Pautasaccesibilidade moodle exe

6
Extraído de: Deseño, creación e titorización de cursos virtuais para a formación en rede. De Gloria Rivas Rodríguez e Agustín Carracedo Santos. Licencia CC-BY-NC-SA. A continuación comentamos algunhas indicacións que debemos ter en conta respecto á accesibilidade a nivel de usuario de eXeLearning ou Moodle. TER EN CONTA LA ESTRUTURA DE CONTIDOS: PARÁGRAFOS, ENCABEZAMENTOS E LISTAXES. Ao organizar os contidos dunha páxina web utilizamos parágrafos, encabezados e listas. Ve- xamos como facer accesibles cada un deles. PARÁGRAFOS Os parágrafos estruturan o contido textual da páxina web, contendo unha ou máis frases con relación entre si para expresar unha idea ou concepto. eXeLearning coloca as etiquetas que definen o parágrafo automaticamente ao crear parágrafos pulsando UNHA vez en Enter, pois se pulsamos dúas veces creamos un parágrafo intermedio baleiro. ENCABEZAMENTOS Os encabezamentos son elementos usados para definir títulos de sección ou encabezar sec- cións estruturais do contido. Para poñer os encabezamentos dentro de eXe ou de Moodle se- leccionamos a palabra ou conxunto de palabras e picamos sobre o despregable onde pon Formato, e buscamos o encabezado que queremos poñer, e se dentro deste subnivel hai ou- tros se nomearán sempre por orde e sen saltar ningún dos números respectivos. LISTAS As listas son agrupacións de elementos (ítems) que están relacionados entre sí. Existen tres tipos de listas: 1. Desordenadas: a orden dos elementos da lista non é crucial para entender a informa- ción, por exemplo: Patacas, Aceite, Ovos, Sal 2. Ordenadas: a orden dos elementos é importante para entender a información ou se tra- ta dunha enumeración lóxica, por exemplo: 1. Pelar as patacas, 2. Trochalas 3. Fritilas 4. ...

Transcript of Pautasaccesibilidade moodle exe

Extraído de: Deseño, creación e titorización de cursos virtuais para a formación en rede. De Gloria Rivas Rodríguez e Agustín Carracedo Santos. Licencia CC-BY-NC-SA.

A continuación comentamos algunhas indicacións que debemos ter en conta respecto á accesibilidade a nivel de usuario de eXeLearning ou Moodle.

TER EN CONTA LA ESTRUTURA DE CONTIDOS: PARÁGRAFOS, ENCABEZAMENTOS E LISTAXES. Ao organizar os contidos dunha páxina web utilizamos parágrafos, encabezados e listas. Ve-xamos como facer accesibles cada un deles.

PARÁGRAFOS Os parágrafos estruturan o contido textual da páxina web, contendo unha ou máis frases con relación entre si para expresar unha idea ou concepto.

eXeLearning coloca as etiquetas que definen o parágrafo automaticamente ao crear parágrafos pulsando UNHA vez en Enter, pois se pulsamos dúas veces creamos un parágrafo intermedio baleiro.

ENCABEZAMENTOS Os encabezamentos son elementos usados para definir títulos de sección ou encabezar sec-cións estruturais do contido. Para poñer os encabezamentos dentro de eXe ou de Moodle se-leccionamos a palabra ou conxunto de palabras e picamos sobre o despregable onde pon Formato, e buscamos o encabezado que queremos poñer, e se dentro deste subnivel hai ou-tros se nomearán sempre por orde e sen saltar ningún dos números respectivos.

LISTAS As listas son agrupacións de elementos (ítems) que están relacionados entre sí. Existen tres tipos de listas:

1. Desordenadas: a orden dos elementos da lista non é crucial para entender a informa-ción, por exemplo:

• Patacas, • Aceite, • Ovos, • Sal

2. Ordenadas: a orden dos elementos é importante para entender a información ou se tra-ta dunha enumeración lóxica, por exemplo:

1. Pelar as patacas,

2. Trochalas

3. Fritilas

4. ...

Iconas para crear listas. Gloria Rivas CC BY-SA

Para crear as listas en EXe debemos saber que se metemos unha lista ordenada dentro dunha desordenada, non a recoñece, e sempre sairán ambas as dúas desordenadas, aínda que o código estea ben escrito. Polo tanto, dentro dunha lista ordenada sempre irá unha desordena-da, e non ao revés.

