PLAN DE CONTINXENCIA covid 19 - edu.xunta.gal · PLAN DE CONTINXENCIA COVID 19 Curso 2020/2021 IES...

15
PLAN DE CONTINXENCIA COVID 19 Curso 2020/2021 IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191 36210-VIGO [email protected]

Transcript of PLAN DE CONTINXENCIA covid 19 - edu.xunta.gal · PLAN DE CONTINXENCIA COVID 19 Curso 2020/2021 IES...

Page 1: PLAN DE CONTINXENCIA covid 19 - edu.xunta.gal · PLAN DE CONTINXENCIA COVID 19 Curso 2020/2021 IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191 36210-VIGO ies.santome.freixeiro@edu.xunta.es

PLAN DE CONTINXENCIA COVID 19 Curso 2020/2021

IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO

Gran Vía, 191

36210-VIGO [email protected]

Page 2: PLAN DE CONTINXENCIA covid 19 - edu.xunta.gal · PLAN DE CONTINXENCIA COVID 19 Curso 2020/2021 IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191 36210-VIGO ies.santome.freixeiro@edu.xunta.es

IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191

36210-VIGO

[email protected]

1

1.-INTRODUCIÓN

O presente Plan de Continxencia foi elaborada pola dirección do IES SAN TOMÉ de FREIXEIRO en

base ao modelo realizado conxuntamente entre as Consellerías de Sanidade e de Educación,

Universidade e Formación profesional.

Este documento inclúe recomendacións e directrices en relación ás medidas de prevención e hixiene

fronte á Covid-19 para as actividades e instalación do IES SAN TOMÉ durante o curso 2020-2021, que

poderán ser actualizadas cando a situación epidemiolóxica así o requira

2.-OBXECTIVOS

a) Crear un entorno saudable no IES SAN TOMÉ, a través de medidas de prevención, hixiene,

promoción da saúde adaptadas ás nosas particulares circunstancias.

b)Instaurar medidas organizativas eficaces que impidan a aglomeración de persoas e propicien o correcto

cumprimento de medidas de distanciamento físico.

c)Asegurar que a actividade educativa poida desenvolverse coa maior normalidade posible

c)Posibilitar a detección precoz de casos e xestión efectiva dos mesmos

3.-ÁMBITO DE APLICACIÓN

As medidas de prevención, hixiene, promoción da saúde e protocolo precoz de casos establecidos neste

documento serán de aplicación en tódalas actividades e instalación do IES SAN TOMÉ e, de ser o caso,

nas saídas do centro por parte do alumnado.

4.- INFORMACIÓN E FORMACIÓN DO PERSOAL DE CENTROS EDUCATIVOS

É requisito obrigado para a incorporación á actividade presencial dos diferentes membros da

comunidade educativa que conforma o IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO. o coñecemento, formación

e información para poder implantar ou secundar medidas organizativas e de hixiene nunha circunstancia

tan particular como a que estamos a vivir. Por elo se difundirá o presente plan entre tódolos membros

da comunidade educativa, quedando unha copia en secretaria para a súa consulta e establecendo unha

conta de correo do centro para rexistrar dúbidas e suxestións:

[email protected]

5.- RECURSOS NECESARIOS PARA A IMPLANTACIÓN DO PLAN

O IES SAN TOMÉ de FREIXEIRO dispón dun equipo COVID-19, seguindo as instrucións da

Consellería de Educación, composto por:

DIRECTORA DO PLAN María R. Sío Castiñeira

SECRETARIO Santiago Rodríguez Sánchez

COORDINADORA DE PREVENCIÓN María Victoria Carreño Rodríguez

CENTRO DE SAÚDE ASIGNADO AO IES SAN TOMÉ de FREIXEIRO:

Page 3: PLAN DE CONTINXENCIA covid 19 - edu.xunta.gal · PLAN DE CONTINXENCIA COVID 19 Curso 2020/2021 IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191 36210-VIGO ies.santome.freixeiro@edu.xunta.es

IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191

36210-VIGO

[email protected]

2

6.-SEGUIMENTO E CONTROL DA IMPLANTACIÓN DO PLAN DE CONTINXENCIA

Mediante as ferramentas incluídas neste documento os compoñentes do equipo COVID 19 realizarán as

actuacións pertinentes para a comprobación das medidas e protocolos definidos e a súa efectividade.

Establecerán reunión con este obxecto, polo menos unha vez por semana, en función das necesidades

que vaian xurdindo.

En calquera momento que se precise procederase á análise da efectividade de medidas adoptadas,

propoñendo novas medidas en substitución das que amosaran ser ineficaces o cando o indique a

autoridade sanitaria.

