paixón pola semana santa ferrol: destino de trasatlánticos

16
H FC RUTAS PAIXÓN POLA SEMANA SANTA FERROL: DESTINO DE TRASATLÁNTICOS NOTICIAS A VOLTAS COAS BEBIDAS ALCOHÓLICAS Á PALESTRA JULIO MARTÍNEZ PRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE HOSTALERÍA DE FERROL E COMARCAS publicación trimestral da asociación de empresarios de hostalería de ferrol e comarcas Nº 11 | ABRIL 2011

Transcript of paixón pola semana santa ferrol: destino de trasatlánticos

Page 1: paixón pola semana santa ferrol: destino de trasatlánticos

H FC

RUTAS

PAIXÓN POLA SEMANA SANTAFERROL: DESTINO DE TRASATLÁNTICOS

NOTICIAS

A VOLTAS COAS BEBIDAS ALCOHÓLICAS

Á PALESTRA

JULIO MARTÍNEZPRESIDENTE DA ASOCIACIÓN DE HOSTALERÍA DE FERROL E COMARCAS

publicación trimestral da asociaciónde empresarios de hostaleríade ferrol e comarcas

Nº 11 | ABRIL 2011

HFC 011 abril 2011:Maquetación 1 8/4/11 11:41 Página 1

Page 2: paixón pola semana santa ferrol: destino de trasatlánticos

H FC ABRIL | 2011 02

EDICIÓNAsociación de Empresarios de Hostaleríade Ferrol e Comarcas

PRODUCIÓNItem-Aga. Deseño e Comunicación

DEP. LEGALC-3506-2007

COLABORACIÓNSLibrería Cantón 4

FOTOGRAFÍA: Arquivo Item-AgaCoordinadora de Cofradías de SemanaSanta (Ignacio del Moral Gómez)Autoridade Portuaria de Ferrol - San Cibrao

A Asociación de Hostalería de Ferrol e Comarcasnon comparte necesariamente as opinións ma-nifestadas polos colaboradores de HFC.

Rúa Real, 73-75, 2º Dta.15402 FerrolTlf. 981 350 892Fax 981 369 [email protected]

SUMARIO

EDITORIALDEIXEMOS O PAVILLÓN BEN ALTO

O vindeiro 25 de abril, día de Chamorro, chegarán a Ferrol preto de 5.000 viaxeiros, todos eles procedentes dos grandescruceiros “Independence of de Seas” e “Discovery” que durante a dita xornada farán unha escala na nosa cidade.Os hostaleiros temos unha grande oportunidade para demostrar aos estranxeiros que nos visitan nestas ocasións pun-tuais como a do vindeiro 25 de abril, que a cidade vale a pena como breve parada de postas, pero tamén como estadíamáis prolongada.Pero para que o visitante leve unha boa impresión da localidade, cómpre realizar un esforzo importante, sobre todo, secoincide, como esta vez, nunha xornada festiva con ruta romeira, na que a tradición manda subir a Chamorro en vez dequedar na cidade.Aínda que o común dos mortais ferroláns elixa o ascenso ao monte ese día, os hostaleiros temos a obriga moral non só defacer o esforzo de abrir o noso local na dita xornada, se é que tiñamos pensado pechar, senón de ampliar o noso horario, ten-tar falar en inglés, se sabemos “chapurrear”, e aceptar divisas.Todo iso non só redundará na mellora do noso negocio, senón na imaxe da nosa cidade que, aínda que non depende só donoso labor, inflúe de forma notable.A festividade de Semana Santa é un dos pratos fortes anuais. Nestas datas increméntase a ocupación hoteleira e o con-sumo en bares e restaurantes. Temos que aproveitar a ocasión para deixar o pavillón ben alto tendo en conta que o cen-tro gravitacional das festas está nas procesións que cruzan o barrio da Magdalena durante unha semana completa.É preciso consolar o corpo das emocións que espertan os “pasos” procesionais con praceres máis mundanos, por estemotivo é seguro que os nosos establecementos estarán cheos de penitentes que queren regalar aos seus estómagos algode calor e sabor tralos estremecementos provocados pola grandiosa beleza emanada das tallas penitentes.Imos coidar as almas arrepentidas e os padais secos, regalando as nosas mellores atencións e magnífica despensa paraque os viaxeiros que veñen todos os anos non se cansen de facelo e os que o fan de forma ocasional, programen unhaestadía duradeira para coñecer mellor este destino turístico.Aos ferroláns: bo trato, calidade no servizo e os nosos mellores produtos. O cliente habitual merece, coma sempre, o mellor.

NOTICIAS 03 - 05Alcohol a proba de menores

OPINIÓN 06Gastronomía: comuñón de cultura, historia e turismo

Á PALESTRA 07Julio Martínez, presidente da Asociación de Hostalería de Ferrol e Comarcas“Navantia é a locomotora do sector”

RUTAS 08 - 11Ferrol renova a súa PaixónCuruxeiras, porto de cruceiros

HOSTALERÍA E SAÚDE 12Para non pecar

VIDA HOSTALEIRA 14Por un Martes de Entroido festivo

FORMACIÓN 15Innovar ou morrer

IMPRESIÓNS DE... 16Danique Lavodrama

HFC 011 abril 2011:Maquetación 1 8/4/11 11:41 Página 2

Page 3: paixón pola semana santa ferrol: destino de trasatlánticos

e ben a suministración de alcohol sempreestivo prohibida a menores, a entrada en vigor

o pasado mes de febreiro da Lei 11/2010 de Prevenciónde Bebidas Alcohólicas en Menores de Idade acaba depoñer en garda a diversos sectores da poboación, entreeles ao da hostalería.Aínda que non afecta por igual a todosos negocios, existe un tipo de local quepolo seu horario e clientela debe tratarde vixilar subministración de bebidasalcohólicas se non quere enfrontarse aproblemas coa xustiza.Na comarca de Ferrolterra asúmese aprohibición con menos inquedanza quea que afecta ao consumo de tabaco postoque o feito de dispensar bebidasespirituosas nunca se permitiu, aíndaque non existise unha lei que o prohibisede forma taxativa como a promulgadapola Xunta de Galicia.No que respecta á hostalería o quemáis preocupa aos propietarios de lo-cais frecuentados por mozos é distinguiraos que teñen 18 años dos que aínda nonos cumpriron. Nese sentido, moitos em-presarios vense obrigados a pedir de for-ma constante o carné de identidade dosmáis sospeitosos de non acadar a idade re-gulamentaria para o consumo.Begoña García, da Cervecería de Castela,é unha das empresarias que sofren este pro-blema difícil de resolver “porque moitos uti-lizan carnés falsificados para pedir alcohol”,afirma preocupada.Nas mesmas circunstancias encóntranse ou-tros como o establecemiento A Xuntanza, quetamén se viu obrigado a pedir o DNI dos mo-zos que aparentan menos de 18 anos. ParaMaría Caamaño, propietaria deste local: “ALei non é boa. Prexudícanos o mesmo que ado tabaco”.Noutros negocios como no intemporal Os Ca-zadores recoñecen que, “É complicado cum-prir a lei, sobre todo cando veñen pandillas egrupos nos que de cada dez dous son meno-res”. Mª José García, a propietaria deste local,afirma que, “esta situación non ocorre candose vai á barra a pedir directamente a bebida.Nese caso non acoden nunca menores”.Existe disparidade entre os locais de horarionocturno e os de apertura diúrna. Os segun-dos apenas teñen problemas porque ou ben

