Paseando por Belvís Situado no centro histórico de ... · Xapón e Corea, mais as súas flores...

2
Situado no centro histórico de Compostela, o parque de Belvís ocupa unha antiga zona de hortas que foi transformada en parque urbano entre 1998 e 2008. No seu trazado respectáronse os muros, as bancadas do terreo e as vías históricas, como a rúa das Trompas. O parque de Belvís destaca polas súas amplas extensións de céspede, que se combinan con outras máis reducidas de arboredo, nas que podemos ver algunhas árbores de gran tamaño, coma un exemplar de dracena e varios castiñeiros. Dúas zonas do parque dividíronse en pequenas hortas, cultivadas por veciños e veciñas de Compostela que obtiveron a correspondente concesión do Concello. Un centro de visitantes para saber máis sobre o medio urbano As cidades son lugares clave na xénese e na solución da problemática ambiental que ameaza o noso benes- tar. O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) naceu para achegar a toda a cidadanía, e especialmente á poboación escolar, o funcionamento da cidade desde a perspectiva ambiental, coa finalidade última de fortalecer a implicación da sociedade compostelá na solu- ción dos problemas ambientais locais e globais. O CIAC alberga unha exposición permanente e interactiva, com- posta por material expositivo fixo e mais por pantallas táctiles con opcións para distintos niveis de formación dispoñibles en galego, español e inglés. A exposición pode ser visitada por calquera persoa interesada durante o horario de apertura ao público do CIAC. Ademais, é posible concertar visitas guiadas para grupos por parte de centros de ensino, asociacións,... O programa de actividades do CIAC compleméntase coa organización de obradoiros, exposicións temporais, xornadas técnicas e xornadas de divulgación. O parque é atravesado polo rego do Cancelón, afluente do Sar. No século XIX levaba auga dabondo como para abastecer as dúas fábricas de curtido do coiro que se situaban nos terreos do actual parque. O antigo curtidoiro de San Nicolás de Sar foi restaurado para acoller o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), mentres que do outro, situado nas Trompas, podemos ver a estrutura do edificio. Belvís foi durante moito tempo e ate mediados do século pasado unha zona de cultivos moi importante para a cidade e ademais na época medieval era tamén unha sorte de “foso” que actuaba coma defensa natural da cidade. Hoxe separa e relaciona o casco histórico co convento de Belvís e o Seminario Menor. O primeiro foi fundado no século XIV e reedificado na época barroca. A súa igrexa é obra de Fernando de Casas e Novoa, autor tamén da fachada do Obradoiro da catedral. O edificio do Seminario Menor foi construído nos anos 50, segundo os padróns da arquitectura da posguerra. Hoxe funciona tamén como colexio e albergue de peregrinos. Coma o resto dos parques da cidade, Belvís contribúe de variadas formas a facer de Santiago unha cidade máis habitable, e ademais de ser un espazo privilexiado para o lecer, axuda a reducir o cambo climático, é o hábitat de diversas especies de fauna e flora e aminora as enchentes cando chove intensamente. Rúa das Trompas en 1919, coas hortas e o convento de Belvís ao fondo Mapa de 1907 onde se ve o actual parque de Belvís bañado polo rego do Cancelón e os edificios do que hoxe en día é o CIAC. O Convento de Belvís, desde o xardín das aromáticas que hai na horta piloto xestionada polo propio concello. HORARIO: Martes de 16.30 a 18.30 Mércores, xoves, venres e sábado: de 09.30 a 13.30 Domingos e Luns, pechado MÁIS INFORMACIÓN: Teléfono: 981.543.145 Fax: 981.543.146 Correo-e: [email protected] Web: www.ciac-compostela.org LOCALIZACIÓN: R/Ameixaga, s/nº - Santiago de Compostela Coordenadas GPS: 42º 52,489’ N; 08º 32,274’ O Paseando por Belvís Itinerario ambiental para descubrir o noso parque Impreso en papel 100% reciclado, libre de cloro e certificado Deseño e realización: cem, s.coop.galega

Transcript of Paseando por Belvís Situado no centro histórico de ... · Xapón e Corea, mais as súas flores...

Page 1: Paseando por Belvís Situado no centro histórico de ... · Xapón e Corea, mais as súas flores brancas ou rosadas son moi apreciadas entre nós, o que levou a denominala “flor

Situado no centro histórico de Compostela, o parque de Belvís ocupa unha antiga zona de hortas que foi transformada en parque urbano entre 1998 e 2008. No seu trazado respectáronse os muros, as bancadas do terreo e as vías históricas, como a rúa das Trompas.

O parque de Belvís destaca polas súas amplas extensións de céspede, que se combinan con outras máis reducidas de arboredo, nas que podemos ver algunhas árbores de gran tamaño, coma un exemplar de dracena e varios castiñeiros. Dúas zonas do parque dividíronse en pequenas hortas, cultivadas por veciños e veciñas de Compostela que obtiveron a correspondente concesión do Concello.