7. PLAN DE CONTINXENCIA DO IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO

7.1.-CENTRO EDUCATIVO

CENTRO EDUCATIVO IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO

CÓDIGO DE CENTRO

ENDEREZO Avenida Gran Vía Nº: 191

CÓDIGO POSTAL 36210 TFNO: 986 231667

LOCALIDADE Vigo

ENDEREZO

ELECTRÓNICO

[email protected]

7.2.-RESPONSABLE DA REDACCIÓN E APLICACIÓN DO PLAN

APELIDOS E NOME Sío Castiñeira, María Rocío

ENDEREZO ELECTRÓNICO [email protected]

DATA DE ELABORACIÓN DO PLAN 20 de xullo de 2020

8. ACCESO ÁS INSTALACIÓNS E PERCORRIDOS INTERNOS

Tódalas persoas que accedan ás instalación do centro deben cumprir as medidas de distancia de 1,5

metros entre persoas, así como utilizar máscara de xeito obrigado e evitando en todo momento

aglomeracións de persoas.

Tanto o recinto como o edificio dispoñen de varias entradas, polo que haberá accesos diferenciados,

rotulados en cada porta:

O fluxo de circulación de persoas farase sempre respectando as distancias e sempre polo lado dereito da

circulación. Circularase polo centro cando sexa ESTRITAMENTE INDISPENSABLE, permanecendo

o alumnado sentado no seu posto durante o tempo que permaneza nunha estancia. As saídas ao baño

ou a outros espazos será sempre previamente autorizada.

Page 4: PLAN DE CONTINXENCIA covid 19 - edu.xunta.gal · PLAN DE CONTINXENCIA COVID 19 Curso 2020/2021 IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191 36210-VIGO ies.santome.freixeiro@edu.xunta.es

IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191

36210-VIGO

[email protected]

3

9.-PROTOCOLO DE ACCESO, TRÁNSITO E ABANDONO DO CENTRO

1.-Acceso e usos de espazos común

a.-Acceso e percorridos internos

Os accesos ao centro, así como as saídas, realizaranse respectando a distancia de seguridade de 1 metro

e medio e portando a máscara. Debido a que o centro conta con varias saídas e entradas habilitaranse e

sinalaranse con carteis identificadores que cursos deben entrar por cada acceso reservado,

considerándose unha falta de orde contra a saúde o non respectar algunha destas medidas.

Porta 1: 1º e 4º da ESO. Unha vez dentro do aparcamento, transitarán polo patio que se atopa ao final

do aparcamento

Porta 2: 1º e 2º BAC: Unha vez dentro do aparcamento, accederán pola porta xeral, respectando en

todo momento a distancia de seguridade.

Porta principal: 2º e 3º ESO. Unha vez dentro do aparcamento, accederán pola porta xeral, respectando

en todo momento a distancia de seguridade.

Portal Rúa do Carme: reservado ao acceso do profesorado e vehículos. O profesorado accederá ao

centro polo portal de dirección e a continuación subirá polas escaleiras contiguas ás alas de visita

PERCORRIDOS NOS INTERCAMBIOS DE CLASE:

Para minimizar a distancia e os riscos, cada grupo permanecerá o máximo tempo posible nun mesmo

aula, sendo os profesores os que principalmente se despracen nos cambios de clase. No caso de ter que

desprazarse, o alumnado circulará pegado á parte dereita do corredor e escaleiras e respectando a

distancia de seguridade.

SUPERVISIÓN NA ENTRADA E SAÍDA DO CENTRO:

A supervisión será realizada polo profesorado de garda, que se incorporará á quenda de garda habitual

unha vez rematado o período de entrada.

10. INSTRUCIÓNS E AFORO EN ESPAZOS COMÚNS E ASEOS

Para o acceso ao recreo o alumnado seguirá as mesmas indicacións que na entrada e saída do centro. O

alumnado de 4º da ESO e 1º permanecerá no patio exterior; o de 2º e 3º da ESO permanecerán no

vestíbulo, gardando sempre a distancia de seguridade. O alumnado de 1º e 2º BAC permanecerá na zoa

cuberta do aparcamento .Quedan prohibidos os xogos de pelota así como o acceso á cafetería.

O profesorado de garda intentará manter a distancia de seguridade no patio así como o uso obrigado de

máscaras.

ASEOS

Nos aseos atoparanse dispensadores de xabón, papel de secado de mans e papeleiras sen acceso manual,

así como carteis informativos sobre as medidas hixiénicas a adoptar.

Page 5: PLAN DE CONTINXENCIA covid 19 - edu.xunta.gal · PLAN DE CONTINXENCIA COVID 19 Curso 2020/2021 IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191 36210-VIGO ies.santome.freixeiro@edu.xunta.es

IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191

36210-VIGO

[email protected]

4

NORMAS de uso dos ASEOS:

-Evitar aglomeracións. Uso graduado e autorizado por unha profesora/un profesor..

-A limpeza dos aseos farase como mínimo tres veces ao día.