non soen dispensar alcohol ou non son frecuen-tados por menores.A Lei prohíbe de forma expresa o consumo e a ven-da de bebidas alcohólicas a menores de idade nosrecintos e espazos destinados á celebración. Taménprohíbe a venda e subministración a través de má-

quinas expendedoras, que terán que incorporar me-canismos para impedir o acceso das persoas non au-torizadas ao consumo.

OBRIGATORIEDADE DE INFORMARA nova norma tamén obriga a todos os establecementos

nos que se venda ou subministre al-cohol a informar das prohibicións dalei con anuncios ou carteis fixados demaneira permanente e visible en ga-lego e castelán.Tamén se prohíben as campañas di-rixidas a menores de idade que in-duzan ao consumo de alcohol, asícomo a utilización de imaxes e vocesde menores nos soportes publicitariosde promoción e de patrocinio de be-bidas alcohólicas.A lei tamén prohíbe o acceso e as vi-sitas de menores aos centros de pro-dución de bebidas alcohólicas, feiras,

certames e exposicións, salvo que es-tean acompañados por maiores.

A VOLTAS CO FUMEOs hostaleiros da comarca tamén seguena voltas coa prohibición de fumar nosseus locais. A Asociación de Hostaleirosmandou recentemente unha enquisa aosempresarios da comarca para coñecer asúa postura sobre a nova normativa,pero apenas 50 dos 500 formularios en-viados chegaron respostados.Os empresarios están atravesando un mo-mento crítico debido á perda de clientela eá suba dos prezos e, sen dúbida, a prohibi-ción do tabaco contribúe a que os fumado-res o pensen dúas veces antes de ter queprescindir do cigarro, o cal reduce o núme-ro de clientes nos establecementos.Desde a Federación Española de Hostaleríaestase intentando cambiar a Lei, constitu-índo unha plataforma reinvindicativa conome “Libertad sin humos” que está pre-parando unha manifestación para o vindei-ro 9 de maio en Madrid.Con esta convocatoria non só se pretendecambiar a normativa e negociar outra senónlograr que tanto os partidos políticos como asociedade en xeral entendan a importancia dosector hostaleiro, que dá traballo no país a pre-to de 1.500.000 persoas.

NOTICIAS

H FCABRIL | 201103

Alcohol a proba de menoresOs hosta le i ros intentan impedir a súa dispensación a mozos de menos de18 anos a pesar da picaresca imperante e as argucias ut i l izadas por estes

S

HFC 011 abril 2011:Maquetación 1 8/4/11 11:41 Página 3

Page 4: paixón pola semana santa ferrol: destino de trasatlánticos

MARCO VARELA GAÑA O XI CAMPIONATO GALEGODE COCIÑEIROSMarco Varela Froiz, xefe de cociña do restaurantePalacio de Sober, resultou vencedor na final de XICampionato Galego de Cociñeiros celebrada norestaurante ferrolán Illas Gabeiras. Varela representoua Galicia no Campionato Nacional de Cociñeiros enMadrid que se disputou os días 15 e 16 de abril.Este novo cociñeiro de 28 anos e ex alumno da EscolaSuperior de Hostalaría de Santiago competiu xunto aoseu axudante, Víctor Otero, con outros sete cociñeirosgalegos con dúas receitas obrigatorias: unha de peixe(rodaballo) e outra de carne (presa de porco celta) etres guarnicións distintas por prato.

AFIÁNZASE A GAMA DE ACE EN GALICIAZumos Pago con case 125 anos de historia e máis de 15sabores diferentes de zumes e néctares no mercadoespañol lanzou fai quince anos un sabor máis queinnovador para aquela época: ACE Naranja. Non setrataba de combinar só froita senón que se atreveu amesturar laranxa, limón e cenoria, converténdose nunsabor de referencia para o consumidor galego queademais achega o 30% das necesidades diarias devitaminas A, C e E ao organismo. 15 anos despois, emáis de cincuenta millóns de botellas vendidas, osconsumidores galegos ven complementada a gama cunnovo sabor, unha exitosa e atrevida combinación decirola, cenoria e lima que dá orixe á ACE Rojo.O pasado ano o mercado galego foi o primeiro en probarcon gran éxito este sabor afroitado, equilibrado e deformidable textura que se adapta ao consumo acotíopero especialmente á hora do almorzo e como snack aolongo de todo o día.

FALECE EN SINGAPUR SANTI SANTAMARÍAO pasado mes de febreiro faleceu o coñecido chef SantiSantamaría cando inauguraba o seu novo restauranteen Singapur. Cociñeiro autodidacta –foi antes peritoindustrial– acadau facer da modesta fonda familiarde Sant Celoni un restaurante de proxeccióninternacional que acadou tres estrelas Michelín.Santamaría tiña un concepto global do granrestaurante, do servizo e da organización da cociñae converteuse pronto no líder dunha corrente quepretendía rexuvenecer a restauración española einnovar a partir de tradicións, de usos pegados á

historia familiar e rural. Recentemente desatou apolémica cando denunciou a cociña molecular e devangarda de Ferrán Adriá argumentando que atentabacontra a saúde dos clientes ao empregar aditivosperigosos.

A COCIÑA TERÁ TÍTULO SUPERIOR2011 é un ano importante para a cociña. Está previstoque no mes de setembro comecen as primeiras clasesda licenciatura de cociña que se impartirá na nova eambiciosa Basque Culinary Center, un proxecto que levaanos desenvolvéndose co decidido apoio dos mellorescociñeiros vascos (Arzak, Subijana, Berasategui, Adúriz,Atxa, Arbelaitz ou Arguiñano) e da Universidade deMondragón.Este novo centro formativo estará situado no ParqueTecnolóxico de Miramón (San Sebastián) e será aprimeira facultade que ofreza o grao de CienciasGastronómicas e Culinarias.

MAHOU RENOVA A SÚA IMAXEA marca de cervexas Mahou presentou a súa novaimaxe, que aplica a marcas Mahou Cinco Estrellas,Mahou Clásica e Mahou Sin e en todos os formatos(botella, lata e packs).Este novo formato mantén inalterables o sabor e aspropiedades de sempre, pero presenta un deseñomáis contemporáneo, no que a “M” de Mahou, imaxeda marca, toma un maior protagonismo. Ademaisdeste cambio na etiqueta, a nova imaxe complétasecun cambio de forma no collarín da botela, o quesupón un beneficio para o consumidor.

