Perfil número 13 (2012)

28

description

Revista escolar do IES de Teis

Transcript of Perfil número 13 (2012)

Page 1: Perfil número 13 (2012)
Page 2: Perfil número 13 (2012)

PERFIL NÚMERO 13 Depósito legal: PO-139-96

Coordina Pilar Alonso (EDL)

Portada Departamento de Ed. Plástica

Editorial

Francia ni IES de TEIS Departamento de Francés

O IES de TEIS en Francia Departamento de Francés

Memorias da viaxe a Bath e Londres Departamento Imaxe Persoal

II Pasarela de Xoves creadores Departamento Imaxe Persoal

Trofeo Colorart Departamento Imaxe Persoal

Fran Alonso 4º ESO

O meu can poeta 1ºA

Vilamor Rosana Villagrasa

Homenaxes Departamento Lingua Galega

Concurso cartas de amor Biblioteca

Cartas 2ºA

Contos 1ºA

Apostando pola aprendizaxe na contorna Departamento de Bioloxía

Entrevista Departamento de Inglés

Pasatempo Departamento de Ed. Plástica

Composición Departamento de Ed. Plástica

Contraportada Equipo. Dinamización Lingua

Ano escolar 2011-20012

Page 3: Perfil número 13 (2012)

Ola! Son Perfil! Chego as túas mans porque somos moitos os que queremos seguir traballando para poder gozar desas cousas pequenas que nos fan grandes. Unha revista escolar pode parecerlles a algúns cousa pequena pero, que grandes nos sentimos con ela nas nosas mans. Estou orgullosa de chegar ao número 13, mesmo se o fago descolorida e un pouco fraca (xa sabes, os recortes), atoparasme máis completa e chea de cores na web iesdeteis. Non quería falar de recortes pero xa que o fixen e que parece que moitos asumen a necesidade de recortar, pois que lle metan as tesoiras aos que gañan nunha hora o que outros nunha vida ou en tres ou en cen, pero na educación non hai nada que recortar. Se queremos avanzar necesitamos unha boa educación, invistamos pois en educación, unha educación pública para todos. Que tomedes moitas forzas neste verán que agora comeza, conto con todos vós para encher as páxinas do meu próximo número.

Page 4: Perfil número 13 (2012)

viaxes

4

A presenza de alumnado e profesorado de outros países e en concreto do mundo francófono no IES de Teis, non é nada novo. Lévanse facendo proxectos e intercambios europeos e internacionais dende hai moitos anos e o feito de ter seccións bilingües no centro facilita a súa realización. Neste curso académico 2011-12 púidose levar adiante un intercambio entre 9 alumnos/as de 4º de ESO da Sección bilingüe de Matemáticas en francés e 14 do Lycée International de Grenoble. Do 6 ao 12 de novembro 2011 recibimos a visita do alumnado francés que viña acompañado de dúas profesoras, Daniela Guiol profesora de matemáticas, e Pilar Rodriguez Verde de español. Asistiron ás clases no IES de Teis e participaron en numerosas visitas e actividades. Conseguiuse un grado de implicación moi alto tanto do alumnado e as familias como do profesorado, o que redundou no éxito da experiencia.

O 21 de marzo 2012 embarcamos no aeroporto de Porto en dirección Lyon dende onde nos trasladamos a Grenoble en autobús. Os nervios eran moitos: algúns era a primeira vez que collían o avión, todos sentían incerteza de cómo nos ían acoller, medo a non ser capaces de desenvolverse nunha lingua estranxeira… Foi o principio dunha grande e proveitosa aventura que rematou cunha viaxe a París o 31 de marzo.

Velaiquí os comentarios realizados por eles:

Page 5: Perfil número 13 (2012)

viaxes

5

“Este curso o IES de Teis organizou un intercambio entre os alumnos de 4º da Eso e uns franceses de terceiro curso coa finalidade de que ambos aprenderamos os dous idiomas e os costumes. No mes de novembro os alumnos franceses viñeron visitarnos durante unha semana, ao principio tiñamos moita vergoña pero ao final collemos confianza. Fixemos moitas actividades con eles, ensinámoslles a nosa cidade e fomos visitar Santiago de Compostela. O rematar esa semana os franceses tiveron que voltar. En marzo tocounos ir a súa cidade, Grenoble, esta é unha cidade moi chá situada na zona dos Alpes. Ao chegar estabamos todos nerviosos e non queriamos baixar do bus mais ao final pasámolo xenial. Os nosos amigos ensináronnos a cidade, leváronnos á neve e a ver unha gruta moi bonita e o último día fomos a un restaurante africano. Ao rematar a nosa estancia alí pasamos tres días en París. Tres días parecíanos moi pouco tempo pero a base de andar moito visitamos diversos museos e monumentos, e o mellor sen dúbida para nós, foi ver a Torre Eiffel iluminada pola noite. Foi un día memorable! Rematada a estancia en Francia, non queriamos volver a Vigo pero non quedaba outra por desgraza. Verdadeiramente foi unha experiencia moi boa e gustaríanos repetila, recomendámola pois pasámolo tremendamente ben.” A esta viaxe fomos os alumnos de 4º ESO da sección bilingüe de Matemáticas en francés: Xian Dacosta Romero, Sonia Daponte Freire, Adrián Gil Sierra,

Andrés González Dans, Ana Piñeiro Pérez, Paulo

Sevilla Lago, Sheila Tombo Pereira, Pablo Vilas

Fernández e as profesoras Concepción Pérez Carballo

e Ana Rosa González Iglesias.

