PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota · 2021. 1. 11. · PARRAFADAS 2016 Revista anual...

21
PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota 18 Cando terminou o vídeo puxéronnos a canción da paz, pero ao final non puideron reproducir a orixinal, no seu lugar puxeron a canción “bajo el mismo sol” que cantamos e bailamos con moito entusiasmo. Ao final os profesores deixáronnos saír ó patio. Os alumnos/as de 5º,6º e algúns alumnos/as de 4º e 3º organizaron un partido de brillé coas profesoras Patricia e Mónica. Nos días previos á celebración da Paz, as/os alumnos/as estudaron a inmigración con lecturas comprensivas do conto representado, facendo murais e debuxos e incluso visitando a exposición de contidos do alumnado da ESO. Alberto Rey Abuelo 5º Primaria

Transcript of PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota · 2021. 1. 11. · PARRAFADAS 2016 Revista anual...

Page 1: PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota · 2021. 1. 11. · PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota 21 O Entroido é unha festa popular que está moi viva ao longo

PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota

18

Cando terminou o vídeo puxéronnos a canción da paz, pero ao final non puideron reproducir a orixinal, no seu lugar puxeron a canción “bajo el mismo sol” que cantamos e bailamos con moito entusiasmo. Ao final os profesores deixáronnos saír ó patio. Os alumnos/as de 5º,6º e algúns alumnos/as de 4º e 3º organizaron un partido de brillé coas profesoras Patricia e Mónica. Nos días previos á celebración da Paz, as/os alumnos/as estudaron a inmigración con lecturas comprensivas do conto representado, facendo murais e debuxos e incluso visitando a exposición de contidos do alumnado da ESO.

Alberto Rey Abuelo 5º Primaria

Page 2: PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota · 2021. 1. 11. · PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota 21 O Entroido é unha festa popular que está moi viva ao longo

PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota

19

O 5 de febreiro celebramos xunto cos nosos profesores o Entroido no pavillón do colexio. Coma todos os anos disfrazámonos sobre diferentes personaxes sobre o tema que trata a biblioteca cada no, no cal este foron “ as viaxes” e os libros sobre elas que cada curso está lendo.

Por iso, os nenos e nenas de Educación Infantil duns terribles piratas, do mesmo xeito que os alumnos do cuarto curso, ateigados de garfios, sombreiros, monóculos, parches e toda aquela vestimenta clásica.

Os alumnos/as de primeiro e segundo curso, disfrazáronse de exploradores. Na súa cabeza levaban a casa de UP chea de colorido.

Os alumnos de terceiro disfrazáronse de marcianos, os cales foron de excursión á Lúa e alí atoparon novos amigos, como Neil Amstrong.

Os nenos/as de quinto e sexto disfrazáronse de mariñeiros co atuendo clásico de cores azul e branca. Destacaban nestes os seus galóns, tamén por ser os maiores de Primaria.

Ao remate do desfile houbo unha degustación dos postres típicos destas datas, onde todos estabamos convidados, poñendo así un sabor doce á clausura de Entroido e dando lugar a tempo do ocio no patio do cole.

Alexia González Atán, 5º Primaria

Page 3: PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota · 2021. 1. 11. · PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota 21 O Entroido é unha festa popular que está moi viva ao longo

PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota

20

Page 4: PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota · 2021. 1. 11. · PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota 21 O Entroido é unha festa popular que está moi viva ao longo

PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota

21

O Entroido é unha festa popular que está moi viva ao longo da xeografía galega. A súa importancia pode medirse co seguinte dato: 175 concellos galegos declararon festivos locais algún dos días de Carnaval. A importancia é tal que sete entroidos galegos exhiben con orgullo a cualificación de Festa de interese turístico. Dúas son Festas de Interese Turístico Nacional: o Entroido de Xinzo de Limia (coas pantallas) e o Entroido de Verín (cos cigarróns). Cinco delas teñen o recoñecemento de Festas de Galicia de Interese Turístico: o Carnaval de Cobres (coas madamas e os galáns), o Entroido de Laza (cos seus peliqueiros), o Entroido de Viana do Bolo (no que o personaxe central é o boteiro e que comparte importancia coa promoción do produto gastronómico da androlla), o Folión Tradicional do Entroido de Manzaneda (coas mázcaras), os Xenerais do Ulla e o Entroido de Maceda (cos felos). No CPI a Picota, un ano máis, celebramos o Entroido. Houbo un concurso de disfraces ao que podiamos presentarnos de xeito individual ou por grupos. Os gañadores da modalidade grupo foron os alumnos de 4º de ESO, disfrazados de góticos, e o outro gañador foi Adrián Lado Costa, de 1º de ESO, que ía de muller atrevida. Ao rematar o concurso, comemos cousas típicas do Entroido como orellas, rosquillas, filloas... Esta festividade gústame moito porque te podes disfrazar do que máis che ilusione e pódeslle gastar bromas á xente, xa que non te recoñecen porque estás disfrazado.

