PFAC-FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13Word

14
1 PFAC: “FORMACIÓN BÁSICA ABALAR” CEIP PLURILINGÜE IRMÁNS VILLAR OURENSE - 2012-13 CORDINADORA: LUZ MARÍA VÁZQUEZ CARIDE

description

 

Transcript of PFAC-FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13Word

Page 1: PFAC-FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13Word

1

PFAC: “FORMACIÓN

BÁSICA ABALAR”

CEIP PLURILINGÜE IRMÁNS VILLAR OURENSE - 2012-13 CORDINADORA: LUZ MARÍA VÁZQUEZ CARIDE

Page 2: PFAC-FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13Word

2

I.- TITULO DO PROXECTO: “FORMACIÓN BÁSICA ABALAR” II.- XUSTIFICACIÓN: ■ Punto de partida: O claustro do CEIP Plurilingüe Irmáns Villar acordou, a finais do curso 2010-2011, solicitar a incorporación do noso centro á rede Abalar. Daquela asumimos uns compromisos de formación que agora tentaremos concretar no presente pfac. Dende hai varios anos, neste centro, lévase feito unha aposta importante pola incorporación progresiva das ferramentas TICs ao proceso de ensino aprendizaxe. Obsérvanse grandes cambios na dinámica do Centro e en cada curso fóronse acadando obxectivos, de tal xeito que, no presente curso, xa formamos parte da rede de centros ABALAR. Na actualidade atopámonos nun escenario educativo no que as áreas e materias non son o único modo de contribuír ao desenvolvemento e adquisición das competencias básicas. A sociedade da información require o uso de gran variedade de ferramentas e intrumentos, polo que, utilizar as TICs supón familiarizarse con ferramentas da chamada web 2.0, dominalas, comprender o seu carácter instrumental e entender como se cambia o xeito de relacionarnos co mundo ao tempo que cambia a nosa forma de contemplalo a través delas. Estas tecnoloxías adquiriron unha gran presenza na sociedade, de maneira que o seu emprego xa resulta imprescindible para un adecuado desenvolvemento nela. A escola debe saber integrar estes novos medios na práctica escolar e preparar ao alumnado para que faga un uso correcto deles.

Page 3: PFAC-FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13Word

3

■ Detección das necesidades: Unha vez que fomos seleccionados para a incorporacion á rede de centros Abalar, compre realizar a tarefa de formación do profesorado para que a implatación do proxecto Abalar resulte efectiva e beneficiosa para toda a comunidade educativa do centro, tendo como consecuencia última a mellora da calidade do ensino. O obxectivo principal será “Acadar a formación básica para o desenrolo

do Proxecto Abalar”

O punto de partida será dende un nivel básico para acadar, todos xuntos, maiores cotas de dominio destas ferramentas, coa conseguinte repercusión nas tarefas diarias do proceso de ensinanza aprendizaxe. Por outra banda, pretendemos dar continuidade ás diferentes accións formativas levadas a cabo, ao longo dos últimos cursos, en relación á integración das TICs na práctica docente. ■ Autoavaliación da práctica educativa: A predisposición do profesorado de cara a potenciar o uso das TIC é moi boa e xa se materializa en aspectos concretos, pero seguiremos dando un pulo para que esta ferramenta se use de xeito habitual e se constaten as súas vantaxes na tarefa educativa. No momento actual, moitos profesores xa usan a ferramenta das TICs nas súas tarefas de ensinanza. Pero a nosa intención é que o faga a maior parte do profesorado e que se diversifiquen as accións. Compre, polo tanto. avanzar no seu coñecemento e dominio para chegar a un nivel óptimo de desenrolo, acadando así a seguridade que pode faltar e unha correcta valoración do enriquecemento que aportan á práctica educativa. Merecen especial atención as aulas de 5º curso, nas que comezará o traballo Abalar propiamente dito, xa que será nestas aula onde contaremos coa infraestructura do proxecto Abalar: portátil profesor, EDI, microportátiles e armario de carga. No momento actual non contamos cos microportátiles dos alumnos.