Un centro de visitantes para saber máis sobre o medio urbanoAs cidades son lugares clave na xénese e na solución da problemática ambiental que ameaza o noso benes-tar. O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC) naceu para achegar a toda a cidadanía, e especialmente á poboación escolar, o funcionamento da cidade desde a perspectiva ambiental, coa finalidade última de fortalecer a implicación da sociedade compostelá na solu-ción dos problemas ambientais locais e globais.

O CIAC alberga unha exposición permanente e interactiva, com-posta por material expositivo fixo e mais por pantallas táctiles con opcións para distintos niveis de formación dispoñibles en galego, español e inglés.A exposición pode ser visitada por calquera persoa interesada durante o horario de apertura ao público do CIAC.

Ademais, é posible concertar visitas guiadas para grupos por parte de centros de ensino, asociacións,... O programa de actividades do CIAC compleméntase coa organización de obradoiros, exposicións temporais, xornadas técnicas e xornadas de divulgación.

O parque é atravesado polo rego do Cancelón, afluente do Sar. No século XIX levaba auga dabondo como para abastecer as dúas fábricas de curtido do coiro que se situaban nos terreos do actual parque. O antigo curtidoiro de San Nicolás de Sar foi restaurado para acoller o Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), mentres que do outro, situado nas Trompas, podemos ver a estrutura do edificio.

Belvís foi durante moito tempo e ate mediados do século pasado unha zona de cultivos moi importante para a cidade e ademais na época medieval era tamén unha sorte de “foso” que actuaba coma defensa natural da cidade.

Hoxe separa e relaciona o casco histórico co convento de Belvís e o Seminario Menor. O primeiro foi fundado no século XIV e reedificado na época barroca. A súa igrexa é obra de Fernando de Casas e Novoa, autor tamén da fachada do Obradoiro da catedral. O edificio do Seminario Menor foi construído nos anos 50, segundo os padróns da arquitectura da posguerra. Hoxe funciona tamén como colexio e albergue de peregrinos.

Coma o resto dos parques da cidade, Belvís contribúe de variadas formas a facer de Santiago unha cidade máis habitable, e ademais de ser un espazo privilexiado para o lecer, axuda a reducir o cambo climático, é o hábitat de diversas especies de fauna e flora e aminora as enchentes cando chove intensamente.

Rúa das Trompas en 1919, coas hortas e o convento de Belvís ao fondo

Mapa de 1907 onde se ve o actual parque de Belvís bañado polo rego do Cancelón e os edificios do que hoxe en día é o CIAC.

O Convento de Belvís, desde o xardín das aromáticas que hai na horta piloto xestionada polo propio concello.

©2011 Google - Datos de mapa ©2011 Tele Atlas -

CIAC Público · 494 vistasCreado el 8 de Abr · Por · Actualizado el 8 de Abr

CIAC

Page 1 of 1CIAC - Google Maps

10/10/2011http://maps.google.es/maps/ms?hl=es&ie=UTF8&t=m&msa=0&msid=203605226618...

HORARIO:Martes de 16.30 a 18.30

Mércores, xoves, venres e sábado: de 09.30 a 13.30Domingos e Luns, pechado

MÁIS INFORMACIÓN:Teléfono: 981.543.145

Fax: 981.543.146Correo-e: [email protected]

Web: www.ciac-compostela.org

LOCALIZACIÓN:R/Ameixaga, s/nº - Santiago de Compostela

Coordenadas GPS:42º 52,489’ N; 08º 32,274’ O

Paseando por Belvís

Itinerario ambiental para descubrir o noso parque

Impr

eso

en p

apel

100

% re

cicl

ado,

libr

e de

clo

ro e

cer

tifica

doD

eseñ

o e

real

izac

ión:

cem

, s.c

oop.

gale

ga

Page 2: Paseando por Belvís Situado no centro histórico de ... · Xapón e Corea, mais as súas flores brancas ou rosadas son moi apreciadas entre nós, o que levou a denominala “flor

Á sombra dos plátanosEstas árbores caducifolias, comúns

en toda a cidade, regálannos a súa exce-lente sombra nos días de sol inclemente. Trátase dun híbrido orixinado en Aranxuez a partir de dúas especies silvestres, de aí o seu nome científico, Platanus hispani-

ca. Son moi típicos os seus froitos de cor castaña con forma de pelotiñas granula-das. A súa cortiza despréndese en placas

verdosas ou amareladas.

Aves entre a herbaNas amplas extensións de céspede do parque pode-

mos observar en calquera época do ano diversas aves que andan á procura de alimento. Algunhas das máis frecuentes son a lavan-deira branca, o merlo común, o estorniño negro, o pombo ou a pega rabilonga.

