Para ti. Guía de actividades 2014/2015. Concello de Dumbría

21
para min, para tí, para ela, para vos, para nos, para vos, para eles, para todos, para min, GUÍA DE ACTIVIDADES DUMBRÍA 2014/15 para ti dumbria.com

description

Dumbría é un concello para ti, para min, para él, para ela e para todos! #DumbríaéÚnica

Transcript of Para ti. Guía de actividades 2014/2015. Concello de Dumbría

para min, para tí, para ela, para vos, para nos, para vos, para eles, para todos, para min, GUÍA DE ACTIVIDADES DUMBRÍA 2014/15

para ti

dum

bria

.com

para min, para ti, para ela, para vos, para nos, para vos, para eles, para todos, para min,

dumbria.com

Esta publicación está feita para ti, para darche a coñecer todas as actividades do Concello e onde se desenvolven. Queremos que coñezas todas as posibilidades.

Apúntate a unha ou a varias; e se xa estás inscrito, descubre outras novas.

para todos

Queridos veciños e veciñas de Dumbría, quero animarvos a que fagades uso de todos estes servizos e actividades, xa que están feitos para vós. Esta publicación é un breve recordatorio informativo de todas as instalacións e actividades que ó longo destes anos foron dando forma ó noso querido concello. Penso que para chegar a ser unha comunidade saudable e feliz hai que preocuparse por proporcionar á xente espazos e actividades para gozar do tempo libre, para ilusionarse con proxectos persoais, para medrar practicando un deporte, para aprender e para compartir afeccións.

Creo que o esforzo levado a cabo durante todo este tempo está dando os seus froitos, que todos os veciños poden gozar dunha ampla oferta de actividades e das instalacións que co tempo imos acondicionando e mellorando para o voso uso. E que dicir das escolas deportivas, que tantas alegrias nos dan, os triunfos, o recoñecemento..., estamos conseguindo deportistas cun alto nivel de tecnificación, é para sentirse orgulloso. E tamén nos divertimos, facemos sendeirismo, bailamos, facemos teatro, aeróbic, Kaiak, falamos inglés, aprendemos informática, melloramos a nosa formación, reciclámonos, imos de festa; e o mellor é que o facemos durante todo o ano.

Este gran proxecto, do que todos formamos parte chámase Dumbría; que é o que en realidade todos queremos construír, unha Dumbría mellor, con xente orgullosa de vivir nela porque ten posibilidades. Somos unha comunidade viva, unha xente con ganas de facer cousas.

José M. Pequeño CastroVeciño e Alcalde de Dumbría

5Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

para todos

para ti10

111213141617

Onde desfrutar

PAVILLÓN POLIDEPORTIVO REFORMADOPISTA DE PÁDELXIMNASIOS, PISCINA E CAMPO FÚTBOLCASAS CULTURAISBIBLIOTECAS E AULAS DE INFORMÁTICACENTRO DE INTERPRETACIÓN DE RUTAS DO MONTE PINDOCENTRO DE RUTAS E INFORMACIÓN O PEREGRINOOFICINA DE TURISMO ABERTA TODO O ANOÁREAS RECREATIVAS

Que desfrutar

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

31

32

33

3334

35

36

37

AERÓBIC E ZUMBAXIMNASIA DE MANTEMENTOSENDEIRISMOESCOLA MUNICIPAL DE VOLEIBOLESCOLA MUNICIPAL DE PIRAGÜISMOKAIAK NA FERVENZAESCOLA MUNICIPAL DE CICLISMO

ESCOLAS DE FÚTBOL

DUMBRÍA SPEAKS

ESCOLA DE TEATRODUMBRÍA A ESCENA DUMBRÍA EN BRANCO E NEGROCURSOS DE INFORMÁTICACLASES DE MANUALIDADESCLASES DE APOIO ESCOLARCLASES PARA ADULTOSTALLERES DE MEMORIACURSOS DE COCIÑACURSOS DE TÉCNICAS DE BUSCA DE EMPREGOACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURAEN FAMILIAACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS DO VERÁN

ESCOLA MUNICIPAL DE GAITA, PANDEIRETAE BAILE TRADICIONAL

FESTAS INFANTÍSENTROIDONADALFESTA DA FAMILIAFESTA DA PRAIA DE ÉZAROI CONCURSO CABALAR en BerdeogasEXCURSIÓNS CULTURAIS DUMBRÍA NA REDE

deportivas

culturais

eventos

7

Onde desfrutar

1.2.3.4.5.6.7. 8.9.

