PIPO E MARGARIDA
-
Upload
ocon-das-sete-pias -
Category
Documents
-
view
230 -
download
5
description
Transcript of PIPO E MARGARIDA
Conto escrito por Chuli e Rico
e ilustrado pol@s nen@s de 5º
do CEIP E. BARREIRO PIÑEIRO
de Vilariño - Cambados
Esta é a historia dun porquiño que tiña unha chea de problemas pola súa cor e
polo seu tamaño. Pipo, que así se chamaba o porco era o máis pequenode nove irmáns porcos nados nunha
abafante noite de verán.
Como naceu de último tamén foi o que máis tarde empezou a mamar e por isotocoulle mamar da rolla de atrás que é
a que menos leite dá.
Cada día Pipo tiña que pelexar cos irmáns para poder comer, pero nunca o
conseguía e ía quedando pequeno e sen forza, mentres os demais
medraban e engordaban.
Pipo enfermaba por falta de mantenza. Por se fora pouco era o
único porquiño completamente negro de tódolos irmáns; o resto eran encarnadiños con pencas
negras. Agás Pipo.
Realmente non parecía un porquiño, tan negro e cativo era. O resto dos animais da granxa tamén rifaban con el, e cando a nai
porca non os vía empurrábano e golpeábano.O pobre porquiño estaba farto, e
como se decataba de que se seguía alí íamorrer de fame e por riba levando tundas
tódolos días, acordou marchar polo mundo adiante por ver de atopar comida el só .
Non sabía moi ben onde ir e tiña bastante medo porque el nunca se
alonxara da granxa nin da compañía da súa familia. O máis lonxe que
saíra fora a unha lameira que estaba preto dunhas árbores moi altas áque os levaban a nai e o labrego.
Pipo, camiña que te camiñarás, despoisde non sabía canto tempo, chegou ata unha fraga onde había unha manchea
de árbores moi altas, ou polo menos isolle pareceron a el. O porquiño non
coñecía o nome daquelas árbores pero pensou que se parecían ás que estaban
cerca da lameira á que ía coa nai.
Pipo foi cara a fraga, pero ao pouco de chegardeuse conta de que non era o sitio que el pensaba, xa que por alí non había xurreira
ningunha. E cando xa estaba a piques de se marchar sentiu a alguén que estaba a chorar. O
porco empezou a axexar por todas partes pensando que sería algún animaliño que podía
estar perdido coma el.
Logo de dar unha chea de voltas e reviravoltas decatouse de que o ruídoviña dunha bola chea de espiñas que
estaba alí tirada no chan.
Pipo achegouse e osmouna, pero espiñouse no fociño. Entónfixouse ben nela e viu que dentro había uns olliños cheos de bágoas .
“ ¿ Ti quen es? ” - preguntou Pipo.“ Son unha castaña. ¡ Unha castaña feísima!. Buaá... ” .“ ¿ Por que feísima?. ¿ Hai castañas guapas e feas, entón? ” .
“ ¡ Non!- dixo a froita- “ as castañas somos todas feísimas...pero é que eu non quería ser unha castaña. ¡Euquería ser unha margarida! ” .“ ¿ Por que unha margarida? ” .“ Porque son moi fermosas. Eu víaas dende a miña árbore, cando empezou a abrir o meu ourizo... ” .
Entón a castaña contoulle a súa historia a Pipo: ela era unha castaña normal e corrente que vivía pendurada da súa árbore, coma tódalas demais,
dentro do ourizo. Cando o ourizo empezou a abrir e a castaña a empezou a ver o mundo por
un buratiño, o primeiro que viu foi un campo cheode margaridas.
A castaña aínda non sabía o que ela era, pero as flores parecéronlle tan fermosas que pensou que lleencantaría ser unha delas. Mais un día o ourizo caeuao chan, onde xa había un monte deles. Alí a castaña viu ás outras castañas e os seus ourizos e o feas que
eran. Ata que descubriu que ela tamén era unhacastaña e polo tanto era fea tamén, e non fermosa
coma unha margarida. E isto dáballe moitísimamágoa.
Pipo, pola súa banda contoulle ácastaña os seus problemas: ninguén o quería porque era débil e negro. ¡ Ai, se
el tivese un ourizo coma aquel da castaña!. ¡ Cuns pinchos así ninguén se
atrevería a meterse con el!.
Como á castaña non lle gustaba nada o seu ourizo, regaloullo ao porquiño; o
porquiño, contento, púxoo polo lombo. Como era moi pequeno acaíalle moi ben.
Pipo empezou a dar voltas para ver que tal andaba con aquilo posto e de súpeto
tocoulle a un coello que saíu a fume de carozo chiando e avisando aos demais
animais que tivesen coidado porque andaba solto pola fraga un “ porco espiño ” .
A Pipo sorprendeulle moito que alguénescapara del, cando sempre era el quentiña que ter medo dos demais. Así que probou a tocar todo o que atopaba por
diante: animais, árbores, flores... e todos berraban e dicíanlle que tivera
coidado que os mancaba.
O porquiño estaba tolo de contento coseu novo abrigo e púxose a comer
landras e castañas. De súpeto acordouseda súa amiga castaña e pensou que tiña
que buscar o xeito de axudala. E tivounha idea: o que máis lle gustaría no
mundo á castaña sería ser unhamargarida.
Así que Pipo foi ao campo no que estaban as flores, que xa empezaban a
estar murchas, e foi arrincando os pétalos que aínda tiñan boa cor; logo con moito
coidado levounos ata onde estaba a castaña, aínda a chorar, e foillos poñendo
arredor con moito tino e dozura.
Despois colleu á castaña e levouna ábeira do río para que se vise reflectidana auga. A castaña cando se viu non
daba creto, convertérase nunhamargarida!.
Logo os dous amigos volveron ata o pé da árbore onde se atoparan porque Pipo aínda tiña
moita fame e agora podía comer todo canto quería gracias aos seus pinchos. Pero o máissorprendente para os dous foi que un esquío
que andaba por alí apañando castañas aopasar ao lado da castaña-margarida nin a
tocou, pensando que era unha flor.
Deste xeito Pipo e Margarida estaban felices e contentos. E chegaron a un acordo: Pipo
quedaría co ourizo da castaña mentres non medrase coma un porco normal e xa non o
necesitase máis, e coidaría de Margarida ata que os pétalos murcharan de todo. Cando isto
acontecese, a castaña Margarida enterraríase no chan, coa axuda de Pipo, para chegar a ser un
fermoso castiñeiro .
E así foi. A castaña enterrouse e co tempo chegou a ser un fermoso e alto castiñeiro que
pronto deu castañas. E o porco Pipo, que quedou a vivir naquela fraga durante moitosanos, nunca comeu unha castaña daquela
árbore, e recolleu sementes de margaridas que plantou ao pé do castiñeiro e así cada
primavera nacían e arrodeaban coas súasfermosas flores o tronco da árbore.
Alex A., David, Nerea, Mariña A., Cristian, Adrián, Iria, Lorena, Mariña Ch., Sara, Enrique, Ana, Rebeca, Alex I.,Alicia Javi, Carlos, Lorena, Martín, Sergio, Yago e Kaan.