Page 4: PFAC-FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13Word

4

A páxina Web do centro xa funciona dende hai varios anos, de maneira que, seguiremos realizando labores de mantemento e actualización, tentando acadar unha maior dinamización e incorporando máis aspectos e recursos. ■ Importancia do proxecto para o Centro. Como xa citamos anteriormente, o centro leva feita unha aposta verdadeiramente importante por incorporar as TICs ao proceso de ensino aprendizaxe. Adicáronse esforzos económicos e persoais e, deste xeito, foise aumentando a nosa competencia dixital e incorporando estas ferramentas ao traballo de aula. No momento actual formamos parte da rede de centros Abalar e somos conscientes do compromiso e do cambio de dinámica que eso implica. O desenrolo e posta en práctica do proxecto Abalar non estará exento de dificultades pero atopámonos dispostos a superalas. III.- OBXECTIVOS: Tendo sempre como referencia o obxetivo xeral: “Acadar a formación

básica para o desenrolo do Proxecto Abalar”

Podemos concretar os obxectivos en: - Dar resposta ás necesidades de formación do profesorado para a incorporación do noso centro á rede Abalar. - Familiarizarnos co equipamento das aulas Abalar. - Coñecer as características do: EDI, proxector, ultraportátiles dos alumnos, portátil do profesor e armario de carga. - Reflexionar sobre o uso adecuado do equipamento Abalar . - Establecer potocolos e principios de organización e uso didáctico dos recursos TIC das aulas Abalar. - Fomentar o emprego dos recursos das aulas Abalar nas diferentes materias. - Mellorar as competencias necesarias para usar as ferramentas dixitais na práctica docente. - Aprender a buscar na rede, descargar, catalogar e acceder con facilidade a recursos didácticos para as diferentes áreas, materias ou temáticas. - Potenciar entre o profesorado o intercambio, a través de Internet, de

Page 5: PFAC-FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13Word

5

experiencias educativas, materiais didácticos e curriculares, etc. - Dotarnos das ferramentas necesarias que posibiliten o traballo colaborativo e a creación de comunidades de aprendizaxe. - Potenciar o uso das aplicacións incluídas no proxecto das webs dinámicas: drupal (portal web do centro), coppermine (galerías de imaxes) e moodle (xestor de contidos e ferramenta de teleformación). - Coñecer os distintos tipos de licenzas para poder empregar material que atopamos na rede. - Elaborar material didáctico utilizando as ferramentas educativas da web 2.0. - Empregar o espazo Abalar. - Potenciar o uso de software libre e gratuíto. IV.- CONTIDOS A proposta de contidos a desenrolar é a seguinte: - Presentación do proxecto Abalar. - Coñecemento da aulas Abalar: equipamento e funcionamento: - Coñecemento básico de GNU/Linux: interface, gestión de arquivos e cartafois. - O servidor do centro. - Protocolo de uso das aulas Abalar. - Páxina web do centro. - As contas de correo electrónico. - O Encerado Dixital Interactivo. - Creación de presentacións multimedia con IMPRESS. - REDEIRAS: rede social do profesorado. - Recursos educativos na rede e búsqueda avanzada. - Tipos de licenzas: crative commons. - Tratamento básico da imaxe: fotografía, video e audio. - Páxinas e enlaces interesantes. - Creación de blogs. - Titoriais. - O espazo Abalar.

Page 6: PFAC-FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13Word

6

V.- ACTIVIDADES: Entre outras, as actividades que levaremos a cabo serán: - Ter coñecemento do proxecto Abalar. - Estudo das características do material das aulas Abalar. - Manipulación e prácticas cos recursos que nos ofrece a aula. - Elaboración das normas e protocolos de uso das aulas Abalar. - Creación de textos para o seu uso nas diferentes materias, acadando unha maior motivación do alumnado. - Creación de presentacións con impress sobre temáticas específicas e variadas. - Facer aportacións á paxina web do centro contribuindo ao seu enriquecemento: datos, traballos e presentacións. - Elaboración de documentos empregando o tratamento das imaxes. - Navegación pola rede. - Busca, selección e recopilación de materiais e actividades da rede que resulten útiles para o traballo de aula. - Ter en conta os diferentes tipos de licenzas dos materiais da rede. - Elaboración de unidades didácticas propias. - Facer uso do espazo web. - Visitar e participar activamente en REDEIRAS VI.- METODOLOXÍA: Pretendemos que a metodoloxía sexa activa e colaborativa. A liña metodolóxica potenciará o traballo en equipo ademais de permitir actualizar coñecementos científicos e didácticos para a súa aplicación na aula. Para a práctica e o desenvolvemento das actividades programadas decidimos facer diferentes agrupamentos: 1.-Traballo en gran grupo (todos xuntos): Esta formación fomenta habilidades como a escoita activa do compañeiro/a, respeto pola opinión do outro… A aprendizaxe será polo tanto responsabilidade de todos, experimentando, investigando e sacando conclusións en común. 2.- Traballo en pequeno grupo : Por especialidade ou centros de interés.

