Plan Estratéxico da ANPA
-
Upload
xurxocerdeira -
Category
Documents
-
view
462 -
download
3
Transcript of Plan Estratéxico da ANPA
![Page 1: Plan Estratéxico da ANPA](https://reader031.fdocuments.ec/reader031/viewer/2022013111/559724691a28abb4718b46a0/html5/thumbnails/1.jpg)
Plan Estratéxico da ANPA do C.P.I. de Vedra “A Boca”
Misión da ANPA do C.P.I. de Vedra
Somos unha Asociación de Pais e Nais do Alumnado de Vedra que buscamos atender as necesidades formativas e educativas dos nosos fillos dende unha posición de responsabilidade coa comunidade educativa e coa sociedade en xeral.
Visión da ANPA do C.P.I. de Vedra
Ser unha ANPA de referencia en Galicia; coherente co seu compromiso na educación, formación e información dos nenos e nenas do CPI, e das súas familias; implicada na busca da excelencia no ensino público; e recoñecida por fomentar a responsabilidade e os valores solidarios dentro da comunidade educativa e da sociedade en xeral.
Ideario ou declaración de principios
Antes de expoñer as principais liñas estratéxicas, e os obxectivos básicos, que esta ANPA se propón alcanzar nos próximos catro anos, para dar cumprimento ao seu fin social, é necesario apuntar que este proceso nace das seguintes conviccións:
Primeira: pódense mellorar notablemente as condicións e o nivel educativo do CPI de Vedra, aínda recoñecendo a traxectoria positiva que está levando o centro dentro do sistema educativo galego.
Segunda: Nesa tarefa correspóndelle á ANPA ter un papel central e unha actitude proactiva.
Terceira: é básica a implicación de todos os axentes con responsabilidade na educación dos nenos e nenas, empezando polas propias familias e o profesorado, e seguindo polos axentes sociais e administracións públicas para conseguir resultados tanxibles a medio e longo prazo.
Cuarta: A mellora contínua e sostida do nivel educativo do alumnado, da súa educación, formación e información, é básica para que poidan ter unha vida digna, e o éxito neste cometido fortalecerá ao conxunto da sociedade.
Quinta: Toda a sociedade, e polo tanto esta comunidade educativa, debe exercer o seu protagonismo ante os retos producidos pola inadecuada utilización dos recursos naturais e a chamada “globalización”. Tanto as persoas como as distintas asociacións civís deben formar parte activa do proceso e non permanecer como simples espectadores.
![Page 2: Plan Estratéxico da ANPA](https://reader031.fdocuments.ec/reader031/viewer/2022013111/559724691a28abb4718b46a0/html5/thumbnails/2.jpg)
Definición dos obxectivos a conseguir nos vindeiros catro anos.
En concordancia co ideario enunciado no anterior epígrafe formulamos os seguintes obxectivos estratéxicos, tendo como obxectivo xeral, que engloba a todos os demais:
Incrementar a calidade educativa do CPI de Vedra e contribuír na medida das nosas responsabilidades á formación dos nosos fillas e fillos como cidadáns responsables e comprometidos co respecto ao medioambiente, ao seu entorno natural e cultural.
E como obxectivos específicos:
Velar polo bo estado das infraestruturas educativas e o funcionamento axeitado dos servizos complementarios.
Prestar apoio aos alumnos e as súas familias no relacionado coas necesidades educativas e coa asistencia ao centro escolar
Levar a cabo campañas de sensibilización e de participación activa do CPI na defensa do medioambiente e do entorno natural.
Fomentar e participar en proxectos educativos que abran ao alumnado do centro ao coñecemento doutras linguas e doutras culturas.
Elaborar un programa educativo nos temas de interese para pais e alumnos do CPI que complemente e reforce o proxecto curricular e/ou educativo do centro.
Crear condicións que favorezan a comprensión de procesos globais dende o local, favorecendo o coñecemento do patrimonio e a identidade local, e reforzando os valores de respeto a todas as culturas dende a vinculación co propio.
![Page 3: Plan Estratéxico da ANPA](https://reader031.fdocuments.ec/reader031/viewer/2022013111/559724691a28abb4718b46a0/html5/thumbnails/3.jpg)
Liñas estratéxicas, obxectivos estratéxicos e accións globais
LIÑAS ESTRATÉXICAS OBXECTIVOS ESTRATÉXICOS ACCIONS GLOBAIS
1.- ACCIÓN DE LOBBY E XESTIÓN
1.1.- Velar polo bo estado das infraestruturas educativas e o funcionamento axeitado dos servizos complementarios.
1.1.1.- Manter unha comunicación permanente coa dirección do centro e coñecer a súa acción.
1.1.2.- Defender os intereses da comunidade educativa ante entidades públicas ou privadas con competencias na materia, e/ou responsabilidades no funcionamento do Centro.
1.2.- Prestar apoio aos alumnos, e as súas familias, no relacionado coas necesidades educativas e coa asistencia ao centro escolar
1.2.1.- Asesorar e representar aos pais e nais dentro da comunidade escolar.
1.2.2.- Captar e xestionar os recursos que permitan o funcionamento das actividades responsabilidade da ANPA.
2.- PROXECTOS EDUCATIVOS E DE RESPONSABILIDADE SOCIAL
2.1.- Levar a cabo campañas de sensibilización e de participación activa do CPI na defensa do medioambiente e do entorno natural.
2.1.1.- Realizar unha campaña de sensibilización e educación medioambiental, e poñer en marcha un proxecto de reciclaxe selectiva.
2.2.- Fomentar e participar en proxectos educativos que abran ao alumnado do centro ao coñecemento doutras linguas e doutras culturas.
2.2.1.- Cooperar na consecución para o centro de programas de inmersión lingüística.
2.2.2.- Colaborar nun proxecto de dinamización da biblioteca escolar dentro dun programa europeo.
2.3.- Impulsar un programa educativo nos temas de interese para pais e alumnos do CPI de Vedra e darlle difusión entre os grupos de interese.
2.3.1.- Impulsar unha campaña de sensibilización ante as drogas.
2.3.2.- Campaña de educación para a Paz.
2.3.3.- Campaña de educación vial e de prevención dos accidentes de tráfico.
2.3.4.- Crear, e manter, un blog que sirva de soporte de comunicación de todas as accións levadas a cabo, e forneza de materiais para a reflexión e o debate dentro da comunidade educativa.