10.

As infraestruturas e servizos son imprescindibles para o desenvolvemento das actividades e proxectos. O concello de Dumbría ó longo de todos estes anos volcouse no labor de dotar e modernizar todas as parroquias con Casas de Cultura, Bibliotecas, Aulas de informática, Equipamentos, etc...

Tamén con grandes proxectos como a Área Deportiva e Cultural do Conco, ou a posta en valor de espazos naturais como a Área de Vilafernandez coa Aula da Natureza, ou o CIR un novo espazo divulgativo e interactivo sobre o Monte Pindo e a Fervenza do Ézaro... tamén aproveitamos os recursos naturais do noso concello organizando eventos deportivos ó aire libre, roteiros, etc...

PAVILLÓN POLIDEPORTIVOPISTA DE PÁDELXIMNASIOS, PISCINA E CAMPO FÚTBOLCASAS CULTURAISBIBLIOTECAS E AULAS DE INFORMÁTICACENTRO DE INTERPRETACIÓN DE RUTAS DO MONTE PINDOCENTRO DE RUTAS E INFORMACIÓN Ó PEREGRINOOFICINA DE TURISMOÁREAS RECREATIVASPARQUES INFANTÍS E PISTAS POLIDEPORTIVAS

A Cancela

Salgueiros

Dumbría

Berdeogas

SarteguasA Boudañeira

A Pedriña

Vila FloresCernado

Pazo

Salgueiros

Rebordelo

Bustelo

XerpeA Senra

Folgosa

Trutín

PradoAltalamaña

Piñeiros

O Campo de Berdeogas

A Vacariza

A FarrapaVilar

ChaínSábade

Barrio Novo

Sanxumil

Alvarellos

CaforraEstimán

Cheo

As Carizas

Ferrio

A Mota

Buxán

Castro

Figueiroa

VilarA Carballa

Figueiroa

Busto

O Carboal

Vilar do Paraíso

Martín A Grixa

A Grixa

A Grixa

CasanovaA Filgueira Anseán

O Brazal

O Logoso

Hospital

ParadelaVilar

Regoelle

As Touzas

Vilafernández

A Rebouta

O Arrueiro

Olveira

Olveira

Lucín

Olveiroa

Olveiroa

A BoudañeiraO Couquiño

A Ponte Olveira

Xestosa

As TeixoeirasAs Covas

Santa Uxía

San Crimenzo

A Pelexa

Miñóns

CastroCerván

Buxantes

O Ézaro

O Ézaro

O Conco

4 5 109

345

109

9

7

1 3 4

5 109

109

4 5 109

4 5 109

4 5 109

62 8

9Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

ximnasios,piscina ecampo de fútbol

unto á Fervenza do Ézaro e con vistas ó Monte Pindo, dispós da pista de pádel ó aire libre. É totalmente gratuíta e dispón de duchas e vestiarios. Practica este deporte en auxe, nun entorno único.

pista de pádel

x

pavillón polideportivo cuberto está totalmente reformado e adaptado para o desenvolvemento de diversos deportes de equipo e para celebrar torneos e campionatos de voleibol, fútbol sala..; así coma para o uso da pista para todos os que desexen xogar nela.

pavillón polideportivo

o

ara os amantes da natación, o complexo polideportivo do Conco alberga a Piscina Municipal de Dumbría; piscina semiolímpica ó aire libre, que esperamos sexa cuberta en breve. A Escola Municipal de Natación imparte as clases nestas instalacións.

p

Campo de Fútbol Municipal é a sede dos adestramentos das distintas escolas municipais de fútbol de Dumbría. Constitúe un lugar de referencia na Costa da Morte para o adestramento dos rapaces neste deporte .

o

noso Concello conta con dous Ximnasios Municipais equipados con modernas máquinas cardiovasculares e de fitness. Descubre unha nova forma de adestrar no Conco e tamén na Casa de Cultura de Olveira.

o

11Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

rede Municipal de Bibliotecas conta con 5 puntos de lectura, estudio e préstamo de libros. Se es socio poderás beneficiarte de todos os servizos das Axencias de Lectura e da Biblioteca Municipal.