NOVAS ANADAS 2010 DE PRADOREY ROSADOPradoRey Rosado fermentado en barrica 2010, é unviño elaborado a partir dun coupage de Tempranillo eMerlot ao 50%, con uvas seleccionadas de entre ossete pagos da leira Real Sitio de Ventosilla. Trátasedun viño de atractiva cor rosa frambuesa, limpo,brillante e de gran concentración aromática, a basede froitas vermellas con toques tostados e vainillas.

H FC ABRIL | 2011 04

NOTICIASEXPOVACACIONES REAFÍRMASE COMOREFERENTE DO TURISMOExpovacaciones celebrará a súa XXXII edición do 5ao 8 de maio no recinto Bilbao Exhibition Centre,confirmándose como un dos encontros de referenciado sector turístico do norte de España. Así, todo oturismo cultural, activo, de saúde, gastronómico,deportivo, de cruceiros e as nanoescapadas (viaxesintensas de dous ou tres días) estarán presentes naampla oferta desta nova edición do certame.

EXPOFRANQUICIA, ESCAPARATE DE NOVASTENDENCIASA Feira de Madrid acollerá do 5 ao 7 de maioExpofranquicia11, que se presenta a escasos mesesdo seu comezo con excelentes perspectivas departicipación. Expofranquicia considérase o mellorcentro de negocio do seu sector e é o principal foroaglutinador de tendencias en España neste ámbito.A feira promove a información, o asesoramento e ocoñecemento a través de servizos específicos eactividades paralelas, a aquelas persoas interesadasen iniciarse ou ampliar coñecementos sobre estapráctica comercial de ascendente implantación nonoso país.

CIDADE REAL, PLANETA DO VIÑOCidade Real acollerá os días 10, 11 e 12 de maioa sexta edición de Fenavín que xa se converteuna feira do viño máis importante do país. Boaproba diso é que o espazo establecido para odesenvolvemento do salón, un total de 29.525metros cadrados que non poden ampliarse máis,xa teñen demandantes para todos os seusespazos dispoñibles.

GASTRÓNOMA, DESTINO SECTOR HORECAA Feira de Valencia relanza os seus salóns daalimentación e o viño, Restalimed e Bodegalia, através dun novo formato: Gastrónoma, a Feira paraa Restauración, Hostalaría, Alimentación e ComercioEspecializado, que reunirá na Feira de Valencia do 5ao 7 de xuño a fabricantes e distribuidores, tanto dealimentos como de maquinaria e produtos auxiliares,que teñen como destinatario ao sector horeca e aocomercio especializado

SALIMAT REACTIVA O INTERCAMBIO COMERCIALO Salón de Alimentación do Atlántico chega do 16 ao19 de xuño á súa 15ª edición co obxectivo de ofreceraos sectores da alimentación e a gastronomía unefectivo espazo de promoción e negocio. O seuparque expositivo foi deseñado para que novidadese propostas tradicionais de calidade conformen uncompleto e atractivo escaparate que chamará aatención da demanda. A área de negocio do salón teráun papel protagonista, converténdoo nunhainmellorable plataforma de comercialización a travésdos seus encontros.

AXENDA

HFC 011 abril 2011:Maquetación 1 8/4/11 11:41 Página 4

Page 5: paixón pola semana santa ferrol: destino de trasatlánticos

NOTICIAS

H FCABRIL | 201105

ta o 15 de setembro de 2011 pódense soli-citar as axudas do Igape para apoio finan-

ceiro á Hostalería, Comercio e Turismo nascomarcas de Ferrol, Eume e Ortegal a través de ban-cos. No caso de que as solicitudes as formulen aspropias entidades financeiras o prazo remata o 14de outubro deste mesmo ano.Os proxectos de investimento subvencionables debe-rán consistir na adquisición de activos e non poderáncomenzar antes da presentación da solicitude no Igape.

CONSIDÉRANSE GASTOS SUBVENCIONABLESOS SEGUINTES:• Investimentos e gastos adquiridos a terceiros que se

realicen con posterioridade á solicitude e se paguenno período dun ano desde a formalización do prés-tamo. (Tamén serán subvencionables os leassing).

• Inmobilizado intanxible.• Gastos de aprovisionamiento e inicio de activi-

dade ata un máximo do 20% do gasto subven-cionable elixible.

• A contía mínima do investimento será de 3.500 eurose máximo de 100.000 (sen IVE).

• Os beneficiarios deberán manter os investimentosdurante a vixencia do préstamo.

• O prazo máximo de amortización será de 7 anoscun ano de carencia; o tipo de xuro será fixo de o6% ou variable. A Axuda será de 4 puntos por-centuais do tipo de xuro máis, se é o caso, o im-porte da comisión do aval da SGR.

A axuda financeira será de 4 puntos porcentuais dotipo de xuro máis, se é o caso, o importe da comisióndo aval da SGR.Más información na Asociación de Hostalería.

A

s desempregados inscritos no Inem, titula-res dun negocio que se dean de alta na Se-

guridade Social e que non desenvolvesen a mesmaactividade na mesma localidade como autónomos nosseis meses anteriores á alta subvencionable e osmembros de sociedades xa poden solicitar as sub-vencións ao emprego autónomo convocadas polaXunta de Galicia e que foron publicadas no DOG o pa-sado 25 de marzo.

TIPOS DE AXUDAS:Subvención polo establecemento como autónomo (in-vestimento inmovilizado material por importe non in-ferior a 3.000 euros).Subvención financeira (o 75% do préstamo debe

destinarse a financiar inmobilizado material e re-quírese un investimento non inferior a 3.000 eurosen inmobilizado).Subvención para asistencia técnica.Subvención para formación.Axuda excepcional (serán subvencionables gastos decompra de mercadorías, publicidade, arrendamen-tos e seguros).Subvención pola primeira contratación indefinida. (Acontratación debe ter como data de inicio o períodocomprendido entre o 1 de xullo de 2010 e o 30 de se-tembro de 2009).Serán subvencionables as altas na Seguridade So-cial que se formalicen desde o 1 de xullo de 2010ata o 30 de setembro de 2011.

A Xunta subvenciona o emprego autónomo

O IGAPE promove axudas para a hostalería O gasto total deturistas estranxeiroscrece un 6,8%

O

O gasto total realizado polos turistas estranxeiros quevisitaron España en febreiro (incluíndo transporte)acadou os 2.699 millóns de euros, un 6,8% máis enrelación a febreiro do ano pasado, de acordo coaenquisa oficial de Gasto Turístico (Egatur) que elaborao Instituto de Formación Turística (IET) do Ministeriode Industria, Turismo e Comercio.O gasto medio dos turistas en febreiro ascendeu a952 euros, un 2,3% máis con respecto ao mesmomes do ano pasado, e o gasto medio diario situouseen 97 euros, o que supón un descenso do 1%.