Ana Pais García, 2º ESO

Page 5: PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota · 2021. 1. 11. · PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota 21 O Entroido é unha festa popular que está moi viva ao longo

PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota

22

Page 6: PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota · 2021. 1. 11. · PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota 21 O Entroido é unha festa popular que está moi viva ao longo

PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota

23

FESTIVAL DE NADAL 2015

Comezamos por agradecer a tódolos participantes no festival a presenza ou colaboración para que se puidese levar a cabo.

A primeira actuación foi dos nosos alumnos máis pequenos, os dos cursos de Infantil que estaban disfrazados de árbores do Nadal cantaron e bailaron “Arbolito de Navidad”. Estaban todos/as

guapísimo/as coas bolsas de vasoira de cor verde, adornadas con bólas e cintas. Ahh, e tamén levaban unha estrela de goma eva na súa cabeza. Coma sempre, esta actuación gustou moito e recibiu os maiores aplausos.

Seguíronlle as alumnas de 5º e 6º, que preparamos un tema moi orixinal, unha fusión de culturas rusas e americana baseándose na obra de Chaikovsky. Con vestimenta de medias e xersei brancos, tutús vermellos, bailaron ao compás da elasticidade dunhas gomas manexadas habilidosamente con mans e pés.

Grandísima actuación, bravooo!!

Era hora dos grupos de música e os nenos/as de 1º e 2º deleitáronnos tocando a canción en vivo de “All I want for Chsirtmas is you”. O seu vestiario, moi orixinal, destacaba polo seu

contraste de cores e chamaba a atención a fabricación caseira dos seus instrumentos.

Apagadas as luces e cun escenario moi escuro, enchíase o escenario de sombras para relatar os apuros que pasou Papá Noel para exercer nun día de Reis, posto que quixeron botarlle todo ” ó garete”. O teatro de sombras

Page 7: PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota · 2021. 1. 11. · PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota 21 O Entroido é unha festa popular que está moi viva ao longo

PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota

24

do 4º curso chamado SOS Nadal, foi unha verdadeira obra de arte, realmente moi ben argallada! No relativo á entrega de algún agasallo, típico destas datas, tivemos a entrega dos gañadores das tarxetas do nadal, onde Paula Lema Esperante de 4º de Primaria e Nerea Sanmartín García de 1º da ESO recibiron de mans da directora os seus premios.

Desbordaba polo escenario a ilusión cando se interpretaba a panxoliña de “Feliz Navidad”, coreada ao unísono por todo o auditorio. Os protagonistas eran os

nenos/as de 3º que vestían con cores desta época festiva, gorro vermello e traxe verde.

A gran sorpresa que nos tiñan preparada e moi ben gardada, por certo, era a actuación en directo da canción “I will follow him” dun grupo procedente de New Orleans chamado “ The Lovely Teachers”. Enmascarados nunhas grandes pelucas

e túnica morada, os mestres do cole fixeron que ríramos un bo anaco.

Andabamos xa cerca do remate cando “A culpa é do mestre” , unha obra teatral de 5º e 6º ao completo, fixo que nos quedaramos pegados á butaca pendentes da relación do mestre e os seus alumnos, os asuntos de aula, así como tamén das divertidas explicacións do mestre e as non menos orixinais respostas do alumnado.

Fantásticas actuacións de tódolos compañeiros/as que fixeron que fósemos para casa cantando e bailando as panxoliñas e desexando que chegue de contadiño o festival do próximo ano.

Álex Lema Cambeiro e Carme Suárez Franco, 6º Primaria.

