PELÍCULAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · Bienvenido, mister Marshall (1953). Un pequeno pobo vese...

18
PELÍCULAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO 30 años de oscuridad (2011). Historia dun vencido que, ante o temor de ser fusilado, vive 30 anos agachado nun oco da parede da súa casa. Balada triste de trompeta (2010). Historia ambientada no mundo do circo que comeza en 1937 e continúa no franquismo. Beltenebros (1991). Na posguerra, un inglés viaxa a Madrid para matar a un topo infiltrado no PCE. Na investigación, namórase da amante do home que busca. Bienvenido, mister Marshall (1953). Un pequeno pobo vese alterado polo anuncio da visita dos americanos. O alcalde organiza o recibimento e pide aos veciños que pensen no que lles van a pedir. ¡Buen Viaje, Excelencia! (2003). Últimos días de Franco, rodeado da súa familia e dos seus fieis servidores quen, ante o delicado estado de saúde do Caudillo, recorren á medicina alternativa da doutora alemá Müller que acabará sendo a man dereita do ditador.

Transcript of PELÍCULAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · Bienvenido, mister Marshall (1953). Un pequeno pobo vese...

Page 1: PELÍCULAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · Bienvenido, mister Marshall (1953). Un pequeno pobo vese alterado polo anuncio da visita dos americanos. O alcalde organiza o recibimento e

PELÍCULAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO

30 años de oscuridad (2011). Historia dun vencido que, ante o temor

de ser fusilado, vive 30 anos agachado nun oco da parede da súa

casa.

Balada triste de trompeta (2010). Historia ambientada no mundo do

circo que comeza en 1937 e continúa no franquismo.

Beltenebros (1991). Na posguerra, un inglés viaxa a Madrid para

matar a un topo infiltrado no PCE. Na investigación, namórase da

amante do home que busca.

Bienvenido, mister Marshall (1953). Un pequeno pobo vese alterado

polo anuncio da visita dos americanos. O alcalde organiza o

recibimento e pide aos veciños que pensen no que lles van a pedir.

¡Buen Viaje, Excelencia! (2003). Últimos días de Franco, rodeado

da súa familia e dos seus fieis servidores quen, ante o delicado estado

de saúde do Caudillo, recorren á medicina alternativa da doutora

alemá Müller que acabará sendo a man dereita do ditador.

Page 2: PELÍCULAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · Bienvenido, mister Marshall (1953). Un pequeno pobo vese alterado polo anuncio da visita dos americanos. O alcalde organiza o recibimento e

Canciones para después de una guerra (1971). Película documental

sobre a posguerra a través de imaxes aprobadas pola censura e

cancións populares superpostas. Non se puido estrear ata 1977.

Calle Mayor (1956). Reflicte o ambiente dunha pequena cidade de

provincias na que unha muller séntese fracasada por non casar. Un

grupo de amigos queren gastar unha broma facendo crer que un deles

namorouse, pero escápaselle das mans.

Caracremada (2010). Historia do guerrilleiro da CNT Ramón Vila

Capdevila que non acatou as ordes da organización de abandonar a

loita e continuouna en solitario en Cataluña.

Carreteras secundarias (1997). Un adolescente e seu pai, viúvo,

viaxan polas estradas da España dos anos 70 vivindo a salto de mata

e facendo amizade con personaxes moi dispares.

Demonios en el jardín (1982). A través das relación entre membros

da familia, descóbrese o ambiente da posguerra, das mentiras e

aparencias, dos secretos gardados.

Días contados (1994). Historia de amor entre un desencantado

terrorista de ETA e unha prostituta que descoñece os seus plans.

Page 3: PELÍCULAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · Bienvenido, mister Marshall (1953). Un pequeno pobo vese alterado polo anuncio da visita dos americanos. O alcalde organiza o recibimento e

El ángel de Budapest (2011). Nos inicios da posguerra e baseada en

feitos reais, narra a historia de Ángel Sanz Briz, legado diplomático,

que salvou a vida de case cinco mil xudeus na Segunda Guerra

Mundial.

El año de las luces (1986). Inicio do espertar sexual de dous rapaces

enviados a un sanatorio para tuberculosos rexidos pola Falanxe e a

Sección Feminina.

