Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do...

25
Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA) Páxina 1 t a planes y proyectos e INFORMES SECTORIAIS PEPCHA TUI ANÁLISE INFORME DIRECCIÓN XERAL DE PATRIMONIO Maio 2013

Transcript of Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do...

Page 1: Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA) Páxina 3 t a planes y proyectos e ID INFORME

P l a n E s p e c i a l d e P r o t e c c i ó n d o

Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA)

Páxina 1

t aplanes y proyectose

INFORMES SECTORIAIS PEPCHA TUI

ANÁLISE INFORME DIRECCIÓN XERAL DE PATRIMONIO

Maio 2013

Page 2: Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA) Páxina 3 t a planes y proyectos e ID INFORME

P l a n E s p e c i a l d e P r o t e c c i ó n d o

Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA)

Páxina 2

t aplanes y proyectose

ANÁLISE DO INFORME DE PATRIMONIO

ID INFORME PATRIMONIO

1. ANTECEDENTES

01 O presente informe emítese en virtude do establecido polo artigo 86.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural que establece a obriga para a administración municipal de solicitar ás administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten necesarios, e polo artigo 45.1 da Leí 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia. Asemade emítese vistos os informes de arqueoloxía e arquitectura, do 31 de maio e o 10 de xullo de 2012 respectiva mente, do Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial de Pontevedra.

O informe se recibe fora do prazo establecido. Segundo a Lei 8/1995 transcorridos tres meses se considera POSITIVO, polo que o presente informe é extemporáneo. Normativa de referencia: Ley 9/2002, de 30 de diciembre, de Ordenación Urbanística y Protección del Medio Rural de Galicia. Artículo 86. Tramitación de planeamiento de desarrollo. 1. La tramitación de los planes parciales, planes especiales y planes de sectorización se ajustará al siguiente procedimiento: Durante el mismo tiempo en que se realiza el trámite de información pública, la administración municipal deberá recabar de las administraciones públicas competentes los informes sectoriales que resulten preceptivos, que habrán de ser emitidos en el plazo máximo de un mes, salvo que la legislación sectorial señale otro plazo. Ley 8/1995, de 30 de octubre, del Patrimonio Cultural de Galicia. Artículo 45. Conjuntos históricos. Planeamiento. 1. La declaración de un conjunto histórico determinará la obligación para el Ayuntamiento en que se encuentre de redactar un plan especial de protección del área afectada. La aprobación definitiva de este plan requerirá el informe favorable de la Consejería de Cultura, que se entenderá positivo transcurridos tres meses desde su presentación. Analizada a situación polo Concello e a Dirección Xeral de Patrimonio, e tendo en conta que o documento se atopa na súa fase de Aprobación Provisional, se considera que se atenderá ao informe extemporáneo da Dirección Xeral e aos efectos se verificará o seu grado de cumprimento. A tal efecto se redacta o presente informe sobre o GRADO DE CUMPRIMENTO DO INFORME, de xeito que se anexará a o documento presentado para a súa Aprobación Provisional, e o proceso a seguir será o seguinte: 1. APROBACIÓN PROVISIONAL (coas correccións indicadas)

2. SOMETEMENTO A NOVO INFORME DA DIRECCION XERAL DE PATRIMONIO ANTES DA

APROBACIÓN DEFINITIVA EN CUMPRIMENTO O ARTIGO 46.1 DA LEI de 30 de octubre, del Patrimonio Cultural de Galicia “A aprobación definitiva deste plan requirirá o informe favorable da Consellería de Cultura, que se entenderá positivo transcorridos tres meses desde su presentación”

1 INTRODUCIÓN

02 O Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico e Artístico desenvolve as previsións para a área espacial delimitada e afectada pola declaración de Conxunto histórico -artístico aprobada polo Decreto 2286/1967, de 19 de agosto, polo que se declara ben de interese cultural con categoría de conxunto histórico artístico a Cidade de Tui (BOE 19/09 /1967).

Page 3: Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA) Páxina 3 t a planes y proyectos e ID INFORME

P l a n E s p e c i a l d e P r o t e c c i ó n d o

Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA)

Páxina 3

t aplanes y proyectose

ID INFORME PATRIMONIO Ademais dentro do conxunto histórico existen outras dúas edificacións con declaración expresa:

lgrexa de Santo Domingo de Tui, declarada monumento histórico artístico polo Decreto de xuño de 1931. lgrexa Catedral de Nosa Señora de Tui, declarada monumento histórico artístico polo Decreto de xuño de 1931.

A todos estes elementos, declarados bens de interese cultural, lles é de aplicación o réxime establecido no Capítulo 11 do Título 11: Protección dos bens de interese cultural da Leí 8/95 do Patrimonio Cultural de Galicia.

Esta observación no ten incidencias na redacción do documento. Non precisa de correccións.

03 No plan especial aprobado inicialmente detectáronse unha serie de erros e incorreccións que fan que o documento resulte de difícil manexo. Ao partir do planos catastrais como base para estruturar toda a información do Plan, créase unha organización que non se corresponde coa morfoloxía e a estrutura do conxunto histórico, polo que resulta difícil relacionar edificacións e parcelas que forman parte da mesma unidade morfolóxica.

Para a realización dos traballos realizarase un estudo pormenorizado de toda a

cartografía dispoñible: Cartografia do Concello, Cartografía da Xunta de Galicia, Cartografía Catastral, Cartografía Histórica e Cartografía do exército. Con posterioridade se elaborou a cartografía a escala 1:500 a partir da realización dun voo fotogramétrico e restitución dixital do mesmo segundo as seguintes fases:

Voo fotogramétrico dixital Voo oblícuo fotogramétrico Apoio de campo Aerotriangulación dixital Restitución dixital, ortofoto,

Se obteñen polo tanto os seguintes resultados:

ORTOFOTO CENITAL FOTOGRAFÍAS OBÍCUAS CARTOGRAFÍA MODELO TRIDIMENSIONAL

Page 4: Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA) Páxina 3 t a planes y proyectos e ID INFORME

P l a n E s p e c i a l d e P r o t e c c i ó n d o

Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA)

Páxina 4

t aplanes y proyectose

ELABORACIÓN CARTOGRAFÍA ESCALA 1/500

CARTOGRAFÍA

Elaborada a partir do Voo Fotogramétrico e

Restitución

ORTOFOTO Elaborado a partir do Voo fotogramétrico e da restitución

PARCELARIO

Identificación de parcelario catastral sobre a Cartografía

Page 5: Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA) Páxina 3 t a planes y proyectos e ID INFORME

P l a n E s p e c i a l d e P r o t e c c i ó n d o

Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA)

Páxina 5

t aplanes y proyectose

ESTRUTURA MODELO 3D DE TUI.

Posteriormente se realizou un levantamento cos seguintes medios:

Dos Estaciones Totales Dos GPS Centesimal . Distanciómetro laser. Accesorios de Topografía: Radio Teléfonos, jalones, prismas, Teléfono móbil,

Trípode, etc Sobre a cartografía se rectifica a disposición de aleiros cos datos tomados por topografía. Tamén se procede a interpretación do parcelario sobre o levantamento realizado.

Page 6: Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA) Páxina 3 t a planes y proyectos e ID INFORME

P l a n E s p e c i a l d e P r o t e c c i ó n d o

Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA)

Páxina 6

t aplanes y proyectose

Unha vez identificadas as fincas e edificacións, e dado que se atoparon ata 3 direccións diferentes:

Dirección postal Dirección do catastro Dirección do padrón

E ademais hai portais con dobre numeración, se optou pola identificación coa referencia catastral o cal permite unha identificación inequívoca e permite ademais que sexa inconfundible nos expedientes de rehabilitación, certificación, etc… A agrupación faise por quinteiros completos, seguindo tamén a referencia catastral. Ao seguir o orde alfanumérico provocou algún salto na lóxica das rúas, pero están

agrupados por quinteiros.

04 O plan debe recoller a realidade formal do parcelario, non a unidade catastral. Débese partir do estudo histórico do conxunto, das transformacións urbanas e do parcelario para estruturar a documentación e as determinacións do plan especial en cuarteiróns que permitan unha clara regulación dos criterios de intervención a todos os niveis.