Pareceume moi boa experiencia porque aprendes moitas cousas novas e melloras moito no francés. É una experiencia única e había que aproveitala. Eu non fun porque non quixen ir. Fixen mal non ir. Todos os meus compañeiros me dixeron que fun parva por non ir, que o pasaron moi ben. Agora quizais iría. Alba Reboreda Covelo 4ºB

Page 6: Perfil número 13 (2012)

viaxes

6

Concurso fotos

Concha Pérez Carballo

Sonia Daponte Freire Freire Freire Freire

Sonia Daponte Sheila Tombo

1º premio: Sonia; Sheila

2º premio: Antía

Parabéns a Adrián, Andrés, Antía, Sonia, Sheila, Xián, (4ºESO), Joshua

López Sotelino (2º BAC) e Miriam Barros Garbín (CM Estética) polos bos

resultados acadados no DELF Francés A2 ou B1

CAHIER DE VOYAGE

DELF

Page 7: Perfil número 13 (2012)

viaxes

7

Memorias da viaxe a

Bath e Londres As nosas profesoras da sección bilingüe de Estética Hidrotermal, Sonsoles e Lourdes, organizaron una visita didáctica a Bath, o balneario máis famoso de Europa, para completar a nosa formación en idiomas e termalismo. Aproveitando a viaxe, tamén estivemos en Londres. Temos que salientar o día que visitamos a vila de Bath. Este día resultounos moi interesante e educativo. Primeiro visitamos as Termas Romanas. Unha vez alí, déronnos un receptor de audio, o cal era o encargado de guiarnos polas diferentes instalacións das Termas. Levounos varias horas percorrer todo o complexo das Termas, xa que son moi grandes e hai moitas cousas interesantes que ver, entre elas as fontes naturais que, aínda hoxe en día, emanan auga a moi elevada temperatura, as piscinas termais, o museo,…. Logo estivemos percorrendo as bonitas rúas empedradas da vila e fixemos unha parada para almorzar. Á primeira hora da tarde tivemos unha cita cunha traballadora do Hospital Termal. Ensinounos as instalacións e foinos explicando o que se facía en cada unha delas. Puidemos ver unha piscina onde os pacientes fan exercicios de rehabilitación. A explicación que nos deu a traballadora resultou moi interesante e motivadora. Rematamos a noso día en Bath visitando o Thermae Bath Spa. Aquí puidémonos relaxar e pasar un tempo de ocio. Tras unha breve explicación acerca do funcionamento do Spa, cambiámonos no vestiario e fomos directos ao circuíto termal. Primeiro metémonos na piscina cuberta, a cal dispoñía de “cuellos de cisne”, chorros e dunha

bañeira de burbullas colectiva ou tamén chamada “jacuzzi”. Logo pasamos ás saunas e aos baños de vapor e o que máis nos chamou a atención deles foi que as salas dispoñían de cores e olores (florais, de eucalipto,…); a sensación era moi agradable e relaxante, aínda que algúns olores resultábannos moi fortes. Para finalizar a nosa visita ao Thermae Bath Spa fomos á piscina descuberta, que está situada nunha gran terraza, no alto do edificio. Puidemos disfrutar das fabulosas vistas de Bath mentres estabamos inmersos na piscina quente e nas burbullas.

Page 8: Perfil número 13 (2012)

viaxes

8

En definitiva, foi un día canso pero moi agradable e aproveitámolo ao máximo. Pódese dicir que disfrutamos dabondo de todo o que tiña para ofrecernos a vila de Bath. O resto dos días aproveitamos o noso tempo en coñecer as rúas, os monumentos, edificios, prazas e parques de Londres. Tivemos a gran sorte de que o noso hotel estaba moi ben situado, bastante céntrico e cunha boca de metro moi cerca, o cal facilitounos a nosa estancia alí. Non nos podíamos ir da capital sen ver o Big Ben, The Buckingham Palace, Westminster Abbey, London Eye, Trafalgar Square,…, tamén disfrutamos dos verdes e coidados parques londinenses: Green Park, St. James Park e Hyde Park. Pola noite visitamos o famoso Covent Garden coas súas galerías e restaurantes e o barrio do Soho co seu animado ambiente. Por suposto tamén sacamos o máximo partido da rúa das tendas de moda por excelencia, Oxford Street, e de Picadilly Street onde se ubica a estatua Eros. O tempo aínda nos deu para contemplar varios museos importantes: British Museum, Kensington Museum e Natural History Museum e non podiamos esquecer o famoso Harrods e o Hard Rock Café. As impresións xerais da viaxe foron moi boas. Serviunos para coñecer unha cidade nova, para coñecermonos un pouquiño máis entre nós, xa que foron moitas horas xuntos e, sobre todo, para motivarnos e seguir aprendendo inglés. Sen dúbida, toda unha experiencia inolvidable. Sección Bilingüe de Estética Hidrotermal. 1º Ciclo Superior de Estética.

Page 9: Perfil número 13 (2012)

experiencias

9

No mes de xaneiro nas instalacións de Tex-Vigo tivo lugar a II pasarela de xoves creadores organizada pola Escola de Diseño e moda GOYMAR xunto cos IES de Bouzas e de Teis. Así o viviron Aurora Álvarez Rodríguez e.Lucía Alonso, alumnas do CS de Asesoría de Imaxe Persoal

A miña experiencia en Goymar foi positiva xa que adquirín coñecementos fundamentais para un futuro. Foi moi importante a preparación deste desfile, xa que colaboramos entre nós e aprendemos a traballar en grupo. Durante o desfile todo se levou a cabo con profesionalidade e con grande satisfación xa que eramos persoas inexpertas neste tema. O despois foi gratificante porque se viu que cunha boa cooperación, colaboración e sobre de todo unha boa comunicación podense acadar grandes resultados. Quero dar as grazas ao instituo de Teis por nos dar a oportunidade de aprender e poder participar neste grande evento e a Goymar por confiar en nós e darnos esta oportunidade. De todo corazón, grazas

Lucía AlonsoLucía AlonsoLucía AlonsoLucía Alonso

Page 10: Perfil número 13 (2012)

experiencias

10

Participar na escola de deseño Goymar, foi unha experiencia inesquecible.Desde os primeiros preparativos no instituto, nas clases de TEP: recibindo as modelos, elixindo peiteados, maquillaxes que lles puidesen favorecer a todas. En protocolo, fixemos planos da colocación de cada uno, nosos distintos obxectivos respecto ao público e que debíamos facer nas diferentes etapas de todo o desfile.Fomos pola escola antes do evento para poder situarnos debidamente e estudar as posicións de cada un. E por fin chegou o grande día, eu creo que gracias a un equipo marabilloso dirixido por profesores excepcionais, saíu un evento perfectamente organizado. Desde os peiteados, maquillaxes, posta en escena das modelos, colocación do persoal dependendo de que tipo de invitación tivesen. Recibimos o señor alcalde cunha acollida xenial,en todo momento do desfile mantemos a atención co público e el que chegou posteriormente y para acabar diriximos a todo el público, que non era pouco, cara un cóctel, o cal acabou con sorrisos, complicidade e o bo facer de todo s.