El lobo (2004). Historia real dun infliltrado de ETA nos anos 70.

El cochecito (1960). Na posguerra, un avó esaxera a súas doenzas

para que a familia lle consiga un coche de inválido.

El cónsul de Sodoma (2010). Biografía do poeta Gil de Biedma

durante o franquismo.

El corazón del bosque (1979). Historia dun guerrilleiro que baixa ao

pobo para encontrarse co amor da súa infancia.

Page 4: PELÍCULAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · Bienvenido, mister Marshall (1953). Un pequeno pobo vese alterado polo anuncio da visita dos americanos. O alcalde organiza o recibimento e

El desencanto (1976). Evocación das vivencias e sentimentos da

viúva e os fillos do poeta Leopoldo Panero.

El espinazo del diablo (2001). Finalizada a Guerra Civil, un neno

chega a un orfanato que acolle a vítimas republicanas.

El laberinto del fauno (2006). Nos inicios da posguerra, unha nena

entra nun mundo de fantasía que lle permite escapar da cruel

realidade, dous mundos paralelos que non se poden unir.

El Lute. Camina o revienta (1987). Na década dos 60 a prensa

española recollía numerosas noticias sobre Eleuterio Sánchez, El

Lute, ao que a Garda Civil trataba de capturar por fugarse do

cárcere, onde cumpría condena por varios roubos e a morte dun

vixilante.

El misterio Galíndez (2003). A finais dos 80, unha investigadora

americana vén España para averiguar sobre Jesús Galínez, un político

vasco exiliado en EEUU desaparecido en raras circunstancias.

El pisito (1959). As penurias económicas dos anos 50 impiden que

unha parella case porque non teñen piso. Entón deciden que o noivo

case coa súa caseira para poder herdar o piso.

Page 5: PELÍCULAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · Bienvenido, mister Marshall (1953). Un pequeno pobo vese alterado polo anuncio da visita dos americanos. O alcalde organiza o recibimento e

El portero (1999). En 1948 un porteiro de fútbol de 1ª división que

por culpa da guerra ten que ir de pobo en pobo retando aos seus

habitantes a meterlle goles a cambio dunha moedas, coñece a

variopintos personaxes cos que se vai atopando, de modo que a obra

mostra unha galería curiosa de xentes e das súas problemáticas.

El sur (1983). Historia contada a través dos ollos dunha nena que

vive coa súa familia –un médico e unha mestra represaliada polo

franquismo- nunha gran casa situada nas aforas dunha cidade do

norte de España.

El verdugo (1963). Na dura realidade da posguerra, un mozo faise

verdugo para poder conseguir un piso subvencionado.

El viaje a ninguna parte (1986). Historia dunha compañía de teatro

ambulante na España da posguerra e as dificultades que lles supón a

xeneralización do cine.

Embajadores en el infierno (1956). Homenaxe do cine franquista aos

soldados españois da División Azul que loitaron na fronte rusa xunto aos

alemáns durante a Segunda Guerra Mundial. Describe as penalidades

sufridas por un grupo destes soldados capturados polos soviéticos.

Encontrarás dragones (2011). Un periodista inglés realiza unha

investigación sobre acontecementos da Guerra Civil relacionados con

seu pai e o sacerdote fundador do Opus Dei, José Mª Escrivá de

Balaguer.

Page 6: PELÍCULAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · Bienvenido, mister Marshall (1953). Un pequeno pobo vese alterado polo anuncio da visita dos americanos. O alcalde organiza o recibimento e

Espérame en el cielo (1987). Debido ao gran parecido con Franco, o

protagonista é secuestrado polo goberno para ter un dobre nas aparicións públicas de risco. A familia cre que está morto e tratan de localizalo a

través do espiritismo.

Estrellas que alcanzar (2010). Victoria é unha viúva republicana encarcerada en Saturrarán (Vizcaya), lugar de experimento dunha das máis

macabras teorías do réxime franquista: a separación dos fillos das súas nais

para dalos en adopción a familias do réxime co fin de romper a cadea do comunismo. Victoria aprenderá a vivir ca esperanza de recuperar a seu

fillo.

