Pasaporte 2

12
1 PASAPORTE SOLIDARIO 2011 Es solidario? Unha persoa solidaria é aquela que contrae obrigacións «in sólidum». E sabes que significa «sólidum»? Era unha moeda romana de ouro que puxo en circulación o emperador Constantino o Grande (324-347). A acepción de sólido, macizo, forte, deu tamén sentido á palabra solidariedade: un compromiso, unha obriga que non queda en palabras que pode levar o vento, unha forma de adhesión aos demais e de axuda ao seu traballo e á súa vida. Este Pasaporte servirá de rexistro dunha serie de accións solidarias que poderás realizar ao longo deste curso escolar. Le atentamente o Regulamento que atoparás na páxina 2. Cobre os teus datos persoais na páxina 3 e pide que che cuñen esa páxina. A partir de agora xa podes iniciar a túa aventura solidaria. O pasaporte solidario é publicado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar Social (Xunta de Galicia)

Transcript of Pasaporte 2

Page 1: Pasaporte 2

1

PASAPORTE

SOLIDARIO

2011

Es solidario?

Unha persoa solidaria é aquela que contrae obrigacións «in sólidum». E sabes que signifi ca «sólidum»? Era unha moeda romana

de ouro que puxo en circulación o emperador Constantino o Grande (324-347). A acepción de sólido, macizo, forte, deu tamén sentido á palabra solidariedade: un compromiso, unha obriga que non queda en palabras que pode levar o vento, unha forma de adhesión aos demais e de axuda ao seu traballo e á súa vida.

Este Pasaporte servirá de rexistro dunha serie de accións solidarias que poderás realizar ao longo deste curso escolar.

Le atentamente o Regulamento que atoparás na páxina 2. Cobre os teus datos persoais na páxina 3 e pide que che cuñen esa páxina.

A partir de agora xa podes iniciar a túa aventura solidaria.

O pasaporte solidario é publicado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo

e Benestar Social (Xunta de Galicia)

Page 2: Pasaporte 2

2

PASAPORTE

SOLIDARIO

2011

REGULAMENTO

1. Neste pasaporte hai tarefas solidarias. Pódelas facer na orde que ti queiras, aínda que hai algunhas que son colectivas, polo que deberás de chegar a un acordo cos teus compañeiros e seguir as instrucións dos teus profesores.

2. En cada páxina hai dúas propostas. Le con atención a información previa. Organízache e fai o que se che suxire en cada unha delas. Debes utilizar o teu caderno de clase para tomar notas, apuntar teléfonos e para anotar todo o que estea relacionado coa acti-vidade que vaias realizar. No pasaporte, describe o que fi xeches en poucas palabras.

3. Cada actividade é como unha viaxe que che vai achegando a novas fronteiras. Cando un viaxeiro chega a un país presenta o seu pa-saporte e as autoridades vísano e ponlle un cuño.

4. Cando termines unha tarefa lla insignias ao teu profesor ou aos teus pais para que asinen a páxina e fagan constar a data en que a realizaches. É o visado de que a actividade foi realizada correc-tamente. Nalgunhas propostas, podes conseguir un cuño dalgun-ha institución ou organismo relacionado coa actividade. Daralle máis entidade ao teu pasaporte.

5. Aparte das tarefas descritas aquí é probable que no colexio, en casa, só ou cos teus amigos participes nalgunha acción solidaria que non se corresponde directamente coas que fi guran aquí. Podes deixar constancia delas no espazo que reservamos nas dúas últimas páxinas do pasaporte.

6. Ao fi nalizar todas as tarefas entrégaslle este pasaporte ao teu profesor.

7. Parabéns polo teu traballo. Coincidindo co Congreso Nacional de Voluntariado, a celebrar este ano na Coruña, recibirás un diplo-ma que acredite o teu espírito solidario.

Page 3: Pasaporte 2

3

PASAPORTE

SOLIDARIO

2011

NOME

COLEXIO

CURSO QUE ESTUDAS NIVEL

CÓDIGO POSTAL CONCELLO

NACIONALIDADE

DATA DE NACEMENTO

Data e cuño do colexio

Pega aquí unha foto túa

A túa sinatura

Page 4: Pasaporte 2

4

PASAPORTE

SOLIDARIO

2011

1. ANCIÁNS

Pensa nos avós. Todos temos en casa ou coñecemos persoas que pola súa idade teñen difi cultade para valerse por si mesmas, sexan familiares ou non.

Accións posibles: Prestar axuda a un ancián en algo que ten difi cultade en facer por si só: camiñar, pasar o semáforo, lerlle unha noticia no xornal ou outras accións.

Describe que fi xeches: _____________________________________________________________________________________________________________________________________________

2. BANCO DO TEMPO

Sé xeneroso. Consiste en prestar xenerosamente o teu tempo facendo un favor a alguén e chegar a un acordo para que esas persoas che “páguen-che” dedicando, máis ou menos, o mesmo tempo en devolverche o favor, sen cobrar intereses, desde logo.

