pintura de mans biodegradable€¦ · Non só se pode usar coas mans ou os pes se non que tamén a...

3
www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc Mesturamos todo Mesturamos os 50 ml de colorante natural cos 50 g de fariña e removemos ata ter unha masa homoxénea e sen grumos. É importante que esta auga con colorante estea quente para que nos quede a consistencia desexada. A goma xantana dálle unha textura moi boa pero no seu lugar pódese usar azucre ou sal. A xogar! Xa temos a nosa pintura lista. Non só se pode usar coas mans ou os pes se non que tamén a podemos usar con brochas, pinceis, esponxas... e ao ser comestible non precisa da supervisión dos adultos. Como conservala Gardámola en botes de cristal ou plástico no frigorífico podéndonos durar ata unha semana. pintura de mans biodegradable MATERIAIS 50ml de auga 50g de fariña (millo ou trigo) unha remolacha Opcional: ½ cullerada de goma xantana ou 2 culleres de sal ou azúcre 1 cullerada de cúrcuma ou azafrán Facemos o noso colorante natural Cor rosa. Cortamos a remolacha en anacos pequenos para que solte a cor e engadimos 50 ml de auga para logo deixala repousar 10 min. Tamén se pode usar a auga que queda despois de cocela. Cor amarela. Cocemos unha chullerada de cúrcuma ou azafrán en 100 ml, para que, ó evaporarse a auga, finalmente nos queden os 50 ml que precisamos.

Transcript of pintura de mans biodegradable€¦ · Non só se pode usar coas mans ou os pes se non que tamén a...

Page 1: pintura de mans biodegradable€¦ · Non só se pode usar coas mans ou os pes se non que tamén a podemos usar con brochas, pinceis, esponxas ... como plantas e animais de todo tipo.

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

Mesturamos todoMesturamos os 50 ml de colorante natural cos 50 g de fariña e removemos ata ter unha masa homoxénea e sen grumos. É importante que esta auga con colorante estea quente para que nos quede a consistencia desexada. A goma xantana dálle unha textura moi boa pero no seu lugar pódese usar azucre ou sal.

A xogar!Xa temos a nosa pintura lista. Non só se pode usar coas mans ou os pes se non que tamén a podemos usar con brochas, pinceis, esponxas... e ao ser comestible non precisa da supervisión dos adultos.

Como conservalaGardámola en botes de cristal ou plástico no frigorífico podéndonos durar ata unha semana.

pintura de mansbiodegradable MATERIAIS

50ml de auga50g de fariña(millo ou trigo)

unharemolacha

Opcional: ½ cullerada de goma xantana ou 2 culleres de sal ou azúcre

1 cullerada de cúrcuma ou azafrán

Facemos o noso colorante naturalCor rosa. Cortamos a remolacha en anacos pequenos para que solte a cor e engadimos 50 ml de auga para logo deixala repousar 10 min. Tamén se pode usar a auga que queda despois de cocela. Cor amarela. Cocemos unha chullerada de cúrcuma ou azafrán en 100 ml, para que, ó evaporarse a auga, finalmente nos queden os 50 ml que precisamos.

Page 2: pintura de mans biodegradable€¦ · Non só se pode usar coas mans ou os pes se non que tamén a podemos usar con brochas, pinceis, esponxas ... como plantas e animais de todo tipo.

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

Os ríos son como os vasos sanguíneos da Terra, xa que teñen funcións moi importantes que permiten que os ecosistemas estean en equilibrio e cheos de vida.Os ríos son unha importante reserva de auga para os seres vivos e son o hábitat de moitas formas de vida, como plantas e animais de todo tipo. En Galicia, unha vez máis somos afortunados e afortunadas, pois é a terra dos mil ríos. Con todo, a maioría están enfermos e xa non poden producir a mesma vida que antes.CausasHai moitas cousas que lles fan moito dano os nosos ríos. Como por exemplo as pinturas convencionais, que están feitas a partir de sustancias derivadas do petróleo. Así, un bote de pintura de 4 litros pode contaminar máis dun millón de litros de auga. Pero tamén temos moitos produtos prexudiciais que usamos nos nosos fogares, como produtos de limpeza agresivos ou xabóns convencionais. Por outro lado, o uso de pesticidas e fertilizantes na agricultura e os vertidos das industrias empobrecen os nosos ríos. Outra cousa que enferma as nosas augas son os protectores solares comúns porque fanlle moito dano aos peixes. A construción de presas, a tala dos bosques de ribeira ou a introdución de especies exóticas ameazan tamén a saúde das nosas augas doces.E como podemos saber se o río que temos o noso carón está contaminado? Se vemos que ten moita vexetación, unha cor distinta a natural ou que cheira mal, é moi probable que esteamos ante un río contaminado. Esta capa verde de vexetación da que falamos son plantas ou algas que crecen moi rápido xa que hai demasiados nutrientes na auga, a isto chámase eutrofización. Toda esta vexetación impide que a luz chegue á auga e as outras plantas máis pequenas ou as outras algas da auga morrerán por non poderen facer a fotosíntese. Neste ambiente aumentan as bacterias que consumen o osíxeno, deixando a moitos seres vivos como os peixes ou moluscos sen el, polo que finalmente acabarán desaparecendo.ConsecuenciasEsta contaminación fai que se reduza ou desapareza a biodiversidade dos nosos ríos, desaparecendo primeiro os seres vivos máis sensibles como os pequenos insectos acuáticos (perlas, firgáneas, libélulas...) ou os peixes e anifibios.SoluciónsHai moitas cousas que podemos facer pero só imos nomear unhas poucas. Evitemos, por exemplo, tirar aos nosos vertedoiros pintura, aceite, lixivia ou amoníaco e podemos substituír algúns deles por outros produtos biodegradables como estas pinturas estupendas que vos presentamos. Por outro lado, tamén podemos usar produtos biodegradables para limpar e tirar os aceites de cociña nos puntos limpos. Por último, cando vaiamos á praia ou ao río a ba-ñarnos, non nos esquezamos da saúde dos nosos ecosistemas e levemos con nós protectores solares biodegradables.Os nosos ríos están enfermos e contaminados, pero hai solución e cada un de nós pode axudar. Axúdanos a manter sans os ríos!

Page 3: pintura de mans biodegradable€¦ · Non só se pode usar coas mans ou os pes se non que tamén a podemos usar con brochas, pinceis, esponxas ... como plantas e animais de todo tipo.

www.usc.es/museohn @mhn.usc /mhnusc @mhnusc

QUE APRENDEMOS SOBREA BIODEGRADACIÓN?Busca as 10 palabras escondidas nesta sopa de letras

VERTIDO PESTICIDA CONTAMINACIÓN RÍOFERTILIZANTE ANFIBIO LIBÉLULA ACEITE

PEIXE EQUILIBRIO