-Na entrada dos aseos haberá un cartel informativo co aforo máximo permitido, nunca superior a 4

usuarios, debendo esperar o alumnado a súa quenda en caso necesario.

-O alumnado intentará, na medida do posible, o acceso aos aseos durante os recreos, para evitar

aglomeracións, debendo acudir aos mesmos cando o profesorado o autorice, sempre de xeito graduado.

FOTOCOPIADORA

-Para a petición de copias respectarase a distancia de seguridade

-Limpeza frecuente das partes expostas

-O destinatario evitará tocar calquera superficie ou apoiarse no cristal

-Dispoñer de xel desinfectante xunto á fotocopiadora, sendo obrigatorio desinfectarse antes e despois de

cada uso

-Só os conserxes terán acceso á fotocopiadora e ao habitáculo onde se localizan.

BIBLIOTECA, INFORMÁTICA, TECNOLOXÍA, SALÓN DE ACTOS, SALA DE USOS

MÚLTIPLES E SIMILARES

-Reducirase o aforo para garantir a distancia persoal de 1,5 metros, colocándose un cartel informativo

do aforo máximo.

-Os postos que estean vinculados ao uso de equipos (Informática) ou outros materiais, como ferramentas

(Tecnoloxía) etc., deberán ser desinfectados co material que se atopará á súa disposición, tanto polo

usuario que abandona o material como polo que accede de novo ao mesmo. Serán obxecto de

desinfección diaria polo persoal de limpeza.

-Realizarase unha ventilación de 5 minutos entre sesión e sesión, no caso de cambio de usuarios destas

aulas.

-O préstamo de libros non se fará na biblioteca. Na caixa de correos de entrada, “BIBLIOTECA”, o

alumnado depositará a súa petición nunha folla que atopará á súa disposición na conserxería do centro.

A Bibliotecaria, no prazo de 72 horas, entregará os exemplares solicitados, de estar dispoñibles, ao

alumnado que solicitou, localizándoo nas súas aulas.

11. AFORO MÁXIMO NAS AULAS

De acordo ás instrucións intentarase respectar o distanciamento dun metro entre mesas, medido de

centro a centro das mesmas. O feito de que o alumnado non poda permanecer inmóbil fai imposible

garantir que se manteña esa distancia, polo que o uso de máscaras será obrigatorio. Se algún alumno ou

alumna estivera eximido desta obriga por necesidades médicas acreditadas documentalmente sentarase

nun lugar especial da aula, afastado do resto cunha distancia mínima de metro e medio.

Page 6: PLAN DE CONTINXENCIA covid 19 - edu.xunta.gal · PLAN DE CONTINXENCIA COVID 19 Curso 2020/2021 IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191 36210-VIGO ies.santome.freixeiro@edu.xunta.es

IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191

36210-VIGO

[email protected]

5

Na aula de ximnasia a distancia entre alumnos/as será como mínimo de metro e medio, debendo portar

a máscara de non poder garantirse esta distancia. O alumnado non practicará deportes que impliquen

contacto físico.

Nas aulas con falta de espazo as mesas colocaranse en zigzag, o que garante maximizar as distancias

entre persoas, permitindo un menor risco de contaxio.

12. INSTRUCIÓNS XERAIS AOS USUARIOS

As instrucións xerais, tanto ao alumnado como ás familias, serán publicadas na web e entregadas en

man a cada un dos/as alumnos/as, sendo o/a titor/a o/a encargado/a de verificar que veñen asinadas

pola familia do/a alumno/a, coa conformidade e aceptación destas así como das consecuencias

(medidas correctoras) que podería implicar a súa vulneración.

Realizarase un recordatorio das normas básicas deste protocolo ata que ase adquiran novas rutinas e

serán traballadas nas sesión de titoría durante o primeiro trimestre así como, de ser o caso, nas clases de

bioloxía.

13. REFORZO DAS CONDICIÓNS DE HIXIENE E SAÚDE TANTO DOS TRABALLADORES COMO

DO ALUMNADO

O IES San Tomé de Freixeiro terá a disposición de tódolos traballadores/as os materiais considerados

fundamentais recomendados polas autoridades sanitarias.

Máscaras:

O centro disporá de máscaras para o profesorado e persoal do centro. A máscara hixiénica reutilizable é

a máis recomendada no entorno escolar.

Do mesmo modo, disporase de máscaras cirúrxica, dado que poden precisarse ante o posible inicio de

sintomatoloxía nun caso concreto.

Dado o uso xeneralizado das máscara e a súa obrigatoriedade tanto o profesorado como o alumnado

deberá portar ao entrar no centro a súa propia máscara, e a poder ser un reposto da mesma, sen prexuízo

de que acceda aos medios dispostos polo centro en caso de necesidade. A tal efecto o IES San Tomé de

Freixeiro terá unha dotación para poder facilitar máscaras ao 10% do alumnado no caso de que sexa

preciso.