Page 7: PFAC-FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13Word

7

3.- Traballo individual: Será fundamental para facer aportacións aos outros dous tipos de formación. Haberá sesións de gran grupo para a docencia, marcar directrices, tomar decisións e postas en común de cara a unha adecuada coordinación. Para a elaboración dos traballos e de material variado, dividiremos o grupo en equipos máis pequenos en función das necesidades dos mestres implicados no pfac. Primaremos sempre as actividades que sexan máis operativas, e de aplicación inmediata na aula. Esto servirá de motivación e reforzo ao tempo que xerará novas expectativas, tanto para os mestres e mestras como para os alumnos e alumnas. As diferentes sesións de traballo estructuraranse do seguinte xeito: - SESIÓNS DE DOCENCIA: Nas que a coordinadora explicará o tema a traballar, apoiándose en recursos variados, como titoriais, videos, enlaces a páxinas que teñan relación co tema, presentacións, etc… Serán sesións de gran grupo. Facilitarase documentación, enlaces relativos á temática e, dende espazo TIC-ABALAR da páxina web co centro, propiciarase o acceso a toda a información. - SESIÓNS DE PRÁCTICA: Enténdese que se adicará un tempo á manipulación, experimentación, ensaio/erro, búsqueda, plantexamento de dúbidas particulares e elaboración de traballos por centros de interés ou materias. Este material servirá para a aplicación directa na aula e, posteriormente, para presentar coa memoria final. Poder ser traballo individual ou en grupos. - SESIÓNS DE DOCENCIA E PRÁCTICA: Serán a maioría das sesións e combinaránse as dúas modalidades anteriores.

Page 8: PFAC-FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13Word

8

VII.- ORGANIZACIÓN DE RECURSOS HUMANOS E MATERIAIS: Está previsto que participemos no proxecto de formación 12 mestres/as dos 33 cos que conta o centro. Realizaremos traballo en gran grupo, en grupos máis pequenos e individual. O centro conta coa infraestructura suficiente para poder desenvolver o proxecto de formación. Así podemos citar:

- Aula de Informática con canón de proxección e 17 postos de ordenador. - Dúas aulas con ordenadores portátiles Abalar, EDI e proxector. - Dúas aulas Abalar que teñen pendente a incorporación dos

ultraportátiles dos alumnos. - Varios ordenadores portátiles. - Dúas aulas con encerado dixital. - Ordenadores e canóns de proxección na maioría das aulas de Primaria. - Tres ordenadores na sala de profesores. - Ordenadores nas aulas de Infantil. - Escáner e impresoras. - Tres cámaras de fotos. - Dúas cámaras de video.

VIII.- CRITERIOS E PROCESOS PARA A AVALIACIÓN: Para realizar a avaliación do proxecto de formación en centro teremos en conta os seguintes criterios:

- Análise e valoración das produccións do grupo e da docencia recibida. - Aplicación e repersusión na práctica educativa. - Adecuación da metodoloxía aplicada. - Grao de satisfacción co traballo realizado. - Organización dos recursos humanos e materiais.. - Reflexións realizadas, logros e incidencia no centro. - Propostas de mellora e/ou de continuidade do traballo.

Empregaremos a observación e reflexión conxunta, así como determinados cuestionarios que teremos que cubrir a medida que avanza o curso.

Page 9: PFAC-FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13Word

9

A medida que se desenrole o pfac iremos introducindo os reaxustes ou melloras que se consideren necesarias.

IX.- TEMPORALIZACIÓN: Para desenrolar o presente proxecto de formación en centro SOLICITAMOS 50 h. que distribuiremos como se explica a continuación e cunha duración de 3 h. por sesión, agás a última que será de 2 h. As reunións celebraránse os martes de 18:00 h. a 21:00 h. A última sesión do pfac, que se celebrará o día 7 de maio, terá un duración de dúas h. para dar cumplimento as 50 h. establecidas legalmente. Reservaremos un día do mes de maio, xa fóra das 50 h., para imprevistos que poidan xurdir. Debemos ter en conta que no momento actual non contamos cos ultraportátiles dos alumnos. Esperamos que para a data presvista, de inicio do presente pfac, ese material xa se atope no centro. No caso contrario, a distribución das sesións de traballo terán que sufrir unha reorganización en relación ás datas sinaladas. Teremos que empezar levando a cabo sesións que se podan impartir sen que sexa necesario o citado material.

Page 10: PFAC-FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13Word

10

CALENDARIO DE REUNIÓNS – XOVES DE 17:00 A 19:30 MES

LUNS

MARTES

MERC.

XOVES

VENRES

Novembro

Día 6 - 3 h. Día 13 - 3 h. Día 20 - 3 h. Día 27 - 3 h.

Decembro

Día 4 - 3 h.