No mes de febreiro, o crecemento máis alto rexistrounoo mercado francés, cun incremento do gasto total de19,9% e de gasto medio por turista do 9,8%.No acumulado xaneiro-febreiro, destaca o gasto domercado italiano, cunha suba de 27,7%, incrementandotamén o gasto medio por turista nos dous primeirosmeses nun 7,8%.

HFC 011 abril 2011:Maquetación 1 8/4/11 11:41 Página 5

Page 6: paixón pola semana santa ferrol: destino de trasatlánticos

H FC ABRIL | 2011 06

OPINIÓNGastronomía: comuñón de cultura, historia e turismo

ralas boas criticas recibidas tanto por par-te dos profesionais e público en xeral nas di-

ferentes accións promovidas polo Plan de Dinami-zación de Eume-Ortegal na Pasarela Gastronómicaen Madrid e a máis recente participación no ForumGastronómico de Girona de dous dos nosos afama-dos cociñeiros, desde a Xunta Directiva da Asocia-ción de Hostalería de Ferrol e Comarcas gustaríanosfacer fincapé na cociña de produto.Diferentes materias primas da comarca como o pol-bo á mugardesa, os grelos de Xestoso, o Requeixónda Capela, o Pan de Neda, etc. encandilan a todo

aquel visitante ávido de coñecer a nosa gastronomíanas súas diferentes preparacións culinarias.Nestes tempos difíciles preséntasenos unha opor-tunidade para destacar todas estas bondades acom-pañadas doutras enfocadas ao turismo en xeral. Lem-bremos que a gastronomía o une practicamente todo:cultura, historia e turismo.De xustiza é encomiar o labor iniciado anos atrás poraqueles pioneiros da cociña que pasearon os nososprodutos por todo o mundo en tempos onde palabrascomo promoción, exhibición, escaparate, etc. non erantan destacadas como agora.

Tras unha época de dúbidas e vaivéns volvemosobservar como a materia prima destaca por en-cima de todo e aí é onde temos a nosa mellor baza.Os nosos peixes e carnes non teñen nada que en-vexar ás doutros lugares que gozan de reputacióne fama nacional.Aproveitando a mellor formación dos nosos mozosprofesionais soamente quédanos inculcarlles asbondades dos nosos produtos e lembrarlles queaproveiten o legado das receitas máis ancestraisadmitindo novos retos e actualizándoas. Aí está ofuturo da nosa cociña de produto.

Xunta directiva da Asociación de Hostalería de Ferrol e Comarcas

T

HFC 011 abril 2011:Maquetación 1 8/4/11 11:41 Página 6

Page 7: paixón pola semana santa ferrol: destino de trasatlánticos

Á PALESTRA

H FCABRIL | 201107

eva máis de 10 anos velando polos interesesdos hostaleiros da comarca. De casta venlle o

apego aos fogóns, pois creceu á calor dos de O Parrulo,o restaurante do seu pai no que adeprendeu non só acociñar senón a tratar ben a clientela, faceta impres-cindible do bo hostaleiro. Precisamente desde haitempo intenta inculcar a importancia da calidade doservizo como factor prioritario para afianzar o negocionunha época na que a diferenciación é a clave do éxito.

Como están a atravesar a crise os negocios de hos-talaría da comarca?Mal. Moi mal porque hai moitas frontes abertas, desdea suba dos prezos das materias primas, o descenso daocupación e do número de clientes, o incremento doIVE...son todos factores que inflúen negativamente nodesenvolvemento do negocio e, sobre todo, no ánimo doempresario que percibe que os esforzos que realiza parasacar adiante o seu proxecto quedan en nada.

Quen son os máis vulnerables?Sobre todo os que están a pagar alugueres e aquelesque acaban de abrir un establecemento e que por faltade formación non son capaces de superar as dificulta-des que xorden cando se comeza un proxecto deste tipo.Os negocios de toda a vida están a aguantar a malaracha, de feito non se deu o caso de que pechase un es-tablecemento que leve varios anos de actividade.

Os períodos vacacionais supoñen un revulsivo para osector ou só camuflan os problemas que logo volvensaír á boia?É certo que o Entroido ou a Semana Santa, por poñerdous exemplos recentes, levantan o ánimo do sector,porque se incrementa o número de clientes, o que se re-flicte na facturación, pero a crise segue presente e, sese cumpren os peores vaticinios, 2011 será o peor anodesde que se anunciou o desastre financeiro.

Existe algún factor que inflúa na mala situación eco-nómica característico na comarca?O factor é Navantia. O naval é a locomotora do sec-tor na comarca. Se hai traballo nos estaleiros, re-xístrase un repunte na facturación da hostalaría, senon o hai, case todos se resenten. O problema deFerrol é que agora non se constrúen barcos. Por isoé necesario facer un esforzo para suscitar a aten-ción doutros públicos obxectivos.

Están a funcionar os plans de promoción dirixidos aincrementar a clientela que non procede do naval?Quizais sexa pronto para ver os resultados, pero todoapunta a que en pouco tempo os nosos principais clien-tes serán viaxeiros que veñen coñecer os recursos tu-

rísticos da comarca, que son moitos. Ademais, teño quedicir que a Deputación da Coruña está a realizar ungran esforzo para promocionar os atractivos da zona emellorar a conta de resultados do sector. Non podemosdepender da actividade dos estaleiros exclusivamente,hai que mirar a outros horizontes.

Que importancia ten a gastronomía nas accións pro-mocionais dirixidas a difundir as fortalezas e atrac-tivos da zona?A nosa despensa é unha referencia turística, por isotemos que potenciala e dala a coñecer, algo que xa seestá facendo coa asistencia a feiras do sector e a pre-senza en numerosos eventos gastronómicos. Creo real-mente que temos que facer un gran esforzo para que axente saiba que é aquí, nas Rías Altas, onde se recolleo mellor marisco galego, os froitos do mar de máis ca-lidade. É unha crenza infundada e moi difundida queos mellores crustáceos sérvense no sur de Galicia.

Algunha materia pendente ou aspecto que se debamellorar para ser máis competitivos?Si, a atención ao cliente, os horarios de apertura epeche, a calidade... todos son factores que debemosperfeccionar porque deles depende o poder situarnos ácabeza dos destinos turísticos e gastronómicos. Denada serve ter produtos de primeira categoría se logonon sabemos servir ou atender correctamente ao co-mensal.

Que papel vai desempeñar a Escola de Hostalería nologro deste obxectivo?Moi importante, desde logo. A formación é esenciale coa entrada en funcionamento da Escola de Hos-talería en 2012 poderemos garantir a actualizaciónde coñecementos de todos os empresarios da co-marca de Ferrol en moi variadas materias, o que éfundamental para a mellora do sector e o incre-mento da competitividade.