Luvas:

Non é recomendable o seu uso, salvo no caso de tarefas de limpeza, que se desempeñarán

obrigatoriamente empregando luvas.

Termómetro:

O centro disporá dun termómetro de infravermellos para poder tomar a temperatura a calquera persoa

que amose síntomas compatibles coa COVID-19. É recomendable que tódalas persoas que acudan ao

centro fagan controles frecuentes da temperatura nas súas casas.

Page 7: PLAN DE CONTINXENCIA covid 19 - edu.xunta.gal · PLAN DE CONTINXENCIA COVID 19 Curso 2020/2021 IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191 36210-VIGO ies.santome.freixeiro@edu.xunta.es

IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191

36210-VIGO

[email protected]

6

Solución hidroalcohólica:

O lavado de mans é o máis efectivo. Cando o lavado con auga e xabón non sexa posible, farase uso do

hidroxel, sempre que sexa preciso. Par iso estará dispoñible na entrada de tódalas estancias e espazos

común, así como con carteis informativos sobre as correctas técnicas de lavado de mans e desinfección.

Gasto mensual de recursos de prevención (a previsión do IES SAN TOMÉ de FREIXEIRO é a

seguinte):

Máscaras Termómetros Luvas Papel Papeleira Hidroxel Limpador

Profesorado 62 248 1 20

Persoal non

docente

11 24 5

caixas 5

Alumnado 800 80 1 15

Aulas 58 58 60

Espazos común

10 10 10 10 15

Baños 20 30 30 20

Total mes Unidades 542 2 5 60 40 50 75

Levarase unha contabilidade separada destes gastos, que serán sufragados co presuposto do centro.

14. XESTIÓN DA ENTREGA DE EPI NECESARIOS E INFORMACIÓN SOBRE O SEU USO

Normas xerais de uso de luvas e máscaras

-Usar as luvas e as máscaras segundo as instrucións

-Cando traballe con luvas, evite cocar a cara, nariz boca e ollos

-Desbote no lugar indicado as luvas, unha vez rematado o seu traballo

-Cubra completamente nariz e boca coa máscara

-As máscaras cirúrxicas empregaranse por toda unha xornada presencial de traballo, sendo desbotadas

ao rematar a xornada na papeleira de materia orgánica

-De ser reutilizable, seguir as instrucións do fabricante

Rexistro de entrega de equipos

-No momento da entrega da primeira caixa/elemento de protección, facilitarase información sobre a

colocación e uso correcto e desboto do equipo de protección entregado

-Realizarase rexistro de entrega mediante formulario asinado pola persoa que recibe a entrega e as

sucesivas.

-Os formularios de entrega de equipos de protección quedarán en poder do secretario do centro, así como as facturas correspondentes aos gastos da partida de prevención e hixiene derivados da situación sanitaria da COVID 19.

formulario de entrega de EPIS

Page 8: PLAN DE CONTINXENCIA covid 19 - edu.xunta.gal · PLAN DE CONTINXENCIA COVID 19 Curso 2020/2021 IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191 36210-VIGO ies.santome.freixeiro@edu.xunta.es

IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191

36210-VIGO

[email protected]

7

CENTRO DE TRABALLO IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO NOME E APELIDOS POSTO EPI DATA SINATURA DA/DO

RESPONSABLE SINATURA DO/DA TRABALLADOR/A OU

ALUMNO/A

15.-NORMAS XERAIS DE PREVENCIÓN E HIXIENE PARA O ALUMNADO E PERSOAL DE

CENTROS EDUCATIVOS

Hixiene de mans no entorno escolar:

-Recoméndase manter en todo momento unha correcta hixiene de mans

-O lavado de mans con auga e xabón é a primeira medida de elección no caso de que non sexa posible

proceder ao lavado frecuente disporase de solución hidroalcohólica.

-Cando as mans teñan sucidade visible a solución hidroalcohólica non abonda e será preciso empregar

auga e xabón

-Evitar o contacto físico, especialmente coas mans

-Non compartir obxectos

-A hixiene de mans realizarase como mínimo nas seguintes situación:

Ao principio e remate da xornada

Despois de ir ao lavabo

Despois de tusir, esbirrar ou asoar o nariz

Antes e despois do recreo

Antes e despois de comer

Sempre que as mans estean visiblemente sucias

Despois de usar ou compartir espazos múltiples ou equipos

Page 9: PLAN DE CONTINXENCIA covid 19 - edu.xunta.gal · PLAN DE CONTINXENCIA COVID 19 Curso 2020/2021 IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191 36210-VIGO ies.santome.freixeiro@edu.xunta.es

IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191

36210-VIGO

[email protected]

8

Hixiene respiratoria

Desaconséllase o cepillado dos dentes na escola para evitar riscos de contaxio debido ás posibles

salpicaduras e para minimizar na permanencia nos baños

Excursións e viaxes de estudos

-Evitaranse as actividades deportivas, lúdicas ou de colaboración que impliquen o acceso a contornos

públicos (museos, excursións, teatros…) ou a posibilidade de mesturarse con outros grupos de alumnos

ou centros.. En particular baixo o principio de cautela e prevención evitaranse as viaxes de estudos,

graduacións e actos institucionais similares mentres

-Calquera evento que se celebre no centro debe asegurar que se manteña a distancia entre persoas e o

aforo recollido nas indicacións sanitarias.