abibliotecas

ara cubrir a ampla oferta cultural, social e de actividades do concello, contamos cun total de 6 centros, distribuídos polas parroquias do Concello, e abertos ó longo de todo o ano para o teu goce.

casas culturais

p

Cursos de cociña, manualidades, informatica, inglés, talleres de memoria, escola de teatro, exposicións ... son algunhas das propostas que che ofrecemos nas nosas “casas de encontro” .

e luns a venres con acceso libre a internet, nas Casas de Cultura e a Biblioteca Municipal. Podes apuntarte ás clases ou dispoñer dos equipos para o teu uso persoal.

daulas deinformática

13Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

Este novo e fermoso proxecto está a piques de abrir as súas portas ó público. Achégate antes de facer a túa ruta e terás unha visión diferente destes míticos lugares.

Dúas plantas para descubrir a historia, a flora, a fauna e moito máis... Todas as rutas: “Castelo do Pedrullo”, “Ruta das Peixeiras”, “Olladas ó Atlántico”, “As pegadas da Historia”, “A Pedra Cabalgada”... Con toda a información que precisas.ivimos nun ámbito privilexiado. Aínda que son moitos os atractivos

da nosa paisaxe, dous lugares destacan pola súa singularidade, o Monte Pindo e a Fervenza do Ézaro, considerados Puntos de Interese Xeomorfolóxico.

O CIR é un centro de interpretación de rutas, adicado a estes dous enclaves, no que a divulgación e a información interactiva e audiovisual son as claves do centro. Situado estratexicamente no Ézaro, o CIR pretende dar cobertura informativa a todos os visitantes interesados e axudarte a percorrer as rutas de sendeirismo.

Agárdante curiosidades, segredos, mitoloxía, as rutas de onte e de hoxe e, sobre todo, unha forma sorprendente de coñecer estas marabillosas paisaxes naturais.

vcentro deinterpretaciónde rutas o monte pindo

15Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

ste novo espazo foi creado para concentrar a información acerca do Camiño de Santiago, dun xeito útil e sintético para os peregrinos, e para mostrarlle ás xentes do mundo os atractivos do noso concello.

Ademais, este edificio está pensado para que tamén nós gocemos del, polo que tamén funciona como punto de encontro e de partida das rutas a pé polo concello.

e

centrode rutas einformaciónao peregrino

ontamos con espazos ao aire libre dotados para o lecer de nenos e maiores, con parques infantís en tódalas parroquias e fermosas áreas recretativas, coma a Aula da Natureza en Vilafernández e a Carballeira de Berdeogas, que constitúen un modelo de integración e respecto pola natureza.

cáreas recreativas

berta todos os días do ano, este edificio consolídase como punto de referencia para os turistas que nos visitan. Situada no lugar máis emblemático e de maior afluencia do noso concello, este punto de información promove o turismo dun xeito eficiente.

oficina de turismo

a

17Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

Que desfrutar

eporte, unha das nosas prioridades dende o Concello; por iso desenvolvemos para ti toda unha infraestrutura de lugares, equipamentos e actividades, e promovemos as escolas deportivas, para que as goces e aprendas a vivir novas experiencias, descubrindo novas capacidades e medrando con ilusión.Escolle a túa.

d

ultura, outro dos nosos pilares. Dumbría leva moitos anos ofrecendo ós seus veciños unha gran variedade de actividades lúdicas e culturais, que dean cobertura a todas as idades e para todos os gustos. Cremos que o investimento en cultura é necesario para manter unha comunidade saudable e con proxección de futuro.

c

ventos, para gozar e reunirnos. Por iso cada ano seguimos creando novas iniciativas, mantendo as actividades e eventos que demandan os veciños e mellorando os equipamentos e as instalacións, reciclándonos en todos os proxectos para ser un concello moderno e aberto ó mundo.

e

AERÓBIC E ZUMBAXIMNASIA DE MANTEMENTOSENDEIRISMOESCOLA MUNICIPAL DE VOLEIBOLESCOLA MUNICIPAL DE PIRAGÜISMOKAIAK NA FERVENZAESCOLA MUNICIPAL DE CICLISMOESCOLAS DE FÚTBOL