Jul io Mart ínez, presidente da Asociación de Hosta ler ía de Ferro l e Comarcas

“Navantia é a locomotora do sector

L

O máximo responsable da entidade afirma que, “Hai que facer un grande esforzo para informar de que aquí temos o mellor marisco galego”

HFC 011 abril 2011:Maquetación 1 8/4/11 11:41 Página 7

Page 8: paixón pola semana santa ferrol: destino de trasatlánticos

H FC ABRIL | 2011 08

RUTAS

Ferrol renova a súa PaixónA Semana Santa consol ídase como un dos referentes tur íst icos máisimportantes da cidade e un dos pr incipais motores da hosta ler ía local

errol prepárase para vivir unha das festasmáis fervorosas e populosas do Ano. A Semana

Santa ferrolá converteuse no último decenio nun dosacontecementos que levantan máis paixóns entre a po-boación independentemente das súas crenzas relixio-sas, sexo e idade. A febre pola imaxinaría extramurosconmove máis cada ano que pasa atraendo a miles devisitantes grazas á súa gran proxección máis aló dasfronteiras departamentais desde que foi declarada, alápolo ano 1996, Festa de Interese Turístico Nacional.De orixes incertas que uns atribúen ás confrarías me-dievais desaparecidas e outros relacionan co rexur-dimento da relixiosidade que se desenvolve enEspaña tras a Guerra Civil como resposta ao forteproceso de secularización que se viviu na SegundaRepública, a Semana Santa consolídase como un dosreferentes turísticos máis importantes da cidadecuns datos de ocupación e afluencia de visitantesque conmoven aos espíritos máis antirrelixiosos:máis de 300.000 turistas e uns beneficios económi-cos que roldan os 37 millóns de euros, segundo uninforme da Cámara de Comercio de Ferrol.

Crentes e non crentes déixanse seducir durante os oitodías que duran os actos relixiosos por costaleiros epenitentes ocultos baixo capirotes e antefaces enga-lanados con túnicas púrpuras e negras con engadidosveludos, merinos, brocados, cíngulos e escudos confíos de ouro.A solemnidade das procesións impón en todo o seupercorrido pola cuadrícula perfecta do barrio da Mag-dalena onde se para o tempo e a respiración ao pasodas tallas que se exhiben polas rúas tras xacer o restodo ano en retablos, fornelas e altares.Cada un dos pasos, que roldan as dúas toneladas emedia de peso, avanza escoltado pola banda de música,portado aos ombreiros por decenas de costaleros que seprestan voluntarios, moitos dos cales camiñan descal-zos desgarrando os seus pés cos lastros da calzada.As procesións máis vistosas e populares da SemanaSanta ferrolá concéntranse na noite de Xoves Santoe o Venres Santo a media mañá na que brilla con luzespecial o Santo Encontro, onde as distintas con-frarías reúnen as catro imaxes ou pasos de Xesu-cristo na Cruz, a Virxe de Dores, a Verónica, que per-

tence a un terzo formado exclusivamente por mu-lleres e o Apóstolo San Xoán.Pero o momento cume da Semana Santa é, sen dú-bida, o Santo Enterro, unha das procesións máis an-tigas, longas e concorridas na que participan as au-toridades locais e eclesiásticas de Ferrol. A xornada doVenres Santo, con oito desfiles procesionais, conclúea medianoite coa procesión do Silencio, coñecida po-pularmente como Os Caladiños, que discorre a partirdas 23.00 horas, iluminada coa luz das velas que por-tan os confrades.

ACTIVIDADES PARALELASPero ademais das procesións, na Semana Santa Fe-rrolá pódese desfrutar dun gran número de activida-des lúdicas e culturais, entre as que destacan esteano a XVI edición de Equiocio, que se celebrará do 20ao 24 de abril na Feira de Mostras. Durante estasdatas tamén se desenvolverán varias exposicións noCentro Torrente Ballester e no Carvalho Calero, ade-mais dun interesante ciclo de música no Teatro Jofree o concerto Lux Aeterno, na Capela da Orde Terceira.

F

Cada un dos pasos ronda as dúas toneladas e media de peso e avanza portado por decenas de costaleiros. Coordinadora de Cofradías de Semana Santa

HFC 011 abril 2011:Maquetación 1 8/4/11 11:41 Página 8

Page 9: paixón pola semana santa ferrol: destino de trasatlánticos

H FCABRIL | 20119

O anteface e o capucho son dous elementos básicos do traxe de penitente xunto aos engadidos veludos, merino, brocados, cíngulos e escudos dourados. Coordinadora de Cofradías de Semana Santa

As tallas saen ás rúas tras xacer o resto do ano en altares, retablos e fornelas das igrexas. Coordinadora de Cofradías de Semana Santa

HFC 011 abril 2011:Maquetación 1 8/4/11 11:42 Página 9

Page 10: paixón pola semana santa ferrol: destino de trasatlánticos

H FC ABRIL | 2011 10

RUTAS

cidade de Ferrol e as súas comarcas máispróximas están de noraboa desde o punto de

vista do turismo. A oferta turística, hostaleira e cul-tural de Ferrol traspasou fronteiras e por fin as gran-des navieiras de cruceiros do panorama internacional,puxeron os seus ollos na cidade naval.Responsables da Autoridade Portuaria e da Xunta deGalicia presentaban os fitos xa materializados e asboas perspectivas que poderán contribuír a impulsare dinamizar o comercio e a hostalaría, principal ob-xectivo perseguido.

CINCO ESCALAS EN 2011Durante este ano a cidade recibirá a visita de cinco cru-ceiros, dous deles, por primeira vez na historia, durantea mesma xornada: o 25 de abril, día de Chamorro. Estefito traerá a Ferrol o transatlántico “Independence ofthe Seas”, o máis grande dos que atracan en augas ga-legas. Os seus máis de 4.000 pasaxeiros sumaranseaos do “Discovery”, deixando na cidade máis de 5.000visitantes durante un só día.

Ferrol: destino de trasatlánticosO vindeiro 25 de abril, día de Chamorro, arribarán á cidade departamental nunha soaxornada dous cruceiros con máis de 5.000 turistas que visitarán o casco urbano

A

Independent of the Seas, o máis grande dos cruceiros que recalan nas augas galegas, chegará a Ferrol o vindeiro 25 de abril con 4.000 pasaxeiros

Para o ano 2012 xa hai máis de 10 buques previstos, o que confirma que é un sector crecente en Ferrol

HFC 011 abril 2011:Maquetación 1 8/4/11 11:42 Página 10

Page 11: paixón pola semana santa ferrol: destino de trasatlánticos

H FCABRIL | 201111

Para 2012 xa hai máis de 10 buques previstos, o queconfirma que é un sector crecente en Ferrol. Por iso, oporto xa está a programar a mellora das súas intala-cións co proxecto do seu Peirao de Transatlánticos.

