Plan evacuacion -_f_inal

32
PLAN EVACUACIÓN I.E.S. Agra do Orzán

Transcript of Plan evacuacion -_f_inal

PLAN EVACUACIÓNI.E.S. Agra do Orzán

EVACUACIÓN

• Enténdese por evacuación o conxunto de procedementos para desaloxar de forma organizada e planificada as diferentes dependencias do centro educativo cando é declarada unha emerxencia dentro do mesmo ( incendio, explosión, ameaza de bomba, fuga de gas, …)

C ONSIDERACIÓNS XERAIS:SOA A ALARMA!!!!

• Cada zona terá asignada unha orde de desaloxo sendo prioritarias as plantas baixas con respecto ás plantas altas, esto é, planta soto, planta baixa, planta primeira e planta segunda.

• En cada unha das plantas o desaloxo realizarase por grupos saíndo en primeiro lugar a aula máis próxima á escaleira e continuará en secuencia ordeada (alternancia de lado dereito e lado esquerdo) e sen mesturarse os grupos. As aulas que inicien a evacuación estarán debidamente sinaladas.

SOTOXIMNASIO

PLANTA BAIXA INFORMÁTICA

PLANTA BAIXA AULA CONVIVENCIA

PLANTA PRIMEIRA

PLANTA PRIMEIRA

PLANTA PRIMEIRA

• Os ocupantes da planta superior mobilizaranse ordeadamente cara ás escaleiras máis próximas, pero sen descender á planta inferior ata que esta non estea desaloxada.

PLANTA SEGUNDA

INSTRUCCIÓNS PARA OS ALUMNOS:

• Cando soe a alarma………

Segue as instruccións do profesor, realizando a evacuación en silencio

ANTE TODO MOITA CALMA

Avisa ao profesor se observas que faltan compañeiros…

Cumple as funcións que te asigne o profesor se fuches elexido para esto

Non recollas ningún obxecto persoal

Espera sempre a orde de saída

Se estás fora da aula, incorpórate inmediatamente á mesma ou se estás noutra planta, incorpórate ao grupo de evacuación máis próximo

Axuda a aqueles que por calquera razón teñan dificultades físicas

Circula polos pasillos e polas escaleiras en fila, á beira da parede, rápido, pero sen correr, sen empuxar e sen separarte do teu grupo.

Non retrocedas por ningunha razón

Evita a curiosidade: non permanezas se non é necesario, en zonas de desaloxo.

Utiliza as vías e portas de evacuación que están marcadas e sinaladas

Non utilices o ascensor

Realiza a evacuación a ras de chan en caso de presencia de fume

Pecha a porta, abre as fiestras e move os brazos pedindo auxilio, SE QUEDAS BLOQUEADO NUNHA DEPENDENCIA

( aula, vestiario, aseo, etc…)

Sae ao exterior, non te deteñas xunto ás portas de saída, déixaas libres

Diríxete co grupo ao PUNTO DE REUNIÓN (O PATIO)

Permanece no punto de reunión ata que o profesor cho indique