Furtivos (1975). Drama intimista e familiar ambientado na vida

dunha familia que vive da caza furtiva no bosque.

Gracias por la propina (1996). Nun pobre pobo valenciano, dous

irmáns solteiros exercen de pai e nai dos seus sobriños orfos, un

deles homosexual. Xuntos forman unha familia que contrasta co

modelo de familia da España de Franco.

Hoy no se fía, mañana sí (2007) Madrid, 1953. Unha moza

mecanógrafa que pertence a unha irmandade ultracatólica e é

confidente da policía, trata de saír da mediocridade casando cun

psiquiatra, pero descobre que lle gusta máis o seu xefe, un militante

do Partido Comunista.

Juegos de sociedad (1974). Un provinciano de clase media chega á

cidade buscando traballo, pero verase atrapado por un grupo

decadente de alta sociedade que xoga con el como unha marioneta.

Page 7: PELÍCULAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · Bienvenido, mister Marshall (1953). Un pequeno pobo vese alterado polo anuncio da visita dos americanos. O alcalde organiza o recibimento e

La caza (1965). O que parecía que ía ser un tranquilo día de caza

acaba por se converter nun día de fortes tensións entre os cazadores,

que non teñen ben cicatrizadas as feridas da Guerra Civil.

La colmena (1982). Vida en Madrid en 1942 na que se entrecruzan

numerosos personaxes da burguesía cos seus respectivos problemas.

La escopeta nacional (1978). Un empresario catalán organiza unha

cacería e invita a xerifaltes franquistas para beneficiarse nos seus

negocios a través destas amizades.

La gran familia (1962). Para manter á familia formada polo

matrimonio, 15 fillos e o avó, o pai debe traballar pluriempregado e a

nai organizar a casa de modo que todos colaboren.

La guerra ha terminado (1966). Durante a ditadura franquista, un

membro do PCE viaxa a París de forma clandestina, pero a

inutilidade do seu esforzo fai que caia na decepción e no

escepticismo.

La mala educación (2004). O reencontro, ao cabo de 20 anos, de

quen foron alumnos dun colexio relixioso nos anos 60 fai que

revivan os duros anos vividos naquel centro.

Page 8: PELÍCULAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · Bienvenido, mister Marshall (1953). Un pequeno pobo vese alterado polo anuncio da visita dos americanos. O alcalde organiza o recibimento e

La mitad del cielo (1986).Unha xoven viúva asturiana marcha a

Madrid e colócase como ama de cría na casa dun xefe do réxime.

Grazas a el ascende na vida social e acabará abrindo un restaurante

ao que acode o máis selecto da sociedade do momento.

La muerte de un ciclista (1955). Unha parella da alta burguesía

atropela a un ciclista pero decide ocultar o accidente para evitar que

se descubra a súa relación adúltera.

La mujer del hatillo gris (2011). Nos anos 40, unha muller diríxese

ao cárcere de Ocaña para visitar ao seu marido preso.

La niña de tus ojos (1999). Un grupo de cineastas españois é invitado á

Alemaña nazi para rodar un musical de ambiente español, pero a decepción é grande cando descobren que os extras son xitanos e xudeus dun campo de

concentración.

La paz empieza nunca (1960). Historia dun grupo de amigos

falanxistas que participan na Guerra Civil e cando esta remata algúns

deles participan en operacións para acabar cos maquis de Asturias.

La piel quemada (1967). Drama provocado pola emigración dunha

familia desde o interior á costa, onde hai máis traballo e está mellor

pagado.

Page 9: PELÍCULAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · Bienvenido, mister Marshall (1953). Un pequeno pobo vese alterado polo anuncio da visita dos americanos. O alcalde organiza o recibimento e

La voz dormida (2011). Na posguerra, na prisión de mulleres, a irmá

dunha das condenadas, consegue que lle entreguen ao seu sobriño e

non llo dean a familias de franquistas sen fillos.

Las cosas del querer (1989). Ao rematar a guerra, únense tres

artistas que conseguen o éxito, pero a burguesía franquista non lle

perdoa a condición homosexual dun deles, arruinándolles a vida

artística.