DUMBRÍA SPEAKS ESCOLA DE TEATRODUMBRÍA A ESCENADUMBRÍA EN BRANCO E NEGROCURSOS DE INFORMÁTICACLASES DE MANUALIDADESCLASES DE APOIO ESCOLARCLASES PARA ADULTOSTALLERES DE MEMORIACURSOS DE COCIÑACURSOS DE TÉCNICAS DE BUSCA DE EMPREGOACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURAEN FAMILIAACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS DO VERÁNESCOLA MUNICIPAL DE GAITA, PANDEIRETA E BAILE TRADICIONAL

FESTAS INFANTÍSENTROIDONADALFESTA DA FAMILIAFESTA DA PRAIA DE ÉZAROI CONCURSO CABALAR en BerdeogasEXCURSIÓNS CULTURAIS DUMBRÍA NA REDE

deportivas

culturais

eventos

19Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

chegarse á natureza, ó patrimonio e á cultura da Costa da Morte facendo camiño. De abril a xuño participa nas “Andainas Costa da Morte”, e nos meses de verán apúntate ás “Subidas ó Monte Pindo”. Descubre Dumbría paso a paso, desde dentro.

sendeirismo

a

n referente galego e nacionaldeste deporte, a Escola Municipal aporta cada ano xogadores ás seleccións. Somos sede de campionatos de españa e concentracións. No Volei-Praia organizamos campionatos galegos absolutos e nacionais.Apúntate e descúbrenos.

ue.m. de voleibol

ivírtete e ponte en forma ó ritmo da música facendo aeróbic e zumba, e benefíciate das cualidades tan saudables deste exercicio cardiovascular. De novembro a xuño, en todas as casas de cultura.

aeróbic / zumba

d

o exercicio mínimo que hai que facer para manterse san. Está demostrado que practicar deporte mellora a túa calidade de vida. Coa axuda do monitor conseguirás ter un corpo forte, áxil e flexible e sentiraste mellor. Esta actividade desenvólvese en todas as Casas de Cultura.

ximnasia demantemento

é

21Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

ste ano inauguramos os “Roteiros en kaiak guiados á fervenza do Ézaro”. Foi un éxito rotundo e imos repetir. Verás a Fervenza en primeira liña. Ademais, esta actividade forma parte do programa Mar Galaica, de turismo escolar. De maio a setembro, +Info. na oficina de Turismo do Ézaro.

kaiak na fervenza

e

Escola Municipal de Piragüismo de Dumbría xa é un referente a nivel nacional. Somos sede de varios campionatos galegos e do campionato de España de Augas Bravas. Seguimos exportando deportistas, coma o dumbriés campión galego absoluto que está concentrado no Centro de Alto Rendemento de La Seu D´urgell.

ae.m. piragüismo

Escola Municipal de Ciclismo de Dumbría adestra nenos e nenas a partir dos 6 anos e compite a nivel galego nas distintas categorías. A nosa xeografía é idónea para a práctica deste deporte, por iso se celebran probas federadas anuais en Dumbría.

e.m. ciclismo

a

Club de Ciclismo destaca pola organización de probas federadas como rutas BTT, o Campionato Galego de Ciclocross, Escolas e Cadetes en Carretera, Marcha Cicloturista Desafío do Atlántico, Rallie XC, MiniBTT. A Federación Galega de Ciclismo entregou ó noso concello unha distinción en recoñecemento polo seu labor na organización das distintas probas.

Conseguimos que no 2012 a Volta a España pasara por primeira vez na historia por Dumbría, sendo final de etapa a subida ó MIrador de Ézaro; e ó ano seguinte repetiron, pasando por varias localidades do concello. O mundo, descubriu Dumbría.

subida ó mirador, btt, desafío do atlántico.. .

o

23Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

o programa Dumbría Speaks, con profesorado nativo, é un espazo de comunicación para aprender inglés; falar, xogar, divertirse, escoitar música, ver películas ou tomar un café... é o xeito de falar inglés dende o primeiro día. Para todas as idades, dende bebés ata adultos.

Ademais, dada a importancia do inglés para o futuro dos nosos nenos, o concello leva dende o ano 2004 impartindo clases de apoio escolar neste idioma. De outubro a xuño en todas as Casas da Cultura .

dumbría speaks

postamos forte polo deporte a través das Escolas Municipais. A escola de fútbol de Dumbría é un referente a nivel galego, tanto polo número de deportistas coma polo nivel das diferentes categorías. Os seus xogadores/as adestran nunhas modernas instalacións.

