonalidade triste e temática amorosa preferentemente, e poemas sociais na liña de Luís Seoane, Manuel María e Celso Emilio.

Page 23: Poesia fin de seculo

Lois Pereiro

● Monforte, 1958 / A Coruña, 1996● Poesía de amor e enfermidade, volume no que

afronta con lucidez extrema a confrontación final coa morte.

● En 2012 adicóuselle o día das Letras Galegas

Page 24: Poesia fin de seculo

Antón Reixa

● Cineasta, cantante do grupo Os Resentidos e animador do grupo de Comunicación Poética Rompente.

● Silabario da turbina, As ladillas do travesti, Viva Galicia beibe, Ringo rango

● Despois dun prolongado silencio publica no 2008 Látego das algas, libro intimista moi distanciado tematicamente (non tanto da forma) das entregas anteriores compostas de poemas-canción rupturistas, de pulsión enumerativa e caótica

Page 25: Poesia fin de seculo

Manuel Rivas

● Ningun cisne (Premio Leliadoura, 1989), que desde o propio título anuncia o seu afastamento da corrente culturalista, está elaborado nunha linguaxe directa e case coloquial, versolibrista, que serve para despegar unha sucesión de anécdotas (épica do cotián) que encerran unha visión do cotián e, en moitos casos, desmitificadora do mundo moderno.

● En 2009 A desaparición da neve, publicado intencionadamente en edición tetralingue (galego, castelán, catalán e euskera)

Page 26: Poesia fin de seculo

Ana Romaní

● Condutora do programa Diario Cultural na Radio Galega

● Palabra de mar● En 2005 publica Love me tender, conxunto de

vinte e catro poemas antipatriarcais, en que denuncia con forza a violencia machista

Page 27: Poesia fin de seculo

Outros autores son Xavier Rodríguez Baixeiras, Xavier Seoane, Xela Arias, Manuel Forcadela, Román Raña Lama, Xesús Manuel Valcárcel

Page 28: Poesia fin de seculo

Epígonos da xeración dos 80

● Denomínanos así unha serie de autores que aínda por idade poderían ser englobados na Xeración dos 80:

● Estética● Rede de relacións humanas e literarias que manteñen● Momento e as plataformas en que comezan a publicar

a súa obra e por outros factores presenta coindicidencia, afinidade ou relación clara coa xeración dos 90

Page 29: Poesia fin de seculo

Xabier Cordal Fustes

● Integrante no seu dia do colectivo poético-satírico Ronseltz e das Redes Escarlata

● Presente en volumes como Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados e Xuro que nunca volverei pasar fame

● A presenza do atlántico, unha certa tendencia ao hermetismo e á imaxe surrealista, os xogos intertextuais, o frecuente recurso á fragmentariedade discursiva e un ton xeral nostálxico e introspectivo

● A vella peneira a noite (2001)● Transmuta (2012)

Page 30: Poesia fin de seculo

Chus Pato

● Activista das Redes Escarlata e coordinadora do volume Xuro que nunca volverei pasar fame (2003)

● A ponte das poldras (reeditado)● Rompedora de moldes xenéricos, inconformista e

anticonvencional, metaliteratura, hermética e de simboloxía e necesita a máxima colaporación do lector para desvelar ou completar os seus significados múltiples que xiran arredor de tres eixos básicos: a palabra, a muller e a nación.

Page 31: Poesia fin de seculo

Xeración dos 90

● Continuidade creativa da maioría dos poetas da chamada Xeración dos 80 e a estrea editorial de cualificadas voces poéticas.

● A eclosión dunha multitude de escritores novos, os chamados poetas dos 90, que sen formaren propiamente “escola·, durante esa década amosan unha actitude activa e dinamizadora do panorama poético desde a pluralidade estática máis absoluta

Page 32: Poesia fin de seculo

Xeracinn dos 90

● A prolifreración de novos grupos poéticos como Ronsetlz, Batallón Literario Costa da Morte, Dolmen, Redes Escarlata.. que promoven unha reaproximación da poesía ao público a través de recitais en festa ao aire libre, pubs, concertos, locais xuvenis, etc

● O xurdimento de novas canles editorais (Espiral Maior) e coleccións poéticas (Ablativo Absoluto, Lorenzo Baleirón, Di-versos, Tambo e Bahía Branca)

● A relativa proliferación de certames poéticos;: Espiral Maior, Bouza Brei, González Garcés, Martín Códax, Johán Carballeira, Fiz Vergara, Lorenzo Baleirón, ..

