Picasso e A Coruña - turismocoruna.comcoller a auga para uso doméstico. Praias de Riazor e Orzán/...

2
06 20 19 18 17 16 15 14 13 12 11 10 09 08 07 01 02 03 05 04 e principalmente recibiu ensinanzas de seu pai, de Román Navarro e de Isidoro Brocos. Na Coruña empezou a afondar en temáticas como as pombas, os touros ou os faunos, que foron icónicas na súa triunfal carreira posterior. E foi a cidade na que o artista que daquela asinaba “P. Ruiz” executou as que están consideradas as súas primeiras obras maiores, como A rapaza dos pés descalzos, ou o retrato do que foi o seu primeiro mecenas, Ramón Pérez Costales, pezas que levou de estudio en estudio e conservou ata a súa morte. A Coruña foi ademais o lugar no que realizou as súas dúas primeiras exposicións, que tiveron lugar na céntrica rúa Real en 1895. A primeira destas mostras recibiu unha crítica en La Voz de Galicia que concluía dun xeito premonitorio: “Continúe desa maneira e non dubide de que acadará días de gloria e un porvir brillante”. Así foi.. Da Coruña levou unhas cantas obras mestras, un legado académico e un pesar. Chegaron cinco á cidade e en abril de 1895 marcharon catro: a súa irmá Conchita morreu de difteria en xaneiro dese mesmo ano. En 1949 naceu a primeira filla de Picasso e chamouna Conchita. #coruñasemueve Picasso e A Coruña: o nacemento dun pintor/ Guía do Picasso Coruñés/ O período coruñés é o máis descoñecido de Picasso, malia a grande importancia que lle concedía o propio artista malagueño, quen en ocasións chegou a valoralo por riba das súas celebradas etapas azul ou rosa, segundo remarca un dos seus mellores biógrafos, John Richardson. Durante esa etapa na Coruña realizou máis de 200 pezas, que se conservan nos museos picassiáns máis importantes do mundo (París, Barcelona e Málaga) ou en coleccións privadas, como é o caso de Retrato de Modesto Castilla vestido de mouro, que no 2012 se vendeu nunha poxa por 2,6 millóns de euros e é o cadro dun neno –pintouno con 13 anos– máis caro xamais vendido. Todo empezou en outubro de 1891, cando con 9 anos Pablo Ruiz Picasso, as súas irmás Conchita e Lola e a súa nai María cambiaron a súa Málaga natal por Galicia, ao obter o cabeza de familia, José Ruiz Blasco, unha praza de profesor na Escola Provincial de Belas Artes da Coruña. Aquel neno andaluz acudiu durante tres cursos tanto ao instituto local como á citada escola, onde iniciou os seus estudos artísticos Casa Picasso/ Rúa Paio Gómez, 14 Os Ruiz Picasso viviron durante os seus cinco anos en Galicia no segundo piso da rúa Paio Gómez, 14. É unha casa coruñesa de arquitectura típica, con galerías de madeira, e da que se mantén a estrutura orixinal. Nese piso, o Concello da Coruña recreou unha vivenda do século XIX na que se poden ver reproducións da obra coruñesa de Picasso e da de seu pai, así como un gravado do primeiro contemporáneo ao Guernica. No baixo desa casa habilitouse unha zona de recepción que inclúe unha tenda de mercadotecnia, unha pantalla táctil con abundante información sobre a etapa coruñesa de Picasso e dúas fotografías de época. Instituto Eusebio da Guarda/ Praza de Pontevedra O Eusebio da Guarda, hoxe instituto, é o centro no que Picasso estudou ensino secundario, con malas notas, e Belas Artes, con excelentes cualificacións. Na primeira planta, o neno malagueño recibiu clases de artistas coma o seu pai, Román Navarro, Isidoro Brocos ou Amorós y Botella. Praza de Pontevedra/ A praza era daquela de area e pedra, e