Uso da máscara no entorno escolar

-O uso da máscara será obrigatorio en todo momento, agás naquelas situación no que o profesorado

determine que hai garantías para que se manteña un metro de distancia entre persoas de xeito constante.

-Non será esixible en persoas que presenten algún tipo de enfermidade respiratoria que poida verse

agravada polo uso da máscara ou que presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa

utilización.

-Tampouco será esixible na práctica de deporte individual ou aire libre ou cando a natureza das

actividades así o requira, sempre e cando sexa compatible co respecto á distancia entre persoas de 1,5

metros.

-Se unha persoa comeza a desenvolver síntomas compatibles coa COVID-19 será conducida a un espazo

de uso individual reservado a tal efecto e se lle colocará unha máscara cirúrxica.

16. XESTIÓN DOS BROTES

Non asistirán ao centro aquel alumnado, profesorado e outros profesionais que presenten síntomas

compatibles coa COVID 19, así como os que se atopen en illamento por diagnóstico de COVID 19 ou

en período de cua3entena domiciliaria por ter estado en contacto estreito con algunha persoa que

presente sintomatoloxía.

Dentro do escenario transmisión comunitaria polo virus e co fin de diminuír o risco de contaxio nos

centros educativos, indícanse os síntomas cos que non se debe acudir ao centro:

XESTIÓN DOS CASOS

Febre >37,2 Malestar xeral Tose

Dor de gorxa Dificultade respiratoria Conxestión nasal

Dor abdominal Dor torácico Dor de cabeza

Dor muscular Vómitos Diarrea

Diminución do gusto e olfacto Calafríos Erupcións cutáneas sospeitosas

Antes de enviar ao centro educativo aos seus fillos e fillas, as familias revisarán se presentan estes

síntomas, en particular tomaranlle a temperatura.

Page 10: PLAN DE CONTINXENCIA covid 19 - edu.xunta.gal · PLAN DE CONTINXENCIA COVID 19 Curso 2020/2021 IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191 36210-VIGO ies.santome.freixeiro@edu.xunta.es

IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191

36210-VIGO

[email protected]

9

Ante a presenza destes síntomas

O alumnado, profesorado ou persoal non docente que presente estes síntomas non debe acudir ao centro

escolar. No caso do alumnado os pais e nais deberán contactar co dentro de saúde telefonicamente, agás

nos casos de gravidade, que contactarán co 112.

Tampouco deberán incorporarse ao centro as persoas con diagnóstico confirmado ou sospeitoso de ser

portadores do virus ou que tiveran contacto estreito cunha persoa infectada, debendo permanecer en

corentena ou seguir as indicacións do seu médico.

No caso de que unha persoa comence a ter síntomas no centro educativo:

-A persoa afectada deberá ser conducida á sala de illamento, situada na planta baixa no patio do instituto

(chamada casa do conserxe). Nesta dependencia, que dispón de boa ventilación e se atopa afastada das

aulas, haberá papel mecha, hidroxel, papeleira e máscaras cirúrxicas, así como produtos específicos de

desinfección.

-Proporcionaráselle unha máscara cirúrxica e permanecerá todo o tempo custodiada por un adulto

mentres chega a familia, agás nos casos de gravidade, nos que a dirección do centro contactará de xeito

inmediato co 112.

-De confirmarse o contaxio, o centro contactará inmediatamente co Servizo de Prevención de Riscos

Laborais e porá en coñecemento da Consellería e o centro de saúde de referencia a existencia do caso, á

espera de instrucións.

-De descartarse o contaxio por proba negativa ou criterio facultativo, a persoa poderá reincorporarse ao

centro de estudos.

17. INSTRUCIÓNS A TRABALLADORES

Tódolos traballadores do IES San Tomé de Freixeiro deben coñecer as medidas implementadas no

presente Plan de Continxencia, información que se fará chegar polas canles establecidas para a

publicidade do mesmo.

Indicacións xerais

-As persoas vulnerábeis (con enfermidades pulmonares crónicas, cancro, inmunodepresión….) poderán

volver ao traballo sempre que a súa situación clínica estea controlada e o permita, mantendo as medidas

de seguridade e protección de xeito rigoroso. Para a cualificación como persoa especialmente sensible

para SARS-Cov-2 e tomalas decisión técnico preventivas adaptadas a cada caso, seguirase o disposto

polas autoridades sanitarias na súa Guía de actuación. (No Anexo II do Protocolo da Consellería

recóllense os distintos escenarios que se poden dar co persoal incluído como grupo vulnerable así como

o procedemento para solicitar a avaliación do seu caso pola Inspección Médica Educativa, prazos etc.

