Pasaporte rede

19
PASAPORTE Museoloxía social. Culturas en diálogo Rede Museística Provincial LUGO - ARXENTINA

description

Pasaporte do proxecto Culturas en Dialogo

Transcript of Pasaporte rede

Page 1: Pasaporte rede

pasaporte

Museoloxía social.Culturas en diálogo

Rede Museística Provincial

Lugo - arxentina

Page 2: Pasaporte rede

Visas

Entradas

3 de marzo de 2014 18 de decembro de 2014

saídas

Page 3: Pasaporte rede

- SINAIS PERSOAIS -

Profesión

Estado civil

Lugar e data de nacemento

Domicilio

- CóNxuxE-

Profesión

Lugar e data de nacemento

- FILLOS MENORES DE 15 ANOS-

Nome Idade Sexo

E hoxe... Porqué?

Como?Cando?

Onde?

Eres de aquí?Eres de acolá?...

Firma do titular

Page 4: Pasaporte rede

DESCRICIÓN DO PROXECTO—Museoloxía social, diálogo intercultural: Culturas en diálogo: Lugo – A Arxentina é un proxecto de colaboración entre a Rede Museística da Deputación de Lugo e as asociacións de inmigrantes e Retornados Rioplatenses en Lugo e Tango Club Galicia, mais un equipo multidisciplinar. Concíbese como programa de museoloxía social que formula un traballo de arqueoloxía emocional entre Lugo e a arxentina, coa posta en valor e humanización dos seus testemuños, en clave intercultural, entre diferentes xeracións e institucións museísticas, fomentando a creación multidisciplinar e onde se destaca a participación social de todos os colectivos da comunidade.

O Museo, como institución permanente con responsabilidade, social utiliza as coleccións que estuda, expón e difunde, como nexo de unión entre os pobos e ofrécese como canle de comunicación e mediador activo no lugar onde se instala.

Para responder a estes obxectivos, Culturas en diálogo constrúese a partir das seguintes liñas de actuación:

> investigación, documentación e conservación

> Didáctica> Difusión e Creación

OBXECTIVOS—obxectivo xeralinvestigar, documentar, conservar, reinterpretar e difundir a cultura de Lugo e a arxentina a través do diálogo intercultural e inclusivo, fomentando a participación activa de todos os colectivos e resaltando as súas propias manifestacións culturais.

obxectivos específicos> Construír, a través do museo, unha plataforma

multicultural de diálogo entre os pobos.> Darlles visibilidade ás comunidades e colectivos

que conviven no noso territorio, outorgándolles a capacidade de producir os seus propios contidos.

> Utilizar a arte en códigos lingüísticos que tratan temas sociais de forma transversal.

> Fomentar a participación en cultura e patrimonio cultural, compartindo unha identificación cun pasado común.

> Poñer en valor as manifestacións culturais de todas as comunidades que conviven na nosa sociedade.

> achegar a todas as persoas, independentemente da súa idade, xénero e capacidades a todas as actividades que se leven a cabo.

> Promover conciencia histórica e sentido de pertenza local e nacional.

> Homenaxear a muller emigrante, destacando a súa experiencia vital e fomentando a reflexión artística.

> Erixir a Lugo como área de referencia dentro do circuíto europeo e mundial do Tango.

Page 5: Pasaporte rede

ETAPAS—O programa Museoloxía social, diálogo intercultural: Culturas en diálogo: Lugo-A Arxentina desenvólvese dende marzo a decembro de 2014. Comeza en marzo, coincidindo coa celebración do festival Miradas de Mulleres e remata o 18 de decembro coa presentación do audiovisual do programa no Día Internacional do Migrante.

Durante estes nove meses desenvólvense diversas actividades dentro dos seguintes bloques de actuación, anteriormente comentados: investigación, documentación e conservación, didáctica, creación e difusión.

1. investigación, documentación e conservación

a. Mulleres de aquí e de acolá

Bloque documental onde se recompilan as experiencias de mulleres lucenses e mulleres arxentinas que emigraron ou retornaron. son relatos contados por elas mesmas ou por un familiar que van tomando visibilidade a través da gravación en vídeo e xeolocalizando no mapa do proxecto. Os e as participantes inclúen imaxes e obxectos que viñan a falar desta realidade que, á súa vez, serán parte dunha exposición que se celebra en xullo e onde dous artistas, dun e o outro lado, ofrecerán a súa propia interpretación.