Como cada ano colocamos o noso belén na entrada do colexio. Este ano estreamos fondo.

Todo comeza así como vedes. Un oco por encher.

Page 8: PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota · 2021. 1. 11. · PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota 21 O Entroido é unha festa popular que está moi viva ao longo

PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota

25

CLASES SOBRE INSTRUMENTOS DE VENTO Os instrumentos de vento ou aerófonos son unha familia de instrumentos musicais que producen son pola vibración do vento e da masa de aire no seu interior, sen necesidade de cordas ou membranas porque só require o uso do vento. Nesta categoría sitúanse todos aqueles instrumentos musicais nos que o aire vibrante está limitado por unha cavidade, o corpo do instrumento. Estes instrumentos producen un son ao expulsar convenientemente o aire. Pódense clasificar en dúas categorías, atendendo a como se produce o timbre: Instrumentos de vento madeira, que posúen un timbre máis suave e melódico que os metais. O son neles prodúcese ao soprar por un furado ou facendo vibrar unha caña. Instrumentos de vento metal, os que posúen un timbre máis forte, brillante e con son metálico. O seu son é provocado pola vibración dos labios nunha boquilla metálica en forma de copa. Dos cales falaremos máis detalladamente a continuación debido a unha experiencia da que puidemos gozar.

Na segunda avaliación deste curso, o profesor José Manuel Ponte achegouse aos alumnos da ESO nas horas de Música para explicarnos como funcionan os instrumentos de vento metal e os seus segredos. Primeiro falamos sobre a trompeta, o instrumento que el estudou desde pequeno e o que mellor manexa. Contounos moitas curiosidades deste instrumento, como que no pasado eran moi longos ou que para tocalos son necesarias moitas horas de estudo e práctica. Despois falounos sobre a trompa, un instrumento moi importante na orquestra sinfónica e un dos máis difíciles de tocar xa que tamén hai que controlar o movemento dunha man dentro da campá deste instrumento que pode facer o son deste máis ou menos escuro. O seguinte instrumento que nos amosou foi o trombón de varas, o único desta familia que non posúe pistóns ou chaves coa que se rexe por un mecanismo no cal hai unha tubeira que canto máis se alonga a columna de aire con cada posición, o son producido é máis grave que na anterior. Amosounos tamén a tuba, o instrumento de metal máis grave e potente da familia, e tamén longo e pesado, pode chegar a ter un peso de ata 14 kg. Por último, ensinounos un instrumento non moi habitual que se chama fliscorno, é moi parecido á trompeta, ten pistóns e é máis grave e suave ca esta. O son prodúcese grazas á vibración dos labios do interprete na parte denominada boquilla a partir da columna do aire. Tamén nos mostrou a frauta traveseira e o clarinete, aínda que sexan instrumentos de vento madeira.

As clases resultaron moi interesantes, didácticas e amenas. Brais Pérez Domínguez e Josefa Moledo Barreiros, 3º ESO

Page 9: PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota · 2021. 1. 11. · PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota 21 O Entroido é unha festa popular que está moi viva ao longo

PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota

26

Madriñas e padriños lectores No noso centro fanse diversas actividades, unha delas é a de Madriñas e padriños lectores. Nela gozamos da compaña das pequenas e dos pequenos aos que lles contamos historias, e non só as dos libros.

O alumnado voluntario da ESO pode participar acudindo á biblioteca de Primaria nos recreos para irlles ler á rapazada de Educación Infantil. Está organizada polo profesor ou profesora encargado da biblioteca. Este ano foi Ismael, o profesor de Educación Física de Primaria.

Cando comeza o curso o profesorado busca voluntarios e voluntarias que queiran participar nesta tarefa, e así comeza todo. Quedamos nun recreo para organizarnos, collemos un libro que nos guste, tamén pensando neles e nelas, e repartimos os nenos e as nenas de Infantil.

O primeiro día acostuman ter vergoña, xa que non nos coñecen de nada e case non son capaces de falar. Pouco a pouco van collendo confianza e vanse soltando.

Para min participar nesta actividade é un luxo, porque os nenos e nenas danche momentos de risa, de felicidade e desfrutas vendo a emoción nas súas caras.