-

O Plan recolle a realidade do parcelario, se realizou estudo histórico do conxunto e das transformacións urbanas e do parcelario, recollidos na memoria, anexos e planos de información. Se realiza un estudo pormenorizado das edificacións e o seu valor patrimonial, a fin de determinar o seu valor patrimonial para a súa conservación e e integración dentro da ordenación. Se realiza tamén un estudo dos valores arqueolóxicos que poidan haber no ámbito e as súas proximidades. TÍVOSE EN CONTA OS PROCESOS DE EVOLUCIÓN DO ÁMBITO PARA DETERMINAR A

Page 7: Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA) Páxina 3 t a planes y proyectos e ID INFORME

P l a n E s p e c i a l d e P r o t e c c i ó n d o

Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA)

Páxina 7

t aplanes y proyectose

ESTRUTURA URBANÍSTICA A HORA DE POÑER EN VALOR O ÁMBITO. FOI FUNDAMENTAL O ANÁLISE DA DOCUMENTACIÓN HISTÓRICA.

O PEPCHA analiza e estrutura en varias zonas segundo a súa estrutura e morfoloxía: INTRAMUROS, EXTRAMUROS NORTE, EXTRAMUROS ESTE, EXTRAMUROS OESTE, A CORREDERA, SANTO DOMINGO, SAN BARTOLOME, ENSANCHE.

05 No documento faltan por reflectir elementos morfolóxicos característicos da cidade medieval que

aínda se conservan, tales como venelas, fondos de parcelas, patios e xardín interiores, pasos transversais entre cuarteiróns ou pasos á ronda de muralla. Requírese un traballo de identificación e restitución que recolla estes elementos característicos partindo das plantas e restos murarías en planta baixa e non soamente da restitución de cubertas

O Informe fai unha apreciación subxectiva do contido do traballo, o que reflicte unha análise superficial do contido do mesmo. Se realizou o estudo e está reflexado na documentación. VER O REFLECTIDO NOS PONTOS ANTERIORES

06 A análise deste parcelario e da súa evolución histórica é a que debe xustificar as actuacións propostas, especialmente a formulación de novas volumes e o establecemento dos criterios de ordenación en canto á ocupación interior e aos fondos de parcela. A estes efectos, pode ser consultada toda a documentación existente nesta Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, na que constan, nos diferentes expedientes tramitados, planos das edificacións e das reformas e modificacións realizadas nestas. Esta consulta débese estender tamén a aqueles expedientes nos que existe resolucións que abrigan á reposición da legalidade en determinadas actuacións, xa que a ordenación proposta debe responder a estes requirimentos.

-

O PEPCHA realiza unha análise de conxunto e de evolución histórica e xustifica as actuacións propostas, o cal marca un antes e un despois na aplicación da ordenación e protección de patrimonio, coma ocorre con calquera instrumento urbanístico e de ordenación, que establece as determinacións no seu conxunto. As actuacións anteriores non son vinculantes, máxime cando corresponden a actuacións illadas sen criterio de conxunto. EN TODO CASO SERA COHERENTE O PEPCHA CON:

1. Criterios adotados no tempo na regulación de autorizacións 2. Expedientes que aportará Dirección Xeral de Patrimonio.

Page 8: Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA) Páxina 3 t a planes y proyectos e ID INFORME

P l a n E s p e c i a l d e P r o t e c c i ó n d o

Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA)

Páxina 8

t aplanes y proyectose

ESTA DOCUMENTACIÓN QUE FACILITARÁ A DIRECCIÓN XERAL DE PATRIMONIO SERÁ INCORPORADA NO DOCUMENTO ANTES DA SÚA APROBACIÓN DEFINITIVA.

Na documentación gráfica achegada, detectáronse unha serie de carencias relevantes para a ordenación do conxunto:

07 Carece dos planos xerais de organización do conxunto e de catalogación.

O PEPCHA contén o seguintes planos xerais de organización do conxunto A ESCALA 1:1000

O01.0 - CLASES E CATEGORÍAS DE SOLO E SERVIDUMES DE PROTECCIÓN O02.01 - DOTACIÓNS E ESPAZOS LIBRES ALIÑACIÓNS E RASANTES OAQ.0 - ZONAS DE PROTECCION ARQUEOLOXICA ORZ.0 - ORDENACION .CUALIFICACION ZONAL ORP.0 - ORDENACIÓN. CUALIFICACIÓN POR PARCELA

Nos planos ORZ.0 - ORDENACION .CUALIFICACION ZONAL e ORP.0 - ORDENACIÓN. CUALIFICACIÓN POR PARCELA, se recollen as edificacións catalogadas marcadas cun perímetro e código azul e as non catalogadas en negro. SE INCORPORA UN NOVO PLANO DE CONXUNTO DE CATALOGACIÓN OCA.0 CATALOGACION

08 Resulta necesaria a elaboración dos alzados de estado actual e ordenación das fachadas exteriores do conxunto cara o río e das edificacións sobre a muralla cara a Estrada de Portugal

O Prego de Prescricións Técnicas do Contrato de Redacción do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA), establece que se realizarán alzados das fachadas a escala non inferior a 1:200. O criterio establecido foi a realización de fachadas a espazos viarios das edificacións, criterio empregado nos plans especiais de protección aprobado recentemente coma o Plan Especial de protección do Conxunto Histórico Artístico de Baiona aprobado definitivamente o 2 de xuño de 2011. Se realizou un alzado por ortorectificación fotográfica das fachadas exteriores do conxunto cara o río plano de Información A00 Fachada Sur – Este –Norte.

MALIA O ANTERIOR, SE REALIZAN OS DEVANDITOS ALZADOS. PLANOS INFORMATIVOS A69.- ALZADO CARON DO RIO A70.- ALZADO CARON ESTRADA PORTUGAL PLANOS NORMATIVOS

Page 9: Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA) Páxina 3 t a planes y proyectos e ID INFORME

P l a n E s p e c i a l d e P r o t e c c i ó n d o

Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA)

Páxina 9

t aplanes y proyectose

OAN69.- ALZADO CARON DO RIO OAN 70.- ALZADO CARON ESTRADA PORTUGAL

09 Deberá conter todos os alzados das edificacións incluíndo os que dean a patios interiores.

Non está contemplada a realización de alzados a patios interiores. O Prego de Prescricións Técnicas do Contrato de Redacción do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA), establece que se realizarán alzados das fachadas a escala non inferior a 1:200. O criterio establecido foi a realización de fachadas a espazos viarios das edificacións, criterio empregado nos plans especiais de protección aprobado recentemente coma o Plan Especial de protección do Conxunto Histórico Artístico de Baiona aprobado definitivamente o 2 de xuño de 2011. MALIA O ANTERIOR SE REALIZAN OS SEGUINTES ALZADOS INTERIORES: PLANOS INFORMATIVOS A71.- ALZADO MONXAS DE SAN PAUL A72.- ALZADO PATIO SAN FRANCISCO PLANOS NORMATIVOS A71.- ALZADO MONXAS DE SAN PAUL A72.- ALZADO PATIO SAN FRANCISCO

10 Así mesmo detectáronse discrepancias entre os planos de alzados e a realidade física dos inmobles, así como contradicións entre a representación en planta e en alzado dun significativo número de edificacións.

Durante a exposición pública se atendeu a unhas 200 persoas e unhas 350 propiedades(supón mais do 55% do ámbito). Ademais a web recibiu un total de 1.739 visitas. Se recibiron un total de 123 alegacións. Durante este período se detectaron discrepancias e erros na documentación que foron corrixidos.

2 NORMATIVA

11 A normativa é escasa en canto á regulación das actuacións e deriva ás fichas o establecemento de parámetros concretos. Porén estas non recollen as determinacións necesarias.

Se considera que a NORMATIVA é completa e regula axeitadamente o PEPCHA. Nos seguintes apartadoso informe analiza artigo por artigo esteblcendo as consideracións precisas. Neste senso se corrixe o PEPCHA CALQUERA OUTRO CAMBIO QUE CONSIDERE OPORTUNO A DIRECCIÓN XERAL DE PATRIMONIO SERÁ INCORPORADA NO DOCUMENTO ANTES DA SÚA APROBACIÓN DEFINITIVA.

12 Será necesario prever e regular a constitución dunha Comisión de Seguimento que que teña como finalidade resolver as dúbidas que vaia xerando a interpretación da normativa e fixar criterios de actuación sobre aspectos non regulamentados. De dita Comisión deberán formar parte técnicos do Concello e da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Se introduce un novo artigo no que se regula a Comisión de Seguemento.

13 Débese reflectir a correspondencia entre o fora de ordenación xenérico e o fora de ordenación total regulado no PXOM. Por outra banda de manterse o réxime de fora de ordenación específico, establecerase como un caso particular do fora de ordenación total.