Sachando na cidadeDúas zonas do parque de Belvís foron

divididas en pequenas parcelas e habilitadas polo Concello como hortas. O seu cultivo é un xeito máis de gozar do parque. O uso das parcelas é gratuíto e require da autorización do Concello.

A primeira fábrica de coiro de CompostelaNa actual rúa das Trompas, dous “músicos trompas” italianos da catedral fundaron contra 1783 o pri-

meiro curtidoiro particular de Compostela, do que fican en pé as ruínas dun dos edificios.Durante o século XIX Santiago converteríase na capital española da industria do coiro, chegando a funcionar simultaneamente máis de 25 fábricas.

Unha lagarta moi galega

En Galicia viven varias especies de lagartas, mais se vemos algunha nos murosde Belvís ou do resto da cidade ha ser con certeza unha lagarta galega. Foi bautizada así por se tratar dunha especie exclusiva de Galicia e do resto do noroeste ibérico. Describiuna para a ciencia Víctor López Seoane, un moi destacado naturalista galego do século XIX.

Perdéndonos entre cameliasUn conxunto de tres labirintos idénticos, formados por camelias,

proporciónannos un espazo para o xogo único na cidade. A camelia é un arbusto que

medra de xeito silvestre en China, Xapón e Corea, mais as súas flores brancas ou rosadas son moi apreciadas entre nós, o que levou a denominala “flor de Galicia”. Hai mesmo unha rota turística da camelia.

Paseando entre castiñeirosNesta zona medran castiñeiros ben corpulentos xunto

con outros de recente plantación.O seu froito, a castaña, foi a fonte máis importante

de hidratos de carbono para a alimen-tación humana en Galicia ate a

introdución desde América da pataca. Por iso, nalgunhas

comarcas chamaron ás patacas “castañas da terra”.

Un miradoiro da cidade vella

Desde o miradoiro temos unha boa vista do casco histórico (precisamen-te, belvís significa en galego miradoiro).Se diriximos a ollada cara ao ceo, entre abril e agosto non será difícil ver bandos de cirrios sobrevoando o parque mentres capturan insectos. Estas aves, semellan-tes ás andoriñas, pasan practicamente toda a súa vida voando!.

Unha espontánea no parqueAs flores do mexacán pintan ás veces de amarelo intenso unha pequena superficie do parque. Espállanse tamén de xeito

máis disperso polo resto do parque, xunto con outras flores ventureiras (e non por iso menos ornamentais!). Ten

propiedades medicinais, entre outras a de ser diurética, de aí tamén o seu nome de “mexacamas”.

Fermosos xardíns colgantesOs muros do parque, ergui-

dos con xistos, foron colonizados por algunhas especies de liques, musgos, fentos e plantas con flores. O lique Xanthoria parietina doura de amarelo as pedras. Entre elas acu-mulouse terra na que enraizaron plantas como a celidonia, cun leite amarelo empregado para curar as espullas; a herba da viúva, nomeada así por seren as súas flores violetas, unha cor do loito de alivio; ou o couselo, moi coñecido outro-ra coma planta medicinal.

Unha invasora americanaA carón do

muro que bordea o parque, veremos unha fila de árbores plan-

tadas. Son falsas acacias, unha

especie nativa de América do Norte

utilizada desde antigo en xardine-ría, cunhas olorosas flores brancas reuni-das en acios colgantes. No medio natural

compórtase como especie invasora.

1

23

45

6

8

911

12

13

1

2345

8

9

1112

13

7

7

10

10

Un sapiño asubiadorNesta zona podemos ouvir durante

o serán, a finais do inverno e na primavera, o canto asubiante dos machos de sapiño comadrón, que despois de se aparearen coas femias carrexan os ovos nas súas costas ate o momento da eclosión.O seu canto é moi semellante ao do moucho das orellas, unha pequena ave de rapina migra-dora que ten sido citada en Belvís.

Coches baixo as árboresUn dos moitos inconvenientes de termos fei-

to do coche o modo de transporte dominante en Santiago é a cesión de gran parte

do espazo público para a súa circulación e esta-cionamento. En Belvís sitúase un aparcamento público arborado no que se alternan as catalpas,

de grandes follas, e as moreiras.

6

CIAC

Un espazo para coñecermos mellor Santiago

O Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), aberto en 2011, é o punto de partida do noso itinerario.

O centro presenta unha visión da cidade como concentración humana consumidora de materiais e enerxía e xeradora de re-siduos e contaminación. A través da súa exposición interacti-

va podemos aprender como contribuírmos a reducir o elevado impacto ambiental de Santiago e tamén achegármonos á súa

fauna e flora.

²

Pla

no c

edid

o po

lo M

useo

de

His

toria

Nat

ural

“Lui

s Ig

lesi

as” -

US

C