● O contributo destacado , en calidade e en cantidade, das escritoras

Page 33: Poesia fin de seculo

Xeracion dos 90Características

● Un anovado tratamento de temas eternos (amor, vida, morte, patria,,,) desde o eu lírico e cunha actitude básica que pode definirse como “intimismo da experiencia”

● Un uso esmerado da linguaxe frecuentemente máis directa e coloquial, máis núa, pero sen caer no descoido formal

● Un predomino do ton vivencial (a cotidianidade e as experiencias persoais son a miúdo fonte de inspiración)

● Unha marcada preferencia polo versolibrismo e presenza nalgúns autores dun claro afán experimental, de ruptura dos límites do xénero poético

● Un afan desbarroquizador formal e conceptual, reducindo a carga culturalista

Page 34: Poesia fin de seculo

Xeracion dos 90Características

● Unha procura implícita , a través do sinceramento do eu poético, dun lector apaixonado, emocional, máis sensible que intelectualizado

● Unha recuperación da poesía “comprometida”. Con arbodaxe de temas sociais e patrióticos desde sensibilidades alternativas(antimilitarismo, feminismo, ecoloxismo, anticapitalismo,) aínda que cunha concepción afastada do socialrealismo clásico

● Unha relectura da tradición mítica e literaria en chave feminista que ofrecen moitas poetas (Yolanda Castaño, Lupe Gómez, Enma Couceiro, Marta Dacosta, Olga Novo)

Page 35: Poesia fin de seculo

Xeracion dos 90Características

● A pluralidade e a riqueza de matices é a tónica dominante na promoción dos 90. Dende propostas clasicistas (como os sonetos e décimas de Miro Villar ) ata ensaios de poesía obxectual e visual (Lois Margariños) pasando pola opción preferente do versolibrismo

● A carón da poesía de expresión directa , aparentemente sinxela, constatamos poéticas que recorren ao símbolo (os “tigres” de Estevo Creus, as “laranxas” de Carlos Negro, as “humidosas” de Enma Couceiro

● Xunto con poetas que adoptan unha actitude desmitificadora (no social, no sexual, no ideolóxico ou no propiamente literario), combativa mesmo provocativa, incidindo nas problemáticas e vivencias do cotián, achamos outros centrados nas temáticas e enfoques tradicionais (amor, desamor, soidade, morte, tempus fugit, infancia perdida, inxustizas...)

Page 36: Poesia fin de seculo

Fran Alonso

● A rota dos baleeiros● Persianas, pedramol e outros nervios● Tortilla para os obreiros● A súa poesía dialoga a miúdo coa estética do

grupo Rompente e coa poesía innovadora de Ferrín, ábrese as problemáticas sociais desde perspectivas afastadas do socialrealismo e explora as faces ocultas dalgúns dos temas poéticos da poesía

Page 37: Poesia fin de seculo

Yolanda Castaño

● Elevar as pálpebras. Poemario cotundente e luminosa expresividade adolescente, repleta de rebeldías, de descobertas e de acusación contra os que todo o queren someter a preceptos

● O libro da egoísta (2003). Abre unha nova fase na súa poesía, que xoga agora coas identidades, co desdobramento, co apariencial e coa idea de beleza como máscara

Page 38: Poesia fin de seculo

Marta Dacosta

● Integrante de Letras de Cal e directiva da AELG, autora de poemarios como Crear o mar en Compostela, Pel de ameixa.