Se corrixe a redacción do artigo 146 e se divide en dous capitulos II. ELEMENTOS NON ––CATALOGADOS e capitulo III. RÉXIME DE FORA DE ORDENACIÓN

Page 10: Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA) Páxina 3 t a planes y proyectos e ID INFORME

P l a n E s p e c i a l d e P r o t e c c i ó n d o

Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA)

Páxina 10

t aplanes y proyectose

Deste xeito réxime de fora de ordenación xenérico se establece para as edificacións non catalogadas en correspondencia co artigo 102 da lei do solo e o PXOM apartado 4.4. O fora de ordenación específico afecta as edificacións catalogadas, xa que estas nunca se atopan no fora de ordenación total, soamente están fora de ordenación os engadidos e elementos non conformes co PEPCHA.

14 No artigo 10.9.a) da normativa débese agregar un novo punto: a.4. Estudo estratigráfico do edificio, cando se requira polos servizos técnicos municipais. Este requirimento ven xustificado porque existen edificios que sufriron varias reformas ao longo da súa historia, que deixan pegada na estrutura ou nos elementos do edificio actual, que cómpre coñecer e comprender para analizar a idoneidade das solucións arquitectónicas propostas.

Se incorpora no artigo 10.9ª o ponto a.4. Estudo estratigráfico do edificio, cando se requira polos servizos técnicos municipais

2.1 Ordenanzas Xerais

15 As ordenanzas xerais non incorporan a regulación de aspectos de gran incidencia na conservación e mellora do conxunto urbano, como son os relacionados coa mellora de espazos e instalacións urbanas, xa que por exemplo non se regulan as acometidas das instalacións ás edificacións, a retirada dos cableados existentes nas fachadas, as instalacións soterradas e os seus rexistros, os criterios xerais das actuacións de pavimentación ou de instalación de rótulos e elementos en fachada, etc.

Se engade un novo TÍTULO VII. Coa regulación da conservación e mellora do conxunto urbano regulando estes aspectos

16 Regúlanse de maneira contraditoria outros aspectos como o referido á disposición de ocos nos planos de cuberta. Nesta cuestión, igual que noutras, deberíase atender aos criterios asentados na Comisión Territorial do Patrimonio Histórico de Pontevedra. No caso concreto posto como exemplo o criterio debe ser o de permitir unicamente a apertura de ocos en cuberta en panos non visibles dende a rúa nin que alteren a visión exterior do conxunto. A estes efectos require especial importancia a identificación dos lucernarios e dos elementos de iluminación tradicionais en cuberta a conservar.

Se corrixe a redacción do artigo 58.6 cubertas e 68.5.2. incorporando o criterio indicado

17 Establécense determinadas condicións a partires de características que se asumen como propias do conxunto histórico que non se atopan xustificadas, como por exemplo as referidas a reixas, cores diferenciadas por plantas, revestimentos exteriores,...

Todas as determinacións parten do estudo de tipoloxías, estando reflectida na memoria e fichas individualizadas de todos os predios e edificacións.

18 Dentro das condicións xerais establécense catalogacións xenéricas de arborado, peches de parcelas ou elementos singulares en espazos públicos, sen que exista unha posterior regulación desta catalogación.

No plano de informacion de cartografias de cubertas serie C0, se recollen os peches e a diferenciación de restos de fachadas que se tiveron en conta na posterior ordenación de reposición e novos volumes.

Page 11: Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA) Páxina 3 t a planes y proyectos e ID INFORME

P l a n E s p e c i a l d e P r o t e c c i ó n d o

Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA)

Páxina 11

t aplanes y proyectose

19 A normativa xeral establece condicións en función dos distintos niveis de protección, en contradición co feito de que existe unha regulación específica para cada grao de protección, que debe recoller as determinacións concretas para cada nivel, como por exemplo modificación do sistema estrutural ou dos núcleos de escaleiras, apertura de novos ocos en fachada,...

O PEPCHA establece primeiramente as condicións xerais que rexerán para todo o ámbito en canto a volume, usos e tipoloxías estéticas, no título III. No título VI, establece as limitacións en canto a zonificación establecida, regulando os usos e as maiores limitacións de volume tipolóxicas e estéticas. No título VI, se establecen as actuacións posibles nos elementos catalogados segundo o seu grao de protección. CALQUERA OUTRO CAMBIO QUE CONSIDERE OPORTUNO A DIRECCIÓN XERAL DE PATRIMONIO SERÁ INCORPORADA NO DOCUMENTO ANTES DA SÚA APROBACIÓN DEFINITIVA.

20 Establécense como norma xeral unha serie de supostos excepcionais que se remiten á regulación nas fichas e que non se reflicten nas mesmas. Así analizarase a conveniencia de permitir voos con carácter xeral no ámbito do Plan Especial.

A regulación dos voos se atopa no artigo 68.8.1 e se limitan aos balcóns e galerías, limitando o voo corrido de toda a planta alta.

21 A carpintería exterior do conxunto histórico será de madeira en todos os panas de fachada, e calquera excepción a esta regra deberase recoller e xustificar na propia ficha, sen que se poida xustificar o material a empregar unicamente pola carpintería actual.

Atópase regulado neste senso no artigo 68.2

2.2 Ordenación urbanística

Ordenanzas reguladoras por zonas

22 A delimitación dos ámbitos das ordenanzas non ten por que axustarse ás zonas nas que a declaración divide o conxunto. Na medida en que regulan as condicións de edificación comprenderán zonas de edificacións de características semellantes, como por exemplo as edificacións contiguas á muralla na Corredoira, en Bispo Lago, Santo Domingo ou San Bartolomeu, etc. Esta delimitación deberíase axustarse ao parcelario histórico, incluíndo as zonas de parcela vacantes no mesmo ámbito de ordenanza que as edificacións ás que están vinculadas e sen excluír as parcelas exteriores á muralla na baixada a Portugal ou cara o río.

O PEPCHA ten en conta o parcelario histórico e o conxunto e morfoloxía dos rueiros e a tipoloxía das edificacións, así coma o seu contexto no espazo en tempo en canto a idade non só das edificacións senón do conxunto urbano no que se atopa. Non se axusta polo tanto as zonas nas que a declaración divide ao conxunto

Page 12: Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA) Páxina 3 t a planes y proyectos e ID INFORME

P l a n E s p e c i a l d e P r o t e c c i ó n d o

Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA)

Páxina 12

t aplanes y proyectose

O PEPCHA analiza e estrutura nas seguintes zonas: INTRAMUROS, EXTRAMUROS NORTE, EXTRAMUROS ESTE, EXTRAMUROS OESTE, A CORREDERA, SANTO DOMINGO, SAN BARTOLOME, ENSANCHE.

23 No apartado 3.d do artigo 99. Ordenanza Extramuros Norte, no que respecta ás plantas soto, incluirase esta outra redacción: soamente se permiten no ámbito dos polígonos P-3, P-4, P-5 e P-6, sempre e cando sexan compatibles coa conservación das estruturas arqueolóxicas que poidan aparecer, a determinar pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como resultado da normativa de protección arqueolóxica. Tal e como se redacta orixinalmente, a conservación dos restos arqueolóxicos in situ podería dar lugar a indemnizacións económicas.

Ao desaparecer os ámbitos dos polígonos, se establece a seguinte regulación no artigo 99.3.d: “Soamente se permiten no ámbito do aparcamento soterrado sempre e cando sexan compatibles coa conservación das estruturas arqueolóxicas que poidan aparecer, a determinar pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como resultado da normativa de protección arqueolóxica”

24 Nos artigos 101. Ordenanza Extramuros Oeste, 102. Ordenanza A Corredera, e 105. Ordenanza Ensanche, apartado 3d, polo que respecta ás plantas soto, débese introducir tamén a redacción concretada anterior.

Se redactan os artigos 101.3.d, 102.3.d e 105.3.d coa seguinte redacción: “Soamente se permiten sempre e cando sexan compatibles coa conservación das estruturas arqueolóxicas que poidan aparecer, a determinar pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como resultado da normativa de protección arqueolóxica.”

Ordenanzas reguladoras por parcela

25 Dentro das actuacións e usos permitidos nos patios interiores recóllese a construción en planta baixa e cuberta a modo de terraza para uso como aparcamento, cuestión que altera e modifica a estrutura urbana e arquitectónica do conxunto histórico.

Se elimina o párrafo 3.3 do artigo 116.

Alzados normativos

26 Na medida en que son un instrumento normativo que se prevé para regular a edificación, considerase que estes alzados normativos non se poden reducirás fachadas a rúas, se non que se deben incorporar alzados normativos para cada fachada do inmoble, interior a patio, traseiro,etc. Neste senso reitérase a necesidade de incorporar alzados reguladores das fachadas do borde do conxunto histórico.

