Pintamos a PAZ

6
PINTAMOS A PAZ

description

A paz para @s pequen@s

Transcript of Pintamos a PAZ

Page 1: Pintamos a PAZ

PINTAMOS A PAZ

Page 2: Pintamos a PAZ

O outro día dixéronnos na escola que faláramos da PAZ.

Inmediatamente lembreime da miña tía Paz, que sempre me fai unas tortiñas deliciosas. Rápidamente levantei a man e expliqueillo á profe, pero ela díxome que esa non era a mesma Paz, e púxose a falar e falar…

Page 3: Pintamos a PAZ

Creo que o entendín case todo, pero agora vou explicalo do meu modo.

A PAZ :

É cando mamá dame un beixiño pola mañá para despertarme.

Tamén é cando o avó ven a buscarme andando dende a súa casa para levarme á parada e me quenta a manciña coa caloriña da súa, e é que ao meu avó dóenlle moitísimos os ósos.

Page 4: Pintamos a PAZ

É cando chego á escola e os profes deixanme pasar antes da hora, porque fai moitísimo frío, até que soe a música.

Page 5: Pintamos a PAZ

Ou son aqueles outros días que durante o recreo xogo cos meus amigos da clase e o paso de rechupete.

Ou cando a profe nos fala baixiño e todos na clase estamos tan, tan tranquilos que parece que non hai ninguén.

Page 6: Pintamos a PAZ

Todas estas cousas son a PAZ... pero sigo pensando que para min a máis importante é a miña tía Paz. V. Teixeira