Sandra Blanco, 3º ESO

Page 10: PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota · 2021. 1. 11. · PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota 21 O Entroido é unha festa popular que está moi viva ao longo

PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota

27

O luns 1 de febreiro, os alumnos e alumnas de 4º da ESO pasamos o día en Santiago de Compostela visitando institutos de formación profesional para informarnos sobre os ciclos formativos e as súas saídas profesionais.

Primeiro, ás once da mañá, visitamos o CIFP Politécnico de Compostela vinculado fundamentalmente aos estudos científicos e tecnolóxicos. Despois dunha pequena charla, na que nos explicaron a estruturación dos ciclos medios e de grao superior coas diferentes familias ás que podemos acceder unha vez rematada a ESO ou o Bacharelato. Tamén estivemos observando exposicións elaboradas polos alumnos segundo os diferentes ciclos, habíaas de Química, Carpintería, Mecánica, Imaxe e Son e incluso Laboratorio.

A continuación, entramos nas aulas do recinto e comprobamos as complexas instalacións, en función da materia impartida. Todos saímos bastante satisfeitos e impresionados. O último centro que visitamos foi o CIFP Compostela, máis achegado ao mundo da Hostalaría. Tamén aquí, recibimos información sobre os ciclos, neste caso foi un mazaricán o que nola transmitiu, o secretario do centro. Seguidamente, percorremos as diferentes aulas e cociñas nas cales tamén se vía aos alumnos traballar. Xa pola tarde, decidimos comer nesta escola, onde a comida estaba preparada polos alumnos e os camareiros tamén estudaban alí.

As visitas estiveron perfectamente organizadas e fomos moi ben recibidos en ámbolos dous sitios. Ademais obtivemos moita información e motivación cara ao futuro. Para rematar a xornada, aproveitamos media hora de ocio no centro comercial As Cancelas, e volta para A Picota.

Cristina Formoso Martínez, 4º ESO

Page 11: PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota · 2021. 1. 11. · PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota 21 O Entroido é unha festa popular que está moi viva ao longo

PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota

28

UN MARTES DIFERENTE

O pasado martes 25 de xaneiro, os alumnos de 3° e 4º da ESO realizamos unha saída didáctica á cidade de Santiago de Compostela para asistir á representación teatral de A dama boba.

Esta obra pertence ao Século de Ouro español e foi escrita polo dramaturgo Lope de Vega en 1613. Nela preséntannos a Octavio que convive coas súas dúas fillas (Finea e Nise) fermosas e casadeiras, pero de capacidade mental contraposta. Finea pasa por estúpida ou "boba", mentres que Nise é intelixente. O dote de ámbalas dúas atrae a moitos pretendentes, mais Finea espanta a todos pola súa simplicidade. O rico Liseo será un deles, prometido pola súa familia a Finea, e hóspede de Octavio mentres se produce a voda. Por outra parte, Laurencio, o "querido" de Nise, decide namorar a Finea por diñeiro, ao mesmo tempo que Liseo rexeita casar con ela e decídese pola intelixente Nise. Ademais, tras un encontro entre Liseo e Laurencio, axudados polo servente Turín, prodúcese o definitivo intercambio das mozas. Durante o cortexo Finea namórase de Laurencio, e por este amor aprende rapidamente a ler (para ler a súa correspondencia privada) e a escribir (para responderlle) e mesmo a bailar; en definitiva, vólvese intelixente. Liseo, pola súa parte, canso dos desdéns de Nise, decide retomar o seu compromiso con Finea, a pesar do seu acordo con Laurencio de non interferir o un na relación do outro. Finea, que non está disposta a abandonar o seu amor por Laurencio, faise a tonta. Finalmente, tras certos obstáculos de personaxes secundarios, Laurencio escóndese e é descuberto e perdoado para que case con Finea, ao tempo que Nise acepta a Liseo. O final feliz reúne as catro parellas.

Antes da visita ao colexio La Salle, lugar onde tivo lugar a representación, os alumnos tivemos un tempo libre pola zona vella da capital galega. Este tempo dedicámolo a almorzar cos compañeiros de maior confianza e contar uns contos; outros simplemente pasearon polas súas rúas empedradas para coñecela un pouco mellor.

Unha vez representada a obra, tocou regresar ao noso querido pobo, pois a xornada xa estaba chegando ao seu fin. Así que subimos ao autobús e entre cancións, contos e algunha que outra brincadeira, desas que tan ben se nos dá facer, puxemos rumbo cara ao noso instituto cun pouco máis de coñecemento sobre a literatura española e a sociedade do século XVI.