Picasso xogaba nela aos touros e toureiros con amigos como Antonio Pardo Reguera, Constantino Sardina ou Jesús Salgado. Contaba cunha fonte na que a criada dos Ruiz Picasso ía coller a auga para uso doméstico. Praias de Riazor e Orzán/ Segundo un dos seus principais biógrafos, John Richardson, Picasso descubriu por primeira vez a nudez feminina en Riazor. Ocorreu cando xogaba preto das casetas coas que daquela contaba esta praia, na que tamén había barcas, que Pablo debuxou. Do Orzán fixo un óleo sobre táboa. Capela de San Andrés/ Rúa San Andrés, 32 A reedificada capela de San Andrés, de estilo neorrománico, abriuse ao público en maio de 1890. Dende daquelas, locen no seu interior sete esculturas de Brocos, un dos profesores de Pablo na Escola de Belas Artes. A poucos metros da capela encóntrase o Circo de Artesáns, onde Picasso recibiu clases de baile. Rúa Real/ En febreiro de 1895, Picasso realizou a súa primeira exposición no número 20, no que naquel momento era unha tenda de mobles. Recibiu dúas críticas excelentes na prensa. En marzo fixo a segunda nesta mesma rúa, crese que no número 54, na que mostrou O home da gorra, que hoxe conserva o Museo Picasso de París. Xardín de San Carlos/ Na Coruña, Picasso coñeceu a historia de Lady Hester Stanhope, amante de sir John Moore, quen morreu en 1809 na Coruña e foi enterrado neste xardín. Gustoulle tanto que se prometeu visitar Inglaterra para pescudar máis sobre ela; de feito, a primeira vez que visitou París (1900) tiña pensando que a capital francesa era só unha escala para chegar a Londres. Despois cambiou de plans. Escola de Artes e Superior de Deseño Pablo Picasso/ Rúa Pelamios, 2 É o centro que tomou a testemuña da antiga Escola de Belas Artes. Percorrendo os seus corredores pódense admirar varios dos xesos que Picasso debuxou durante os tres cursos que estudou na Coruña, como un fauno. No vestíbulo expóñense fotocopias do expediente académico do malagueño. Cemiterio de San Amaro/ Rúa Orillamar, s/n Conchita, a irmá pequena de Pablo, morreu de difteria o 10 de xaneiro de 1895. Dous días despois foi sepultada na terra no cemiterio xeral (hoxe San Amaro), na zona de párvulos do primeiro departamento. Neste camposanto xacen Costales, Brocos, Navarro e Gumersindo Pardo Reguera. Torre de Hércules/ Picasso daba longos paseos dende a súa casa ata a torre de Hércules, o faro que dende 2009 é Patrimonio da Humanidade. Pablo pintouna ao óleo. E ademais debuxouna nun dos seus cadernos coruñeses e tamén nun dos seus xornais, engadíndolle neste caso o sobrenome de “torre de caramelo”. Parque de Santa Margarita/ Picasso pintou ao óleo o monte de Santa Margarita, cun muíño presidindo a paisaxe. Fíxoo o ano da súa marcha, en 1895. Hoxe, o parque conta cun muíño restaurado similar ao que representou o malagueño. Rúa Juan Flórez/ Na época de Picasso chamábase Camiño Novo. Pablo debuxou nun dos seus cadernos a casa do churreiro desta vía. Juan Flórez é hoxe unha das principais rúas comerciais da cidade. Praza de touros/ (desaparecida) No que hoxe é a confluencia da rúa Médico Rodríguez coa avenida de Fisterra encontrábase a antiga praza de touros, con capacidade para 10.000 espectadores. Picasso asistiu a varias corridas e realizou debuxos do natural. San Roque de Fóra/ Paseo Marítimo Nun dos seus cadernos coruñeses, Pablo realizou un debuxo deste lugar: vese unha casa de labor agrícola e gandeira. Hoxe, por San Roque, que xa non conserva casas tradicionais, discorre un tramo