O Prego de Prescricións Técnicas do Contrato de Redacción do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA), establece que se realizarán alzados das fachadas a escala non inferior a 1:200. O criterio establecido foi a realización de fachadas a espazos viarios das edificacións, criterio empregado nos plans especiais de protección aprobado recentemente coma o Plan Especial de protección do Conxunto Histórico Artístico de Baiona aprobado definitivamente o 2 de xuño de 2011. Se realizou un alzado por ortorectificación fotográfica das fachadas exteriores do conxunto cara o río plano de Información A00 Fachada Sur – Este –Norte. MALIA O ANTERIOR, SE REALIZAN OS DEVANDITOS ALZADOS.

Page 13: Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA) Páxina 3 t a planes y proyectos e ID INFORME

P l a n E s p e c i a l d e P r o t e c c i ó n d o

Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA)

Páxina 13

t aplanes y proyectose

PLANOS INFORMATIVOS A69.- ALZADO CARON DO RIO A70.- ALZADO CARON ESTRADA PORTUGAL A71.- ALZADO MONXAS DE SAN PAUL A72.- ALZADO PATIO SAN FRANCISCO PLANOS NORMATIVOS OAN69.- ALZADO CARON DO RIO OAN 70.- ALZADO CARON ESTRADA PORTUGAL A71.- ALZADO MONXAS DE SAN PAUL A72.- ALZADO PATIO SAN FRANCISCO

2.3 Normativa de protección

27 Non se establece unha clara diferenciación entre os distintos niveis de protección e se permiten actuacións que van máis ala das que se veñen autorizando dentro deste conxunto histórico.

Os distintos niveis de protección se regulan no título VI. CALQUERA OUTRO CAMBIO QUE CONSIDERE OPORTUNO A DIRECCIÓN XERAL DE PATRIMONIO SERÁ INCORPORADA NO DOCUMENTO ANTES DA SÚA APROBACIÓN DEFINITIVA.

28 A definición das obras admisibles en cada nivel de protección non é suficiente para regular a totalidade das actuacións nas mesmas. Débense establecer criterios rigorosos na reestruturación e na rehabilitación de edificacións para todos os niveis de protección, contemplando o mantemento e a recuperación das características propias dos inmobles.

Os distintos niveis de protección se regulan no título VI. CALQUERA OUTRO CAMBIO QUE CONSIDERE OPORTUNO A DIRECCIÓN XERAL DE PATRIMONIO SERÁ INCORPORADA NO DOCUMENTO ANTES DA SÚA APROBACIÓN DEFINITIVA.

29 Deben eliminarse os artigos 77, 78.1 e 79, porque son reiterativos respecto do xa dito no artigo 1.

Se elimina os artigos 77, 78.1 e 79

30 No artigo 80.2 obsérvase un erro: no último parágrafo débese eliminar a Zona AR4, porque non existe.

Se elimina a zona AR4 no artigo 80.2

31 No artigo 82.2. Cautela de Grao 1 debe agregarse un novo apartado: 1.5. Nos casos en que o impacto sobre o subsolo sexa de maior envergadura, pero as parcelas ou edificacións se localicen en ámbitos de baixa probabilidade de conter restos arqueolóxicos (por exemplo, a Zona AR2), deberán realizarse unhas sondaxes arqueolóxicas mecánicas, previas á obra. Este tipo de intervención é moito máis idónea nestes casos que os controis arqueolóxicos.

Se engade o novo apartado no artigo 82.2.5

32 No artigo 82.3. Cautela de Grao 11 debe agregarse un novo apartado: 1.6. Á vista dos resultados e da proposta técnica municipal, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural resolverá sobre a continuidade das obras ou a ampliación da actuación arqueolóxica.

Se engade o novo apartado no artigo 82.3.6

33 No artigo 83.3. Zona AR3 debe incluírse un novo punto: 1.4. O plan de ordenación do solo urbano non consolidado recollerá unha normativa de protección arqueolóxica específica, unha vez que se obteñan os resultados da intervención arqueolóxica concretada no punto 1.2 anterior. Esta normativa específica pode ser necesaria de producirse situacións non previstas nas ordenanzas do plan

Page 14: Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA) Páxina 3 t a planes y proyectos e ID INFORME

P l a n E s p e c i a l d e P r o t e c c i ó n d o

Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA)

Páxina 14

t aplanes y proyectose

especial.

Non se precisa do no parágrafo ao desaparecer o solo urbano non consolidado.

34 No apartado 1.1. do artigo 84.1. Área Murallas hai un erro: debe eliminarse AR3, porque esa zona non se define sobre as murallas.

Se corrixe o artigo 84.1.1.

35 No artigo 86, débese modificar a redacción do apartado 2, no que atinxe á titulación requirida, xa que na actualidade hai diferentes titulacións. Débese substituír a expresión "subscrito por arqueólogo/a (titulados superiores con estudios de prehistoria e arqueoloxía)", por esta outra: "subscrito por licenciado ou graduado en Arqueoloxía, ou ben en Historia, Xeografía e Historia ou asimilables, con especialidade de Prehistoria e/ou Arqueoloxía, e experiencia demostrada en intervencións arqueolóxicas", que sería a actualización da redacción do artigo 5 do Decreto 199/1997, do 10 de xullo, polo que se regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Se corrixe o artigo 86.2

36 No artigo 87.3 débese agregar a palabra "arqueolóxica" aos proxectos de actuación.

Se corrixe o artigo 87.3

37 No artigo 88.6 débese substituír "no prazo de dous meses", por esta outra redacción: " ...no prazo de dous meses ou o que estipule a lexislación específica...", concretamente o decreto que regula a actividade arqueolóxica, que nalgún momento pode ser modificado.

Se corrixe o artigo 88.6.

38 Na liña 10 do apartado 10.1 do artigo 88 débese substituír "traslado dos achados" por "desmonte ou traslado dos achados" xa que non sempre é preciso que as estruturas arqueolóxicas se trasladen.

Se corrixe o artigo 88.10.1

3 CATALOGO En canto ao contido das fichas do catálogo cabe sinalar:

39 A ficha debe conter toda a documentación gráfica necesaria para coñecer o estado actual da edificación así como as actuacións previstas na mesma. Para isto, é imprescindible que se incorpore a planta coa estrutura muraria de cada edificación, recollendo a posición da escaleira e dos patios interiores, todos os alzados normativos de cada edificación, tanto á rúa como ao patio ou xardín interior.

O Prego de Prescricións Técnicas do Contrato de Redacción do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA), non establece a representación da estrutura muraria de cada edificación recollendo a posición da escaleira. Tampouco se observa nos plans especiais de protección aprobado recentemente coma o Plan Especial de protección do Conxunto Histórico Artístico de Baiona aprobado definitivamente o 2 de xuño de 2011. MALIA O ANTERIOR: Se recolle a representación do perímetro murario de cada edificación. Se recollen nas fichas todos os alzados da edificación.

40 Na documentación do actual catálogo só se recolle un alzado para a gran maioría das edificacións e incluso hai fichas sen alzados.

Se corrixe e se incorporan todos os alzados en cada ficha

41 En aras de facilitar o manexo do catálogo, sería bo refundir a documentación gráfica das edificacións (que na actual se recolle en dous tomos independentes) co catálogo, de xeito que cada ficha incorpore un anexo fotográfico, no que se recollan fotografías claras e nítidas de toda as fachadas do inmoble e dos elementos singulares do mesmo.

Page 15: Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA) Páxina 3 t a planes y proyectos e ID INFORME

P l a n E s p e c i a l d e P r o t e c c i ó n d o

Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA)

Páxina 15

t aplanes y proyectose

A documentación fotográfica é o anexo 5 da memoria e o catálogo un documento independente, se pode considerar a súa fusión no documento de aprobación definitiva, se ben están xenerados en diversos formatos e ten dificultades de edición.

42 A maioría das fichas non establecen elementos discordantes a adecuar, limitándose a un levantamento do estado actual dando por boas as actuacións realizadas. Neste senso cabe sinalar que a análise construtiva ten por obxecto determinar os elementos a protexer e os elementos discordantes de cada inmoble para establecer no apartado de determinacións as actuacións de adecuación necesarias en cada caso.

Durante a expsoición pública se corrixiron os erros detectados. As actuacións en cada edificación se definen na ficha A forma de execución será segundo o disposto na normativa.

