Plan de Voluntariado · Finalidade do plan de voluntariado O presente plan nace da necesidade, e da...

11
Asociación Empresarial dos Festivais de Galicia · [email protected] Asociación Festivais de Galicia Plan de Voluntariado2019

Transcript of Plan de Voluntariado · Finalidade do plan de voluntariado O presente plan nace da necesidade, e da...

Page 1: Plan de Voluntariado · Finalidade do plan de voluntariado O presente plan nace da necesidade, e da obriga, que teñen os eventos masivos, como os festivais de música, de incorporar

Asociación Empresarial dos Festivais de Galicia · [email protected]

Asociación Festivais de Galicia

Plan de Voluntariado2019

Page 2: Plan de Voluntariado · Finalidade do plan de voluntariado O presente plan nace da necesidade, e da obriga, que teñen os eventos masivos, como os festivais de música, de incorporar

Asociación Empresarial dos Festivais de Galicia · [email protected]

9 festivais

Page 3: Plan de Voluntariado · Finalidade do plan de voluntariado O presente plan nace da necesidade, e da obriga, que teñen os eventos masivos, como os festivais de música, de incorporar

Asociación Empresarial dos Festivais de Galicia · [email protected]

Índice

1.- Presentación da Asociación

2.-Finalidade do plan

3.- Obxectivos do Plan de Voluntariado

4.- Actividades dos voluntarios e modelo de xestión

Page 4: Plan de Voluntariado · Finalidade do plan de voluntariado O presente plan nace da necesidade, e da obriga, que teñen os eventos masivos, como os festivais de música, de incorporar

Asociación Empresarial dos Festivais de Galicia · [email protected]

Presentación de Festivais de Galicia

Festivais de Galicia é unha asociación empresarial que reúne a 9 das máis relevantes empresas produtoras de espectáculos, e son as responsables de festivais de recoñecido prestixio nacional e mesmo internacional, Atlantic Fest, Dezasete Graos Ribeira Sacra Festival, Festival de la Luz, Festival Revenidas, Festival SonRías Baixas, Sinsal Son Estrella Galicia, Super Bock Under Fest, Vive Nigrán, WOS Son Estrella Galicia.

A maior preocupación da asociación é promover festivais únicos, diferenciados, con valores singulares, adaptados á realidade do noso entorno social e xeográfico, seguros e sostibles, en armonía co territorio e co medio ambiente.

A resultas do Manual para a Xestión da Calidade nos Festivais de Música, establecéronse unha serie de criterios de sustentabilidade que secundan a definición de evento sustentable recollida no Programa de Medio Ambiente das Nacións Unidas (PNUMA como “aquel que está deseñado, organizado e desenvolvido dun xeito que minimice impactos ambientais negativos e deixe un legado positivo para a comunidade que o acolle”.

Por tanto, a nosa asociación pretende promover festivais nos que a música e o lecer sexan acompañados de valores propios do noso entorno, que promover a través de distintas iniciativas, actividades e medios, entendendo a sustentabilidade en senso amplo, incluida a sustentabilidade social.

Page 5: Plan de Voluntariado · Finalidade do plan de voluntariado O presente plan nace da necesidade, e da obriga, que teñen os eventos masivos, como os festivais de música, de incorporar

Asociación Empresarial dos Festivais de Galicia · [email protected]

Finalidade do plan de voluntariado

O presente plan nace da necesidade, e da obriga, que teñen os eventos masivos, como os festivais de música, de incorporar criterios de sostenibilidade, entendida en senso amplo. As congregacións de persoas, especialmente as masivas, poden supor (por unha elevada concentración de persoas en pouco tempo) un alta presión sobre a vida cotiá do municipio ou comarca, sobre os seus recursos e sobre o medio ambiente. Para evitar comprometer a viabilidade dos festivais e, ao tempo, para minimizar un potencias efectos negativos sobre a contorna, este plan pretende crear un marco de actividades deseñadas para que mozos e mozas poidan implicarse na difusión destes valores a na consecución dos obxectivos do plan.

En qué consiste o plan

Este plan recolle unha serie de actividades de voluntariado moi simples e que consideramos axeitadas para o cumprimentos dos obxectivos que nel se describen: relacionadas coa movilidade, a sensibilización e atención aos asistentes a festivais.

Page 6: Plan de Voluntariado · Finalidade do plan de voluntariado O presente plan nace da necesidade, e da obriga, que teñen os eventos masivos, como os festivais de música, de incorporar

Asociación Empresarial dos Festivais de Galicia · [email protected]

Obxectivos do PlanOs obxectivos do Plan de Voluntariado seguen os criterios establecidos para a sustentabilidade

ambiental e social que recollen tanto a Guía de Eventos Sustentables (Consellería do Medio

Ambiente e Ordenación do Territorio - Xunta de Galicia) como o Manual de Xestión para Empresas de Produción de Festivais de Música, elaborado

por esta Asociación para a produción de festivais de calidade, seguros e sostibles.

1.- Mellorar a movilidade no entorno do festival, reducindo os impactos negativos da afluencia masiva de persoas e vehículos ao territorio e axudando ás autoridades nas tarefas de xestión da movilidade.