Las trece rosas (2007). A guerra xa rematara, pero o 5 de agosto de

1939, 13 mulleres (e 43 homes) foron executados acusadas de

pertencer ás Xuventudes Socialistas.

Los años bárbaros (1998). Dous estudantes universitarios son

enviados a un campo de traballo por facer pintadas contra o réxime

de Franco, pero escapan grazas á axuda dun francés.

Los años oscuros (1993). Unha nena do País Vasco nos anos da

posguerra experimenta a realidade de vivir dous mundos diferentes: o

da casa e o colexio –medo e desilusión de seus pais pola derrota e a

severa educación dun colexio de monxas- e o mundo feliz dos

amigos e a rúa.

Los días del pasado (1978). Unha xoven mestra malagueña

trasládase a un pobo do norte coa esperanza de atopar a seu mozo, un

maquis que cree que vive nas montañas da zona.

Page 10: PELÍCULAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · Bienvenido, mister Marshall (1953). Un pequeno pobo vese alterado polo anuncio da visita dos americanos. O alcalde organiza o recibimento e

Los girasoles ciegos (2008). Galicia, nos anos 40. A vida de varios

personaxes dunha familia, de aparencia normal, pero que gardan

varios secretos, entre eles o dun marido que vive oculto nun oco do

dormitorio por medo a ser descuberto.

Los santos inocentes (1984). Nos anos 60, unha mísera familia de

campesiños vive baixo a explotación e o capricho dos terratenentes.

O destino parece previsible, pero un acontecemento cambia o rumbo.

Madre Gilda (1993). A película Gilda causa un forte impacto nun

grupo que se reúne todos os venres a xogar ao mus. Son vellos

camaradas da guerra de África entre os que está o propio Franco.

Mamasunción (1984). Curtametraxe dirixida por Chano Piñeiro, o

primeiro director de cine galego en galego, na que analiza a Galicia

rural vítima da emigración. Unha anciá dunha remota aldea achégase

todos os días á oficina de Correos coa esperanza de recibir noticias

de seu fillo emigrado.

Mambrú se fue a la guerra (1986). Un republicano permanece

oculto durante a ditadura e reaparecerá tras a morte de Franco coa

sorpresa da familia que o cría morto.

Memorias del general Escobar ( 1984). En1940, o xeneral Antonio

Escobar Huerta foi fusilado con honores militares nos foxos do

castelo de Montjuich por manterse fiel á República. El mesmo dirixiu

a súa propia execución.

Page 11: PELÍCULAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · Bienvenido, mister Marshall (1953). Un pequeno pobo vese alterado polo anuncio da visita dos americanos. O alcalde organiza o recibimento e

Miel de naranjas (2012). Andalucía, anos 50. Un mozo que cumpre

o servizo militar nun xulgado non pode soportar as inxustizas que se

cometen a diario e quere cambiar a situación.

Murió hace quince años (1954). Un neno da guerra regresa a España

desde a URSS para espiar a seu pai, pero unha vez aquí comeza a

dubidar de rematar a súa misión.

Nueve cartas a Berta (1966). Un estudante regresa de Inglaterra e

explica a súa vida na España dos 50 a través de cartas a unha chica

exiliada que coñeceu alí.

Obaba (2005). A cámara de vídeo da protagonista pretende captar a

realidade de Obaba e das súas xentes, pero hai demasiado silencio

inexplicable e misterios sen aclarar.

Operación Ogro (1979). Reconstrución da preparación do atentado

contra Carrero Blanco do 20 de decembro de 1973 pola banda

terrorista ETA.

Pájaros de papel (2010). Vida de cómicos a pouco de rematada a

Guerra Civil marcados de cerca polo exército, que sospeita deles

como subversivos.

Page 12: PELÍCULAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · Bienvenido, mister Marshall (1953). Un pequeno pobo vese alterado polo anuncio da visita dos americanos. O alcalde organiza o recibimento e

Pan Negro (2010). Nun pobo da montaña catalá, un rapaz descubre

dous cadáveres que non parece que faleceran de morte natural,

ocasión propicia para culpar ao pai do rapaz, significado no pasado

como de esquerdas.