Aurora Álvarez Rodríguez, azafataAurora Álvarez Rodríguez, azafataAurora Álvarez Rodríguez, azafataAurora Álvarez Rodríguez, azafata

Page 11: Perfil número 13 (2012)

experiencias

11

Departamento de Imaxe Persoal

15 DE MAIO DE 2012 Este trofeo forma parte do proxecto APRENDER +, froito dun convenio entre a Consellería de Educación e a empresa L’Oréal. L’Oreal imparte tódolos anos un curso de formación no IES de TEIS cunha duración de catro días. Como final do proxecto celébrase o Trofeo ColorArt. Este ano realizouse o evento no IES Johan Carballeira de Bueu (Pontevedra). Participaron dez centros públicos de Formación Profesional da especialidade de Perruquería de toda Galicia, competiron neste trofeo con dúas alumnas cada un deles. Os traballos realizados polas competidoras foron: un corte con coloración e un traballo artístico de fantasía.

As participantes do IES de Teis de 2ºCMPD foron: CORTE E COR: LUCÍA DOMÍNGUEZ ALONSO RECOLLIDO DE FA�TASÍA: MARÍA MISA CABREIRA MAQUILLAXE:ALEXANDRA CASAL FERNÁNDEZ . OS CENTROS GAÑADORES FORON: 1º PREMIO IES PERDOURO DE BURELA. 2º PREMIO IES A PINGUELA DE MONFORTE.

3º PREMIO IES MURALLA DE LUGO. ¡¡�ORABOA!!

Page 12: Perfil número 13 (2012)

invitados

12

O mércores 14 de marzo no IES de Teis recibimos a visita do escritor Fran Alonso.

O alumnado de 1º de ESO, 4º de PDC e 2º de bacharelato tivemos a ocasión de asistir á entrevista que lle fixeron dúas alumnas de bacharelato e o grupo de 4º de PDC.

Fran Alonso centrouse principalmente en tres das súas obras: Ninguén, Cemiterio de elefantes e Cartas de amor, xa que estas foron as obras coas que traballamos na clase. Pero o escritor non se limitou só a isto senón que tamén nos contou a súa percepción do labor de escritor e incluso nos permitiu facerlle preguntas máis persoais.

Primeiro, todos os grupos que participabamos na actividade fomos ó salón de actos. Alí, as alumnas Lucía Magán e Estrela Rivas de 2º de Bacharelato, presentáronnos ó escritor e lembráronnos un pouco a súa traxectoria literaria.

Posteriormente, Fran recitounos algún dos seus poemas e, para rematar, os alumnos de 4º de PDC fixémoslle unha entrevista.

Aquí tedes un resumo de todo o que nos contou na súa visita.

Fran Alonso é un vigués que se adica profesionalmente ó mundo da

literatura, o xornalismo e a edición (traballa dende 1992 en Edicións Xerais de Galicia).

No mundo da literatura deuse a coñecer en 1991 ó gañar o premio Blanco Amor con Tráiler. A partir de aquí xa non abandonará nunca este mundo e compaxinará o labor de escritor co de editor.

Fran Alonso non é home de circunscribirse a un eido limitado do

campo literario, de aí que na súa bibliografía poidamos encontrar tanto novelas como libros de relatos, pasando pola poesía e pola literatura infantil.

Moitas veces o escritor atopa a inspiración ó seu redor, como lle ocorreu con Cemiterio de elefantes. Podemos dicir que este libro de relatos breves lle debe moito ó coñecemento do mundo da noite que Fran acadou nos anos que tivo que traballar como camareiro nun pub. Da súa observación do mundo da noite daqueles anos son debedoras estas historias de personaxes perdidos que deambulan pola noite e dos que podemos coñecer só unha parte moi pequena, pois as historias son breves, aínda que teñen un final aberto para que cada lector poida, en certo modo, imaxinar o seu propio final.

No caso de Cartas de amor podemos dicir que a inspiración nace dos moitos viaxes que Fran Alonso realizou. Neste libro preséntansenos varias cartas que, aínda que poida parecer o contrario polo título, non son cartas de amor ó uso. É dicir, en

Page 13: Perfil número 13 (2012)

invitados

13

todas elas hai amor, pero non son misivas dunha namorada a un namorado ou viceversa. Os lugares ós que nos trasladan as cartas son moi variados: Sáhara, países do leste, Latinoamérica, países subsaharianos… Lugares que o autor coñece, froito dunha das súas paixóns: viaxar.

Para rematar, o escritor tamén nos confesou que concibe o seu labor de escritor como un traballo máis e que a literatura non lle apaixona máis que

outras cousas como a música, as viaxes ou estar coa familia. Pero a pregunta máis indiscreta que nos contestou Fran foi a seguinte: “¿Cal foi a maior loucura que fixeches na túa vida?” ¿Sabedes que contestou? SER PAI, a maior loucura e a maior satisfacción deste gran escritor.

Olga Ajenjo, Yaiza Barros, Natalia Castro,

Marta Granada, David Landín, Aguirtzi Serrano e Jose Teijeira, alumnos de 4º PDC do IES de Teis

1ºA

O meu can poeta ten unha careta e cada vez que atopa unha cadela recítalle un poema. Uxía e María

O meu can poeta xoga coas palabras e cando se dá de conta ten una rima preparada pero cando vai apuntala xa a ten olvidada. Brian

O meu can poeta saltaba sen parar, ata que un día saltou e esvarou. O meu can poeta tiña unha noiva, ata que un día o deixou. Tan triste se puxo, que do pobo marchou. Lucía e Antía

O meu can poeta xoga coas palabras facendo versos e creando poemas. O meu can poeta é moi creativo! Vivi e Leti.