Os equipos Infantil e Cadete compiten nas máximas categorías a nivel autonómico, en Liga Galega e División de Honra, respectivamente. O Primeiro equipo milita na Preferente Autonómica desde a tempada 2011-2012.

escolasde fútbol

a

o mes de xuño celébrase o Memorial Manuel Andújar, torneo de Fútbol Base Prebenxamín, Benxamín e Alevín.

torneos de fútbol

n

25Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

ste ano celebráronse as primeiras Xornadas de Teatro “Dumbría a Escena” onde participan compañías galegas do máximo nivel e tamén ten cabida o teatro afeccionado. Con monólogos, títeres, teatro infantil, obradoiros... Esta nova iniciativa para apoiar a cultura e o arte resultou ser un éxito rotundo.

e

ara nenos e adultos; apúntate e descubrirás a maxia do teatro. Técnicas de expresión oral e corporal, interpretación, exercicios de improvisación...

p

escolade teatro

proxecto naceu do amor polo noso concello, de coñecer o noso pasado, ver quen somos e o que fomos. Xa temos no arquivo fotográfico máis de 500 imaxes recompiladas, coas que se fará, entre outras cousas, unha exposición itinerante.Colabora neste proxecto e envía as túas fotos.

en branco e negro

o

o noso concello hai tempo que estamos “conectados”; en todas as Casas de Cultura de outubro a xuño, profesores cualificados imparten clases de informática para nenos maiores de 3 anos e para adultos.

Cursos de: alfabetización dixital, iniciación á informática, procesador de textos, folla de cálculo, base de datos, edición de fotografía e video, creación de publicacións, internet, redes sociais, búsqueda de recursos, trámites on-line, compra-venda, creación de blogs, APPs para móbiles, posicionamento de empresas na rede, creación de páxinas web...

cursos de informática

n

27Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

stán enfocadas a todos aqueles e aquelas que queren seguir ampliando a súa formación e precisan un apoio nos seus estudos. Se non tés o graduado en Educación Secundaria, axudámoste a sacalo. Levamos 4 anos con esta iniciativa e 44 persoas obtiveron xa o título. Os horarios son de tarde-noite.

eclasespara adultos

ara axudar ós rapaces a estudar e afianzar os coñecementos adquiridos na escola, impartimos clases de apoio escolar para todos os niveis obrigatorios. Apúntate, mellora as túas técnicas de estudo e sairás gañando.

clases deapoio escolar

p oidamos dos nosos maiores para que sexan donos das súas vidas e participen dun xeito máis saudable da vida social. Nestes obradoiros trabállase a autoestima e a estimulación cognitiva, a través de exercicios de orientación espacial e temporal, linguaxe, cálculo mental e memoria.

ctalleres dememoria

creatividade fomenta o desenvolvemento intelectual, e axuda a resolver os problemas do futuro. Nas clases de manualidades para adultos do concello impártense diferentes cursos entre os meses de outubro e maio.

aclases demanualidades

29Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

xisten técnicas comprobadas que axudan a conseguir un emprego máis facilmente; como confeccionar un curriculum, preparar unha entrevista, a carta de presentación, busca por internet. Neste curso trataremos estas nocións básicas.

curso de técnicas de busca de emprego

e

ergullarse no fascinante mundo da cociña, abrir o padal a novos sabores e mesturas, intercambiar receitas, aprender novas e moito máis. Nos vindeiros meses en tódalas casas de cultura. Estade atentos ás inscricións.

m

cursosde cociña

urante todo o ano no concello de Dumbría vénse organizando unha serie de actividades enfocadas a xerar interés pola lectura. Contacontos, visitas guiadas polas bibliotecas, o día da biblioteca e do libro, celebracións no día das Letras Galegas.

danimacióná lectura

odos os días xorden dúbidas de como afrontar cuestións de índole educativa, as rabietas, o sono, os medos, a imposición de normas e límites, a importancia do xogo e da estimulación temperá, etc. “EN FAMILIA” é unha actividade que propón a participación de pais e nais en obradoiros formativos, enfocados a resolver de forma construtiva os retos e conflitos cotidiás. Este programa contén ademais actividades lúdico-educativas para os nenos e nenas ata os 6 anos.