-O uso da máscara será obrigatoria no centro educativo, debendo portala en todo momento, agás nos

casos nos que se teña seguridade de poder manter a distancia de seguridade ou por prescrición médica..

-Non se compartirán equipos de traballo, material de oficina etc. sen desinfección previa. No caso de

que se teña algún material a disposición doutros usuarios, estes deben desinfectalo antes do seu uso. -

Page 11: PLAN DE CONTINXENCIA covid 19 - edu.xunta.gal · PLAN DE CONTINXENCIA COVID 19 Curso 2020/2021 IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191 36210-VIGO ies.santome.freixeiro@edu.xunta.es

IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191

36210-VIGO

[email protected]

10

Igualmente, as mesas, ordenadores etc., deberán ser desinfectados coidadosamente polos usuarios

despois do seu uso e antes do mesmo pola persoa que se incorpora.

Dentro da aula

-Débese comprobar a correcta distribución das mesas, preferiblemente en zigzag e o escrupuloso

cumprimento das medidas de prevención e hixiene (uso de máscaras, permanencia no posto escolar, que

non será abandonado sen autorización, falar baixo para rebaixar o risco de contaxio, prohibición de

compartir materiais…)

-A ventilación das aulas debe ser frecuente.

-Se a aula foi utilizada previamente por outro docente e antes de abandonar a aula para trasladarse á

outra, cada docente debe proceder á desinfección da mesa e a cadeira cos materiais de limpeza específicos

dispostos a tal efectos. O alumnado fará o mesmo antes de se trasladar a outra aula, limpando o seu

posto escolar.

-Recoméndase que cada alumno/teña un posto fixo asignado

-Cando un grupo abandone a aula para ir ao recreo ou desprazarse, o docente vixiará que o fagan de

xeito áxil e ordenado, non permanecendo alumnado nas aulas nin deixando as pertenzas fóra dos

armarios ou das mochilas. Ademais, o alumnado debe limpar a súa mesa, polo que o/a docente debe

contar co tempo preciso antes do cambio de clase. Cando deban producirse estes traslados

interromperanse as clases 5 minutos antes de tocar o timbre.

-O alumnado non está autorizado en ningún caso a deambular polas aulas ou corredores sen permiso

expreso en ningunha circunstancia, acudindo ao servizo de xeito individual e con autorización.

-Ao final da xornada o alumnado debe deixar as mesas despexadas, limpas e a cadeira recollida para

facilitar a limpeza, abandonando o docente a aula en último lugar.

Durante os recreos e acceso a zonas comúns

-Evitar que se produzan aglomeracións o xogos de contacto,

-Velar polo uso de máscaras e respecto da distancia persoal

-Incidir na importancia de transitar sempre pola dereita

-No caso de tratarse de espazos pechados, manter unha boa ventilación

Recomendacións específicas a traballadores segundo o seu posto

Profesorado de música

-Durante as clases non se compartirán instrumentos. Os que se usen deberán limparse coidadosamente

antes e despois de cada clase.

Page 12: PLAN DE CONTINXENCIA covid 19 - edu.xunta.gal · PLAN DE CONTINXENCIA COVID 19 Curso 2020/2021 IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191 36210-VIGO ies.santome.freixeiro@edu.xunta.es

IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191

36210-VIGO

[email protected]

11

Profesorado de Educación Física

-Manterase nas clases a distancia de 1,5 metros. O alumnado evitará camiñar e correr en liña, facéndoo

en paralelo ou en diagonal. As distancias deberán aumentar segundo a velocidade do exercicio (en caso

de camiñar rápido aumenta a 5 m, en caso de correr será de 10 metros).

-Tódalas actividades deportivas que se poidan trasladar ao aire libre faranse no exterior, respectando as

distancias en todo momento.

-Profesorado de taller, laboratorio etc.

-Non se compartirán, con carácter xeral, ferramentas nin equipos ou espazos.

-O alumnado ocupará un posto fixo na clase, de ser posible.

-Antes de saír da aula ou do taller e ao entrar, cada alumno/a debe proceder á desinfección das súas

pertenzas que empregue ou teña empregado, usando os produtos dispostos a tal efecto.

18. INSTRUCIÓNS AO ALUMNADO

-O alumnado debe respectar escrupulosamente as indicacións de entrada e saída, circulación polo centro

e comportamento nas aulas. O profesorado titor explicará polo miúdo as normas de acceso e

comportamento no centro, acceso aos espazos comúns, uso dos fondos da Biblioteca etc.

-As saídas ao baño se farán SEMPRE con autorización do profesorado, preferentemente durante as horas

de clase e respectando o aforo máximo, lavando as mans con auga e xabón antes de saír. Non se

recomenda o cepillado de dentes para minimizar o risco de contaxio.

