Plantando nogueiras

11
PLANTANDO NOGUEIRAS

Transcript of Plantando nogueiras

Page 1: Plantando nogueiras

PLANTANDO NOGUEIRAS

Page 2: Plantando nogueiras

Un día camiñaba polo campo, cando vin un home bastante ancián que estaba cavando un burato. Intrigado, chegueime a el para preguntarlle que estaba facendo. "A min sempre me gustaron as noces", contestoume. "Hoxe chegaron ás miñas mans as noces máis exquisitas que probei na miña vida, así que decidín plantar unha delas"

Page 3: Plantando nogueiras

Entristecime ao pensar que ese bo home, a tan avanzada idade, xamais chegaría a probar unha desas noces

Page 4: Plantando nogueiras

"Desculpe, amigo", díxenlle. "Para que unha nogueira dea froitos deben pasar moitos anos, e dada a súa idade, é moi probable que cando esta arboriña dea as súas primeiras noces, vostede xa non viva. Non pensou que tal vez sería máis proveitoso para vostede sementar tomates, ou melóns ou sandías, que lle darán froitos que vostede si poderá saborear?"

Page 5: Plantando nogueiras

O home miroume un instante en silencio, durante o cal, non souben se sentirme moi sagaz polo miña observación ou moi estúpido.

Tras uns segundos, que me pareceron horas, finalmente contestoume:

Page 6: Plantando nogueiras

"Toda a miña vida deleiteime saboreando noces recollidas de árboles que os que as plantaronprobablemente xamais chegaron a probar.

Cando de noces se trata, non lle corresponde a quen planta ver os froitos.

Page 7: Plantando nogueiras

Por iso, como eu puiden comer noces grazas a persoas xenerosas que pensaron nos demais ao plantalas, eu tamén planto hoxe esta nogueira, sen preocuparme de se verei ou non os seus froitos. Sei que estas noces non serán para min, pero tal vez os teus fillos ou os meus netos han saborealas algún día

Page 8: Plantando nogueiras

Cantas veces nos pasa o mesmo cando somos egoístas, cando pensamos soamente nas nosas familias ou en nós mesmos?

...non sería máis proveitoso “plantar” tamén para que as futuras xeracións recollan?

Page 9: Plantando nogueiras

Plantar nos nosos fillos amor, boa vontade, xenerosidade, solidariedade, comprensión, empatía, xustiza, equidade, optimismo, magnanimidade, paciencia, amor ao próximo, etc.

Page 10: Plantando nogueiras

“A mellor vida non é a mái longa, senón a máis rica en boas accións”

Page 11: Plantando nogueiras

Amigos: Pasen un feliz día!

Adaptación de Cristina Sáenz E.

http://peque-semillitas.blogspot.com.ar/