O meu can poeta sempre anda a ladrar e non se para a escoitar o son dos paxaros ao cantar. Jose

Page 14: Perfil número 13 (2012)

invitados

14

Vilamor un filme galego que recupera

a historia da que foi no seu momento unha das comunas máis coñecidas de Europa, a de Nogueira. Ignacio Vilar, o seu director, aposta, unha vez máis, por un cinema cen por cen galego. Outra vez o rural galego volve ás salas comerciais. O 11 de abril os que aparecen glamurosos sobre a alfombra vermella do Festival de Cannes estiveron no noso salón de actos para presentarnos a súa película e contarnos anécdotas da rodaxe, explicarnos como se fai un filme e tamén do importante que é facerse ver, darse a coñecer, presentarse o mundo tal e como somos. Iso farán no mes de agosto no 2ew York City International Film Festival "non desperdiciaremos esta ocasión única para que a nosa lingua se escoite no corazón do imperio e para conquistar o público internacional coa nosa historia e a nosa paisaxe”(I.Vilar).

UNHAS PALABRAS PARA A REVISTA DO INSTITUTOUNHAS PALABRAS PARA A REVISTA DO INSTITUTOUNHAS PALABRAS PARA A REVISTA DO INSTITUTOUNHAS PALABRAS PARA A REVISTA DO INSTITUTO Rosana Villagrasa Plásmanse os pensamentos que aniñan na mente debuxada de tantas imaxes. Se todo pasa tan rapidamente, se o tempo nos reloxos nos leva ata este agora enchido de lembranzas, Entón se pode desenmarañar o novelo de tantos días, traxinando co tempo, coa xuventude, latindo. Mentres o mundo xira e vai e regresa, mentres eu sigo cara adiante e ata agora, quero ser abstracta porque a realidade é demasiado surrealista para describila en poucas palabras. E son moitas as cousas das que me gustaría falar… Por exemplo, da película VILAMOR. Din que conta a historia dunha comuna hippie en 1977 ¿película de época? Onde uns rapaces que se afastan da sociedade van vivir unha utopía. Ese intento fracasou: o amor libre, as drogas, os conflictos entre eles fronte as tarefas que tiñan que asumir ante o duro traballo de repoboar unhas vilas lucenses abandonadas pola emigración e o afastamento que levou as súas terras a crecida do río por mor da construcción dun embalse. O protagonista que marcha da comuna porque o amor á rapaza e á terra non foran suficientes para vencer aos ciumes, ao final cando regresa bota de menos todo aquilo. Na miña maneira de vivir todo aquilo, en Foxo e Vilar (Vilamor) nunca se plantexaron facer unha comuna, nin tampouco pensaban en afastarse da sociedade. Ignacio Vilar, o director de VILAMOR, coñece o lugar e xa fixo unha reportaxe sobre a vivencia nesas aldeas de Foxo e Vilar, enfronte de Negueira de Muñiz perto de Fonsagrada. Para a documentación da película falou con xente, como por exemplo, Nilo, que foi un dos primeiros que fora para Foxo e con outra xente que viven agora en Foxo e Vilar. Cecais el, Nilo, si quería montar unha comuna e ser o patriarca dela, máis o lugar era un sitio salvaxe e fructífero onde a xente ensaiaba e vivía acorde ao que quería , libre e en contacto coa terra e traballando duro para lévalo a cabo. O xeito de relacionarse era igual alí que en outros lugares, tal e como facían os novos nunha sociedade postfranquista na que empezaban a entrar voces de fora, por suposto os hippies tamén chegaron aínda que fora máis tarde que noutros lados. E alí viviron os rapaces igual que noutros sitios o amor libre, a convivencia , as tertulias, a volta á natureza o sentimento que todo tiña que mudar e que non había que deixalo para máis tarde. “Agora que teño vinte anos…” A transición democrática e o desencanto viñeron máis tarde.

Page 15: Perfil número 13 (2012)

homenaxes

15

Este ano 2012 queremos render homenaxe a dúas persoas moi vinculadas a nosa cidade: Valentín Paz Andrade, a quen se lle dedica o día das Letras Galegas, e Celso Emilio Ferreiro, no centenario do seu nacemento, recordando as súas palabras e reivindicando con eles a nosa lingua.

Queridos Isaac e Minia: Estamos escribindo na derradeira xornada polo-o

continente negro. �on viñemos a un safari, mais xa ollamos, ao vivo e no seu

prebe un batuque de negros bantús, que falan landí, seu idioma africán, e con

nós falaron en galego, pois son cibdadaos de Portugal. Este feito etnoográfico

que xa comprobei no Brasil, incluso con xaponeses, obriga a rehabilitar o

galego internacional. Foi gracias a el que podemos defendernos ben en Ciudad

del Cabo –Cap Tawn- ou en Johanesburgo, ou Lourenço Marques, onde non se

atopa un que fale castelán, e o inglés de Sud-África é foneticamente pouco

orientativo para nós.

Carta a Isaac Díaz Pardo, verán de 1961

Valentín Paz Andrade

Deitado fronte ao mar...

Lingua proletaria do meu pobo eu fáloa porque si, porque me gusta, porque me peta e quero e dáme a gana porque me sae de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ao ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sen raíces que ao pór a garabata xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros, falar a fala nai, a fala dos avós que temos mortos, e ser, co rostro erguido, mariñeiros, labregos do linguaxe, remo i arado, proa e rella sempre. Eu fáloa porque si, porque me gusta e quero estar cos meus, coa xente miña, preto dos homes bos que sofren longo unha historia contada noutra lingua.