-Queda prohibido abandonar o posto escolar durante a xornada. Con carácter xeral o alumnado debe

permanecer no seu sitio durante os cambios de clase. Igualmente prohíbese deambular polos corredores

ou saír da aula.

-As saídas de clase serán ordenadas en continuas, de 1 en 1, respectando a distancia de seguridade,

evitándose aglomeracións. O profesorado rematará as sesión lectivas cinco minutos antes cando sexa

preciso trasladarse de aula.

-Durante os recreos o alumnado acudirá directamente á zona que ten reservada e permanecer nela

respectando as distancias de seguridade. De non darse as condicións climáticas axeitadas, permanecerán

nas aulas. Quedan prohibidos os xogos de contacto e pelota.

-Dende a entrada á saída do centro, o alumnado portará a máscara, non podendo retirala agás no caso

de indicación expresa do profesorado. En todo caso manterase a distancia de seguridade e baixo

ningunha circunstancia fomentar as aglomeracións.

-As mesas deben estar baleiras entre clases, metendo o alumnado meter as súas pertenzas nas mochilas

ou nos armarios.

-Ao remate das clases non deberán quedar obxectos na parte inferior das mesas, que serán desinfectadas

polo alumnado (cada vez que se abandone o posto escolar e se incorpore a un novo) e deixando a cadeira

recollida para facilitar a limpeza e desinfección xeral por parte do persoal de limpeza.

Page 13: PLAN DE CONTINXENCIA covid 19 - edu.xunta.gal · PLAN DE CONTINXENCIA COVID 19 Curso 2020/2021 IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191 36210-VIGO ies.santome.freixeiro@edu.xunta.es

IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191

36210-VIGO

[email protected]

12

-Non se compartirán obxectos en ningún caso, agás indicación do profesorado, previa desinfección dos

mesmos. No caso de ferramentas ou instrumentos, seguirase as instrucións do profesorado para a súa

desinfección tanto antes de abandonala clase como ao incorporarse a unha nova.

-Baixo ningunha circunstancia debe haber contacto físico entre o alumnado.

-Nas saídas escolares, de producirse, a observación destas normas será de carácter obrigado.

-Ante a presenza repentina de síntomas ou intuición de risco de contaxio, porase inmediatamente en

coñecemento do equipo directivo do centro.

-No caso de que os síntomas se presenten na casa, o alumnado non deberá acudir ao centro ata ter

confirmación de estar en condicións de facelo.

-Manter unha hixiene axeitada, traendo da casa os elementos básicos de protección que se considere

necesario –recoméndase un pequeno bote de hidroxel, panos de papel e unha máscara de reposto, aínda

que non é obrigatorio- e, en todo caso, un pequeno almorzo para o recreo, xa que non funcionará o

servizo de cafetería.

-O INCUMPRIMENTO DESTAS NORMAS IMPLICARÁ A IMPOSICIÓN INMEDIATA DE

MEDIDAS CORRECTORAS (apartado 21 deste Plan de Continxencia)EN TANTO SE MANTEÑA

A SITUACIÓN SANITARIA EXCEPCIONAL QUE ESTAMOS A VIVIR.

19. INSTRUCIÓNS DE LIMPEZA, PROCEDEMENTO DE CONTROL E REXISTRO

-Limparase o centro polo menos unha vez ao día, reforzándose en lugares concretos como aseos,

superficies de contacto, pomos das portas, pasamáns, teléfonos, billas, sala de profesorado etc., que se

fará tres veces ao día.

-Igualmente prestarase especial atención ao salón de actos, ascensores, secretaría, conserxería, sala de

profesores, aula de latín, francés e laboratorio de idiomas, laboratorios de ciencias e aulas de informática

e tecnoloxía, que se limparán polo menos dúas veces ao día..

-O persoal de limpeza será o encargado de velar pola reposición de xabón, papel e hidroxel nos puntos

obrigatorios.

-A limpeza farase con desinfectantes como dilucións de lixivia (1:50) recentemente preparada ou

calquera outro autorizado.

-Deberá vixiarse a limpeza e recollido de papeleiras, tanto interiores como exteriores, procedendo á súa

desinfección ao remate da xornada.

-En relación coa xestión de residuos recomendase que os panos desbotables sexan refugados en

papeleiras que non requiran de acción manual

-O material de hixiene persoal (máscaras, luvas etc.) deben depositarse na fracción de agrupamento de

residuos de orixe doméstica

-No caso de que algún membro da comunidade escolar presente síntomas mentres se atope no centro,

será preciso illar o contedor onde se depositen os panos ou outros produtos utilizados por eles.. Esta

bolsa de lixo deberá ser extraída e colocada nunha segunda bolsa de lixo, con peche, para o seu depósito

Page 14: PLAN DE CONTINXENCIA covid 19 - edu.xunta.gal · PLAN DE CONTINXENCIA COVID 19 Curso 2020/2021 IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191 36210-VIGO ies.santome.freixeiro@edu.xunta.es

IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191

36210-VIGO

[email protected]

13

na fracción resto. A continuación levarase a cabo a desinfección total do espazo no que se fixo o

illamento preventivo (a popularmente denominada vivenda do conserxe).