2. Didáctica a. Convocatoria para Centros escolares. ConCurso: MuLLeres a 2 BanDas: Lugo – a arxentina.

Quíxose facer partícipes deste proxecto os centros educativos que manteñen cos nosos museos unha relación directa e cotiá. Dirixido aos cursos de 5.º e 6.º de primaria e para os catro cursos da EsO, tratouse de realizar un cómic no que se ilustre algún momento relacionado cos procesos migratorios, dende unha perspectiva de xénero, fomentando actitudes de respecto e promovendo o diálogo intercultural. Narrar unhas historias de mulleres que tiveron que emigrar dende dúas bandas: de Lugo á arxentina ou ben da arxentina a Lugo. Para o proxecto elaborouse unha unidade didáctica, que se lles facilitou aos centros educativos, co fin de traballar na aula os contidos deste proxecto ao que pon fin unha exposición dos traballos presentados a concurso.

b. obradoiros

No Museo Provincial de Lugo, no Museo Provincial do Mar de san Cibrao (Cervo), no Museo Fortaleza de san Paio de Narla (Friol) e no Museo Pazo de Tor (Monforte de Lemos) teñen lugar unha serie de obradoiros que teñen como obxecto a consciencia cultural, a sensibilización sobre o fenómeno Muller/Emigración/a arxentina e a posta en valor das e dos artistas e as artes.

Page 6: Pasaporte rede

Dirixido a todos e todas, de calquera idade e capacidade, ofrécense talleres abertos que crean, propician o diálogo, adoptan as novas tecnoloxías como forma de integración cultural e resaltan os acervos culturais dun lado e o outro do océano. Os temas sobre os que versan son:

- Mural en Rede - Vídeo Rede - Fotografía entre dous mundos - Realidade aumentada - Faladoiros radiofónicos - Baile colectivo - a Muralla e o Tango como Patrimonios

culturais da Humanidade

c. Mateadas e café de pucheiro

Durante todo o programa en Museo Provincial de Lugo, Museo do Mar en san Cibrao, Museo Fortaleza de san Paio de Narla en Friol, Museo-Pazo de Tor en Monforte de Lemos realízanse sesións de degustación sobre os sabores que invitan ao encontro e á charla sosegada. Estes dous elementos tan representativos das dúas culturas comparten xestos de hospitalidade e amizade.

No marco das sesións Sabores na cociña do Club sénior da Rede Museística Provincial e tamén en sesións abertas ao público en xeral, a asociación Rioplatenses en Lugo achéganos os olores e historias que se desenvolven arredor do mate, herba saudable

e arquetípica da cultura arxentina, aprendendo como se prepara, que útiles son necesarios e o seu ritual.

3. Creación e difusión

a. teatro

Coa compañía lucense Domingo Miolo &Cía, ponse en escena o espectáculo “Non son d’acó nin d’acolá” (Non son de acó nin de acolá) onde se trata dunha forma traxi-cómica o efecto que a emigración ten nunha familia e as dificultades que se encontran ao retornar.

b. Literatura: Borges e Blanco amor

Jorge Luís BorgesCoa conferencia “Borges, arxentino, universal e amigo de Galicia”, do profesor Claudio Rodríguez Fer, obtivemos unha visión tridimensional deste autor como arxentino interesado polas peculiaridades do seu país (gauchismo, tango, milonga), aberto á universalidade cósmica (multiculturalismo, multilingüismo, federalismo) e interesado pola cultura galega (Cancioneiros medievais, Rosalía, amigos galegos).

eduardo Blanco amorEmigrante a Bos aires con 21 anos, en 1919. O autor de Os biosbardos, entre outras recoñecidas obras, representa dun xeito fiel a relación entre a identidade galega e a arxentina. En Bos aires fundou o Teatro Popular Galego e foi director

Page 7: Pasaporte rede

da revista Galicia, editada polo Centro Galego de Bos aires. Unha das súas novelas, A Esmorga (1959), representa a renovación literaria da narrativa galega. Este ano, o Museo Pazo de Tor foi escollido como escenario para a versión cinematográfica desta obra literaria, dirixida por ignacio Vilar e producida por Vía Láctea Filmes, con célebres actores como Miguel de Lira, Karra Elejalde e antonio Durán “Morris”.