● Cultiva unha poesía esencialmente intimista, ás veces doída polo estrago das ilusións, pola ferida do tempo e establece un diálogo con mulleres míticas (Penélope, Ofelia de Shakespeare)

Page 39: Poesia fin de seculo

Carlos Negro

● Cultivos transxénicos (2008) retatra con ironía o fenómeno de abandono do mundo rural que acontece na Galiza dos nosos días, cos seus males asociados (especulación urbanística, despoboamento, deterioro ecolóxico, desfeita cultural e patrimonial)

● Makinaria (2009) realiza un exercicio eficaz de manexo dos rexistros coloquiais para ofrecer un retrato sociolóxico ben atinado dun segmento da nosa mocidade

Page 40: Poesia fin de seculo

Lupe Gómez

● Pornografía● Os teus dedos na miña braga con regra● Levantar as tetas● O útero dos cabalos● Poesía orixinal, vitalista e transgresora xa desde os

seus títulos, de expresión libre, rompedora e impúdica, que tende a síntese e a brevidade, presenta un cosmos persoal poético (as vacas, as putas, os vasos rotos...)

Page 41: Poesia fin de seculo

Rafa Villar

● Participou no Batallón Literario Costa da Morte e na editora Letras de Cal e pertenceu á directiva da AELG

● Liques da memoria, O devalo do mar,..● En 2005 editou a autoantoloxía No ventre da

balea

Page 42: Poesia fin de seculo

Miro Villar

● Ausencias pretéritas● 42 décimas de febre● Equinoccio da primavera● A proposta estética:

– Punto de vista formal polo emprego de estrofa e metro clásico, polo uso da rima e polo extremo coidado léxico

– Punto de vista temático céntrase no tema do amor e desamor, no tempus fugit, e na experiencia viaxeira e na propia actividade creadora (metapoética), sen renunciar algunha vez ao lategazo denunciador

Page 43: Poesia fin de seculo

Novísimas voces: a poesía galega no comezo do terceiro milenio

● A eclosión do 90 obrigou a emprender sucesivos intentos de ordenar e compendiar a enorme pluralidade de voces poéticas xurdidas neste periodo

● Xurdiron volumes antolóxicos: Para saír do século, Defecto 2000, Antoloxía dos poetas dos 90, A tribo das baleas

● Desaparición da editora Letras de Cal, o fechamento da colección Ablativo Absoluto, problemas en Leliadoura (Sotelo Blanco) ou as dificultades de supervivencia da emblemática Espiral Maior.

Page 44: Poesia fin de seculo

Novísimas voces: a poesía galega no comezo do terceiro milenio

● O peso e a relevancia da escrita feminina (e feminista) en sintonía co periodo precedente● A decidida aposta, tamén en consonancia coa liña aberta nos 90, por unha poesía novamente social

ou comprometida, virada cara aos conflitos e loitas das complexas sociedades actuais (violencia de xénero, altermundialización, ecoloxismo, crítica do consumismo)

● A frecuencia de enfoques e propostas de experimentación e ruptura formal e temática (fragmentarismo, deconstrución, intertextualidade, uso de simboloxías particulares, diálogo e mestura con outras artes)

● A procura de novas canles de edición e difusión alternativas para a poesía, dinámica que ten como máis senlleiras manifestacións o incremento da chamada “ciberliteratura”, a resurección da emblemática revista dos 80 Dorna, a iniciativa dos “picaversos” en Compostela

Page 45: Poesia fin de seculo

Maria do CebreiroNon queres que o poema te coñeza (Premio Caixanva); O barrio das Chinesas

● Olga Cociña Lozano● Asidua usuaria da Rede para a divulgación do seu

pensamento (reveladora.blogspot.com), ten publicado polo momento tres poemarios

● Libro de Alicia dedicado á memoria da súa bisavoa e coa contuycion prbelmatica da identidade feminina e persoal como parno de findo

● Emma Pedreiro Lombardía● Diario bautismal dunha anarquista morta e Libro das mentiras● Reflexión sobre a identidade e o universo femininos, con motivos como a revisión dos mitos

clásicos, as personaxes emblemáticas da literatura universal (Ofelia, Penélope, Xenebra..), a figura das meigas, a vivencia erótica, a opresión machista

Page 46: Poesia fin de seculo

Outros autores Daniel Salgado, Lucía Novas, Leo F. Campos, Mario Regueiro, etc.