-O protocolo de limpeza é obrigatorio para todo o persoal de limpeza, con independencia da súa

dependencia orgánica.

-O persoal de limpeza empregará luvas e máscara de xeito obrigatorio durante a súa xornada, desbotando

estes elementos cando remate a súa sesión. Igualmente a roupa de traballo será lavada con auga quente

e xabón despois de cada uso.

PERSOAL DE LIMPEZA E DESINFECCIÓN

ENCARGADA DE CONTROL DE LIMPEZA Carmen

LIMPADORA: HORARIO

LIMPADORA:

LIMPADORA:

LIMPADORA:

LIMPADORA:

O protocolo de limpeza do IES SAN TOMÉ de FREIXEIRO recolle:

FRECUENCIA LIMPEZA DESINF. OBSERVACIÓNS

Tódalas dependencias do centro educativo

1 vez/día Si Si Reforzar espazos en función da intensidade de uso

Aseos 3 veces ao día Si Si Poderá diminuír en función da intensidade do uso

Postos de traballo 2 veces/día Si Si Especial atención a superficies de contacto: pomos, mesas, teléfonos, pasamáns e outros similares

Postos de traballo compartido

O alumnado tras cada sesión; o persoal de limpeza 2 veces ao día

Si Si No caso de ordenadores limpar ordenador, teclado e pantalla con xel desinfectante ou similar

Papeleiras 1 vez/día Si Si Deben quedar baleiras, incluídas as do patio

Ventilación Ao inicio e final das clases; entre clases, 5 minutos

Xestión de residuos 1 vez/ día Si Non Utilización de papeleiras con bolsa que non teñan que ser manipuladas. Depositar nos contedores “resto”.

Xestión de residuos sospeitosos de infección

Illar os contedores onde se teñan depositado panos e outros produtos sospeitosos de estar infectados. Esta bolsa será depositada nunha segunda bolsa con peche para o seu depósito na fracción “resto”.

20. ACTUACIÓNS PARA O PERÍODO DE ACTIVIDADE LECTIVA NON PRESENCIAL

-O ensino non presencial será impartido polo profesorado ordinario de alumnado, preferentemente a

través da aula virtual de cada grupo. O profesorado realizará o seguimento do alumnado impartindo os

contidos achegados ben polo propio profesor ou ben os que poña a disposición a Consellería. Igualmente

cada profesor poñer tarefas de reforzo.

Page 15: PLAN DE CONTINXENCIA covid 19 - edu.xunta.gal · PLAN DE CONTINXENCIA COVID 19 Curso 2020/2021 IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191 36210-VIGO ies.santome.freixeiro@edu.xunta.es

IES SAN TOMÉ DE FREIXEIRO Gran Vía, 191

36210-VIGO

[email protected]

14

-O equipo COVID identificará ao alumnado que teña dificultades de conexión ou falta de equipamento,

a través dos titores e titoras para que a consellería adopte as medidas oportunas para permitir o acceso

ao ensino telemático

-Durante o período de suspensión da actividade presencial o centro ten previstas as seguintes medidas:

a)Uso da páxina web do centro e o ABALAR como canles xerais de comunicación das novas

b)Uso do correo electrónico e teléfono da familia, consignado no sobre de matrícula, como canle de

comunicación alternativa

c)Para cada materia a canle de comunicación será a aula virtual, sendo opcional e a decisión dos/das

docentes o uso de Webex ou outra plataformas similares de teledocencia.

21. MEDIDAS CORRECTORAS NO CASO DE INCUMPRIMENTO DAS NORMAS DE HIXIENE E

PREVENCIÓN RECOLLIDAS NO PLAN DE CONTINXENCIA

Dependendo da gravidade, intencionalidade e reincidencia das condutas contrarias a este plan de

continxencia o equipo COVID do IES San Tomé de Friexeiro imporá as seguintes medidas correctoras,

previo informe ás familias por vía ABALAR ou MENSARIO.

-Vixilancia do cumprimento do resto das normas por parte do alumnado durante os recreos

-Tarefas de recollida de follas e plásticos no xardín

-Copia das normas do plan de continxencia

-Pequenas exposicións a outros grupos sobre a importancia do cumprimento das normas, a hixiene e a

prevención ou outros aspectos relacionados coa COVID19

-Privación do dereito de asistencia ao centro ata un máximo de tres días

-No caso de reincidencia constante a conduta podería ser obxecto de expediente disciplinario.