AS OPORTUNIDADES DE NEGOCIOOs pasaxeiros dos cruceiros teñen, fundamental-mente, dúas alternativas ao chegar a porto: apun-tarse a excursións programadas pola propia na-vieira ou visitar a cidade.No ámbito das excursións, durante os últimos mesesfíxose un importante esforzo para que as navieiras en-gadan, ademais da habitual e ineludible visita á ca-tedral de Santiago, tours que se desenvolvan polacidade e comarcas, de maneira que poida repercutirpositivamente na economía do sector turístico local.En 2011, por primeira vez, os buques ofertarán polomenos o percorrido centrado no Arsenal do século XVIII

e estase traballando noutras propostas.Por outro lado, os cruceiristas que optarán por visi-tar a cidade poden chegar a ser moitos, sobre todose o tempo acompaña, e prepararse para iso é im-portante para sacar o maior rendemento.Para iso, o luns de Chamorro, darase información aospasaxeiros a pé de buque sobre os atractivos da ci-dade e sobre o comercio e a hostalería, en colabo-ración coas asociacións locais e con Turgalicia. O vi-sitante poderá, ademais, coller un servizo gratuítode buses lanzadeira ao centro, posto a disposiciónpola Autoridade Portuaria, ou camiñar desde FerrolVello.A hostalería e o comercio local poden incrementaras súas posibilidades de negocio con medidascomo a adaptación dos seus horarios de apertura,ao ofrecer a atención en inglés ou a aceptaciónde divisas como as libras ou dólares.

DATA BUQUE PASAXEIROS CHEGADA SAÍDA

25/04/2011 Independence of the Seas 4.400 12:00 18:00

25/04/2011 Discovery 756 07:00 17:00

01/09/2011 Funchal 571 07:00 08:00

26/09/2011 Independence of the Seas 4.400 12:00 18:00

20/12/2011 Saga Ruby 680 08:00 18:00

Na seguinte táboa detállanse os buques previstos para 2011 indicando data, pasaxeiros e horas previstas de chegada e saída:

HFC 011 abril 2011:Maquetación 1 8/4/11 11:42 Página 11

Page 12: paixón pola semana santa ferrol: destino de trasatlánticos

H FC ABRIL | 2011 12

SAÚDE

esde os albores da Idade Media e até finais doséculo XIX, a igrexa católica impuxo normas de

abstinencia estritas, entre elas a prohibición de comercarne e os seus derivados durante os venres de Co-resma, o que contribuíu a crear pratos alternativos quese consumían durante ese tempo de Vixilia.Agora son moitos os que defenden prolongar a absti-nencia cristiá máis aló destas datas, precisamentepolos beneficios que reportan ao organismo as dietaspobres en carne, como a mediterránea na que as estre-las son o peixe, as verduras e as legumes.Diferentes estudos demostraron que a dieta mediterrá-nea é sinónimo de lonxevidade e que as persoas que se-guen este estilo de vida son menos proclives a desenvolverenfermidades cardiovasculares ou cancro.Dos grupos de alimentos que forman parte da dieta me-diterránea destaca o peixe como substituto da carne, ade-mais de froitas e hortalizas frescas, preferiblemente detempada, e aceite de oliva, fronte a outro tipo de graxas.

ÁCIDOS GRAXOS OMEGA-3O peixe, en especial o azul, como as sardiñas, a ca-bala, o salmón ou o atún, son unha fonte moi im-portante de ácidos graxos Omega-3, que axudan acontrolar a presión arterial, a función cardíaca e re-ducen o impacto doutros factores de risco cardio-vascular. O peixe é un alimento de fácil dixestión,que permite múltiples preparacións de acordo aosgustos persoais e que achega vitaminas tan impor-tantes como a A e D, e con adecuado equilibrio dosdistintos nutrientes.O contido calórico do peixe é relativamente baixo eoscila entre 70 e 80 kcal por 100 gramos nos peixesmagros e 120-200 kcal nos grasos ou azuis, polo

que constitúe unha boa opción para formar parte daalimentación de persoas cun exceso de peso.

NUTRIENTES ESENCIAIS PARA O CRECEMENTOO contido de proteínas en peixes e mariscos rolda o15%-20%, aínda que os peixes azuis e os crustáceossuperan o 20%. Do mesmo xeito que sucede coas pro-teínas presentes nas carnes e nos ovos, as do peixeconsidéranse de alto valor biolóxico porque conteñentodos os aminoácidos esenciais que o organismo ne-cesita en cantidade e proporción adecuadas. Dadoque o crecemento e desenvolvemento corporal que tenlugar durante a infancia, a adolescencia, o embarazoe a lactación esixe un maior achegue proteico res-pecto doutras etapas da vida, recoméndase alternaro consumo de peixe con outras fontes proteicas deorixe animal e vexetal.Os ácidos graxos omega 3 desempeñan funcións impor-tantes no embarazo, a lactación e a infancia porque for-man parte de membranas celulares do sistema nerviosoe da retina, polo que os requirimentos increméntanse.O consumo de peixes cuxa espiña se come, como é ocaso de especies pequenas ou enlatadas é unha fontealimenticia de calcio, mineral que se acumula nos es-queletos dos animais. As súas funcións son importan-tes porque o calcio intervén na formación dos ósos edentes, na contracción dos músculos, na transmisióndo impulso nervioso e na coagulación do sangue.O contido en calcio dunha lata de sardiñas é de 210 mi-ligramos, similar ao que achega un vaso de leite (200mililitros). Por esta razón, este tipo de peixes supónunha excelente fonte de calcio para quen por distintosmotivos non inclúen suficientes lácteos e outras fontesde calcio na súa dieta.

O peixe, as verduras e as legumes son os substitutivos ideais da carne os venres de Coresma

D

Para non pecar PUBLICAN O PRIMEIRO MANUAL DE COCIÑAPARA CELÍACOS

A Fundación Alicia, en colaboración coa Asociación deCelíacos de Cataluña, acaba de editar o primeiro Ma-nual de Restauración sen glute dirixido aos profesio-nais do sector, unha obra de grande axuda para quepoidan atender as necesidades específicas dos celí-acos que acoden a comer aos seus establecementos.Estruturado de forma práctica e amena, “Restaura-ción sen glute” está concibido como un instrumentode traballo útil e de fácil consulta á hora de atendernos seus establecementos aos clientes celíacos, pro-porcionando toda a información necesaria para ofre-cer menús coas máximas garantías de seguridade.Ademais de informar sobre a enfermidade celíaca, oscereais que conteñen glute e a lexislación existente,danse consellos xerais e conceptos básicos sobre pra-tos sen e con glute, diferentes opcións de identificara carta dun restaurante para que os celíacos poidanconsultar sen problemas.