c. Danza

“V encontro tango Líber” No mes de xullo de 2014, no Museo Fortaleza de san Paio de Narla en Friol, Museo-Pazo de Tor en Monforte de Lemos desenvolveuse a quinta edición deste encontro, organizado pola asociación Tango Líber Galicia. acolle este evento actividades de todo tipo e para todo o tipo de público: obradoiros de iniciación ao baile, milongas, concurso exposición, audiovisuais, etc., que ofrece un panorama multidisciplinar da cultura do Tango no que se dan cita bailaríns profesionais de diferentes partes do mundo, situando, así, a cidade de Lugo no epicentro dun evento único en Galicia e de proxección internacional. Os obxectivos do “V Encontro Tango Líber” están na vía de unir un pasado compartido de emigración, dun xeito bidireccional, a través da cultura deste xénero musical, así como achegar e propiciar a participación cidadá no patrimonio cultural.

d. Belas artes

Concurso aBerto patrimonios. a Muralla e o tangoEn colaboración coa asociación Tango Club Galicia, preséntase este concurso aberto a todas as disciplinas artísticas e creativas, dentro do programa Culturas en diálogo: Lugo-A Arxentina, baixo as liñas de museoloxía social e de diálogo intercultural. Trátase dun diálogo intercultural que versa sobre o patrimonio, poñendo o acento sobre o Tango, declarado Patrimonio Cultural inmaterial da Humanidade pola Unesco, en 2009, e sobre a Muralla, declarada Patrimonio da Humanidade, no ano 2000.

exposición fotográfica: PATRIMONIOS: Muralla e Tango

Esta mostra, que percorre os catros museos da Rede, resalta a forza simbólica e a inherente identidade cultural da Muralla e do Tango. Patrimonio cultural tanxible e intanxible únense para redefinir o presente cunha mirada retrospectiva para representar simbolicamente unha identidade.

Guía Postal de LugoExposición que reinterpreta unha das obras da artista lucense Maruja Mallo, residente na arxentina, durante o seu exilio, a raíz da Guerra Civil. Preténdese

Page 8: Pasaporte rede

representar a cidade de Lugo cunha visión de presente, pasado e futuro, reivindicando así a visibilidade dunha das artistas máis importantes do surrealismo ao tempo que se quere potenciar a cidade de Lugo.

Guía Postal da ArxentinaRecuperación de diversos artistas de nacionalidade arxentina e uruguaia que conforman os fondos que o Centro lucense de Bos aires lle doa ao Museo Provincial de Lugo, con obras de Mercedes amigo, Leopoldo Presas, Horacio Butler e Carlos a. Torrallardona, entre outros.Da mesma forma, como unha viaxe de ida e volta, destácase a obra das e dos artistas que no exilio na arxentina atoparon un espazo para seguir crecendo, como Castelao, seoane, Laxeiro e Baldomero Pestana.

reinterpretando Mulleres de aquí e de acoláiago Eireos, artista lucense, e Julia Romano, artista arxentina, retoman a documentación e as testemuñas do proxecto da muller e emigración para ofrecer unha visión actual e nova sobre esta situación social que marcou de forma determinante as nosas culturas. O seu traballo, en colaboración dende un lado ao outro do océano, representa a esencia deste proxecto, capaz de unir e xerar creatividade.

e. plataformas multimedia de difusiónOs obxectivos marcados neste proxecto terían un impacto máis reducido sen o emprego das novas tecnoloxías da información como medio de difusión; tecnoloxías que, por un lado, son altofalantes destas actividades, permitindo así compartilas en rede para aumentar o debate e invitar á participación. E, por outra parte, permiten que a nosa liña de traballo na conservación e na posta en valor sexa accesible e visible por todos e todas.

Para iso desenvolvéronse os seguintes recursos:Web: http://www.didacticaredemuseistica.org/?page_id=949Facebook: https://www.facebook.com/culturasendialogoG+: https://plus.google.com/117558698027941286735Blog: http://culturasendialogolugoarxentina.blogspot.com.es/

Neles está toda a documentación, recompilada e producida a partir do programa Culturas en Diálogo: documentación, mapa de localización de mulleres emigrantes, memoria fotográfica das actividades, vídeos, catálogo de obras, etc.

