Periodo de adaptacion

5

Click here to load reader

description

Triptico informativo para las familias de alumnos de 3 años

Transcript of Periodo de adaptacion

Page 1: Periodo de adaptacion

EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL

CEIP “PINTOR LAXEIRO” Teléfono: 986 238 043 R/ García Lorca nº 18 Fax:_986203721

36210 Vigo E-mail: [email protected]

Curso 2010-2011

Page 2: Periodo de adaptacion

SUXERENCIAS PARA A PREPARACIÓN DO ALUMNADO DE INFANTIL.

Durante o mes de Xuño é convinte que traian ao/á

neno/a á escola para que teña o primeiro contacto con ela.

Que durante o verán coñeza algún neno/a que acuda a este centro o próximo curso.

Que se lle prepare na casa cunha boa mentalización no senso de non “idealizar” a escola como lugar onde todo vai ser “marabilloso” nin que se lle ameace co colexio facendolles pensar que “cando vaia ao colexio” todo cambiará e non terá mais remedio que “cumplir ordes”

Comentar cos nenos de xeito positivo, o agradable que é todo o que viron durante a visita ó centro: os xoguetes, o patio, os compañeiros…

Non esixirlles excesiva responsabilidade e chamarlles homiños e mulleriñas fortes e valentes, pero si facer que adquiran na casa uns hábitos de autonomía: ir ao servicio, beber sós/soas, vestirse-desvestirse, lavar as mans, etc.porque senon ten que depender excesivamente da mestra e no grupo os nenos mais tímidos non solicitan estas axudas.

Non aconsellarlles a que se manteñan sempre á defensiva cando se vexan agredidos. Ë decir, eliminar frases como: “se che dan, dá”, e sustituilas por: “quere a todos/as”, “todos/as van ser os/as teus amigos/as”

Uns dias antes de comezar a escola habituar ao alumnado ao horario que vai a ter.

Deixar preparado na víspera todo o que vai traer ao día seguinte para evitar o nerviosismo de última hora, que pode producir angustia na/no nena/o.

COMO AXUDAR AO TEU FILLO OU FILLA A DESENVOLVER A FALA.

As familias teñen o papel principal no

desenvolvemento da linguaxe dos nenos/as. Por eso, unha pequena colaboración da vosa parte pode axudalos a desenvolverse mellor. Aquí tedes unhas sugerencias:

Non impedir que o/a neno/a fale só, non

mandarlles calar, senon mais ben favorecerlles estas autoconversas, pois son importantes para o seu desenvolvemento.

Hai que animar ao/a neno/a a que xogue e fale con outros para ir aprendendo a linguaxe social e desenvolver o pensamento interior.

Falarlle con claridade, a modo, mirando á cara e en ton normal.

Falarlle correctamente evitando o uso de diminutivos e palabras infantís.

Non correxir os seus erros, senon repetirllo ben e con frecuencia.

Xogade coa linguaxe: conversas, contos, adiviñas, cantigas e xogos que axuden a mellorar o desenvolvemento lingüístico.

Facerlle preguntas e deixar que se exprese Felicitarlle polos progresos e esforzos.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Page 3: Periodo de adaptacion

¿QUÉ IMOS tRaballar? AUTOCOñECEMENTO E AUTONOMÍA

• O corpo e a propia imaxe • Xogo e movemento • A actividade cotiá • Coidado persoal e saúde

COÑECEMENTO DO CONTORNO E INTERACCIÓN CO MUNDO

• Medio físico: elementos, relacións e medida • Achegamento á natureza • Cultura e vida en sociedade

LINGUAXES: COMUNICACIÓN E REPRESENTACIÓN

• Linguaxe verbal • Linguaxe artística: plástica, musical e

corporal. • Linguaxe audiovisual e novas tecnoloxías

Page 4: Periodo de adaptacion

ENTRANDO NA ESCOLA CON BO PÉ. CREANDO HÁBITOS DESDE O PRINCIPIO.