43 No apartado de protección do ben, as actuacións que veñen obrigadas pola situación de fora de ordenación xenérica ou específica, deben establecerse como determinacións e non como actuacións e usos permitidos. De igual maneira, débese eliminar a seguinte condición xenérica: as determinacións de novo volume serán de aplicación cando se pretenda substituír a edificación, que é en moitos casos contraditoria coa protección do inmoble ou coa regulación da situación de fora de ordenación na normativa xeral.

Nos casos de fora de ordenación total, a determinación :” as determinacións de novo volume serán de aplicación cando se pretenda substituír a edificación” resulta de poder permitir aquelas obras de conservación e mantemento e outras autorizadas pola normativa, xa que senón no se poderían adecuar as condicións de habitabilidade e accesibilidade. Por iso se recalca que esta situacion se producirá na renovación ou sustitución do inmoble, xa que non é posible a eliminación de plantas sen derrubar todo o edificio nalgúns casos e non se pode limitar esas obras de mantemento do uso.

44 Observáronse erros e discrepancias nos apartados de características básicas e usos, ocupación, propiedade e réxime de tenencia.

Durante a exposición pública se atendeu a unhas 200 persoas e unhas 350 propiedades(supón mais do 55% do ámbito). Ademais a web recibiu un total de 1.739 visitas. Se recibiron un total de 123 alegacións. Durante este período se detectaron discrepancias e erros na documentación que foron corrixidos.

45 Dentro da organización das fichas, deberase reflectir a realidade parcelaria histórica con independencia de que se corresponda ou non cunha parcela catastral. De igual maneira, con independencia da propiedade e das agrupacións de inmobles realizadas, deberá recollerse cada inmoble nunha ficha independente

Xa explicado en puntos anteriores. Se agrupan en nunha ficha aqueles que se atopan disgregados en diversas referencias (catedral, convento,…).

46 Non se identifica un criterio claro na asignación de niveis de protección: vivendas de semellantes características teñen niveis de protección diferentes, protéxense integral ou estruturalmente edificios alterados e se ignora o valor histórico ou tipolóxico de edificios que se protexen ambientalmente.

Os criterios se atopan xustificados no documento. CALQUERA OUTRO CAMBIO QUE CONSIDERE OPORTUNO A DIRECCIÓN XERAL DE PATRIMONIO SERÁ INCORPORADA NO DOCUMENTO ANTES DA SÚA APROBACIÓN DEFINITIVA.

Page 16: Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA) Páxina 3 t a planes y proyectos e ID INFORME

P l a n E s p e c i a l d e P r o t e c c i ó n d o

Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA)

Páxina 16

t aplanes y proyectose

47 A ficha debe recoller as actuacións necesarias para a reposición da legalidade segundo o contido dos correspondentes expedientes, para o que se reitera a dispoñibilidade de consulta dos expedientes correspondentes

O PEPCHA realiza unha análise de conxunto e de evolución histórica e xustifica as actuacións propostas, o cal marca un antes e un despois na aplicación da ordenación e protección de patrimonio, coma ocorre con calquera instrumento urbanístico e de ordenación, que establece as determinacións no seu conxunto. As actuacións anteriores non son vinculantes, máxime cando corresponden a actuacións illadas sen criterio de conxunto.

ESTA DOCUMENTACIÓN QUE FACILITARÁ A DIRECCIÓN XERAL DE PATRIMONIO SERÁ INCORPORADA NO DOCUMENTO ANTES DA SÚA APROBACIÓN DEFINITIVA.

48 Deberíase incorporar a numeración antiga dos inmobles, naquelas rúas ande houbo un cambio recente de numeracións o que posibilitaría identificar rapidamente os expedientes administrativos antigos (antecedentes). Por exemplo o N° 43 da Rúa Cuenca antes era o 49), .

Unha vez identificadas as fincas e edificacións, e dado que se atoparon ata 3 direccións diferentes:

Dirección postal Dirección do catastro Dirección do padrón

E ademais hai portais con dobre numeración, se optou pola identificación coa referencia catastral o cal permite unha identificación inequívoca e permite ademais que sexa inconfundible nos expedientes de rehabilitación, certificación, etc… A agrupación faise por quinteiros completos, seguindo tamén a referencia catastral. Ao seguir o orde alfanumérico provocou algún salto na lóxica das rúas, pero

estáneagrupados por quinteiros. SE dispón dunha base de datos coas tres direccións posibles que se pode facilitar. Non

se incosporou ao catálogo para evitar confusións.

49 Por outra parte, nas fichas de Catálogo dos edificios non se recolle a existencia de estruturas arqueolóxicas visibles, ou non visibles, pero coñecidas de maneira fidedigna. É o caso das fichas 62 (rúa Cuenca, 43), 420 (rúa Tide, 1O),... Deberá corrixirse ese aspecto.

A información se atopa nos planos e estudos arqueolóxicos do PEPCHA, falta o seu traslado as fichas. Se pode incorporar no DOCUMENTO DE APROBACIÓN DEFINITIVA

4 ORDENACIÓN

50 Tendo en canta a existencia de numerosos expedientes sancionadores por actuacións no conxunto histórico declarado BIC, que non foron autorizadas ou que se apartan do autorizado, a ordenación proposta, como xa se indicou, debe responder ao requirido nas resolucións que abrigan á reposición ao estado anterior ou á adecuación ao autorizado pola DXPC.

O PEPCHA realiza unha análise de conxunto e de evolución histórica e xustifica as actuacións propostas, o cal marca un antes e un despois na aplicación da ordenación e protección de patrimonio, coma ocorre con calquera instrumento urbanístico e de ordenación, que establece as determinacións no seu conxunto. As actuacións anteriores non son vinculantes, máxime cando corresponden a actuacións illadas sen criterio de conxunto. EN TODO CASO SERA COHERENTE O PEPCHA CON:

1. Criterios adotados no tempo na regulación de autorizacións 2. Expedientes que aportará Dirección Xeral de Patrimonio.

Page 17: Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA) Páxina 3 t a planes y proyectos e ID INFORME

P l a n E s p e c i a l d e P r o t e c c i ó n d o

Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA)

Páxina 17

t aplanes y proyectose

ESTA DOCUMENTACIÓN QUE FACILITARÁ A DIRECCIÓN XERAL DE PATRIMONIO SERÁ INCORPORADA NO DOCUMENTO ANTES DA SÚA APROBACIÓN DEFINITIVA.

51 Advírtese da necesidade de revisar os seguintes aspectos tendo en consideración o

establecido no artigo 46.2 da Leí do patrimonio cultural de Galicia:

Aliñacións

52 ldentificáronse distintas zonas nas que se modifican as aliñacións consolidadas contravindo o establecido no artigo antedito. Dúas delas son as xa sinaladas na rúa Bispo Lago, en relación co polígono 4, e na Estrada a Portugal, en relación co polígono 1. A estas hai que engadir a aliñación na rúa Ordóñez, parcela 111, que se debe manter pola súa relación coa traza do baluarte e o carpo de garda.

O polígono 4 se revisa e se elimina, polo cal se debe revisar a nova situación. O polígono 1 desaparece polo cal se deba revisar a nova situación. A parcela 111 non se cataloga e se considera adecuado axustar a aliñación da rúa. Estes cambios de aliñacións se axustan ao artigo 46.2 no que se permiten modificacións de aliñacións cando contribúan a conservación xeral do conxunto.

53 Na unidade morfolóxica situada entre a Estrada a Portugal e a rúa Piñeiro a aliñación non respecta os xardíns situados diante das edificacións. Por exemplo nos números 33 e 34, cando neutras semellantes como a número 29 se catalogan.

O Nº 33 E Nº 34 corresponden a dúas edificacións non catalogadas fóra de aliñación. Estes cambios de aliñacións se axustan ao artigo 46.2 no que se permiten modificacións de aliñacións cando contribúan a conservación xeral do conxunto.

54 A ordenación mantén a edificación recollida na ficha 35 (edificio Beira Miño) modificando a cuberta sen ter en canta a Sentenza do TSXG 00674/2009 de 18-06-2009 nin a Resolución da Consellería de Cultura e Deporte de 21-11-06 que abriga a restituír as causas ao estado anterior á súa construción.

A ordenación mantén a volumetría, non o edificio en sí, polo que a situación proposta no PEPCHA se pode acadar ben coa reforma da edificación, ben coa execución dunha nova edificación que se axuste a proposta.

