Os socialistas galegos perante o Estatuto do 36 / Manuel ...

14
Os socialistas galegos perante o Estatuto do 36 Manuel González Probados A reivindicación galeguista nunca atopou acollida doada entre os asalariados que formaban parte dése pobo galego, e cada vez máis, su- xeito histórico dun pretendido rexurdimento nacional. Paradoxal é ta- mén a cativa afección galeguista das organizacións obreiras para cuns afiliados que en boa medida vivían nun medio rururbano apegado á térra e galegofalante. Sexa porque os galeguistas non soubesen facer atraentes as súas ideas, ou ganar a confianza verbo das súas persoas, de moi diferentes traxectorias; sexa porque os destinatarios da súa mensaxe estivesen de- bruzados en cuestións perentorias coma os incrementos salariáis ou a conservación do posto de traballo, o caso é que as máis das veces fo- ron mundos alíeos galeguismo e obreirismo organizado. Unha conxuntura propicia a un achegamento abriuse coa proclama- ción da II República en abril de 1931 pois que a autoafirmación galega tina, por vez primeira, unha canle para o seu desenvolvemento na no- va Constitución. O chamado Bienio Progresista, no que republicanos e socialistas fanse coas rédeas do poder, coñeceu a redacción dun texto estatutario que axiña foi aprobado pola maioría dos concellos galegos na Asemblea de Santiago de decembro de 1932. A postura socialista naqueles primeiros anos republicanos temóla estudiado noutro lugar, mais é preciso lembrar o seu desleixamento no devandito proceso, postura semellante á da CNT galaica 1 . 1. González Probados, M. Movemento obreiro e socialismo, Corma 1931-1933. Ed. do Castro, A Corana 1983. Tamén vid. voz "Unión Socialista Gallega" in GEG. Vid. Maiz, R. "El nacionalis- mo gallego; apuntes para el estudio de una hegemonía imposible" in AAVV Estructuras sociales y cuestión nacional en España, B 86.

Transcript of Os socialistas galegos perante o Estatuto do 36 / Manuel ...

Page 1: Os socialistas galegos perante o Estatuto do 36 / Manuel ...

Os socialistas galegos peranteo Estatuto do 36

Manuel González Probados

A reivindicación galeguista nunca atopou acollida doada entre osasalariados que formaban parte dése pobo galego, e cada vez máis, su-xeito histórico dun pretendido rexurdimento nacional. Paradoxal é ta-mén a cativa afección galeguista das organizacións obreiras para cunsafiliados que en boa medida vivían nun medio rururbano apegado átérra e galegofalante.

Sexa porque os galeguistas non soubesen facer atraentes as súasideas, ou ganar a confianza verbo das súas persoas, de moi diferentestraxectorias; sexa porque os destinatarios da súa mensaxe estivesen de-bruzados en cuestións perentorias coma os incrementos salariáis ou aconservación do posto de traballo, o caso é que as máis das veces fo-ron mundos alíeos galeguismo e obreirismo organizado.

Unha conxuntura propicia a un achegamento abriuse coa proclama-ción da II República en abril de 1931 pois que a autoafirmación galegatina, por vez primeira, unha canle para o seu desenvolvemento na no-va Constitución. O chamado Bienio Progresista, no que republicanose socialistas fanse coas rédeas do poder, coñeceu a redacción dun textoestatutario que axiña foi aprobado pola maioría dos concellos galegosna Asemblea de Santiago de decembro de 1932. A postura socialistanaqueles primeiros anos republicanos temóla estudiado noutro lugar,mais é preciso lembrar o seu desleixamento no devandito proceso,postura semellante á da CNT galaica1.

1. González Probados, M. Movemento obreiro e socialismo, Corma 1931-1933. Ed. do Castro, ACorana 1983. Tamén vid. voz "Unión Socialista Gallega" in GEG. Vid. Maiz, R. "El nacionalis-mo gallego; apuntes para el estudio de una hegemonía imposible" in AAVV Estructuras sociales ycuestión nacional en España, B 86.

Page 2: Os socialistas galegos perante o Estatuto do 36 / Manuel ...

