PEER GYNT

13
PEER GYNT

description

CONTO BASEADO NA OBRA DE IBSEN MUSICADA POR GRIEG

Transcript of PEER GYNT

Page 1: PEER GYNT

PEER GYNT

Page 2: PEER GYNT

PEER GYNT

1

Nun pais do norte de Europa, chamado Noruega, vivía o protagonista da nosa historia, Peer Gynt.

Peer tiña 18 anos e vivía coa súa nai Ase. Peer non era malo, pero era un pouco farfallán e moi vago. Ase sempre berraba con el porque non lle axudaba no s traballos do campo nin nos traballos da casa. Un día, pola mañá moi cedo, Ase fíxolle un encargo moi importante ao seu fillo.

- Peer –díxolle- case non nos queda comida, debes ir ao bosque a cazar un cervo. - Non te preocupes mamá –díxolle Peer- Iso está feito!

Page 3: PEER GYNT

PEER GYNT

2

Colleu a súa escopeta e dispúxose a ir a cazar, pero como aínda era moi cedo e tiña bastante sono pensou –vou a durmir un pouquiño e despois cazarei o cervo mais grande do bosque-.

E quedou durmido coma un tronco, tanto, que roncaba como se unha enorme treboada estivera azotando ao bosque. Con tanto ruído os animais acercáronse e observaron a Peer mentres este durmía placidamente.

Page 4: PEER GYNT

PEER GYNT

3

Cando Peer espertou as tripas facíanlle moito ruído. Entón pensou –irei a comer algo e logo cazarei o cervo mais grande do bosque- e tan campante marchou camiño do pobo. Cando chegou atopouse conque había unha gran festa e comeu ata fartarse e logo coñeceu a unha rapaza chamada Solveig e estivo bailando con ela toda a tarde. Cando xa se poñía o sol, de repente, lembrou que tiña que volver a súa casa e que non cazara ningún cervo. Pensou que ao mellor a súa nai non lle rifaba demasiado e marchou tranquilamente.

Page 5: PEER GYNT

PEER GYNT

4

Ao chegar atopou a súa nai moi preocupada porque pensaba que lle pasara algo malo. Peer contoulle unha mentira e Ase enfadouse tanto con el, porque estaba farta de que fora un mentireiro, que o botou da casa. Pero como non quería que lle pasara nada malo entregoulle un tesouro que tiña gardado, era un MEDALLÓN MÁXICO que axudaría a Peer, aínda que non sempre, xa que Peer tiña que aprender a desenvolverse por si mesmo e a buscar solucións cando se metía en problemas. Peer colgou o medallón, despediuse da súa nai, e marchou polo mundo disposto a vivir moitas aventuras. Camiñou e camiñou día e noite ata que un día atopou o bosque mais tenebroso que nunca vira. Con certo medo decidiu adentrarse.

Page 6: PEER GYNT

PEER GYNT

5

Dentro do bosque había un silencio absoluto. Aínda que facía bastante vento non se escoitaba o son das follas das árbores ao moverse, nin se escoitaban paxaros ou outros animais. Peer camiñou polo sendero e de repente apareceu ante el unha gran montaña na que había o que parecía ser a entrada dunha gruta. Nin corto nin perezoso Peer decidiu entrar, -ao fin eo cabo el quería vivir moitas aventuras-. Dentro da gruta so se escoitaba o silencio e a pouca luz que había era a que se filtraba polos buratos entre as rochas. Cando se acostumou á luz viu que moitos ollos o miraban con cara de poucos amigos. Non fixo caso e empezou a camiñar con moito coidado, cando , de repente viu no medio da gruta a unha moza moi guapa cun vestido moi elegante.

- Eu son a filla do rei Brose, quen es ti?- preguntou a rapaza. - Chámome Peer e son o fillo da raíña Ase. - Entón seguro que quererás coñecer ao meu pai. Ven conmigo ao noso castelo,

que está na saída desta gruta tan fea.

Page 7: PEER GYNT

PEER GYNT

6

- Moi ben –dixo Peer, pensando que no castelo lle farían agasallos, xa que dixera que era o fillo dunha raíña, e pensou que ningúen descubriría a súa mentira.