55 A ordenación non debe responder unicamente a criterios de fixación de alturas por rúas ou mazás, senón que debe ter en canta a importancia histórica e tipolóxica da edificación, o que nalgúns casos xustifica establecer menores alturas ou deixar fora de ordenación ampliacións aínda que volumetricamente se integren no conxunto, tal é o caso da casa do Dean ou das edificacións na rúa Calvo Sotelo.

A ordenación pare dun estudo pormenorizado que se recolle na documentación gráfica e escrita do PEPCHA e realizouse edificación a edificación. Nos alzados se recollen as alturas de cornixas e as alturas de plantas tanto nos alzados coma nas plantas, sendo ademais variables e individualizadas. Polo tanto non é certo que haxa unha asignación de alturas por rúas.

56 De igual maneira débese atender á topografía do Conxunto Histórico e revisar volumes que pola pendente supoñen un forte impacto no conxunto dende rúas distintas da que se toma como rasante como é o caso da reconstrución na parcela da ficha 275.

Se reitera a adatación do estudo do PEPCHA a topografía do terreo, para elo se realizou unha cartografía e levantamento topográfico coma xa se explicou. Non se ten clara cal é a consideración sobre esta parcela.

Page 18: Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA) Páxina 3 t a planes y proyectos e ID INFORME

P l a n E s p e c i a l d e P r o t e c c i ó n d o

Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA)

Páxina 18

t aplanes y proyectose

57 A execución de actuacións como a prevista na esquina entre Calvo Sotelo e Ordóñez requiriría mecanismos de xestión que non están previstos no plan.

Chama a atención a observación sobre esta actuación cando na parcela nº 184 temos outra similar, e mais de exemplos no documento. Non precisa de ningún mecanismo de xestión, ao ser solo urbano consolidado.

58 Non existe coherencia na resolución das novas cubertas que reflicte un tratamento diferente diante de situacións semellantes. Apréciase a falta de coherencia en resolución de cubertas contiguas, pendentes que non se axustan ás limitacións do plan especial nin ás tradicionais, e falta de correspondencia entre a definición en planta e nos alzados. Ademais nalgúns casos, como na edificación da ficha 521, as cubertas definidas non responden á resolución desta Dirección Xeral que require a recuperación das cubertas orixinais.

Coma xa se indicou, se estudou caso a caso, respondendo as tipoloxías en cada zona. Se incide na súa xustificación.A nº 521 se corrixiu neste sentido, xa que foi obxecto de alegación durante o período de exposición pública.

59 Tamén se unifican cubertas de edificacións historicamente diferenciadas e dáse distinto tratamento ás adicións sobre cuberta, que nuns casos se deixan fora de ordenación e neutros son asumidos pola nova ordenación sen criterio recoñecible.

Se corrixe vistas as alegacións e revisións feitas na exposición pública. Se incide na súa xustificación.

Fachadas do conxunto (cara ao río e cara á Estrada a Portugal)

60 A importancia destas fachadas no conxunto histórico require un levantamento preciso, en planta e alzado, das edificacións. lncluiranse todas as construcións das parcelas, terrazas, cubertos, muros e escaleiras, establecendo con detalle a ordenación nesa fronte de fondos e fachadas, e incorporando alí ande sexa necesario seccións para definir alturas respecto das rasantes das parcelas e da muralla. A documentación gráfica debería incluír un alzado da muralla, cando menos a restitución a partires dos fragmentos recoñecidos. Como xa se sinalou, ao principio deste informe, considérase imprescindible incorporar alzados reguladores destas fachadas.

O Prego de Prescricións Técnicas do Contrato de Redacción do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA), establece que se realizarán alzados das fachadas a escala non inferior a 1:200. O criterio establecido foi a realización de fachadas a espazos viarios das edificacións, criterio empregado nos plans especiais de protección aprobado recentemente coma o Plan Especial de protección do Conxunto Histórico Artístico de Baiona aprobado definitivamente o 2 de xuño de 2011. Se realizou un alzado por ortorectificación fotográfica das fachadas exteriores do conxunto cara o río plano de Información A00 Fachada Sur – Este –Norte MALIA O ANTERIOR, SE REALIZAN OS DEVANDITOS ALZADOS. PLANOS INFORMATIVOS A69.- ALZADO CARON DO RIO A70.- ALZADO CARON ESTRADA PORTUGAL PLANOS NORMATIVOS OAN69.- ALZADO CARON DO RIO OAN 70.- ALZADO CARON ESTRADA PORTUGAL

61 Na definición da ordenación, débense ter en canta as distintas plantas das edificacións, xa que existen soportais, voos a distinta cota, e construcións sobre distintas rasantes, polo que a definición sobre o plano de cuberta é claramente inexacta e insuficiente

Para a realización dos traballos se realizou un voo para a realización da cartografía aérea de cubertas e ortofoto. Posteriormente se fixo un levantamento topográfico con estación total para toma de datos de rasantes e aliñacións de fachadas. Deste xeito

Page 19: Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA) Páxina 3 t a planes y proyectos e ID INFORME

P l a n E s p e c i a l d e P r o t e c c i ó n d o

Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA)

Páxina 19

t aplanes y proyectose

se rectificou as aliñacións de xeito que nos planos de Cubertas - C00 as liñas de fachada con liña descontinuo, e nos planos de Topografía - T00, as liñas de fachada e en trazado descontinuo a proxección das cubertas. No levantamento taquimétrico tamén se tomaron os datos para a realización dos alzados, medianis, umbrales de portas, ventás, alturas de cornixas. Se tomaron tamén os distintos servizos.

Novas edificacións

62 Na reconstrución de volumes preexistentes existen edificacións nas que se modifica a altura ou a forma das cubertas sen xustificación como na 310 ou na 449.

Na nº 310 se cubre un medianil. Na nº 449 se emprega a tipoloxía tradicional na rúa.

63 As novas edificacións en parcelas vacantes deben respectar o parcelario. A nova ordenación xustificarase a partir do estudo das trazas das edificacións preexistentes e da cartografía histórica e deberá respectar a existencia de pasos, venelas ou separacións que responden ao pé de rei. A identificación destes elementos da morfoloxía histórica débese realizar a partir da estrutura muraría das plantas terreas das edificacións existentes ou dos restos que se conserven.

O PEPCHA está realizado segundo os criterios anteriormente sinalados

64 A xustificación das novas edificacións a partir da ocupación histórica da parcelas choca coa xustificación en base a criterios como vistas, luces, habitabilidade,... cando o artigo 46 da Leí do patrimonio cultural de Galicia require manter a estrutura urbana e arquitectónica do conxunto histórico, sen que se permitan mais modificacións que as que contribúan á conservación xeral do carácter do conxunto. Este é o caso de ordenacións como as das parcelas 63-64, 392 ou 418.

Se corrixe durante a exposición pública a nº 63-64. As actuacións sinaladas 63-64, 392 e 418 cumpre o establecido no artigo 46 da lei de patrimonio. A nº 418 posibilita a corrección dunha volumetría que distorsiona o conxunto histórico,polo que cumple o artigo 46.

65 En ningún caso se poderán incorporar nunha nova edificación parcelas existentes nas que se debe reconstruír o volume como é o caso da finca 64 na Rúa Cuenca, que ademais se corresponde cun antigo paso de acceso á falsa braga que se mantén na trama parcelaria.

Se corrixe durante a exposición pública a nº 63-64.

66 Estas actuacións débense definir incorporando alzados reguladores de todas as fachadas, tendo en canta a diferenza de cota entre as distintas rúas, definindo as distintas rasantes, tamén no interior das parcelas, e identificando aquelas nas que se prevé a normalización de predios - reorganización da propiedade

No levantamento taquimétrico tamén se tomaron os datos para a realización dos alzados, medianis, umbrales de portas, ventás, alturas de cornixas. Se tomaron tamén os distintos servizos. Con posterioridade se analizou as propiedades e se debuxou sobre a cartografía restituida as parcelas. Durante a exposición pública se atendeu a unhas 200 persoas e unhas 350 propiedades(supón mais do 55% do ámbito). Ademais a web recibiu un total de 1.739 visitas. Se recibiron un total de 123 alegacións. Soamente houbo unha alegación referida a erros na delimitación da propiedade.

San Bartolomeu

67 É preciso resolver a incoherencia da delimitación do ámbito do plan especial, que segue á do conxunto histórico, ca parcelario e coa ordenación exterior do PXOM, para o que se considera

Page 20: Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA) Páxina 3 t a planes y proyectos e ID INFORME

P l a n E s p e c i a l d e P r o t e c c i ó n d o

Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA)

Páxina 20

t aplanes y proyectose

necesario modificar a delimitación dos ámbitos de solo urbano e urbanizable contiguos axustándoos ao parcelario.