Page 9: Pasaporte rede

1> Leonor aLBareLLosComposición en grises 1965Óleo sobre lenzo100 x 70 cm

1

3

4

2

2> MerCeDes aMigoComposición 1967Técnica mixta sobre lenzo65 x 86 cm

3> HÉCtor BaLDasÚanatureza morta 1962Óleo sobre lenzo65 x 93 cm

4> HoraCio ButLernatureza morta Óleo sobre lenzo78 x 40 cm

ARTE ARXENTINA E URUGUAIA NO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO—

No Museo Provincial de Lugo están representados máis de 35 artis-tas uruguaios e arxentinos nunha interesante e importante colección artística na que figuran, fundamentalmente, pinturas, debuxos e gravados. Trátase de obras realizadas en torno aos anos 50 e 60 do pasado século que, entre outras influencias, acusan a das vangar-das europeas, de comezos do XX, e do muralismo mexicano, dos anos 20, sen esquecer as diversas achegas do gravado nas súas diferentes técnicas. algúns dos seus autores, como no caso de Raquel Forner, Horacio Butler, Kasuya sakay, sarah Grilo, antonio Fernández–Muro ou Leopoldo Presas acadaron unha gran sona e recoñecemento no panorama artístico internacional. a presenza desta colección, no Museo Provincial de Lugo, ten a súa orixe nas obras doadas polo Centro Lucense de Bos aires, ás que hai que sumarlles as conseguidas pola escritora uruguaia Delia a. Díaz que, en 1973, despois de visitar o Museo Provincial de Lugo e comprobar a existencia dunha sala dedicada a artistas arxentinos, xuntou unha colección de obras de artistas do seu país para crear unha sala representativa da arte uruguaia contemporánea. Entre os artistas representados hai algúns descendentes de galegos e outros, como no caso de Manuel Bujados, que marcharon da nosa terra con destino á arxentina, o que pon esta colección en relación co mundo da emigración galega cara ao continente americano, tan característica da primeira metade do século XX.Un dato para ter en conta é o da notable presenza de mulleres artistas nesta colección, feito que pon de manifesto a importancia feminina no panorama artístico de mediados do século pasado nestes dous países iberoamericanos.

Page 10: Pasaporte rede

5 6

7

5> aLBerto Castro Cousosen título1973 Tinta sobre papel26 x 20,5 cm

6>sen título1973 Tinta sobre papel68 x 49 cm

7>sen título1967 Tinta sobre papel59,5 x 79,5 cm

8>sen título1994 Óleo sobre lenzo99,5 x 79,5 cm

8

9> raQueL Fornero profeta (serie de lúas) 1958Óleo sobre lenzo160 x 75 cm

10> saraH griLoen ocres 1958Óleo sobre lenzo65 x 81 cm

11> DaViD LapiDo porteLatellados do Museo 1957Óleo sobre lenzo38 x 47 cm

12> FernÁnDeZ LouriDoel chaladero / sorpresas1912acuarela e tinta sobre papel35 x 18 cm

9

10

12

11

Page 11: Pasaporte rede

13>14 ana MatiLDe MartÍneZ pasarÍnsen título (2 und)1973Tinta de cores sobre papel37 x 27,5 cm

15> LeopoLDo presasa familia1954Óleo sobre lenzo105 x 125 cm

16> enriQue roDaHomenaxe a CasalsÓleo sobre táboa92 x 73 cm

13 14

15

16

17> raÚL russoBodegón1957Óleo sobre táboa70 x 100 cm

18> KaZuYa saKaisen título1960Óleo sobre lenzo130 x 90 cm

19> CarLos a. torraLLarDonano café1960Óleo sobre lenzo60 x 75 cm

20> sara aCeVeDo De Capurrosen título1970Óleo sobre lenzo44 x 58 cm

17

18

19

20

Page 12: Pasaporte rede

21> CarMen teresita Bonorancheiro1972Óleo sobre lenzo45 x 53 cm

22> tina BorCHeÁngela Davis1971Xilografía sobre papel39 x 28 cm

23> gLoria Carrerou Dama do trévol1968Xilografía sobre papel28,5 x 21 cm

24> riCarDo CasteLLanos terras baixa1971Óleo sobre lenzo50 x 61 cm

21

22

23

24

25> raÚL CatteLaniDesenrolo dunha forma no espacio. 1969Xilografía sobre papel118 x 40 cm