do paseo marítimo. Casa de Pérez Costales/ (desaparecida) O doutor Pérez Costales, primeiro mecenas de Picasso, e a súa familia vivían nunha mansión na que a fachada dianteira daba ao número 12 de Teresa Herrera e a traseira ao 11 de Paio Gómez. Pablo pintou dúas estancias desa casa. Xardíns de Méndez Núñez/ Os Ruiz Picasso ían a miúdo a Méndez Núñez. Á volta dun paseo por este enclave, o pai de Pablo observou un dos seus cadros de pombas e detectou que o seu fillo acabara con precisión as patas. Don José, a quen lle fallaba a vista, decidiu nese momento cederlle a Pablo a súa paleta e os seus pinceis. Farmacia da rúa Real/ Rúa Real, 92 No número 92 estaba a farmacia de Gumersindo Pardo Reguera, que ademais era pintor e foi un dos inspiradores de Picasso, quen visitaba a miúdo este local porque era moi amigo de Antonio, o fillo de Gumersindo. Hoxe segue existindo unha farmacia nese mesmo punto. Teatro Rosalía de Castro/ Rúa Rego de Auga, 37 Pablo acudiu a representacións teatrais de obras de Echegaray neste recinto, que daquela se chamaba Teatro Principal. Na época na que viviu na Coruña xa existía a confeitaría La Gran Antilla, que hoxe segue aberta en fronte deste recinto. Circo Coruñés/ (desaparecido) No Circo Coruñés Picasso acudiu, xunto ao seu pai, a un mitin de Pablo Iglesias e supoñemos que tamén a espectáculos circenses. No lugar onde se encontraba, álzase hoxe a sede da Autoridade Portuaria da Coruña. A Mariña/ Avenida da Mariña Cando o xornalista galego Olano visitou a Picasso en Francia nos anos 60, o artista preguntoulle sobre A Coruña: “Supoño que construíron moito. Destruíron as galerías? Ou teñen o bo gusto de conservalas?”. A arquitectura de galerías era e é un sinal da cidade. Ruta Picasso/Enclaves principais/ Paio Gómez 14, baixo e 2º 15004 A Coruña Tel.: +34 981 189 854 Entrada gratuíta/ Horario/ Martes a sábado/ 10:30 h a 14:00 h e 17:30 h a 20:00 h/ Domingos e festivos/ 10:30 h a 14:00 h/ Luns/ Pechada/ Ruta Picasso/Enclaves secundarios/ Supoño que construíron moito Destruíron as galerías? Ou teñen o bo gusto de conservalas? Pablo Picasso Crítica da primeira exposición de Picasso en La Voz de Galicia (21-2-1895). Crítica da primeira exposición de Picasso en Diario de Galicia (22-2-1895). Picasso aos 15 anos. Musée Picasso. París. Picasso, en 1970, explicando como se pelan os percebes. Arquivo gráfico Antonio D. Olano. Tenda da Casa Picasso. Fotografía: Nacho Romero. O Instituto Eusebio da Guarda, a finais do século XIX. ARG. A praza do Instituto, principios do XX. AMC. “Orzán” de Picasso. A Coruña, 1895. “Santo André”, de Brocos, profesor de Picasso. Na rúa Real consérvanse edificios da época en que Picasso viviu na cidade. O Xardín de San Carlos na actualidade. Fachada da Escola de Artes Pablo Picasso. Zona de párvulos de San Amaro onde foi soterrada Conchita. “Torre de Hércules” de Picasso. A Coruña, 1895. “Monte de Santa Margarita” de Picasso. A Coruña, 1895. “Fachada principal dunha casa dos arrabaldes”, de Picasso. A Coruña, 1894. Debuxado no Camiño Novo. “Corrida” de Picasso. A Coruña, 1894. “Casarío” de Picasso. A Coruña, 1894. Debuxado en San Roque. Dúas salas da casa de Pérez Costales, de Picasso. A Coruña, 1895. Os xardíns de Méndez Núñez a principios do século XX. A farmacia de Pardo Regueira, a principios do século XX. Teatro Rosalía, antigo Teatro Principal. O Circo Coruñés, ca.1895. Arquivo J. L. Cabo. A avenida da Mariña na actualidade. Colabora/ www.turismocoruna.com