Recordar que o PXOM ten aprobación definitiva de data 24 de marzo de 2011 con informe favorable da Consellería de Cultura de 30 de xuño de 2.010, no que non fai ningunha osbervación ao respecto. No PEPCHA aprobado inicialmente faise unha análise recollida na páxina 84 da memoria, no que se explica a problemática da delimitación, concluíndo que é preciso unha modificación do PXOM neste sentido xa que o PEPCHA non pode facelo.

68 Cómpre revisar a ordenación atendendo á relación coa ordenación establecida polo PXOM e mantendo as aliñacións e o parcelario dentro da zona histórico artística. As novas edificacións proxectadas nas parcelas 18, 19, 20 e 21, na rúa Arraial, deberán manter a ocupación e a posición das existentes no resto da rúa e calquera modificación débese xustificar a partir do estudo das trazas das edificacións preexistentes e da cartografía histórica.

Se considera xustificada a ordenación proposta no PEPCHA

Aparcamento

69 O plan especial prevé unha dotación de 362 prazas de aparcamento, sen diferenciar entre aparcamento de residentes e aparcamento público. Destas prazas unha porcentaxe superior ao 90% sitúanse na zona Norte, o que supón concentrar o tráfico na Corredoira, e gran parte delas en superficie o que require unha análise do impacto visual e paisaxístico e da integración no conxunto dos previstos detrás do seminario e na beira do río.

O tráfico se realiza a través de Antero Rubín, non pola Corredera. Será obxecto de integración no proxecto. No documento para aprobación provisional se establecen novas consideracións, realizandose un estdo coas alternativas propostas nas alegacións.

70 Remítese á realización dunha ordenación pormenorizada a identificación das parcelas que poidan albergar garaxe privado, cuestión que debe ser analizada xa polo plan especial. Débense xustificar as necesidades de aparcamento de residentes, para o que se terá en canta o número de vivendas, as prazas existentes, descontando aquelas que pala protección de edificacións e parcelas e espazos públicos non se poidan manter, e as prazas que se poidan dotar.

O PEPCHA contén un estudio de mobilidade e accesibilidade, que foi ampliado no documento para aprobación provisional.

71 De igual maneira deberase realizar un estudo do fluxo de tráfico que accede ao conxunto histórico dende as distintas direccións situando os aparcamentos disuasorios nas zonas de maior intensidade.

O PEPCHA contén un estudio de mobilidade e accesibilidade, que foi ampliado no documento para aprobación provisional.

Espazos Libres 72 A obtención para uso público de terreos do Convento de Santa Clara (309LnEL) supón a segregación

da parcela deste conxunto protexido e requiriría establecer un acceso independente para estes terreos e a separación física do resto da parcela de uso privado, cuestións que non están resaltas no plan e de difícil harmonización.

Tras a resolución de alegacións se eliminou no documento de aprobación provisional

73 Esta problemática é semellante á sinalada en relación co polígono 2 e o espazo 307LnEL.

Tras a resolución de alegacións se eliminou no documento de aprobación provisional.

Ámbitos de solo urbano non consolidado O Plan Especial delimita unha serie de polígonos para a execución de novas ordenacións sobre os que, sen entrar no cumprimento de parámetros urbanísticos, cesións dotacións, aproveitamentos,... se fan as seguintes indicacións:

Page 21: Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA) Páxina 3 t a planes y proyectos e ID INFORME

P l a n E s p e c i a l d e P r o t e c c i ó n d o

Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA)

Páxina 21

t aplanes y proyectose

74 Polígono 1 A ordenación do polígono 1 xustifícase partindo da imposibilidade de restituír o recheo escavado do baluarte do Olmo e persegue manter as edificacións existentes ou que foron iniciadas. Porén é posible recuperar a relación deste elemento das fortificacións desaparecido coa muralla e a perspectiva dende a estrada a Portugal, restituíndo na nova edificación a volumetría do recheo escavado (aparcadoiro) e eliminando a edificación proxectada ao sur do ámbito, mantendo a aliñación en Martínez Padín e a edificación da parcela 156. Este obxectivo require tamén intervir sobre o xardín de borde situado entre este ámbito e a muralla onde existen elementos como as contencións ou a piscina cun forte impacto visual que afectan ademais á harmonía do conxunto.

Tras a resolución de alegacións se eliminou o polígono no documento de aprobación provisional. Se plantexa unha nova ordenación dentro da consideración de solo urbano consolidado e se elimina o espazo público. Se realizou estudo sobre a viabilidade de aparcamento resultando negativa. Deberá someterse a novo informe da Consellería.

75 Polígono 2 (intramuros) O interese que se recoñece na liberación da muralla, substituíndo as edificacións do colexio San Vicente de Paul que impiden o acceso e alteran a súa lectura e contemplación, non xustifica a demolición proxectada. Esta débese definir a partir dun levantamento gráfico do conxunto das edificacións con planos actuais e históricos. Da mesma maneira a nova volumetría require unha maior definición, incluíndo planos de alzado e sección nos que se relacione coas edificacións existentes. A cualificación como espazo libre de parte da parcela (307.L.n.EL) fai necesario definir o acceso e, de ser o caso, os elementos que separen este espazo dos espazos libres de carácter privado.

Tras a resolución de alegacións se eliminou o polígono no documento de aprobación provisional. Se plantexa unha nova ordenación dentro da consideración de solo urbano consolidado e se elimina o espazo público.

76 Polígono 3 A actuación, que se xustifica polo tapado de medianeiras, o acceso ao aparcadoiro e a continuidade do paseo da muralla, supón a segregación e desaparición da parcela do inmoble recollido na ficha 485 con protección integral, sen que se corrixa o enorme impacto da medianeira do inmoble 484. Os outros aspectos sinalados como xustificación, poden ser resoltos polo plan sen a necesidade de executar esta actuación.

Tras a resolución de alegacións se eliminou o polígono no documento de aprobación provisional. Se plantexa unha nova ordenación da zona.

77 Polígono 4 O desenvolvemento deste ámbito contempla a execución dun aparcadoiro baixo as pistas deportivas e un recinto feiral en superficie, para os que se abren dúas vías de acceso dende Bispo Lago e Antera Rubín (Santo Domingo) que se enlazan nunha rotonda A apertura destas rúas e a súa dimensión responde mais ao tráfico derivado do uso feiral que ao de aparcadoiro que non require un tráfico en dobre sentido nas dúas vías. Unha destas rúas rompe a aliñación da rúa Bispo Lago que se recoñece nos planos históricos en relación coa muralla coa demolición das edificacións 476 e 475 e, a outra trázase perpendicular á pendente, sen ter en consideración o forte impacto visual dende Santo Domingo. Ademais esta actuación suporía incrementar o tráfico rodado no Camiño de Santiago - Camiño Portugués- (Rúa Antera Rubín). O ámbito delimitado segrega parcelas incorporándoas parcialmente ao polígono e implanta novas edificacións seguindo o novo trazado viario e sen relación coa trama do conxunto histórico. Trátase dunha actuación de reforma interior que modifica radicalmente un espazo extramuros, contravindo manifestamente o establecido no artigo 46.2 da Leí do patrimonio cultural de Galicia. Considérase que se debería manter o parcelario, axustar a este a delimitación do ámbito, excluíndo as parcelas edificadas con fronte a Antera Rubín e Bispo Lago, resolver o acceso ao aparcadoiro sen apertura de novo viario e non formular edificacións no espazo interior das hortas.

Page 22: Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA) Páxina 3 t a planes y proyectos e ID INFORME

P l a n E s p e c i a l d e P r o t e c c i ó n d o

Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA)

Páxina 22

t aplanes y proyectose

Tras a resolución de alegacións se eliminou o polígono no documento de aprobación provisional. Se ampliaron os estudos sobre as alternativas de aparcamentos, sendo a única viable, polo que a alternativa sería facelo fora do ámbito. Se elimina as novas edificacións. Se mantén o parcelario existente. O aparcamento é para residentes, e soamente algunha praza par público. Se elimina o vial dende Antero Rubin pola incidencia nos bens patrimoniais. O tráfico se plantexa por Antero Rubin.

78 Polígono 5 Responde á apertura de viario do polígono 4 polo que debe revisarse conxuntamente con este. Segrega parcelas e define unha volumetría na frente da rúa de nova apertura totalmente allea á configuración das edificacións do contorno e á súa implantación na fronte da rúa.