Pero se queremos incluír unha lista desordenada dentro dunha ordenada debemos:

1. Escribir as dúas listas nunha soa.

2. Seleccionamos todo e damos ao botón de lista numerada.

3. Logo, seleccionamos a parte que queremos sinalar como lista desordenada e pul-samos sobre o botón "Aumentar sangría".

4. Seguidamente, coa selección aínda facemos clic sobre o botón lista desordenada, e xa temos nosas listas aniñadas.

ALTERNATIVAS AO CONTIDO VISUAL E AUDIOVISUAL. Os elementos visuais deben levar un texto alternativo que describa esa imaxe. Aínda que a simple vista non vemos ningún cambio entre inserir a imaxe con ou sen texto alternativo, é importante poñelo pois si utilizamos un lector de pantalla ---unha persoa cega, por exemplo--- si notaremos a diferenza (nos describe a imaxe) ou tamén si utilizamos un navegador coa opción non descargar imaxes para que a descarga da páxina sexa máis rápida, xa que no lugar da imaxe descárgase o texto alternativo. Esta técnica é moi habitual en lugares onde non teñen unha boa conexión a internet.

TÁBOAS ACCESIBLES É frecuente empregar táboas para inserir datos nelas de xeito ordenado.

EN EXELEARNING Para crealas dirixímosvos á icona Inserta unha nova táboa.

Dentro da lapela xeral marcamos Título (para poder poñer un título á táboa), logo, dentro da lapela Avanzado no botón Resumen inserimos o resumo da táboa.

O uso de táboas para maquetar, aínda que non se prohibe explicitamente nas distintas ver-sións das pautas WCAG, está desaconsellado a favor das follas de estilo, polo que calquera deseño novo debería evitar o uso de táboas co único propósitos de maquetar contidos. Neste curso úsanse táboas nalgunha ocasión para maquetar contidos, como se aprecia na imaxe de máis arriba.

EN MOODLE Para crear táboas accesibles en Moodle:

LIGAZÓNS ACCESIBLES As ligazón a sitios web deben estar correctamente indicadas. É doado. Para que sexan accesi-bles :

• As ligazóns non deben repetirse na mesma páxina co mesmo texto: nin na ligazón nin no texto alternativo.

• Cando menos un dos textos debería indicar a páxina que se abrirá. • Cómpre abrir a ligazón nunha xanela nova e informar no texto alternativo.

LIGAZÓNS ACCESIBLES EN MOODLE

LIGAZÓNS ACCESIBLES EN EXELEARNING:

SEPARACIÓN ENTRE CONTIDOS E APARENCIA Convén aclarar algúns aspectos relativos ás técnicas de maquetación empregadas no desen-volvemento web que poden influír sobre a accesibilidade, especialmente aqueles que teñen que ver cos usos incorrectos dos elementos estruturais para crear presentación visual.

• O elemento <blockquote> indica a presenza dun bloque de texto citado, e os nave-gadores habitualmente representan este elemento engadindo unha sangría ao bloque de texto no seu interior. Por iso debemos asegurarnos de que este código non aparece no noso HTML, sen que exista realmente unha cita, o usuario de produtos de apoio po-

de sentirse confundido ao navegar, posto que se lle informará dunha cita que realmente non existe. A ferramenta para citas debe usarase exclusivamente para as citas, non pa-ra sangrar parágrafos. Moodle non ten no seu editor de texto unha icona para Citas. A icona que insire Citas nos textos de eXeLearning é:

• O uso de táboas para maquetar contidos, por exemplo para que unhas ima-xes queden ben ao ver a páxina. Uso desaconsellado, aínda que permitido. Debe evitarse maquetar imaxes mediante táboas.

• A maquetación dos contidos (formato de letra, cores...) debería realizarse usando follas de estilo (css), que permiten que os contidos se estruturen da forma correcta, para posteriormente posicionar visualmente os elementos en pantalla, aplicar estilos tipográficos, tamaños, cores, etc. Frecuentemente a maquetación mediante follas de estilo esixe o uso de colectores estruturais sen carga semántica (é dicir, que non teñen unha función definida para o tipo de contido). Estes colectores son <div> e <span>. en Exe é preferible evitar o uso de cores e cambios de fonte, xa que o estilo se pode cambiar no botón estilo.