Transcript of Picasso e A Coruña - turismocoruna.comcoller a auga para uso doméstico. Praias de Riazor e Orzán/...

Page 1: Picasso e A Coruña - turismocoruna.comcoller a auga para uso doméstico. Praias de Riazor e Orzán/ Segundo un dos seus principais biógrafos, John Richardson, Picasso descubriu por

06

2019181716

1514131211

10090807

01 02 03 0504

e principalmente recibiu ensinanzas de seu pai, de Román Navarro e de Isidoro Brocos.

Na Coruña empezou a afondar en temáticas como as pombas, os touros ou os faunos, que foron icónicas na súa triunfal carreira posterior. E foi a cidade na que o artista que daquela asinaba “P. Ruiz” executou as que están consideradas as súas primeiras obras maiores, como A rapaza dos pés descalzos, ou o retrato do que foi o seu primeiro mecenas, Ramón Pérez Costales, pezas que levou de estudio en estudio e conservou ata a súa morte. A Coruña foi ademais o lugar no que realizou as súas dúas primeiras exposicións, que tiveron lugar na céntrica rúa Real en 1895. A primeira destas mostras recibiu unha crítica en La Voz de Galicia que concluía dun xeito premonitorio: “Continúe desa maneira e non dubide de que acadará días de gloria e un porvir brillante”. Así foi..

Da Coruña levou unhas cantas obras mestras, un legado académico e un pesar. Chegaron cinco á cidade e en abril de 1895 marcharon catro: a súa irmá Conchita morreu de difteria en xaneiro dese mesmo ano. En 1949 naceu a primeira filla de Picasso e chamouna Conchita.

#coruñasemueve

Picasso e A Coruña: o nacemento dun pintor/

Guía do Picasso Coruñés/

O período coruñés é o máis descoñecido de Picasso, malia a grande importancia que lle concedía o propio artista malagueño, quen en ocasións chegou a valoralo por riba das súas celebradas etapas azul ou rosa, segundo remarca un dos seus mellores biógrafos, John Richardson.

Durante esa etapa na Coruña realizou máis de 200 pezas, que se conservan nos museos picassiáns máis importantes do mundo (París, Barcelona e Málaga) ou en coleccións privadas, como é o caso de Retrato de Modesto Castilla vestido de mouro, que no 2012 se vendeu nunha poxa por 2,6 millóns de euros e é o cadro dun neno –pintouno con 13 anos– máis caro xamais vendido.

Todo empezou en outubro de 1891, cando con 9 anos Pablo Ruiz Picasso, as súas irmás Conchita e Lola e a súa nai María cambiaron a súa Málaga natal por Galicia, ao obter o cabeza de familia, José Ruiz Blasco, unha praza de profesor na Escola Provincial de Belas Artes da Coruña. Aquel neno andaluz acudiu durante tres cursos tanto ao instituto local como á citada escola, onde iniciou os seus estudos artísticos

Casa Picasso/Rúa Paio Gómez, 14

Os Ruiz Picasso viviron durante os seus cinco anos en Galicia no segundo piso da rúa Paio Gómez, 14. É unha casa coruñesa de arquitectura típica, con galerías de madeira, e da que se mantén a estrutura orixinal. Nese piso, o Concello da Coruña recreou unha vivenda do século XIX na que se poden ver reproducións da obra coruñesa de Picasso e da de seu pai, así como un gravado do primeiro contemporáneo ao Guernica. No baixo desa casa habilitouse unha zona de recepción que inclúe unha tenda de mercadotecnia, unha pantalla táctil con abundante información sobre a etapa coruñesa de Picasso e dúas fotografías de época.

Instituto Eusebio da Guarda/Praza de Pontevedra

O Eusebio da Guarda, hoxe instituto, é o centro no que Picasso estudou ensino secundario, con malas notas, e Belas Artes, con excelentes cualificacións. Na primeira planta, o neno malagueño recibiu clases de artistas coma o seu pai, Román Navarro, Isidoro Brocos ou Amorós y Botella.

Praza de Pontevedra/

A praza era daquela de area e pedra, e Picasso xogaba nela aos touros e toureiros con amigos como Antonio Pardo Reguera, Constantino Sardina ou Jesús Salgado. Contaba cunha fonte na que a criada dos Ruiz Picasso ía coller a auga para uso doméstico.

Praias de Riazor e Orzán/

Segundo un dos seus principais biógrafos, John Richardson, Picasso descubriu por primeira vez a nudez feminina en Riazor. Ocorreu cando xogaba preto das casetas coas que daquela contaba esta praia, na que tamén había barcas, que Pablo debuxou. Do Orzán fixo un óleo sobre táboa.

Capela de San Andrés/Rúa San Andrés, 32

A reedificada capela de San Andrés, de estilo neorrománico, abriuse ao público en maio de 1890. Dende daquelas, locen no seu interior sete esculturas de Brocos, un dos profesores de Pablo na Escola de Belas Artes. A poucos metros da capela encóntrase o Circo de Artesáns, onde Picasso recibiu clases de baile.

Rúa Real/

En febreiro de 1895, Picasso realizou a súa primeira exposición no número 20, no que naquel momento era unha tenda de mobles. Recibiu dúas críticas excelentes na prensa. En marzo fixo a segunda nesta mesma rúa, crese que no número 54, na que mostrou O home da gorra, que hoxe conserva o Museo Picasso de París.