Accións posibles: Dar do teu tempo para que outros preparen mellor o seu exame, dar do teu tempo para organizar a excursión dun grupo do teu colexio, axudar ao profesor a recoller a clase e facer uns mapas, es-perando talvez que outros tamén o fagan algunha vez contigo.

Describe que fi xeches: _____________________________________________________________________________________________________________________________________________

Firma (profesor / pais)

Data: ____________________________________________

Page 5: Pasaporte 2

5

PASAPORTE

SOLIDARIO

2011

3. A RÚA

Aprende a vivir. Hai moita xente na rúa que vai soa, que está desorientada, que pide unha esmola, que non ten onde ir, ou que vai ao seu e non se preocupa dos demais, ou que se manifesta por lograr os seus dereitos.

Accións posibles: Dar algunha esmola, ceder o asento no autobús, non tirar chicle na beirarrúa, acompañar a alguén á súa casa, servir de guía ao que está perdido.

Describe que fi xeches: _____________________________________________________________________________________________________________________________________________

4. CANCIÓNS

Outra forma de dicir as cousas. Existen moitas cancións que teñen na súa letra e ritmo un sentido social solidario, denuncian un problema, unha inxustiza e esixen unha solución, e que ademais lles gusta moito á xente.

Accións posibles: Falar con algunha ONG que poida facilitarche títulos de-sas cancións, preguntar en casas de discos se as teñen, aprender a letra e participar nun coro de clase máis ou menos afi nado para cantalas, e outras.

Describe que fi xeches: _____________________________________________________________________________________________________________________________________________

Firma (profesor /pais)

Data: ____________________________________________

Page 6: Pasaporte 2

6

PASAPORTE

SOLIDARIO

2011

5. EN CASA

Un castelo que hai que coidar. En casa sempre hai moito que facer e todo o mundo necesita axuda para levar a cabo o traballo de cada día.

Accións posibles: Axudar a limpar a habitación, facer a cama, ir ao súper, traballar cos teus irmáns os deberes, contestar ao teléfono, sacar o can a pasear.

Describe que fi xeches: _____________________________________________________________________________________________________________________________________________

6. CIVISMO

A boa educación. A rúa é de todos e para moitos é unha prolongación entre a casa e o colexio. É un espazo para a liberdade, para respectar os dereitos dos demais, e unha boa ocasión para axudar a quen o necesita.

Accións posibles: Axudar nunha campaña de limpar a rúa ou a entrada do colexio, axudar a cumprir as normas do tráfi co no paso de peóns, dicir aos demais que non tiren chicles no chan, non berrar, ceder o asento no autobús…

Describe que fi xeches: _____________________________________________________________________________________________________________________________________________

Firma (profesor /pais)

Data: ____________________________________________

Page 7: Pasaporte 2

7

PASAPORTE

SOLIDARIO

2011

7. COLEXIO

Aprender xuntos. Moitos compañeiros teñen difi cultades nos estudos, outros se aburren no recreo e ninguén lles elixe para xogar con eles, algúns profesores piden colaboración e non a teñen, ademais doutros problemas.

Accións posibles: Traballar en grupo e axudar ao que atrasado no estudo, xogar con outros a quen nunca ninguén lles elixe, prestar os teus apun-tes, axudar nos deberes, participar en campañas de voluntarios e outras.

Describe que fi xeches: _____________________________________________________________________________________________________________________________________________

8. CONSUMO

Iso, o xusto. Canto gastamos en cousas útiles, canto en cousas inútiles e ata prexudiciais nunha semana, nun mes? Que diferenzas hai entre o que gastan uns e outros? Que consumimos? Podemos consumir menos para os que non teñen nada, aí cerca, ou lonxe xeografi camente de nós?

Accións posibles: Pescudar canto consumimos en luz, en auga, en comi-da, en vestido, en viaxes, en móbiles e canto é necesario ou de canto se pode prescindir, cantos pobres hai no mundo ou aí moi preto de nós, ata na nosa clase, e outras.

Describe que fi xeches: _____________________________________________________________________________________________________________________________________________

Firma (profesor /pais)

Data: ____________________________________________

Page 8: Pasaporte 2

8

PASAPORTE

SOLIDARIO

2011

9. COTA %

Un pouco é moito. Na historia dos pobos sempre se deu unha parte de cartos ou bens para fi nanciamento dalgunha organización de tipo social, relixioso ou cultural. Que tanto por cento (%) podes dar do que ti con-somes, polo menos en algo que non é tan necesario para ti?

Accións posibles: Prescindir diariamente ou semanalmente de algo non tan necesario, deducir un tanto por cento e darllo a quen o necesita, com-partir, repartir aínda que che quedes con menos, lograr aos poucos un aforro para un proxecto importante, e outras.

Describe que fi xeches: _____________________________________________________________________________________________________________________________________________

10. ENFERMOS

Necesitan compañía. En casa, no hospital, ata no colexio ou na rúa vemos todos os días algunhas persoas que están enfermas ou teñen algún pro-blema físico ou de incapacidade.