Na escola os nenos e as nenas tamén aprenden a ser

autónomos, a desenvolverse por si mesmos. Sen embargo, a autonomía no control de esfínteres xa é necesaria desde o primeiro día. Cando empezan a escola deberían ser capaces de:

• Non facerse pis ou caca por eles, e avisar cando teñen ganas de ir ao retrete.

• Subir e baixar o pantalón e a roupa interior. • Saber usar o water, facer as súas

necesidades e limparse.

Normalmente aos tres anos case todos os nenos e nenas teñen estas habilidades. Pero algúns tardan mais en acadar este control, polo que incluimos aquí uns consellos que vos poden axudar:

• Fisioloxicamente, un neno/a está preparado/a para controlar o pis ao arredor dos dous anos. É práctico empezar no verán a ter esas novas sensacións de sentirse seco. É importante incentivarlle esta nova liberdade.

• A mayor parte dos nenos e nenas superan esta etapa con facilidade, entre unha semana e un mes. Pero estas apredizaxes as veces costan e temos que ser tolerantes.

• Hai que ter en conta un tema importante: cando xa controla o pis de día, debe quitarselle o pañal tamen de noite; sen deixar moito tempo entre as dúas aprendizaxes.

Hai dúas regras importantes para crear un bó hábito:

1. Se lle quitaches o pañal, non llo volvas a poñer aínda que tarde en adaptarse algo mais do que esperabas.

2. Tes que estar pendiente do número de pises que fai durante o día, para descubrir se o teu fillo/a é :

-dos que aguantan o pis durante o día e ao chegar a noite se lles escapa

ou -dos que pasan o día no baño e son incapaces de reter dúas gotas.

Si o teu fillo/a é destos segundos precisa dun adestramento para que sexa capaz de reter polo menos dúas horas. Para iso, hai exercicios como os seguintes:

• Aprender a cortar o fluxo cando xa está miccionando (é necesario que llo ensine a facer un adulto)

• Aprender a aguantarse as ganas. Distraéndoos con xogos ou léndolles contos para que os tempos de espera se prolonguen cada día un pouco máis.

Page 5: Periodo de adaptacion

CARTA DE UN FILLO A TÓDOLOS PAIS DO MUNDO

1. Non me levantes a voz. Se o fas aprenderei a gritar

igual ca ti, cando veñan os problemas. 2. Necesito que me respetes como a un colega

teu. Ao igual que o fas cos teus amigos gustaríame ser un deles para ti.

3. Se fago algo mal, non me preguntes por qué o fixen. As veces, nin eu mesmo o sei.

4. Non mintas diante de mín. Se segues así, tomarei un mal examplo e sentireime mal por o que fas.

5. Se cometes un erro, non te escondas. Iso axudarame a mín a ter unha mellor opinión sobre ti e a non ocultar os meus erros.

6. Son unha persoa única, así que non debes compararme con ninguen, nin sequera cos meus irmáns. Non son nin peor nin mellor que os meus semellantes.

7. Necesito equivocarme e tomar as miñas propias decisións. Se me mimas demasiado, non poderei valerme por mín mesmo e aprender.

8. Non estou no exército, así que non me des sempre ordes. Podes conseguir máis cousas si mo pides, e o faría máis rápido e máis a gusto.

9. Non cambies de opinión tan a miúdo sobre o que debo facer. Decide e mantén esa posición.

10. Ë necesario que cumpras as promesas que fas, sexan boas ou malas. Se me prometes un premio dámo, pero tamen se é un castigo.

11. Necesito que me comprendas e me axudes. Cando che conte un problema non me digas: “iso non ten importancia…” porque para mín sí a ten.

12. Non me digas que faga algo que ti non fas. Eu aprenderei e farei sempre o que ti fas, aínda que non mo digas. Pero nunca farei o que ti digas e non fagas.

13. Se me das todo o que che pido, convertirasme nun caprichoso. Moitas veces pido para ver ata canto podo recibir.

14. Por favor, se me queres, dimo, non te cales.