O ÚLTIMO EN TEIMAS CULINARIASOs seus practicantes aseguran que é máis sá queser omnívoro, ao inxerir máis fibra e menos graxassaturadas. A dieta flexitariana baséase en plantas,pero tamén permite a inxesta de carne e peixe decando en vez e en pequenas doses. Os flexitarianosnon teñen, en principio, alimentos prohibidos, o vetoa certos produtos o pon o propio adepto en funcióndas convicións personais. Algúns, por exemplo, evi-tan os produtos que implican sufrimento innecesa-rio aos animais, como a caza, o foie ou os produtosprocedentes de avicultura ou a gandeiría intensiva,por poñer algúns exemplos.

HFC 011 abril 2011:Maquetación 1 8/4/11 11:42 Página 12

Page 13: paixón pola semana santa ferrol: destino de trasatlánticos

HFC 011 abril 2011:Maquetación 1 8/4/11 11:42 Página 13

Page 14: paixón pola semana santa ferrol: destino de trasatlánticos

H FC ABRIL | 2011 14

VIDA HOSTALEIRAA ASOCIACIÓN DE HOSTALEIROS RECLAMA QUEO MARTES DE ENTROIDO SEXA FESTIVOA pesar da crise, os hostaleiros demostraron no pa-sado Entroido que non perden o humor. Como mos-tra, os escaparates que moitos empresarios do sec-tor dedicaron ás festas e que contaron na súa maio-ría e como non podía ser doutra forma co deus Momotransfigurado no rei da cociña galega, a súa ma-xestade o porco.As cacholas de porco ataviadas con traxes e perrucascoloristas foron protagonistas á vez que observado-ras impasibles do lixeiro incremento da actividadedurante as festas.As laconadas que se celebraron en moitos establece-mentos encargadas por empresas, grupos de amigose familias contribuíron a paliar a seca dos meses pre-cedentes, segundo manifestaron algúns empresarios.Segundo a Asociación de Hostalaría de Ferrol e Co-marcas, o sábado e o domingo de Entroido foron asxornadas máis proveitosas, aínda que recoñece que ofeito de que o martes non fose festivo restou clientelano horario nocturno.A Asociación vén reclamando desde hai anos que oConcello declare día festivo o Martes de Entroido coobxectivo de prolongar as xornadas festivas e mello-rar desta forma a conta de resultados cada vez máismermada dos hostaleiros.

ÉXITO DE ASISTENCIA NA VII EDICIÓN DE FEVINO Outro ano máis, a feira Fevino pechou as súas portasno mes de marzo logrando triunfar entre o público eexpositores: distribuidores, consellos reguladores ecomplementos e as máis importantes adegas espa-ñolas. Un dos atractivos deste certame que este anoacadou a súa VII edición foi a oportunidade que ofre-ceu ás firmas expositoras de presentar as súas últi-mas novidades aos expertos que acudiron ao salón.Catas verticais como a promovida por Leira Allende;mesas redondas relacionadas coa produción vinícola,catas de viños galegos e presentacións de viños de

Rioxa, como os de Adegas Ontañón ou Amarén e deRibeira do Douro, como os de dominio de Cair. Ex-pertos de primeiro nivel que visitaron Fevino mos-tráronse sorprendidos da altísima calidade dosviños consumidos até nas máis modestas tabernas.Empresas colaboradoras de Fevino

Distribuciones Reyes, Dicasa, Comercial Janel, Dis-tribuciones El Hórreo, Avante Selecta, Bodegas delos Herederos de Marqués de Riscal, S.L., BodegasOntañón, Heras Cordón, Vinos Dop Valtiendas,Marca Zaraguilla, Consello Regulador D.O. Rías Bai-xas, Consello Regulador D.O. Ribeiro, Consello Re-gulador D.O. Valdeorras, Deuva Fernando Yáñez,Disferrol S.L., Dist de Productos Alimenticios Eo S.L.,Distribuciones Morandeira, Felix Solis Avantis, LaHerencia de Baco, S.L., La Rioja Alta, S.L., Navalta-llar S.L., Viñedos de Alfaro S.A., Viñedos y Bodegasde la Marquesa S.A, Viñedos y Bodegas HermanosBlanco, Zapata representante S.L., Restaurante Pa-prica, A Parada das Bestas, Restaurante El Serval,Frigal y Manitowoc.

FORUM GASTRONÓMICO DE GIRONAO pasado mes de marzo celebrouse en Girona o ForumGastronómico, un certame ao que acudiron os chefs fe-rroláns Miguel Campos, do restaurante “A Gabeira” eAlfonso Pendás, de “Casa Pendás”. Ambos destacaronpola súa creatividade e rigor á hora de dirixir a Aula-Ta-ller e a Degustación dos produtos gastronómicos de Fe-rrol-Eume-Ortegal.A cata estivo dirixida a un amplo espectro de pú-blico, entre o que salientou unha ampla represen-tación de axentes do sector turístico, empresariose profesionais da hostalería e a restauración, ope-radores de turismo e axencias de viaxes, axenteslocais, prensa especializada, cociñeiros de reco-ñecido prestixio, responsables de compra e distri-bución, e público en xeral.Non transcurso desta Presentación procedeuse á pre-paración in situ e posterior degustación guiada depratos deseñados para a ocasión entre os que des-tacaron as ameixas con caviar de limón, o polbo “ámugardesa”, a tosta de millo con “xurelo”, o requei-

xón da Capela con pedras de mel, o pan de Neda, e moi-tas máis exquisiteces que fixeron as delicias dos asis-tentes e deron boa mostra da plenitude da cociña deFerrol-Eume-Ortegal e da calidade dos seus produtos.

O TURISMO INDUSTRIAL DE FERROL TRIUNFANA FEIRA DE TOLEDOA I Feira de Turismo Industrial de Talavera deu a co-ñecer o pasado mes de febreiro os recursos de tu-rismo industrial das comarcas de Ferrol e Ortegalcon gran éxito por parte do público e os organiza-dores. O vicepresidente da Deputación, Pablo Villa-mar, presente no certame, asegurou que ospaquetes desta zona foron os máis demandados nafeira, pese ao pouco tempo que leva traballando napotenciación deste recurso turístico. Segundo ase-gurou Villamar, antes do verán planificarase a cre-ación desta rede e é posible que as próximasreunións de traballo se celebren en Ferrol, o que ponde manifesto que é un dos puntos fortes no fomentodeste tipo de actividades dirixidas a completar aoferta turística da localidade.