Para que no me olvides (2005). Tres xeracións conviven na mesma

casa, cada un cos seus problemas ata que un feito inesperado

obrigaraos a vivir descubrindo o que non sabía dos demais.

Pim, pam, pum... ¡Fuego! (1975). En plena posguerra, unha corista

convértese na amante dun estraperlista para axudar a un membro do

maquis de quen está namorada.

Plácido (1961). Crítica da sociedade burguesa franquista e dos seus

modos de exercitar a caridade cristiá.

Raza (1941). Síntese do que o franquismo consideraba o ideario do

bo español a través da historia de tres irmáns durante a Guerra Civil.

Guión do propio Franco.

Salvador Puis Antich (2006). Historia deste preso político, o

derradeiro executado en España durante o franquismo.

Page 13: PELÍCULAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · Bienvenido, mister Marshall (1953). Un pequeno pobo vese alterado polo anuncio da visita dos americanos. O alcalde organiza o recibimento e

Sempre Xonxa (1989). Historia centrada en tres personaxes nunha

aldea galega desde a súa infancia en 1947 ata a súa madurez en 1986.

O regreso dun deles da emigración desestabilizará a relación dos que

quedaron en Galicia.

Si te dicen que caí (1989). Nun hospital, ante os cadáveres de dous

compañeiros da infancia, os protagonistas lembran os anos 40 e

como, a falta de xoguetes, imaxinaban historias.

Silencio en la nieve (2011). Inverno de 1943 na fronte bélica soviética, onde combate un grupo de españois da División Azul que se atopa cunha

serie de cabezas de cabalos nun lago conxelado. A investigación revela situacións insospeitadas.

Silencio roto (2001). No inverno de 1944, unha moza regresa a un

pobo de montaña onde fai amizade cun mozo que colabora cos

maquis.

Surcos (1951). Drama de gran realismo centrado na vida dunha

familia campesiña que emigra á cidade, onde a vida está chea de

penalidades e desenganos.

Tasio (1984). Son anos de éxodo rural, pero Tasio prefire

permanecer no seu pobo navarro como carboeiro e cazador furtivo,

solo, pero libre. .

Page 14: PELÍCULAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · Bienvenido, mister Marshall (1953). Un pequeno pobo vese alterado polo anuncio da visita dos americanos. O alcalde organiza o recibimento e

Tiempo de Silencio (1986). Un xoven médico traballa en Madrid

dos anos 40 tratando de investigar sobre o cancro, pero precisa de

coellos de indias para practicar e non son doadas de conseguir.

Tierra de cañones (1999). A loita antifranqueia presentada desde

ópticas moi diferentes, desde o fillo dunha familia aristocrática a un

miliciano que prepara un atentado contra Franco en Barcelona.

Todos a la cárcel (1993). Celebración do día dos prisioneiros

políticos nun cárcere do franquismo.

Tranvía a la Malvarrosa (1997). A partir dos datos biográficos de

Manuel Vicent, autor da obra do mesmo título, conta a súa

adolescencia na Valencia da posguerra, a represión psicolóxica e

policial.

Tu nombre envenena mis sueños (1996). Historia de vinganza e

complexas relacións entre quen foron amigos no medio da

investigación dun misterioso crime cometido en 1942.

Últimas tardes con Teresa (1984). Na Cataluña dos anos 50, os

mundos da alta burguesía e dos suburbios resultan completamente

antagónicos.

Page 15: PELÍCULAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · Bienvenido, mister Marshall (1953). Un pequeno pobo vese alterado polo anuncio da visita dos americanos. O alcalde organiza o recibimento e

Un franco, 14 pesetas (2006). España en 1960 iniciaba un período de

crecemento económico e tamén de fluxo migratorio a Europa en

busca de traballo adaptándose ben á nova situación.

Viva la clase media (1980). Historias e vivencia dun grupo de

persoas de clase media afiliadas ao PCE nos anos 60.

Y llegó el día de la venganza (1964). Un membro do maquis

refúxiase en Francia, pero a Garda Civil espera o momento de

tenderlle unha trampa. Este filme norteamericano estivo prohibido en

España ata 1979.