Non falo pra os soberbios, non falo pra os ruíns e poderosos, non falo pra os finchados, non falo pra os baleiros, non falo pra os estúpidos, que falo pra os que aguantan rexamente mentiras e inxustizas de cotío; pra os que súan e choran un pranto cotián de bolboretas, de lume e vento sobre os ollos nus. Eu non podo arredar as miñas verbas de tódolos que sofren neste mundo. E ti vives no mundo, terra miña, berce da miña estirpe, Galicia, doce mágoa das Españas, deitada rente ao mar, ese camiño...

Celso Emilio Ferreiro

Page 16: Perfil número 13 (2012)

cartas

16

I CONCURSO INTERNIACIONAL DE CARTAS DE AMOR

Este Ano celebramos no instituto por primeira vez, e con gran éxito de

participantes, o I Concurso internacional de cartas de amor. Tiñamos que escribir unha carta de amor a quen ou ao que quixésemos.

Non podiamos usar algunhas palabras e tiñamos que usar obrigatoriamente outras.

Como vos diciamos, houbo gran participación de todos os niveis educativos e incluso dos profesores. Os gañadores foron:

POSTO CATEGORÍA A CATEGORÍA B CATEGORÍA C 1º

SONIA DAPONTE JAVIER GONZÁLEZ E. OSORIO

2º AROA CAMPOS ERICKA MOSQUERA A. LÓPEZ E. RODRÍGUEZ

ANTÍA TOURIÑO NATALIA CASTRO -

Aquí vai unha mostra das cartas gañadoras e ademais unha pregunta:

¿Cales eran as palabras prohibidas e as obrigadas?

“CARTA DE AMOR Ó MONTE PINDO”

Fixéchesme túa ós quince anos, cunha aperta húmida ó solpor, deixándome

aniñar nos recunchos da túa pel, contándome os segredos da túa febril historia. Pensaches un día, se cadra, que deixara de amarte, que deixara de idolatrar

cada segundo ó teu carón. De seguro deploraches que o fío da vida fora guiarme cara a outros solpores afastados.

Pero hoxe tesme aquí de volta, e non podería ser de outro xeito, pois gardas as miñas raíces.

De volta para sentir de novo veneración ante a túa presenza en plenitude.

De volta para librar de saudades os meus ollos conforme se enchen da túa luz.

De volta para contar as areas da praia ó abeiro da túa sombra, e alentar contigo, para ti.

Ti, que aínda sabes atopar no máis fondo de min aquela moza de quince anos.

Page 17: Perfil número 13 (2012)

cartas

17

“Carta de amor”

Todos os días érgome co mesmo pensamento, o meu estado encóntrase febril, xa que ata nos días máis fríos do inverno o meu corazón co seu rápido latido ao verte sóltasme do abrazo do inverno. Por iso teño que che dicir que idolatro o teu belo corpo: os teus labios vermellos, cor sangue rebordante de vida; o teu longo cabelo extremadamente suave ao tacto; os teus ollos, dúas estrelas roubadas do ceo; o teu rostro, sempre sorrinte, dáme forzas para seguir adiante. E deploro o teu sufrimento,xunto a ti, nos teus momentos máis difíciles. A túa doce voz engaiólame e fai que te venere cada día ata o máis extremo. Xa non podo esperar máis, necesito dicilo, necesito sentilo xunto a ti: Ámote...

De: Javier González Ricarte Para: Mariam, espero volverte a ver neste verán.

Vigo, 2 de xuño do 2000 Dedicado a miña alma perdida: Hoxe, Alma miña, por fin atopei as palabras para expresarche os meus sentimentos, despois de tantos anos vividos, as nosas penas, os nosos momentos de ledicia... Todo isto faime deplorar profundamente este tempo sen ti. A miña veneración cara ti non pereceu, nin perecerá, idolátrote. DESÉXOTE desexareite o resto da miña vida, o meu estado febril cara ti non cesa. ¡Oh Alma miña! ¿como vivir sen ti?... ¿Como continuar nesta vida errante, neste corpo sen esencia? ¿De que vale un corpo sen alma? NADA... Sen ti... De nada. Hoxe botei as túas cinzas ao mar, e con elas iría, confío en que me agardarás... Tentarei continuar, ata que as nosas almas se reencontren. Queira Deus que chegue cedo. Escrito dende o máis profundo. A túa Alma xemelga. Sonia Daponte Freire

Page 18: Perfil número 13 (2012)

cartas

18

Cartas aos nosos personaxes lpreferidos: Boas principiño,

Como me gusta a túa imaxinación! Encántame! Es un

persoaxe moi divertido, as túas historias son moi

bonitas e imaxinativas, gustaríame intervir nalgunha

viaxe túa, para poder sentir as túas ilusións.

Ata sempre

Mariña

Querido amigo Harry Potter:

Sei que estás interno no colexio Hogwarts, lin tres libros da túa saga e vin

todos os teus filmes. A túa vida nese colexio parece moi interesante aínda que

chea de perigos.

As cousas que che pasan só lle poden pasar a un tipo coma ti, voar na vasoira

é espetacular e o de facer feitizos , alucinante.

Desexo que che saia todo ben coma ata agora e que siga sempre o ben por

riba do mal.

Un saúdo

Aaron.

Querido Pinocho:

Escríboche esta carta, para dicirche que

es o meu personaxe preferido. Paréceme

moi graciosa a túa historia pero mentir,

está moi mal. Sempre que se mente hai

consecuencias e non moi boas

precisamente. No teu caso foi bonito o

premio tras o arrepentimento, unha nova

vida para ti e o teu pai.

Sei ben que non existes pero gustaríame

que existiras.

Saúdos

A.G.G

Ola, Heidi

Gustaríame moito coñecerte, pasar uns días

contigo, disfrutando da natureza. A min

gustaríame vivir como vives ti, na montaña, co

meu avó, pero sen a madrasta mala por suposto.

Un saúdo

Cris

Page 19: Perfil número 13 (2012)

contos

19

A AVENTURA DO LICÁNTROPOA AVENTURA DO LICÁNTROPOA AVENTURA DO LICÁNTROPOA AVENTURA DO LICÁNTROPO José Luis Reguera Piñeiro

Un licántropo grande, forte, intelixente e musculoso esperta un día e atopa a súa familia morta. Os seus amigos infórmanlle de quen foi o asasino e de que contratou uns escoltas. Era o ogro e vai por el. O seu desexo é matalo e quedar coas súas riquezas, pero polo camiño atopa algúns escoltas do ogro: unha licántropa, un cérbero e un vampiro.