Iria Hermida Gómez, 4º ESO

Page 12: PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota · 2021. 1. 11. · PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota 21 O Entroido é unha festa popular que está moi viva ao longo

PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota

29

Programa de prevención de condutas infractoras O día 23 de febreiro, Lucía, socia da asociación de Arela, veunos falar sobre os delitos máis frecuentes cometidos por menores e das súas consecuencias.

Arela é unha asociación de apoio á infancia e á mocidade de Galicia. O seu lema é “Ktorce18” porque os menores xúlganse entre os catorce e os dezaoito anos.

O primeiro que nos explicou foi que grazas á Lei de Menores estes non poden ir ao cárcere. Antes, cando aínda non había esta lei, os maiores de dezaseis anos xa podían entrar nun centro penitenciario.

O procedemento que se fai para acabar nun xuízo é o seguinte:

1. Cometer o delito. 2. Denunciar. 3. Abrir un expediente. 4. Declarar en Fiscalía. 5. Entrevista co equipo técnico. 6. Xuízo.

Se o menor é declarado culpable, vai ser internado. O centro pode ser de varios tipos: de réxime pechado, de réxime semiaberto, de réxime aberto ou terapéutico.

Un menor vai a un centro pechado cando comete un asasinato, unha violación, unha pelexa con graves consecuencias ou comete o mesmo delito tres veces. Alí quítanche todo: roupa, obxectos persoais … e devólvenchos ao saír.

Se nos primeiros meses hai bo comportamento, pódese conceder algún permiso como, por exemplo, saír algunha fin de semana. Pero, se non se cumpren as normas, íllante nunha habitación durante un día.

Page 13: PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota · 2021. 1. 11. · PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota 21 O Entroido é unha festa popular que está moi viva ao longo

PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota

30

O centro de día é unha medida xudicial ao que se vai durante unhas horas varios días á semana.

A permanencia na fin de semana é outra medida xudicial. Realízase só durante a fin de semana porque son estudantes e durante a semana teñen que asistir ao instituto.

Outra medida xudicial é a prohibición de aproximarse ou comunicarse coa vítima.

Os delitos máis habituais nos menores son:

Delito de lesións. Delito de ameazas. Delito contra a intimidade. Delito de agresión ou abuso sexual. Delito de tráfico de drogas. Delito contra a seguridade viaria. Delito de quebrantamento de condena. Acoso ou o bullying. Roubar. Malos tratos no ámbito familiar.

Actualmente está aumentando o número de rapazas que cometen delitos.

A sentenza máis grande pode ser de 9 anos.

Foi unha charla moi entretida e dinámica na que cada un preguntou as curiosidades que tiña sobre o tema. Pareceunos moi interesante, porque con este tipo de información tamén se evitan condutas infractoras.

Nerea López Peón e Nallely Trillo Moledo, 3º ESO

Page 14: PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota · 2021. 1. 11. · PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota 21 O Entroido é unha festa popular que está moi viva ao longo

PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota

31

Page 15: PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota · 2021. 1. 11. · PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota 21 O Entroido é unha festa popular que está moi viva ao longo

PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota

32

.

Page 16: PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota · 2021. 1. 11. · PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota 21 O Entroido é unha festa popular que está moi viva ao longo

PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota

33

Ola a todos!

Somos os alumn@s de 3 anos do CPI da Picota. É o noso primeiro ano,

por iso nos gustaría presentarnos. Somos 12 nen@s, e chamámonos:

Rubén, Xiana, Gonzalo, Aslhey, Xoel, Iris, Andrés, Lilia, Saúl, Lucia,

Iago e Maya.

¿Sabedes que nos aconteceu?

Veunos visitar o pirata

Barbarroxa e quedou con nós

mooooito tempo , e grazas

a el realizamos moitas

cousiñas que vos vamos a mostrar

a continuación.

O pirata Barbarroxa visitounos no seu barco, pero estaba sen colorear

e entre todos pintámolo, mirade que ben o fixemos!!!

