Os tornados

10
JIMENA PORT AS LEMA 1ºB

Transcript of Os tornados

Page 1: Os tornados

JIMENA PORTAS LEMA

1ºB

Page 2: Os tornados

O tornado é un dos fenómenos meteorolóxicos de máis risco. Trátase dun gran funil de aire que xira a moita velocidade, os seus ventos poden acadar os 400 Km/h. Comeza cunha severa tempestade chamada supercela. O vento únese á tormenta e comeza a arremuiñarse formando un funil. O aire no interior deste xira con máis rapidez e xenera unha área de moi baixas presións que succiona máis aire e posiblemente obxectos (persoas, animais, coches e ata edificios enteiros poden ser lanzados ó aire pola forza dos tornados. A maioría das mortes e lesións son causadas por entullos voadores).

Page 3: Os tornados

As severas tempestades que producen tornados fórmanse ao chocar dúas masas de aire, o seco e frío aire dos polos e o aire húmido tropical (Estas condicións danse sobre todo nunha área de Estados Unidos coñecida como `` O calexón dos tornados.´´)Os tornados pódense formar durante calquera época do ano, pero o máis frecuente é que se formen no mes de maio. Os máis severos fórmanse máis cedo, en abril.

Page 4: Os tornados

É un dos lugares nos que máis tornados se forman.En Estados unidos fórmanse arredor dun millar de tornados ao ano, que causan unha media de 80 mortos e 1.500 feridos por ano.

Page 5: Os tornados

O tornado Tri-State do mércores do 18 de marzo de 1.925, foi o máis destrutor da historia.Deixou ao seu paso, 695 mortes confirmadas. Isto é moitísimo para un tornado. Para facernos unha idea, matou duas veces máis co segundo máis mortal.

O seu percorrido foi de 325 quilómetros por tres estados (dende o suroeste de Missouri, a través do sur de Illinois e ata o suroeste de Indiana). O rastro de destrucción deixado polo tornado foi o máis grande xamais rexistrado.

Page 6: Os tornados

A tromba mariña ou manga de auga é simplemente un tornado que se atopa sobre a agua.

É un tornado que non está asociado a un mesociclón. Estos tornados tamén crean unha nube laminar de po cando fan contacto co chan, debido a que a súa mecánica é diferente á dos tornados mesoformes. Aínda que xeralmente son máis débiles ca os tornados clásicos, poden producir fortes ventos que igualmente son capaces de causar graves danos.

Page 7: Os tornados

É un tipo de tornado no que dúas ou máis columnas de aire en movemento xiran arredor dun centro común. Estas estruturas poden presentarse en case calquera circulación de aire, pero son máis frecuentes en tornados intensos.Estes vórtices crean xeralmente pequenas áreas de maior dano ao longo da traxectoria do tornado principal.

Page 8: Os tornados

Cando ocorreu o maior brote de tornados na historia? Este gran desastre viviuse a finais de abril do ano 2011 en EE.UU. Foron preto de 358 tornados confirmados, os que se presentaron nunha tormenta de características bíblicas que durou máis ou menos catro días, azotou a sete estados, cobrou 300 vidas e deixou danos que costaron 11 millóns de dólares.

Page 9: Os tornados

Os ventos máis fortes xenéranse dentro dun tornado. Aínda é difícil para a ciencia medir os ventos con exatitude, pero teñen os seus métodos para chegar a una cifra moi aproximada. Os ventos máis fortes que se rexistraron ocorreron nos Estados Unidos no 1999 no estado de Oklahoma. A velocidade do vento dentro do tornado acadou aproximadamente as 318 millas por hora (511.77 km/h).

Os tornados teñen unha forza impresionante; voan tellados, cousas, persoas…Un tornado F4 pode voar partes de casas, coches e camións, mentras que o F5 voa casas enteiras, árbores dende a raíz e moven grandes camións coma se fosen plumas.

Dise que para que un tornado pase exactamente polo mesmo lugar teñen que pasar casi catromil anos. Esta probabilidade, pode cambiar dun día para outro.

O tornado que destrozou máis vidas humanas formouse en Bangladesh en 1.989. Este tornado non foi dos máis fortes, sen embargo, o número de mortos foi de 1.300 persoas.

.

Page 10: Os tornados

Jimena Portas Lema