Despois dunha dura loita vénceos e eles, impresionados pola súa forza, únense a el. Polo camiño teñen que saltar un cantil e o licántropo tira unha árbore e úsana de ponte. Máis adiante encóntranse cun bruxo e o cérbero e o vampiro teñen que quedar para facerlle fronte, seguen os licántropos. Logo atopan un dragón e a licántropa ten que quedar a pelexar con el.

O home lobo chegou á casa do seu inimigo o ogro. Era una cova chea de ouro, xoias e pedras preciosas pero el xa non estaba alí, marchara a outro lugar que non tardou moito en atopar: un templo xigante cun patio enorme e moitísimas habitacións nas que había xoias de valor incalculable. Chegou ata a última habitación onde se atopaba o ogro practicando coas catanas e retouno. O ogro feriu ao licántropo nun ombro pero chegaron os seu s amigos e o ogro tivo que escapar á súa cova e os amigos do licántropo seguírono. O licántropo non podía loitar e fixérono os seus amigos.

Ao final vencérono e quedaron coas súas riquezas. Tamén houbo voda de licántropos e máis tarde fillos, é dicir, licantropiños.

O TESOUROO TESOUROO TESOUROO TESOURO Alex Dacruz Pérez Había unha vez un campesiño que vivía nunha vila chamada ``Ourcity´´. O campesiño era forte, traballador e simpático, o único que necesitaba era máis diñeiro. Un día atopou no faiado da súa casa un sobre cun mapa e sen pensalo preparou unha mochila con comida, roupa e bebida para marchar pero a súa muller tamén quixo ir con el, e houbo que meter algo máis na mochila para o camiño. Na metade do traxecto atopáronse cun precipicio, colleron unha rocha e atáronlle unha corda, lanzárona ao outro lado e cruzaron pola corda. Do outro lado encontráronse cun meigo, vello inimigo deles. O campesiño combateu contra el pero o meigo enfeitizouno e quedou paralizado, a muller intentou axudalo e levouno a unha cabana que non estaba habitada. Mentres tanto ela tentaba derrotar o meigo e conseguir a poción que o curase. Iso sucedeu varios días despois, cando apareceu de novo o meigo e a muller deulle na cara cunha tixola ata que caeu ao chan. Ela colleu a beberaxe e curou o seu marido.

Seguiron pois o seu camiño ata o lugar onde tiña que estar o tesouro. Alí non había nada, escavaron e encontraron un baúl, ¡que ilusión! e ¡que desilusión! dentro había outro mapa. Outra vez a aventura, pero esta vez con moito máis camiño. Puxéronse a camiñar e deron cun volcán enorme, ¡menos mal que non estaba activo! con moito coidado de non esvarar superaron esta nova proba. A maior parte do traxecto estaba feito e pronto chegaron ao seu destino. Outra vez a escavar e por fin unha porta, facía falla un código para abrirse, pero estaba alí, nos mapas; 3256/ 7214/ A porta abriuse e dentro atoparon xoias, moito diñeiro e algo de ouro. Meteron na mochila todo o que puideron. Tornaron para a súa casa e foron felices e ... tamén moi bondadosos. Tamén mercaron unha casa na cidade para ir eles de cando en vez para cambiar a rutina.

Page 20: Perfil número 13 (2012)

contos

20

UNHA HISTORIA CHEA DE AVENTURASUNHA HISTORIA CHEA DE AVENTURASUNHA HISTORIA CHEA DE AVENTURASUNHA HISTORIA CHEA DE AVENTURAS

Brian Garrido Izaguirre

A un neno chamado Daniel contáronlle a historia dun tesouro: Na idade dos piratas, un famoso pirata chamado O feroz volvía da súa viaxe polos sete mares co tesouro máis valioso de todos: o zafiro vermello. Este zafiro vermello tamén era desexado por outro pirata, O Pirata dos 7 mares, que disposto a roubalo esperou en onde agora está a ponte de Rande a chegada de O feroz. Alí loitaron e O Pirata dos 7 mares e a súa tripulación conseguiron afundir o barco do pirata que tiña o tesouro pero O feroz tirouse ao mar e morreu co tesouro nas mans. Daniel despois do oír esta historia quixo conseguilo e tivo moita sorte porque ese era o último día de clase e aí estaban as vacacións de verán agardando un bo plan. Ao día seguinte foi ao porto para atopar un barco no que ir buscar o tesouro e pronto o conseguiu, o dono era un amigo do seu pai. A Daniel caíalle moi ben ese home porque sempre estaba a contar historias de pantasmas e o único que lle pediu a cambio foi ir el tamén. O capitán díxolle a Daniel: Necesitamos o mapa do tesouro ¿onde

o tirou o capitán? Respondeu Daniel: Xa o teño, a miña nai herdou unha antiga pintura co mapa. Chegados ao lugar foi preciso mergullar 30 Km de profundidade e aguantar a presión para encontrar a cámara dourada con paredes de oro e chan de prata gardada polo espírito do capitán que morreu co tesouro entre as súas mans. A loita foi dura pero o capitán sabe defenderse do pirata, atoullee unha corda, deulle cos puños ata vencelo e conseguir o tesouro. A aventura non remata aquí, na volta a casa tres secuazes do gardián conseguiron rodear a Daniel quen non se encolleu e volveu vencer. Daniel e a súa familia foron ricos e colorín colorado este conto rematou.