en familia

t

31Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

ara a difusión e promoción da cultura tradicional galega e en colaboración co asociacionismo local, esta escola municipal dá clases de gaita, pandeireta e baile tradicional. Apúntate e o ritmo te atraparate.

e.m. gaita, pandeireta, e baile tradicional

p

festas infantís

longo do ano organizamos distintas festas infantís, que serven como un lugar de encontro para todos os nenos do concello. Festa de fin de actividades, de Nadal, fin de curso, fin de actividades de verán. Para que os rapaces das distintas localidades do concello se coñezan, interactúen e aprendan co xogo, con actuacións de teatro, maxia, novo circo,...

ó

oa chegada do bo tempo ampliamos e centralizamos a oferta lúdico-cultural no complexo deportivo do Conco. Durante o verán sempre temos unha proposta para que desfrutes do tempo libre.

actividades de verán

c

púntate ós Cursos de Natación, Actividades deportivas, Obradoiros de Reciclaxe, de Cociña, de Manualidades, Xogos populares, deportivos e de mesa, contacontos, Bibliopiscina e acceso a internet ... e English Summer (actividades lúdico-didácticas con profesorado nativo).

E para que poidas asisitir a todas as actividades, o Concello pon á túa disposición un servizo de autobuses dende todas as parroquias.

a

33Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

sta gran xuntanza dos veciños de Dumbría na fermosa Carballeira de Berdeogas coverteuse nun referente na Costa da Morte. Esta gran romaría que cada ano atrae a máis xente, reúnenos a todos ó son das gaitas, do bo xantar, de actuacións e actividades para nenos e maiores, nun ambiente entrañable, acolledor e divertido.

festa da familia

e

Festa da Praia do Ézaro conta con unha longa traxectoria, avalada polo gran éxito desta celebración que ten lugar a primeira fin de semana de agosto; xogos populares, regatas de chalanas, baile do cañoto, inchables, sardiñada e o Campionato Galego Absoluto de Volei Praia.

afesta da praia

Entroido de Dumbría está consolidado como un dos máis populares da Costa da Morte. Concurso de comparsas e disfraces con importantes premios en metálico, actuacións musicais, e ambiente festivo. Vai preparando xa a túa participación.

entroido

o

elebrámolo por todo o alto, con obradoiros de manualidades para nenos e adultos, cine, campionatos de ping-pong, festa infantil, visita do paxe real, elaboración de tarxetas navideñas e da carta ós reis....Como ves no Nadal non paramos.

cnadal

35Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

umbría é un concello moderno e aberto ó mundo, por iso apostamos pola cultura e o coñecemento como formas de expansión e de crecemento. Viaxar é unha forma de entender o mundo, de abrir a mente, de conectar e coñecer outras xentes e culturas, por iso cada ano seguimos promocionando as viaxes e excursións a distintos lugares.

excursións culturais

d

ste ano estreámonos co 1º concurso cabalar de Dumbría, que foi toda unha sorpresa e un éxito. Este gran evento celebrouse na Carballeira de Berdeogas con exhibicións de doma, concurso morfofuncional en distintas categorías, o gran espectáculo do baloncesto a cabalo, e pulpeira, romaría e grupos de gaitas.

e

concursocabalar

a páxina oficial do concello www.dumbria.com podes acceder a toda a información actualizada de todo o que che poida interesar; actividades, proxectos, horarios, festas e eventos, bolsa de emprego... Tamén estamos nas redes sociais para todo o que queiras comentar.

dumbría na rede

nWEB:www.dumbriaecultura.blogspot.comwww.cfdumbria.comwww.piraguismodumbria.orgwww.desafiodelatlantico.comwww.pinterest.com/DUMBRIA

REDES:Twitter: @ConcelloDumbria @DumbriaeCultura @voleydumbriaFacebook: facebook.com/ConcelloDeDumbria facebook.com/ClubCiclistaDumbria Youtube: dumbriaecultura

37Guía de Actividades Concello de Dumbría 2014/15

dumbria.com

APÚNTATE+ Info.> Oficinas Municipais> Casas Culturais> 981 744 001

para min, para tí, para ela, para vos, para nos, para vos, para eles, para todos, para min,

para todosGUÍA DE ACTIVIDADES DUMBRÍA 2014/15

dum

bria

.com