Xardín de San Carlos/

Na Coruña, Picasso coñeceu a historia de Lady Hester Stanhope, amante de sir John Moore, quen morreu en 1809 na Coruña e foi enterrado neste xardín. Gustoulle tanto que se prometeu visitar Inglaterra para pescudar máis sobre ela; de feito, a primeira vez que visitou París (1900) tiña pensando que a capital francesa era só unha escala para chegar a Londres. Despois cambiou de plans.

Escola de Artes e Superior de Deseño Pablo Picasso/Rúa Pelamios, 2

É o centro que tomou a testemuña da antiga Escola de Belas Artes. Percorrendo os seus corredores pódense admirar varios dos xesos que Picasso debuxou durante os tres cursos que estudou na Coruña, como un fauno. No vestíbulo expóñense fotocopias do expediente académico do malagueño.

Cemiterio de San Amaro/Rúa Orillamar, s/n

Conchita, a irmá pequena de Pablo, morreu de difteria o 10 de xaneiro de 1895. Dous días despois foi sepultada na terra no cemiterio xeral (hoxe San Amaro), na zona de párvulos do primeiro departamento. Neste camposanto xacen Costales, Brocos, Navarro e Gumersindo Pardo Reguera.

Torre de Hércules/

Picasso daba longos paseos dende a súa casa ata a torre de Hércules, o faro que dende 2009 é Patrimonio da Humanidade. Pablo pintouna ao óleo. E ademais debuxouna nun dos seus cadernos coruñeses e tamén nun dos seus xornais, engadíndolle neste caso o sobrenome de “torre de caramelo”.

Parque de Santa Margarita/

Picasso pintou ao óleo o monte de Santa Margarita, cun muíño presidindo a paisaxe. Fíxoo o ano da súa marcha, en 1895. Hoxe, o parque conta cun muíño restaurado similar ao que representou o malagueño.

Rúa Juan Flórez/

Na época de Picasso chamábase Camiño Novo. Pablo debuxou nun dos seus cadernos a casa do churreiro desta vía. Juan Flórez é hoxe unha das principais rúas comerciais da cidade.

Praza de touros/(desaparecida)

No que hoxe é a confluencia da rúa Médico Rodríguez coa avenida de Fisterra encontrábase a antiga praza de touros, con capacidade para 10.000 espectadores. Picasso asistiu a varias corridas e realizou debuxos do natural.

San Roque de Fóra/Paseo Marítimo

Nun dos seus cadernos coruñeses, Pablo realizou un debuxo deste lugar: vese unha casa de labor agrícola e gandeira. Hoxe, por San Roque, que xa non conserva casas tradicionais, discorre un tramo do paseo marítimo.

Casa de Pérez Costales/ (desaparecida)

O doutor Pérez Costales, primeiro mecenas de Picasso, e a súa familia vivían nunha mansión na que a fachada dianteira daba ao número 12 de Teresa Herrera e a traseira ao 11 de Paio Gómez. Pablo pintou dúas estancias desa casa.

Xardíns de Méndez Núñez/

Os Ruiz Picasso ían a miúdo a Méndez Núñez. Á volta dun paseo por este enclave, o pai de Pablo observou un dos seus cadros de pombas e detectou que o seu fillo acabara con precisión as patas. Don José, a quen lle fallaba a vista, decidiu nese momento cederlle a Pablo a súa paleta e os seus pinceis.

Farmacia da rúa Real/Rúa Real, 92

No número 92 estaba a farmacia de Gumersindo Pardo Reguera, que ademais era pintor e foi un dos inspiradores de Picasso, quen visitaba a miúdo este local porque era moi amigo de Antonio, o fillo de Gumersindo. Hoxe segue existindo unha farmacia nese mesmo punto.

Teatro Rosalía de Castro/Rúa Rego de Auga, 37

Pablo acudiu a representacións teatrais de obras de Echegaray neste recinto, que daquela se chamaba Teatro Principal. Na época na que viviu na Coruña xa existía a confeitaría La Gran Antilla, que hoxe segue aberta en fronte deste recinto.