A VIDA DIARIAA VIDA DIARIAA VIDA DIARIAA VIDA DIARIA Raúl González Conde

Un día unha pedra redonda e pequeniña deuse de conta de que mesmo se era feliz na súa vida faltaba algo, o que lle faltaba era unha pedra femia. Pero un neno chamado Raúl, aborrecido na casa, saíu dar unha volta e tropezou cunha pedra femia, colleuna e tirouna, a pedra femia caeu ao lado da pedra macho. Raúl chegou a unha finca, e a o lonxe mirou unha casa moi escondida entre as árbores, meteuse pola matogueira para ver a casa. A casa estaba toda tapiada por ladrillos e había un pozo, ao lado da casa había dous estantes con había moitas bombonas. Nunha parte do teito da casa había un buraco, Raúl intentou entrar pero estaba tapiado por debaixo, despois de varios intentos sentou nunhas pedras e contemplou a casa. Na casa vive un vagabundo que lle ten manía a Raúl, entón sen que Raúl se dese de conta o vagabundo enganouno. As dúas pedras dixéronlle a Raúl que a entrada a casa era polo pozo, Raúl confiou nas pedras e tirouse ao pozo, unha vez dentro do pozo apareceu o vagabundo que tras rir a gargalladas marchou . David, un amigo de Raúl, que o seguira, mirou como as pedras enganaban a Raúl porque lles pagara o vagabundo, levou unha corda, sacouno do pozo inconsciente e pousouno no chan. Apareceu o vagabundo e intentou tirar a Raúl e a David ao pozo pero David enfrontouse ao vagabundo que escapou dicindo que volvería. Raúl unha vez consciente, volveu de camiño a súa casa, pero tiña a sensación de que o seguían. Mirou atrás del e observou como as pedras o seguían pero Raúl escapou e chegou a súa casa san e salvo. Ao chegar a súa casa contoulle todo a súa nai.

Page 21: Perfil número 13 (2012)

contos

21

A VIDA INTERMINABLEA VIDA INTERMINABLEA VIDA INTERMINABLEA VIDA INTERMINABLE Javier Lores Prieto A nosa historia comeza cun zombi bo que non comía a ninguén, era vexetariano e chamábase Hermes. Era alto, pálido, ía ben vestido e vivía no bosque, era moi listo, aprendía rápido pero a ximnasia non se lle daba ben. Hermes quería un brazo e un corazón novos pero non tiña diñeiro para poder mercalos. Como Hermes tiña tantas ganas de ter o brazo e o corazón foi buscar traballo á cidade pero coa crise era moi difícil ademais non tiña estudos, e tiña que estudalo todo. Na cidade fíxose amigo dun cego chamado Apolo que sacara os estudos de cirurxián con matricula de honor. Era de estatura media, moreno louro e non necesitaba axuda de ninguén para facer as cousas porque usaba a ecolocalización pero, iso si, sentíase só na casa e ocorréuselle entón a idea de invitar a vivir con el a Hermes, quen aceptou sen pensalo dúas veces. A aventura de Hermes empeza cando comezan as clases, tódalas mestras e alumnos de preescolar non crían o que estaban vendo: Hermes empezando os estudos aos 45 anos, en realidade Hermes tiña 14012 anos de idade, el descubrira a gandeiría e o metal pero non sabía escribir, sempre viviu no bosque e agora quere estudar para conseguir un traballo e gañar diñeiro para repoñer o brazo que perdeu hai uns 200 anos. Preescolar sacouno ben. Na ESO os compañeiros tíñanlle medo por se lles pegaba.Comezou o bacharelato e cada vez os estudos se lle daban mellor. Gañou un premio polas mellores notas da historia, Hermes non entendía o premio por aprobar se era o que tiña que facer pero aceptouno igual. Hermes terminou os estudos e buscou traballo. Encontrou un pero non lle gustou nada de nada, era de carniceiro; seguiu buscando e encontrou de señor da limpeza nunha funeraria que tiña cores tristes, empregados aburridos e un xefe esixente pero a paga era boa, Hermes está ben, non lle molesta traballar aí. Hermes vai mercar unha casa e aí está o seu maior adversario: a hipoteca, que coa paga que tiña tardaría 35 anos en pagala, pero para Hermes iso era pouco tempo.Aínda así, non leu a letra pequena e quitáronlle a casa e quedou na rúa. Hermes xa mercou o brazo novo e o corazón para voltar ao bosque, ten que escapar dos acredores, tamén despedirse de Apolo e darlle a noraboa porque ía ter un bebé

A DESGRAZA DE CARLAA DESGRAZA DE CARLAA DESGRAZA DE CARLAA DESGRAZA DE CARLA Vivien Andrea Szilágyi Carla é unha nena de 13 anos que vive nunha cidade pequena. Carla está triste e preocupada porque o seu avó Antonio ten cancro. Ela vai pasar todas as fins de semana a vila onde el vive. Ao chegar a súa casa, a súa avoa dille que o avó decidiu non tomar ningún tratamento para curarse, di que é vello e que total vai morrer pronto.Carla séntese mal e vai ver a súa amiga Lorena, quere falar do avó. No camiño encóntrase con Luísa, una nena que lle cae mal, que sempre se mete con ela, pero como Carla está triste vai para a casa sen lle facer caso ningún. Ao cabo duns meses os pais de Carla reciben unha chamada da avoa de Carla para lles dicir que o avó está grave no hospital. Todos van rápido, o avó quere velos para se despedir

Page 22: Perfil número 13 (2012)

fóra das aulas

22

APOSTANDO POLA APRENDIZAXE

NA CONTORNA Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Vivimos tempos duros no ensino, cheos de recortes tanto nos orzamentos para os centros, coma na distribución de horas lectivas ou a dispoñibilidade de tempo para

actividades extraescolares.

Malia todos estes atrancos, no departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES de Teis este ano continuamos a apostar pola aprendizaxe na contorna, e seguir acompañando ó noso alumnado fóra da aula para suscitar outras metodoloxía e experiencias.

Nesta liña levamos adiante as seguintes actividades complementarias:

• No mes de febreiro: Participación do alumnado de 1º Bacharelato de Ciencias na III Olimpíada de Xeoloxía, celebrada na este de Minas, en Vigo.

• A mediados do mes de abril: Saída co alumnado de Ciencias do Mundo Contemporáno á zona da Caldas e Catoira, para o estudo de

explotación de recursos naturais e observación de riscos e impactos ambientais.