Tras a resolución de alegacións se eliminou o polígono no documento de aprobación provisional. Se reordena a zona. Se elimina o vial dende Antero Rubin pola incidencia nos bens patrimoniais. Se elimina as novas edificacións. Se mantén o parcelario existente.

79 Polígono 6 A nova ordenación proxectada, que substitúe os bloques existentes claramente descontextualizados, establécese sobre un ámbito que incorpora espazos de harta ou xardíns segregados das edificacións con fronte a Santo Domingo, mantendo unha dobre liña de edificacións. Considerase que se deben manter as parcelas das edificacións 461 e 462, polo que se debe revisar a delimitación do ámbito e a nova ordenación e a coherencia da documentación, xa que a sección incorporada na páxina 77 da memoria non se corresponde coa disposición en planta do bloque traseiro pegado ao muro. Débese revisar conxuntamente cos polígonos 4 e 5.

Tras a resolución de alegacións se eliminou o polígono no documento de aprobación provisional. Se reordena a zona. Se elimina o vial dende Antero Rubin pola incidencia nos bens patrimoniais. Se elimina as novas edificacións. Se mantén o parcelario existente.

Documentación gráfica. Planos

Planos de información

80 Debería elaborarse un plano guía coa organización do conxunto por couzadas, que permita relacionar claramente as edificacións coas súas fichas concretas, debendo establecerse un código para as edificacións existentes en cada couzada que facilite a súa identificación e localización no catálogo.

En tódolos planos de información e ordenación se identifican as fichas do catálogo

81 Elaborarase un plano de información de planta baixa das edificacións, no que se recollan as actuais estruturas murarias das edificacións e parcelas, así como a posición de escaleiras e patios no interior das edificacións.

O Prego de Prescricións Técnicas do Contrato de Redacción do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA), non establece a representación da estrutura muraria de cada edificación recollendo a posición da escaleira. Tampouco se observa nos plans especiais de protección aprobado recentemente coma o Plan Especial de protección do Conxunto Histórico Artístico de Baiona aprobado definitivamente o 2 de xuño de 2011. MALIA O ANTERIOR: Está recollido o perímetro murario de cada edificación.

Page 23: Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA) Páxina 3 t a planes y proyectos e ID INFORME

P l a n E s p e c i a l d e P r o t e c c i ó n d o

Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA)

Páxina 23

t aplanes y proyectose

82 Debería elaborarse un plano base de interese da edificación que sirva de base para establecer posteriormente o nivel de protección de cada edificación.

A información solicitada se atopa nas fichas do catálogo e se usou de base para establecer o nivel de protección de cada catalogación, xa que se empregou un sistema de tecnolxía Xis, baixo o programa GVSIG.

83 Será imprescindible elaborar planos dos alzados exteriores do conxunto histórico, tanto cara ao río Miño como cara á Estrada a Portugal, reflectindo o estado actual de edificacións e murallas.

O Prego de Prescricións Técnicas do Contrato de Redacción do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA), establece que se realizarán alzados das fachadas a escala non inferior a 1:200. O criterio establecido foi a realización de fachadas a espazos viarios das edificacións, criterio empregado nos plans especiais de protección aprobado recentemente coma o Plan Especial de protección do Conxunto Histórico Artístico de Baiona aprobado definitivamente o 2 de xuño de 2011. Se realizou un alzado por ortorectificación fotográfica das fachadas exteriores do conxunto cara o río plano de Información A00 Fachada Sur – Este –Norte. MALIA O ANTERIOR, SE REALIZAN OS DEVANDITOS ALZADOS. PLANOS INFORMATIVOS A69.- ALZADO CARON DO RIO A70.- ALZADO CARON ESTRADA PORTUGAL PLANOS NORMATIVOS OAN69.- ALZADO CARON DO RIO OAN 70.- ALZADO CARON ESTRADA PORTUGAL

Planos de Ordenación 84 Deberá incluírse na documentación gráfica do plan, un plano de catalogación, que permita

identificar claramente no conxunto o nivel de protección de cada edificación.

Nos planos ORZ.0 - ORDENACION .CUALIFICACION ZONAL e ORP.0 - ORDENACIÓN. CUALIFICACIÓN POR PARCELA, se recollen as edificacións catalogadas marcadas cun perímetro e código azul e as non catalogadas en negro. Malia o anterior se axunta o PLANO DE CATALOGACION OCA.00

85 Respecto dos planos de cubertas, deberá recollerse por un lado o plano de estado actual das cubertas, no que se reflectirán con claridade cales quedan fora de ordenación. Por outro lado, grafitarase un plano de cubertas propostas, no que se propoña con claridade e respondendo ao análise do parcelario e ao estudo tipolóxico das cubertas do conxunto, a solución final de cada cuberta do conxunto histórico.

Xa está recollido o estado actual no plano de información C00 CARTOGRAFÍA. CUBERTAS e as cubertas propostas no plano de ordenación ORDENACIÓN. CUALIFICACIÓN POR PARCELA,

86 Elaboraranse planos normativos de alzados exteriores do conxunto, nos que se grafite a ordenación das diferentes edificacións e as actuacións propostas para a recuperación dos tramos de murallas que se conservan.

O Prego de Prescricións Técnicas do Contrato de Redacción do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA), establece que se realizarán alzados das fachadas a escala non inferior a 1:200. O criterio establecido foi a realización de fachadas a espazos viarios das edificacións, criterio empregado nos plans especiais

Page 24: Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA) Páxina 3 t a planes y proyectos e ID INFORME

P l a n E s p e c i a l d e P r o t e c c i ó n d o

Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA)

Páxina 24

t aplanes y proyectose

de protección aprobado recentemente coma o Plan Especial de protección do Conxunto Histórico Artístico de Baiona aprobado definitivamente o 2 de xuño de 2011. Se realizou un alzado por ortorectificación fotográfica das fachadas exteriores do conxunto cara o río plano de Información A00 Fachada Sur – Este –Norte. MALIA O ANTERIOR, SE REALIZAN OS DEVANDITOS ALZADOS. PLANOS INFORMATIVOS A69.- ALZADO CARON DO RIO A70.- ALZADO CARON ESTRADA PORTUGAL PLANOS NORMATIVOS OAN69.- ALZADO CARON DO RIO OAN 70.- ALZADO CARON ESTRADA PORTUGAL

87 Nos planos OAQ O e OAQ.F-1,2,... resulta confusa a información gráfica, debido ao emprego de cores moi semellantes, só diferenciables por matices cromáticos, e neutros casos {plano AR3, por exemplo) non existe correspondencia de cores entre a lenda e plano. Sería conveniente simplificar os planos das zonas de protección arqueolóxica, eliminando a información que non teñen unha relación directa cos planos temáticos (dotacións, espazos verdes, etc.).

Tratarase de corrixir a cromaticidade dos planos no documento de aprobación de finitiva

88 Neses mesmos planos non quedan ben definidas as liñas de separación entre as zonas arqueolóxicas entre AR3·e AR1, e entre AR1 e AR2. Non existe a claridade necesaria para a correcta identificación de cores e tramas.

Tratarase de corrixir a cromaticidade dos planos no documento de aprobación de finitiva

89 No plano de información AQ05 non se sinalan as letras que se referencian no texto da memoria, capítulo de arqueoloxía, que alude a edificios concretos.

Se corrixe a referenciación

MANUEL EDUARDO LÓPEZ VÁZQUEZ

Arquitecto MANUEL ANGEL LÓPEZ REAL Arquitecto Técnico-Enxeñeiro de Edificación

Page 25: Plan Especial de Protección do t a e Conxunto Histórico de ... · Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA) Páxina 3 t a planes y proyectos e ID INFORME

P l a n E s p e c i a l d e P r o t e c c i ó n d o

Conxunto Histórico de Tui (PEPCHA)

Páxina 25

t aplanes y proyectose

Se adxunta a seguinte documentación. ORDENANZAS CORRIXIDAS PLANOS INFORMATIVOS A69.- ALZADO CARON DO RIO A70.- ALZADO CARON ESTRADA PORTUGAL A71.- ALZADO MONXAS DE SAN PAUL A72.- ALZADO PATIO SAN FRANCISCO PLANOS NORMATIVOS PLANO DE CATALOGACION OCA.00 OAN69.- ALZADO CARON DO RIO OAN 70.- ALZADO CARON ESTRADA PORTUGAL A71.- ALZADO MONXAS DE SAN PAUL A72.- ALZADO PATIO SAN FRANCISCO