Page 17: PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota · 2021. 1. 11. · PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota 21 O Entroido é unha festa popular que está moi viva ao longo

PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota

34

O pirata Barbarroxa tróuxonos no seu barco un cofre cun conto

dentro e unhas imaxes nosas que tivemos que colorear, que ben o

pasamos!!!

E tamén nos trouxo un tesouro,

¿queredes saber que era?

Page 18: PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota · 2021. 1. 11. · PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota 21 O Entroido é unha festa popular que está moi viva ao longo

PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota

35

Pois eran os nosos NOMES!!!

E por suposto fixemos un abecedario pirata, no cal podíamos divisar as letras .

LETRAS PIRATASSSS

Á VISTAAAA!!!!

Page 19: PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota · 2021. 1. 11. · PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota 21 O Entroido é unha festa popular que está moi viva ao longo

PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota

36

E para formar parte da tripulación

todos os nen@s tivemos que facer

un xuramento no cal nos

comprometíamos a :

Ser amigos, despois de xogar

recoller, desprazarnos en orde,

respectar a quenda de palabra,

levantar a man para falar,

pedir as cousas por favor…

E por último, aproveitando o noso proxecto, disfrazámonos de

piratas, aquí vos deixamos unha foto, espero que vos guste!!!

Page 20: PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota · 2021. 1. 11. · PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota 21 O Entroido é unha festa popular que está moi viva ao longo

PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota

37

O día 17 de marzo de 2016, os alumnos de 3º e 4º da ESO dirixímonos a Rianxo xunto cos profesores María Parada, Cristina García e Julio Villaverde.

Rianxo é unha vila que ten a singularidade de que nunha mesma rúa naceron tres grandes figuras da nosa cultura: Castelao, Manuel Antonio e Rafael Dieste. Unha coincidencia única que a converte nun referente para o turismo cultural.

Alí dividíronnos en dous grupos: un dirixiríase á Casa Museo de Manuel Antonio e outro ao Museo do Mar de Rianxo.

A Casa Museo de Manuel Antonio está situada na rúa de Abaixo, a mesma na que naceran Castelao e Rafael Dieste, e cos que estableceu amizade o poeta. Explicáronnos que Manuel Antonio viviu aquí ata os dous anos, e tamén pasara frecuentes tempadas ao longo da súa curta vida. O edificio conserva diverso mobiliario e expón documentos e obxectos persoais do escritor. Na planta baixa, atópanse fotos antigas de Rianxo tomadas polo fotógrafo Xosé Pérez, curmán de Manuel Antonio. No primeiro e segundo andar, exponse a vida e a obra do autor, así como referencias á época.

O Museo do Mar atópase nun edificio chamado Casa do Coxo, un dos lugares máis céntricos da cidade. Consta de tres andares. O guía comezou, na planta baixa, falándonos da situación de Rianxo, da relación que ten esta vila co mar, das embarcacións tradicionais e dos tipos de pesca. No primeiro andar vimos unha sala con maquetas de barcos. Aquí explicáronnos o proceso da súa construción. E xa, por último, mostráronnos unha pequena biblioteca temática sobre o mar.

Ao rematar as dúas visitas, volvemos á rúa de Abaixo, onde fixemos un percorrido polas fachadas das casas de Castelao e Dieste. Dixéronnos que nun futuro as amañarían para

3º ESO

Page 21: PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota · 2021. 1. 11. · PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota 21 O Entroido é unha festa popular que está moi viva ao longo

PARRAFADAS 2016 Revista anual do C.P.I. A Picota

38

facer casas museo como xa fixeran coa de Manuel Antonio. Logo, leváronnos á Praza dos Mariñeiros, coloquialmente chamada Praza do coño, que recibe ese nome porque as persoas cando pasaban por alí e vían as esculturas dicían: Que coño é iso?

Logo tivemos unha hora libre para dar unha volta por Rianxo, moitos aproveitamos para almorzar. Ás 13:15 abandonamos a vila, dando por finalizada a excursión.

A aprendizaxe máis curiosa que sacamos desta saída foi que a cantiga “Ondiñas veñen” non é como todos cremos, senón que hai unha parte do refrán que cambia. A verdadeira canción di así:

Ondiñas veñen ondiñas veñen ondiñas veñen e van, non te embarques rianxeira que te vas a marear.

Texto de: Paula Villar Rodríguez Daniel Nieto Martínez, 3º ESO