• A finais de abril: Saída co alumnado de 4º de ESO de Ciencias pola zona do Río Fondón, para estudar ecosistemas de ribeira e os impactos que se dan neles.

Traballar na contorna permite observacións directas, e formular preguntas e hipóteses sobre esas observacións que axudan a traballar as competencias científicas dos alumnos e alumnas. Unha ferramenta que debemos seguir usando e que teremos que loitar por non perder.

Confiemos en que no curso que ven, sexan cales sexan as circunstancias que nos depare a programación e as directrices da Consellería, poidamos seguir exercendo este noso dereito a aprender e ensinar en vivo e en directo.

Page 23: Perfil número 13 (2012)

fóra das aulas

23

Alumnado de 4º da ESO no Roteiro polo Río Fondón

Alumnado de Ciencias do Mundo Contemporáneo compartindo foto cos rapaces e rapazas de 3º de ESO do CPI de Catoira, na visita conxunta aos afloramentos sedimentarios das Barreiras.

Page 24: Perfil número 13 (2012)

entrevista

24

Abraham Barranca, lector de inglés neste curso 2011-12, contestou así as preguntasque lle formularon os seus alumnos. Q: How did you get the opportunity to come here? I applied to the Spanish government's North American Language and Cultural Assistants program. They liked my application enough to give me a position. Q: Why did you choose Vigo? I did not know much Spanish geography before I came to Spain. I actually listed the Canary Islands as my first choice, not Galicia. However, because the Spanish government needed more language assistants in Galicia, I was assigned to Vigo. I'm very happy that I was; if I had been sent to the Canaries, I don't thin kmy experience would have been as rewarding. Q: What was the first impression you got of us? Have you changed your mind? At first I was surprised by my students' behavior. The relationship between the students and teachers at Teis seemed much more relaxed than in the US. However, I learned that the students' attitude toward teachers comes from a different type of educational culture, not from a lack of respect. Q: Did you feel at ease in our school? Although I wasn't sure what to expect when I started teaching at Teis, I felt relieved when I got there because it felt similar in many ways to my high school. Adapting to my new school was easy thanks to the support and generosity of Sonsoles, Carmen, Flor and Marianne. And, of course, my students' calls of “Abra-haaaam!” made me feel welcome and wanted every day. Q: After this experience, what's your opinion of Galicia, the Galician language and your students? Although I think Galician is a beautiful language, I wanted to concentrate on improving my castellano in Spain, so I did not learn very much gallego. Galicia is a gorgeous region, with a rich heritage and a unique culture. Q: If you could change something, what would it be?

A: The weather. Although I know this winter was “drier” than in most years, the winter and spring still seemed very rainy to me. I like warm sunny weather and Vigo is so beautiful when the sun is shining!

Q: Would you repeat this experience? A: My girlfriend and I have positions in Cadiz for the coming school year. Will will probably return to Spain to teach for another year and look forward to visiting our friends in Vigo. While I enjoyed my time in Vigo, I would like to experience another type of Spanish culture if I do come back, as each region of Spain is unique. Q: What differences do you find between Spanish and American high schools? A: I think the US system is more hierarchical and business-like than the Spanish system, particularly in the relationships between headmasters and teachers and teachers and students. Q: What differences do you find between Vigo and Brooklyn? A: The size is the biggest difference. Brooklyn is one of biggest cities in the United States, with cultures from all over the world. Because it is so diverse, you can find food and things to buy from every country. Q: Can you give some reasons people should go to �ew York? A: For the food, the art, the nightlife and the food. But I always tell people: it's best to go if you know someone there because some of the best things to see, do and eat in New York are

Page 25: Perfil número 13 (2012)

entrevista

25

also the cheapest. A native New Yorker will know where to go without going broke. The Museum of Modern Art (MoMA—like the café in Vigo!) is my favorite museum in the world and the Metropolitan Museum of Art and the Museum of Natural History are both incredible and free. You have to try New York-style pizza (the best outside of Italy), a Katz's pastrami sandwich and authentic Chinese food in Chinatown. The Staten Island Ferry is a great free way to see the Statue of Liberty and take a ride through Hudson Bay at night. Q: Why did you study Spanish? A: At first I had to study French during high school. I got bad marks and didn't like learning French. After finishing my French studies I had the option of beginning Spanish, a language I had become interested in after hearing flamenco music for the first time. Q: Was it difficult for you to manage here? A: While I know some of the other auxiliares became homesick after some time, I loved my time in Spain so much that I had very few difficulties adapting to life in Vigo. Q: Did you find it easy or difficult to understand the Galician language? A: Very difficult! Because I focused on learning castellano I still know almost no gallego. Q: What studies do you need for this job? A: You only need an American university Bachelor's degree in any major (carrera) and must be a native English speaker.

Q: What's your favourite place in Vigo? A: I spent a lot of time in the parque Castro and really think it is one of the most beautiful parks I have ever seen. The beaches in and near Vigo are all beautiful as well.

Q: What is your opinion of Galician girls, food, beaches and the Celta? A: Galician girls are very beautiful, of course. The seafood in Galicia is some of the best I've had in my life, with pulpo a feira, percebes, and arroz con bogavante being some of my favorite dishes. The beaches—particularly Playa America—are some of the cleanest and most beautiful I have ever seen. And I would like to congratulate all my friends in Vigo and the Celta for advancing to the First Division! (I hope you all went swimming at Plaza America!) Q: What are your plans for the future? A: I would like to go to graduate school next year for Political Science or Public Policy. I studied Government in Politics at university and would like to begin a long-term career in that area. Q: Do you think you will come back to Vigo? Will you miss us? Will you have morriña?

A: It isn't a question of “if” I will come back to Vigo; it is only a question of “when.” I have so many friends there who I look forward to seeing again. I miss my students already, although I am happy that some of you have kept in touch with me through Facebook. Saludos to all of you!

Page 26: Perfil número 13 (2012)

26

Page 27: Perfil número 13 (2012)
Page 28: Perfil número 13 (2012)