Circo Coruñés/(desaparecido)

No Circo Coruñés Picasso acudiu, xunto ao seu pai, a un mitin de Pablo Iglesias e supoñemos que tamén a espectáculos circenses. No lugar onde se encontraba, álzase hoxe a sede da Autoridade Portuaria da Coruña.

A Mariña/Avenida da Mariña

Cando o xornalista galego Olano visitou a Picasso en Francia nos anos 60, o artista preguntoulle sobre A Coruña: “Supoño que construíron moito. Destruíron as galerías? Ou teñen o bo gusto de conservalas?”. A arquitectura de galerías era e é un sinal da cidade.

Ruta Picasso/Enclaves principais/

Paio Gómez 14, baixo e 2º15004 A CoruñaTel.: +34 981 189 854

Entrada gratuíta/

Horario/Martes a sábado/ 10:30 h a 14:00 h e 17:30 h a 20:00 h/Domingos e festivos/ 10:30 h a 14:00 h/Luns/ Pechada/

Ruta Picasso/Enclaves secundarios/

Supoño que construíron moito Destruíron as galerías? Ou teñen o bo gusto de conservalas?

Pablo Picasso

Crítica da primeira exposición de Picasso en La Voz de Galicia (21-2-1895).

Crítica da primeira exposición de Picasso en Diario de Galicia (22-2-1895).

Picasso aos 15 anos. Musée Picasso. París.

Picasso, en 1970, explicando como se pelan os percebes. Arquivo gráfico Antonio D. Olano.

Tenda da Casa Picasso. Fotografía: Nacho Romero.

O Instituto Eusebio da Guarda, a finais do século XIX. ARG.

A praza do Instituto, principios do XX. AMC.

“Orzán” de Picasso. A Coruña, 1895. “Santo André”, de Brocos, profesor de Picasso.

Na rúa Real consérvanse edificios da época en que Picasso viviu na cidade.

O Xardín de San Carlos na actualidade.

Fachada da Escola de Artes Pablo Picasso.

Zona de párvulos de San Amaro onde foi soterrada Conchita.

“Torre de Hércules” de Picasso. A Coruña, 1895.

“Monte de Santa Margarita” de Picasso. A Coruña, 1895.

“Fachada principal dunha casa dos arrabaldes”, de Picasso. A Coruña, 1894. Debuxado no Camiño Novo.

“Corrida” de Picasso. A Coruña, 1894.

“Casarío” de Picasso. A Coruña, 1894. Debuxado en San Roque.

Dúas salas da casa de Pérez Costales, de Picasso. A Coruña, 1895.

Os xardíns de Méndez Núñez a principios do século XX.

A farmacia de Pardo Regueira, a principios do século XX.

Teatro Rosalía, antigo Teatro Principal.

O Circo Coruñés, ca.1895. Arquivo J. L. Cabo.

A avenida da Mariña na actualidade.

Colabora/

www.turismocoruna.com

Page 2: Picasso e A Coruña - turismocoruna.comcoller a auga para uso doméstico. Praias de Riazor e Orzán/ Segundo un dos seus principais biógrafos, John Richardson, Picasso descubriu por