26> Formas en movemento1967Xilografía sobre papel116 x 40 cm

28> M.ª CarMen Coppetti De Bonoaduana1971Óleo sobre lenzo50 x 60,5 cm

29> isaBeL eastonBarcazas1973Témpera sobre papel49 x 69 cm

25

26 27

28

29

27> Construcción de un plano1968Xilografía sobre papel81,5 x 32 cm

Page 13: Pasaporte rede

30> JosÉ erManretrato1972acuarela e tinta sobre papel60,5 x 40,5 cm

31>relación afectiva ii1973acuarela e tinta sobre papel55 x 42 cm

32> HiLDa Ferreiraxardiñeiro1970Xilografía sobre papel40 x 29 cm

33>sen título1970Xilografía sobre papel40 x 29 cm

30

31

32 33

35> LiLa gonZÁLeZVista a través dun arco1971Xilografía sobre papel39 x 28 cm

36> raÚL aLFreDo LeguisMoo sono do pescador1973Lapis sobre papel65 x 51 cm

34>gentieu1970Composiciónserigrafía sobre papel23 x 22,5 cm

38>sen títuloTécnica mixta36 x 46 cm

37> neDer Costasen títuloÓleo sobre lenzo70 x 60 cm

3435

36

37

38

Page 14: Pasaporte rede

41

42

39> raQueL orZuJ De grosteinDon Quijote da ManchaTémpera e tinta sobre papel70 x 52 cm

40> JosÉ MarÍa paganisen títuloLapis sobre lenzo29 x 21 cm

41> sen títuloLapis sobre lenzo29 x 21 cm

42> raFaeL pÉreZ BarraDassen títuloimpreso49 x 36 cm

39

40

43> F.C.sen título1970Xilografía sobre papel31 x 29 cm

44> seVerino posesen títuloLapis sobre papel21 x 26 cm

46>sen títuloCeras sobre papel57,5 x 44,5 cm

45> sen títuloCeras sobre papel57,5 x 44,5 cm

43

44

45 46

Page 15: Pasaporte rede

47> estHer rasZapCafé Bar1973Óleo sobre papel78 x 98 cm

48> aLCeu riBeiroBodegón1973Óleo sobre papel66 x 90 cm

49> eDgarDo riBeiroporto de palamós1972Óleo sobre lenzo55 x 46 cm

50> HeBer sCeLZa roLanDoimáxenes por dous1968Xilografía en cores118 x 73 cm

47

48

49

50

51> ruisDaeL suÁreZpescadores1961Xilografía sobre papel48 x 64 cm

52> sara traVersasen título1971Témpera sobre papel65 x 50 cm

53> MigueL ÁngeL ZeLaYetaCidade vella de Montevideo1970acuarela sobre papel49 x 64 cm

54> Juan BatLe pLanaseuclides1954Témpera sobre papel19 x 11 cm

51

52

53

54

Page 16: Pasaporte rede

Antecedentes

Proxecto “Follas novas, novas follas”

(2010)Espectáculo

“Arte, muller e tango” (13-12-2013)

Mulleres de aquí e de acoláRelatos de mulleres galegas que emigraron á ArxentinaRelatos de mulleres da Arxentina que emigraron a LugoBloque documental onde se recompilan as experiencias de mulleres lucenses e mulleres arxentinas que emigraron ou retornaron. son relatos contados por elas mesmas ou por un familiar que van tomando visibilidade a través da gravación en vídeo e xeolocalizando no mapa do proxecto. Os e as participantes inclúen imaxes e obxectos que viñan a falar desta realidade que, á súa vez, serán parte dunha exposición que se celebra en xullo e onde dous artistas, dun e o outro lado, ofrecerán a súa propia interpretación.

Jorge Luís BorgesCoa conferencia “Borges, arxentino, universal e amigo de Galicia”, do profesor Claudio Rodríguez Fer, obtivemos unha visión tridimensional deste autor como arxentino interesado polas peculiaridades do seu país (gauchismo, tango, milonga), aberto á universalidade cósmica (multiculturalismo, multilingüismo, federalismo) e interesado pola cultura galega (Cancioneiros medievais, Rosalía, amigos galegos).

Guía postal da ArxentinaRecuperación de diversos artistas de nacionalidade arxentina e uruguaia que conforman os fondos que o Centro lucense de Bos aires lle doa ao Museo Provincial de Lugo, con obras de Mercedes amigo, Leopoldo Presas, Horacio Butler e Carlos a. Torrallardona, entre outros.

Da mesma forma, como unha viaxe de ida e volta, destácase a obra das e dos artistas que no exilio na arxentina atoparon un espazo para seguir crecendo, como Castelao, seoane, Laxeiro e Baldomero Pestana.