2.- Mellorar a xestión de residuos nos recintos dos festivais e na contorna dos mesmos, reducindo a pegada ambiental.

3.- Reducir molestias aos asistentes aos festivais evitando aglomeracións, reducindo tempos de espera e eliminando extravíos que poidan xerar situación conflitivas ou a intervención innecesaria dos poderes públicos.

4.- Incrementar os medios de difusión dos valores dos festivais: o respeto ao entorno rural ou urbano e á veciñanza; o respeto ao patrimonio material, inmaterial e natural; difusión dos valores turísticos da comarca.

Page 7: Plan de Voluntariado · Finalidade do plan de voluntariado O presente plan nace da necesidade, e da obriga, que teñen os eventos masivos, como os festivais de música, de incorporar

Asociación Empresarial dos Festivais de Galicia · [email protected]

Obxectivos do plan para a sociedade

1.- Implicar á mocidade na promoción de valores como a sustentabilidade e a integración dos eventos públicos na

2.- Axudar a difundir boas prácticas nos comportamentos das persoas asistentes a actividades que congreguen un grande números de persoas.

4.- Mellorar a incardinación dos eventos masivos na contorna, axudando a crear unha concepción respectuosa do territorio onde se inserta, e xerando sinerxias coa poboación do municipio ou comarca.

5.- En xeral: fomentar as acción de voluntariado entre o público xuvenil.

3.- Incrementar a integración social de persoas con capacidade reducida.

Page 8: Plan de Voluntariado · Finalidade do plan de voluntariado O presente plan nace da necesidade, e da obriga, que teñen os eventos masivos, como os festivais de música, de incorporar

Asociación Empresarial dos Festivais de Galicia · [email protected]

ACTIVIDADES E MODELO DE XESTIÓN

Page 9: Plan de Voluntariado · Finalidade do plan de voluntariado O presente plan nace da necesidade, e da obriga, que teñen os eventos masivos, como os festivais de música, de incorporar

Asociación Empresarial dos Festivais de Galicia · [email protected]

As actividades de voluntariado a desenvolver nos Festivais de Galicia son as seguintes:

1.- Axuda á mobilidade de veículos: os voluntarios detectarán puntos quentes de retención de veículos para axudar á organización e autoridades nas tarefas de dirección do tráfico.

2.- Axuda á movilidade de persoas: axuda á organización na xestión de colas nos accesos ao festival e na organización de fluxos de persoas dentro do festival. Asistencia a persoas con

mobilidade reducida.

3.- Tarefas de información ao público sobre servizos do festival e campañas de sensibilización social: xestión de residuos, información turística, respeto ao medio ambiente.

MODELO DE XESTIÓN

NORMATIVA DE REFERENCIA

Lei 10/2011, de 28 de novembro, de acción voluntaria

de Galicia

COORDENACIÓN

Cada festival designará unha persoa para coordenar e

responsabilizarse dos seus

voluntarios, baixo as coordenación

xeral e directrices da asociación.

SELECCIÓN

O número de persoas voluntarias será a

suma das necesidades

expresadas por cada festival (entre 50 e 80 en total).

HORARIOS E QUENDAS

Serán os determinados polo festival, co límite de tres horas por

turno.

Haberá un número máximo de 4

voluntarios por quenda.

Page 10: Plan de Voluntariado · Finalidade do plan de voluntariado O presente plan nace da necesidade, e da obriga, que teñen os eventos masivos, como os festivais de música, de incorporar

Asociación Empresarial dos Festivais de Galicia · [email protected]

AVALIACIÓN E SEGUIMENTO

Para a correcta Avaliación e seguimento do plan, Festivais de Galicia creará un protocolo de

actuación que inclúa unha guía de boas prácticas e de obrigas da propia asociación e dos

festivais para con os/as voluntarios/as, que lles será distribuida ás persoas que formen parte da acción, así como aos Festivais

Ao remate de cada acción concreta (cada festival), realizarase unha enquisa de avalición entre os/as voluntarios/as, para que respondan

ás seguintes preguntas:

- Coñecemento dos obxectivos e valores do plan.

- Percepción de adecuación da acción aos obxectivos e valores do plan.

- Grao de claridade organizativa nas instruccións e indicacións recibidas.

- Grao de cumprimento do protocolo de actuación e das boas prácticas.

- Suxerencias de mellora.

ORZAMENTO

O gasto a realizar nas accións de voluntariado será considerado a fondo perdido, polo que será

sufragado cos fondos propios da Asociación obtidos a través das cotas dos asociados.

GASTOS PREVISTOS (2019)

Seguros de RC e accidentes……………………………………400 €

Gastos de xestión e materiais varios…………300 €

Materiais de seguridade (chalecos)………sen custo*

Acreditacións………………………………………………………………sen custo*

* Os materiais serán proporcionados pola organización de cada festival.

Page 11: Plan de Voluntariado · Finalidade do plan de voluntariado O presente plan nace da necesidade, e da obriga, que teñen os eventos masivos, como os festivais de música, de incorporar

Asociación Empresarial dos Festivais de Galicia · [email protected]

Plan de voluntariado de