HFC 011 abril 2011:Maquetación 1 8/4/11 11:42 Página 14

Page 15: paixón pola semana santa ferrol: destino de trasatlánticos

H FCABRIL | 201115

FORMACIÓN

ada vez son máis as empresas que se aga-rran á rede para non caer ao abismo. Inter-

net, o correo electrónico e agora cada vez máis as re-des sociais, convertéronse en salvavidas de moitosnegocios que conseguiron manterse á flote grazas ásúa inmersión na sociedade dixital. Con todo, e á luzde varios estudos realizados até o momento, os hos-taleiros non parecen entendelo.As oportunidades que ofrece Internet para facer cre-cer o negocio son numerosas e a baixo prezo polo queé preciso investir tempo e un pouco de interese en lan-sarse e navegar a través de novas vías que ofrezanunha maior rendibilidade.

Unha das maiores vantaxes que ofrece Internet é co-ñecer o que opina o cliente do noso negocio, un das prin-cipais ferramentas para ser competitivos. Só se sa-bemos o que din de nós poderemos melloralo.A través da web 2.0, principalmente facebook e twitter,ou os numeros foros nos que participan clientes e usua-rios de establecementos de hostalaría intercambiandoinformación e facendo valoracións, non só podemos sa-ber o que se comenta de nós, senón tratar de neutrali-zar as opinións negativas e contrarrestar os xuizos que

se verten sobre nós, algo, doutra banda inevitable tan-to se estamos ou non “conectados”.A imaxe e a reputación do noso local é fundamental.Con algo de tempo e asesoramento profesional é po-sible incrementar a reputación da empresa e mellorara súa imaxe substancialmente.A través das redes sociais tamén é posible captarclientela mediante o lanzamento de ofertas on-line,sorteos e outro tipo de accións que moi probablementevan provocar o interese de moitas persoas afeccio-nadas á navegación dixital.Hoxe en día, gran parte do público obxectivo dos ne-gocios de hostalaría infórmase a través de Internet

da oferta existente. Como dato significativo, en Es-paña hai 22 millóns de internautas, dos cales o 80%está nas redes sociais, segundo datos do INE 2010.Pero as conclusións do Congreso Horeca de AECOC ce-lebrado recentemente en Madrid reflicten un dato pre-ocupante: case a metade das empresas españolas derestauración aínda non ten presenza nas redes sociaise están a perder a oportunidade de xestionar a súamarca e a súa reputación online, ademais da posibi-lidade de abrir vías de comunicación e marketing.

BLOGGERS FAM TRIPSInternet está a transformar a forma de xestionar un ne-gocio pero, sobre todo, de promocionalo. Os coñecidos“Fam Trips” ou viaxes de familiarización, visitas de ex-pertos, axentes de viaxes e xornalistas a establece-mentos e destinos turísticos co fin de dalos a coñeceren respectivos medios, están a pasar de moda.Agora, coa explosión das redes sociais, son os blog-gers (os que escriben blogs) os xeradores de opinióne os que dirixen aos clientes e turistas a uns e ou-tros lugares precisamente porque os usuarios bus-can nos seus “sitios” as recomendacións que antesatopaban mediante os medios especializados ou através das propias axencias de viaxes.A rede fortaleceu a figura do blogger como xerador deopinión que ademais, e na maioría dos casos, son per-soas independentes que valoran en función da súa pro-pia experiencia, que opinan sobre lugares onde esti-veron ou establecementos nos que se aloxaron.

Actualmente, algunhas cadeas hostaleiras están a cre-ar programas de “Fambloggertrips” que consisten en,primeiro, rastrexar todo o que se di en Internet dos seusestablecementos, darse de alta nas redes sociais e par-ticipar activamente nos foros de hostalaría que inte-resen e nos que se mencione o noso establecementoe, por último, tentar identificar ás persoas que publi-can un maior número de post e con máis seguidorese contactar con eles para convidalos a unha visita pri-vada ao noso establecemento.

C

A web 2.0 pode ser unha ferramenta moi út i l para compet i r no negocio da restauración se se ut i l iza de forma inte l ixente e con sent ido común

Innovar ou morrer

HFC 011 abril 2011:Maquetación 1 8/4/11 11:42 Página 15

Page 16: paixón pola semana santa ferrol: destino de trasatlánticos

A PALESTRAH FC publicación trimestral daasociación de empresarios de hostaleríade ferrol e comarcas

Nº 11

Danique LavodramaIMPRESIÓNS DE...

Como comenzaches no mundo da moda?A miña nai ten unha tenda de roupa para nenos, deaí a miña relación co mundo da creación, pero foi nosalón nupcial Branco onde desfilei por primeira vezcon modelos da deseñadora ferrolá María Barcia.

Que supuxo para ti desfilar en Cibeles e que dife-renza hai entre esta pasarela e as locais?Realmente teño que dicir que a profesionalidade dosdesfiles locais é igual ao de Cibeles, o que ocorre éque este último está moi promocionado e traballa moi-

ta xente. Enorgulléceme da mesma forma participaraquí que facelo nun certame de grandes dimensións,como o de Madrid.

Que é o que che atrae desta profesión?Adoro viaxar, coñecer países, lugares novos, tradi-cións distintas, unha afección que me inculcaronos meus pais cando era pequena e que agora éunha necesidade para min. Esta profesión permíte-che descubrir recunchos inesquecibles e xentenova.moi interesante.

Quen é a túa modelo preferida?Hai moitas estupendas, pero quedo con Chanel Iman,o meu referente.

Es unha boa embaixadora de Ferrol?A verdade é que me adoitan preguntar onde está amiña cidade, sinal de que non é moi coñecida, e eusempre digo que é o sitio ideal para vivir e admirarporque ten numerosos atractivos como as súaspraias, espazos verdes e zonas ao aire libre.

Que zona destacarías?O barrio de Canido ten un encanto especial-que voudicir eu de onde está a miña casa e despois o barrioda Magdalena, coas súas rúas e galerías acristala-das...encántame.

Se tiveses que destacar algún recurso turístico conque quedarías?A gastronomía galega é do mellor que coñezo e miraque probei cousas raras e exóticas . En xeral, gústametodo o que se prepara aquí, aínda que teño que dicirque o caldo galego é a miña debilidade. O marisco éo mellor con diferenza.

Fas algunha cousa para coidarte?Como me encanta o deporte, practícoo sempre quepodo, pero a verdade é que non me custa especial-mente manter o meu peso.

Cres que podería realizarse algunha pasarela im-portante en Ferrol?Realmente esta é unha cidade que sempre se intere-sou moito pola moda. Creo que con ganas e bos con-tactos podería funcionar perfectamente.

“Poderiamos ter un gran certame de moda na cidade”A modelo máis nova da Pasarela Cibeles é ferrolá

ABRIL 2011

O CONFESIONARIOCARNE OU PEIXE?Carne

ESTACIÓN DO ANO QUE MÁIS CHE GUSTA?Verán, por suposto

HOTEL OU ACAMPADA?Hotel

BAÑADOR OU BIQUINI?Biquini sempre

Danique leva un modelo da deseñadora ferrolá María Barcia

HFC 011 abril 2011:Maquetación 1 8/4/11 11:42 Página 16