Page 16: PELÍCULAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · Bienvenido, mister Marshall (1953). Un pequeno pobo vese alterado polo anuncio da visita dos americanos. O alcalde organiza o recibimento e

DOCUMENTAIS

As silenciadas. A outra voz da guerrilla antifranquista. (2013). Un

documental de Pablo Ces sobre as mulleres que apoiaron e axudaron

o movemento da guerrilla en Galicia e que por iso foron duramente

represaliadas.

http://www.cultureunplugged.com/documentary/watch-

online/play/11292

Carta a Eva (2012). Miniserie de TVE que reconstrúe a viaxe que

fixo a España Eva Duarte de Perón en 1947, ocasión que aproveita a

familia dunha nai condenada a morte por un atentado contra a

embaixada arxentina para facerlle chegar unha carta solicitando

perdón.

Caudillo (1977). Documental sobre a vida e obra de Franco

empregando material orixinal.

Companys. Proceso a Cataluña (1979). Biografía do lider

republicano catalán.

El asesinato de Carrero Blanco (2011). Miniserie de TVE sobre o

proceso de xestación do atentado ao presidente do goberno e a

resolución do mesmo.

Page 17: PELÍCULAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · Bienvenido, mister Marshall (1953). Un pequeno pobo vese alterado polo anuncio da visita dos americanos. O alcalde organiza o recibimento e

Franco:ese hombre (1964). Documental sobre a vida de Francisco

Franco (1892-1975) no que a figura do ditador sae moi ben parada,

tendo en conta que o traballo foi un encargo do que era no momento

ministro de Información e Turismo, Manuel Fraga, para conmemorar

o que se chamou “25 años de Paz”.

Hollywood contra Franco (2008). A Guerra Civil exerceu un forte impacto en numerosos artistas de Hollywood e mesmo algúns deles viñeros

a loitar en apoio do bando republicano. O documental mostra como a

guerra foi utilizada por Hollywood en interese da política do momento-entre 1937 y 1975- desde posicións liberais prorepublicanas nos anos 40 -

co nazismo como inimigo-, ao achegamento a Franco nos 50, cando o

adversario era o comunismo. Esta relación entre o cine a a poítica está

narrada a través da historia de Alvah Bessie, un guionista de Hollywood que loitou como brigadista na guerra española.

Juego de espías (2013). En 1940 o Servizo de Intelixencia Británico

escolle o paso fronteirizo da Estación Internacional de Canfranc para

recompilar e intercambiar informacións esencias para a Segunda

Guerra Mundial organizando unha rede de espías formada por

vascos, aragoneses e franceses que informaba sobre os movementos

das tropas alemás e as mercadorías que entraban e saían de España.

La pelota vasca. La piel contra la piedra (2003). Análise do conflito

vasco comentado por 70 persoas vascas, incluídos políticos e

membros da ETA, en escenarios da xeografía vasca dirixido por Julio

Médem e que provocou unha forte polémica nos medios de

comunicación.

Presos del silencio (2004). A través do testemuño dos propios presos

e das súas familias saen á luz novos datos sobre a construción (1939-

62) do canal do baixo Guadalquivir.

Page 18: PELÍCULAS AMBIENTADAS NO FRANQUISMO · Bienvenido, mister Marshall (1953). Un pequeno pobo vese alterado polo anuncio da visita dos americanos. O alcalde organiza o recibimento e

Rejas e la memoria (2014). Aspectos do exilio no exterior e no

interior orixinado durante todo o franquismo.

La saga de El Cariñoso (2010). Tras 50 anos residindo en EEUU,

Josefina Solano Otí regresa a Cantabria coa intención de recuperar

parte das súas raíces que lle foron arrebatadas pola ditadura cando foi

inscrita só cos apelidos da súa nai negándolle os de seu pai, o mítico

guerrilleiro José Lavín Cobo, o Cariñoso.

Trece rosas (2006). Versión da denuncia, detención e posterior

execución, en 1939, de trece chicas das Xuentudes Socialistas

madrileñas.

Una svástica desde el Bidasoa (2013). Hendaia, 1940. O exército

alemán acaba de ocupar Francia e as súas tropas chegan ao río

Bidasoa convertendo esta zona en zona de descanso para as tropas de

Hitler.