Xaneiro

Día 15 - 3 h. Día 22 - 3 h. Día 29 - 3 h.

Febreiro

Día 5 - 3 h. Día 19 - 3 h. Día 26 - 3 h.

Marzo

Día 5 - 3 h.

Abril

Día 9 - 3 h. Día 16 - 3 h. Día 23 - 3 h. Día 30 - 3 h.

Maio

Día 7 - 2 h. ¿Día 14? Día 28-Memoria

Page 11: PFAC-FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13Word

11

PLANTEXAMENTO DAS DIFERENTES SESIÓNS DE TRABALLO SESIÓN- DATA

TEMÁTICA

FORMATO

1ª Sesión: 06-11-12

- Presentación do PFAC. - Recordatorio dos compromisos adquiridos. - Presentación do Proxecto Abalar. - Titoriais, videos explicativos e presentacións.

Docencia.

2ª Sesión: 13-11-12

- Contas de correo electrónico. - Páxina web do centro. Blogs. - Prácticas variadas.

Docencia. Práctica.

3ª Sesión: 20-11-12

- Equipamento das Aulas Abalar. - Conectividade e solución de incidencias. - Titoriais, videos e presentacións.

Docencia.

4ª Sesión: 27-11-12

- Equipamento das Aulas Abalar. - Manipulación e práctica cos elementos da aula. - Titoriais, videos e presentacións.

Docencia. Práctica.

5ª Sesión: 04-12-12

- Protocolo de uso dos recursos da aula Abalar. - Revisión doutras propostas. Reflexión. - Elaboración dun documento propio.

Docencia. Práctica.

Page 12: PFAC-FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13Word

12

SESIÓN- DATA

TEMÁTICA

FORMATO

6ª Sesión: 15-01-13

- GNU/Linux: interface, xestión de arquivos e cartafois. Sist. operativo. - O servidor do centro. - Titoriais, videos e presentacións.

Docencia. Práctica.

7ª Sesión: 22-01-13

- Búsqueda na rede. - Descarga e catalogación de recursos. - Titoriais, videos, presentacións e enderezos. - Prácticas variadas: temas ou materias.

Docencia. Práctica.

8ª Sesión: 29-01-13

- Tratamento da imaxe e do son. - Titoriais, videos e presentacións. - Prácticas variadas.

Docencia. Práctica

9ª Sesión: 05-02-13

- O espazo Abalar. - Experiencias de boas prácticas na web 2.0. - Titoriais, videos, presentacións e enderezos. - Prácticas variadas: temas ou materias.

Docencia. Práctica.

10ªSesión:19-02-13

- Tipos de licenzas. Creative Commons. - Titoriais, videos, presentacións e enderezos. - Prácticas variadas: temas ou materias.

Docencia. Práctica.

Page 13: PFAC-FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13Word

13

SESIÓN- DATA

TEMÁTICA

FORMATO

11ªSesión:26-02-13

- Encerado Dixital Interactivo. - Titoriais, videos, presentacións e enderezos. - Prácticas variadas.

Docencia. Práctica.

12ªSesión:05-03-13

- Encerado Dixital Interactivo. - Posibilidades didácticas. Exemplos de boas prácticas. - Prácticas variadas: por temas ou materias.

Docencia. Práctica.

13ªSesión:09-04-13

- Presentacións: IMPRESS. - Titoriais, videos e presentacións. - Prácticas variadas.

Docencia. Práctica

14ªSesión:16-04-13

- Elaboración de presentacións. - Experiencia TIC: “Xogamos coas adiviñas”. - Por temas variados ou materias.

Docencia. Práctica.

15ªSesión:23-04-13

- REDEIRAS: rede social do profesorado. - Titoriais, videos e presentacións. - Prácticas variadas.

Docencia. Práctica.

16ªSesión:30-04-13

- Elaboración definitiva de material e traballo para entregar coa memoria.

Práctica.

17ªSesión:07-05-13

- Avaliación - Memoria.

Práctica.

Page 14: PFAC-FORMACIÓN BÁSICA ABALAR-12-13Word

14

X.- NECESIDADES ORZAMENTARIAS:

O desenrolo do presente pfac terá unha duración de 50 horas, das que 20 corresponderán a docencia.

A asignación presupuestaria será a que legalmente lle corresponda a este tipo de formación.

XI.- OUTROS ASPECTOS SALIENTABLES:

Como coordinadora do presente proxecto de formación en centro, certifico que non se recibíu, nin está solicitada, ninguha axuda económica por parte doutros organismos.

Ourense, 15 de outubro de 2012

A COORDINADORA

Asdo. Luz Mª Vázquez Caride.