MateEsta infusión tamén destaca polo seu carácter estimulante e sociabilizadora, diferenciándose do café, entre outros aspectos, en que se sorbe, mentres que o primeiro se bebe.

CaféBebida que se consegue a partir de sementes torradas e moidas, trátase dunha bebida estimulante e sociabilizadora que se toma a calquera do día.

O TangoDeclarado Patrimonio Cultural inmaterial da Humanidade pola Unesco en 2009, constitúe un dos símbolos por excelencia da arxentina.

Eduardo Blanco AmorEmigrante a Bos aires con 21 anos, en 1919. O autor de Os biosbardos, entre outras recoñecidas obras, representa dun xeito fiel a relación entre a identidade galega e a arxentina. En Bos aires fundou o Teatro Popular Galego e foi director da revista Galicia, editada polo Centro Galego de Bos aires.

Unha das súas novelas, a Esmorga (1959), representa a renovación literaria da narrativa galega. Este ano, o Museo Pazo de Tor foi es-collido como escenario para a versión cinematográfica desta obra literaria, dirixida por ignacio Vilar e producida por Vía Láctea Filmes, con célebres actores como Miguel de Lira, Karra Elejalde e antonio Durán “Morris”.

A Muralla Romana de LugoDeclarada Patrimonio Cultural da Humanidade no ano 2000, trátasedo monumento máis representativo e antigo da cidade de Lugo, xa que conta con 1.700 anos de antigüidade.

Guía postal de LugoTrátase dunha das obras da artista lucense Maruja Mallo, residente na arxentina, durante o seu exilio, a raíz da Guerra Civil, na que se representa á cidade de Lugo cunha visión de presente, pasado e futuro, coa que se pretende reivindicar a visibilidade dunha das artistas máis importantes do surrealismo ao tempo que se quere potenciar a cidade de Lugo.

Inicio

3 de marzo de 2014Presentación do proxecto

“Culturas en diálogo:

Lugo-Arxentina”

Page 17: Pasaporte rede

Artista arxentina:Julia Romano

Reinterpretando xuntos Mulleres de aquí e de acolá

iago Eireos, artista lucense, e Julia Romano, artista arxentina, retoman a documentación e as testemuñas do proxecto da muller e emigración para ofrecer unha visión actual e nova sobre esta situación social que marcou de forma determinante as nosas culturas.

O seu traballo, en colaboración dende un lado ao outro do océano, representa a esencia deste proxecto, capaz de unir e xerar creatividade.

Final:

xornadas Museoloxía social. Culturas en diálogo:LuGO - ARxENTINA18 de decembro de 2014Día Internacional do MigranteMuseo Provincial do MarRede Museística Provincial de Lugo

Eres de aquí? Eres de acolá?...

“Rescatados 60 inmigrantes que viajaban en una patera cerca de la isla de Alborán”

E hoxe... Porqué? Como? Cando? Onde?

“Los sindicatos lamentan la salida de jóvenes e inmigrantes y la temporalidad”

Artista lucense:Iago Eireos

Page 18: Pasaporte rede

Museoloxía social.Culturas en diálogo

organiza: Rede Museística da Deputación de Lugo / Tango Club Galicia / asociación RioplatenseColaboran: Museo Nacional de la inmigración / Museo de la Emigración Gallega (MEGa), da arxentinaComisariado e coordinación: Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de LugoDocumentación: Pilar sánchez Monje / José Reigosa / ana Mª BereciartúaMaterial web: Mónica Castro / Juan ignacio Márquez BarrosDidáctica: Departamentos de Didáctica dos museos da Rede Museística / Tamara BermúdezCreación artística: iago Eireos / Julia Romano / Miguel Ángel Curiel / Noa Persán / sesé Vila / Juan Pablo Mastroianni / Marcela Mastroianni / Juan Carlos Cambas / Karina Lucca / Leonardo Mosqueda Difusión e supervisión: Fernando arribas, responsable de Difusión da Rede MuseísticaDocumentación da colección de pintura arxentina e uruguaia do Museo provincial de Lugo: Departamento de Belas artes do MPL (M. Quiroga e L. Yáñez)Corrección lingüística: Montserrat González Álvarez (servizo de Normalización Lingüística da Deputación de Lugo)Música: Paco Nieto (selección de pezas baixo o título “Música de aquí e de acolá”)

Lugo - arxentina

Page 19: Pasaporte rede