Os dous xuntos camiñaron polo interior da gruta e despois de bastante tempo Peer empezou a preocuparse porque aquelo non acababa nunca.

- Cando eu te avise tes que pechar os ollos porque non podes ver a entrada do castelo, xa que é un segredo para que ninguén poida facernos dano- díxolle a moza.

Peer así o fixo e camiñou un rato cos ollo pechados. - Xa podes abrir os ollos –díxolle a rapaza.

Peer os abriu esperando atopar un castelo marabilloso e o que viu foi terrible. Seguía dentro da gruta e esta estaba chea de xigantescos trolls, que cheiraban moi mal. A moza convertírase nun horrible troll e o rei Brose era o troll mais grande de todos.

Page 8: PEER GYNT

PEER GYNT

7

Peer deuse de conta de que tiña que saír da gruta o antes posible e empezou a frotar o medallón máxico pedíndolle que o levara moi lonxe, pero o medallón non funcionou porque Peer metérase neste problema por dicir mentiras. Non lle quedaba mais remedio que saír polos seus medios. Entón empezou a moverse moi lentamente cara a saisa, pero os trolls ían detrás del. Empezou a ir cada vez mais rápido e mais rápido pero os outros tamén corrían cada vez mais. Peer pensou que estaba perdido cando, de súpeto, soaron as campás dunha igrexa e maxicamente os trolls desapareceron e el apareceu nos bosques preto da súa casa, san e salvo. De entre as árbores saliu Solveig e deulle unha mala nova. A súa nai morrera, por iso soaban as campás. Peer quedou moi triste e foi a súa casa para enterrar a Ase.

Page 9: PEER GYNT

PEER GYNT

8

Cando rematou o enterro despediuse de Solveig, que era unha gran amiga, e díxolle que aínda lle quedaban aventuras por vivir, pero que despois volvería a casa. Despedíronse e Peer marchou. Durante moitos anos viaxou por distintos países do mundo, coñecendo a moita xente e vivindo moitas aventuras. Ao cabo do tempo atopouse canso e pensou que era o momento de volver a súa aldea, onde estaban os seus amigos, xa que aínda que Peer era un farfallán e un mentireiro tamén era boa persoa e os seus veciños o querían moito.Embarcou nun gran barco velero que navegou durante moitos días. Cando xa se vía a costa de Noruega empezou unha enorme treboada.

Page 10: PEER GYNT

PEER GYNT

9

O vento sopraba moi forte e os lóstregos iluminaban todo o ceo. As ondas eran moi altas e o barco movíase como si fora unha cáscara de noz. De súpeto o barco chocou contra unhas rochas e todo o mundo caeu á auga.

Había moita xente que non sabía nadar e Peer, que nadaba moi ben, axudounos a chegar ata a beira, pero xa non lle quedaban forzas para poder salvarse el, entón lembrou o medallón máxico que lle dera a súa nai e que sempre levaba colgado do pescozo. Frotouno coas poucas forzas que lle quedaban e esta vez si funcionou. Cando xa estaba case afogado un golpe de vento levantouno polo aire e deixouno na praia.

O medallón que lle dera Ase acababa de salvarlle a vida. Nese intre Peer entendeu o que lle quería dicir a súa nai, se el era responsable e se preocupaba polos demais os demais preocuparíanse por el e poderían axudalo.

Page 11: PEER GYNT

PEER GYNT

10

Peer correu para chegar a súa aldea e cando estaba acercándose atopouse con Solveig e os seus veciños que viran ao barco naufragar e ían cara a praia para axudar no que puideran. Cando viron a Peer este díxolles que viña para quedarse e todos abrazáronse moi forte, xa que o botaban de menos, e viviron felices e comeron o que quixeron.

Versión de Mercedes Rivera Rodríguez.

Page 12: PEER GYNT

PEER GYNT

11

PROXECTO “EDVARD GRIEG E A SÚA OBRA PEER GYNT”

CURSO 2007-2008

Page 13: PEER GYNT