Accións posibles: Facerlle unha visita, estar con eles un momento, prepa-rarlles o seu medicamento ou o seu alimento, axudarlles na súa tarefa escolar, animarlles cando teñen dor, ou outras accións.

Describe que fi xeches: _____________________________________________________________________________________________________________________________________________

Firma (profesor /pais)

Data: ____________________________________________

Page 9: Pasaporte 2

9

PASAPORTE

SOLIDARIO

2011

11. ENTREVISTAS

Xornalistas por un día. Os teus profesores coñecen moi ben a persoas especialistas en problemas sociais a quen podemos facer unha entrevis-ta. Ou tamén a persoas que estean padecendo un problema de calquera tipo: sería importante invitarlles a clase ou entrevistarlles persoalmente.

Accións posibles: Invitar a algunha ONG, a persoas que saen no xornal e poden falarvos de xente que necesita axuda, conectar por redes sociais con outros colexios solidarios, invitar a compañeiros maiores a charlar convosco sobre estes temas, e outras.

Describe que fi xeches: _____________________________________________________________________________________________________________________________________________

12. IGUALDADE

Todos somos iguais. Todos somos iguais sen distinción de raza ou de sexo, podemos pensar o que queiramos e temos os mesmos dereitos.

Escribe aquí o artigo 1 da Declaración dos Dereitos do Neno: _________________________________________________________________________________________________________________________________________________________

Describe que fi xeches: _____________________________________________________________________________________________________________________________________________

Firma (profesor /pais)

Data: ____________________________________________

Page 10: Pasaporte 2

10

PASAPORTE

SOLIDARIO

2011

13. INMIGRACIÓN

Ponte ao seu lado. Case non existe pobo xa entre nós onde non existan persoas inmigrantes que necesitan a nosa axuda solidaria, sexa como compañeiros de clase, na rúa ou nas súas moitas veces pobres vivendas. Que podemos facer?

Accións posibles: Axudar en clase aos que teñen difi cultade no idioma, invi-tarlles algunha vez á túa casa, facilitarlles oportunidades para que xoguen con todos, que falen en clase do seu país e costumes, felicitarlles no seu aniversario, e outras.

Describe que fi xeches: _____________________________________________________________________________________________________________________________________________

14. INTERNACIONAL

Que pasa no mundo?. Todos os días está a suceder algo fóra e lonxe das nosas fronteiras que merece a nosa atención. Aínda que ás veces non podamos facer case nada por remedialo, aumenta o noso sentido inter-nacional e a conciencia de que todos somos cidadáns do mundo.

Accións posibles: Anotar algunha noticia que viches na tele ou nun xornal e que necesita do noso apoio ou ata compaixón solidaria, escribir unha carta por correo electrónico ou mediante unha rede social a escolas ou nenos que padecen algún problema, e outras.

Describe que fi xeches: _____________________________________________________________________________________________________________________________________________

Firma (profesor /pais)

Data: ____________________________________________

Page 11: Pasaporte 2

11

PASAPORTE

SOLIDARIO

2011

15. XOGUETES

Usar e non tirar. Que pasa cos xoguetes? Sóbrannos ou, polo menos, pode-mos desprendernos deles ou porque xa non temos a idade na que nos gustaban ou xa sabemos distraernos mellor con outras cousas: móbiles, cámaras, ordenadores? Que pode facer felices aos que non os teñen?

Accións posibles: Que pasaría se un día facemos a lista de todos os xogue-tes que temos entre todos os da clase? Montariamos unha exposición e deixariamos que os máis pequenos do colexio nos pidan utilizar? Entre-gariámolos a nenos que non teñen case ningún? Discutímolo e chega-mos algunha conclusión?

Describe que fi xeches: _____________________________________________________________________________________________________________________________________________

16. LIBROS

A túa biblioteca solidaria. Hai moitos libros de historias e contos que nos falan do valor da solidariedade e que atoparás na sede da túa oenegué preferida ou na librería do colexio; pero sen dúbida un pode achegar ta-mén as lecturas que tivo en casa e comentalas con todos os do grupo.

Accións posibles: Coa axuda da persoa encargada da biblioteca facer unha lista de libros que conten historias de solidariedade, ata con personaxes fi cticios, clasifi calos por idades e, entre todos, facer unha enquisa dos preferidos e por que.

Describe que fi xeches: _____________________________________________________________________________________________________________________________________________

Firma (profesor /pais)

Data: ____________________________________________

Page 12: Pasaporte 2

12

PASAPORTE

SOLIDARIO

2011

OUTRAS ACCIÓNS SOLIDARIAS

Nesta páxina podes rexistrar outras accións solidarias nas que participes e que non se corresponden directamente coas propostas neste pasa-porte. Titula a actividade, descríbea brevemente e non che esquezas de anotar a data en que a realizaches.

________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________