PASEO MARÍTIMO

PASEO MARÍTIMO

PASEO MARÍTIM

O

PASEO MARÍTIM

O

PASEO MARÍTIMO

PAS

EO

MA

RÍT

IMO

SA

N A

ND

S

SA

N A

ND

S

12

MONTE DE SAN PEDRO

Praia do Orzán

Praia de Riazor

Praza de Lugo

JUANA DE VEGA

PAYO GÓMEZ

PICAVIA

PADRE FEIJOÓ

TERESA HERRERA

FRANCISCO MARIÑO ROSALÍA DE CASTRO Praza de Galicia

ARZOBISPO LAGO

GONZÁLEZ

FEDERICO TAPIA

FEDERICO TAPIA

Praza de Vigo

EMILIA PARDO BAZÁN

FON

SE

CA

BE

TAN

ZO

S

CO

MP

OS

TE

LA

FER

RO

L

DU

N LO

RIG

A

ALAMEDA

SANTA CATALINA

RÚA NOVA

LA E

STR

ELLA

OLM

OS

A R

EA

L

GA

LER

A

VO

LUN

TAR

IAD

O

TORREIRO

SAN NICOLÁSBARRERA

JUAN FLÓREZ

JUAN FLÓREZ

AVENIDA DE LINARES RIVAS

AV

EN

IDA

DA

MA

RIÑ

A

XENERAL MOLAPraza Xeneral

Mola

CA

NTÓ

N G

RA

ND

E

CA

NTÓ

N PEQ

UEÑ

O

Praza de Mina

ALAMEDA

MANTELERÍA

ARÉVALO

CALLEJÓN

SAN BLAS

ALCALDE CANUTO VEREA

BAILÉN

RE

GO

DE

AG

UA

FRA

NJA

FLO

RID

A

SA

N A

GU

STÍ

N

SAN

AG

UST

ÍN

ÁNGEL

OLIVA

TROMPETA

FAMA

Praza de María Pita

ES

TR

EC

HA

S

AN

AN

DR

ÉS

MA

RQ

S D

E

PO

NT

EJO

S

Praza Santa

Catalina

HUERTAS

HER

RER

ÍAS

Praza de Santa

Bárbara

MAESTR

ANZA

XENERAL ALESON

PUER

TA D

E AI

RES

NU

ESTRA

SRA

.

DEL R

OSA

RIO

CAPITÁN TRONCOSO

Praza de Santo

DomingoCORTADURÍASINAGOGA

AM

AR

GU

RA

DA

MA

SPraza del Xeneral

AzcárragaPraza de

la Constitución

PR

ÍNC

IPE

PARROTE

SAN

TIAG

O

Praza de los Ángeles

TABERNAS

TRAVESÍA TABERNAS

Praza do Xeneral Cánovas

SAN

TO D

OM

ING

O

ZAPATERÍA

SAN

TA M

ARÍA

TRAVESÍA

DE

HERRERÍAS

TRAVESÍA PRÍNCIPE

XARDÍN DE SAN CARLOS

PASEO GENERAL SIR JOHN MOORE

SAN FRANCISCO

TINAJAS

SAN CARLOS

ISA

BE

LLÓ

PE

Z

GA

ND

ALLA

ALFONSO IX

VEEDURÍA

AGAR

LUCHANA

AVEN

IDA

DE

FISTE

RR

A

Praza Ourense

FON

NN

OTA

RIA

DO

FER

NA

ND

O

GO

NZ

ÁLE

Z

MEN

ÉND

EZ P

ELAY

O

MA

RC

IAL

DE

AD

ALI

D

PINTOS JOAQUÍN

VAAMONDE

LONXA DA CORUÑA

CIDADE XARDÍN

LA ROSALEDA

XARDÍNS DE MÉNDEZ NÚÑEZ

Praza de España

POLÍGONO DE ADORMIDERAS

PARQUE DA TORRE

Praza de Pontevedra

Recunchos do Picasso Coruñés

Recunchos desaparecidos

Casa Picasso

Oficinas de Turismo

Monumentos e museos

Farmacias

Taxis

Policía

Aduana

Cambio de divisas, Banco

Correos

Alugamento de bicicletas

Carril bici

Casa Picasso/

01

Instituto Eusebio da Guarda/

02

Praza de Pontevedra/

03

Praias de Riazor e Orzán/

04

Capela de Santo André/

05

Rúa Real/

06

Xardín de San Carlos/

07

Escola de Artes e Superior de Deseño Pablo Picasso/

08

Cemiterio de San Amaro/

09

Torre de Hércules/

10

Parque de Santa Margarida/

11

Rúa Juan Flórez/

12

Praza de touros/

San Roque de Fóra/

14

Casa de Pérez Costales/

Xardíns de Méndez Núñez/

16

Farmacia da Rúa Real/

17

Teatro Rosalía de Castro/

18

Circo Coruñés/

A Mariña/

20

10

11

02/03

“Torso”, de Picasso. A Coruña, 1892-93

“Vello barbudo con bastón”, de Picasso. A Coruña, 1895.

“A rapaza dos pés descalzos”, de Picasso. A Coruña, 1895.

04

05

0708

09

14

01

06/17

“O home da gorra”, de Picasso. A Coruña, 1895.

Todas as reproducións das obras e fotografías de Picasso foron autorizadas por © Sucesión de Pablo Picasso, VEGAP, Madrid, 2013.

13

15

19

15

13

12

16

Portada/ “Autorretrato aos 12 ou 13 anos vestido de mariñeiro”, de Picasso. A Coruña, 1894.

SAN ROQUE DE FÓRA

Punta de Adormideras

18

20

19