256 Manuel González Probados

Tentaremos aquí agora analizar a posición socialista no rexurdi-mento de tal proxecto na primavera de 1936, logo da victoria electoraldunha Fronte Popular (FP) que abrangue o PG e os partidos obreirose republicanos de esquerda. Teñamos en conta que os socialistas vol-ven ter agora na Galicia representación parlamentaria, e a súa máis di-recta forza social, a UGT, volve recuperar anteriores niveis de afilia-ción (máis de 30 milleiros) e actividade.

¿Seguen os socialistas refugando calquera tipo de reivindicaciónsingularista galega ou pola contra amósanse máis receptivos? Dandoresposta a esta. interrogante esperamos, aínda que nunha xeira curta,botar unha miga de luz sobre as relacións, históricamente fallidas ata aépoca, entre obreirismo e galeguismo.

CARA A UN APOIO MÁIS DECIDIDO Ó ESTATUTO

A xuntanza do Comité Central de Autonomía (CCA), a dos deputa-dos galegos en Madrid, a constitución dos comités locáis e provinciaispro-Autonomía... foron pasos que conduciron ó cabo á aprobaciónplebiscitaria do Estatuto o 28 de xuño de 1936. Aínda mediado maio,na primeira xuntanza plenaria do CCA, os socialistas non considerabaneste tema prioritario. O que si é certo e que desde tal xuntanza doCCA unha representación socialista, J. Mareque, Martínez Garrido,Blanco, Fuentes Canal ou M. Fernández, estará sempre presente2.

Polo que nos sabemos os socialistas de Galicia consideraban nesaaltura a autonomía galega como un tema máis na cachoeira de reivin-dicacións económico-sindicáis, campañas de afiliación, regueifas inter-nas entre moderados e revolucionarios, folgas..., que se sucederon na-quela primavera de 1936 logo do triunfo electoral da FP. Certamente ointerese pola autonomía era moi desigual. Así, mentres a agrupaciónde Világarcía pedía ó congreso provincial do partido o "reconoci-miento de que Galicia es una nacionalidad diferenciada", X. Quintani-

2. Alfonso Bozzo, A. Los partidos políticos y la Autonomía en Galicia i^}i-ifj6 M 76, p. 349,35.1 e Vilas Nogueira, X. O Estatuto Galego, A Coruña 75, p. 553-4. A convocatoria do plebiscitoin BOPs a 15 de xuño. Dado o estado de Alarma imperante durante toda a FP, estefoi levantadoñas provincias galegas e "restablecidas las libertades constitucionales" só entre os días 27 e 29 dexuño {Boletín Oficial Provincia A Coruña 27-VI-1936). A reivindicación autonomista aparecía noPacto de FP, 15 de xaneiro, case como un apéndice ou engádega final. No caso galego citemosun panfleto aparecido unha semana despois en Santiago no que ñas invocacións de rigor a prole-tarios, campesinos e intelectuais aparece ademáis unha ó cidadán galego: "Dignifica la vida polí-tica de Galicia, republicanizándola y recabando su autonomía" (Ver Arquivo Municipal de San-tiago, Policía de Imprenta, carpeta independente, panfleto Imprenta Nos, a 22 de xaneiro, asinanpola FP: UR, IR, Partido Nacional Republicano, Partido Federal de Izquierda Gallega, e PCE,PSOE e Partido Sindicalista).

Page 3: Os socialistas galegos perante o Estatuto do 36 / Manuel ...

Os socialistas galegospetante o Estatuto do 36 257

lia desde a cidade departamental era testemuña da despreocupacióndos dirixentes socialistas:

Cada día se hace más presente este problema (autonómico) en lavida de nuestra región y por lo mismo sería insensato esquivarlo.Para nosotros los socialistas es de suma importancia el hacer actode presencia en la resolución de este problema. No podemos estarausentes ni dejarlo en manos que no coinciden integramente connuestras concepciones. Tenemos que aportar el jugo de nuestrosideales, que sólo nosotros podemos interpretar ajustadamente.¿Que piensa nuestra Federación Regional? ¿Cree que los acuerdosde Monforte, interpretan el momento actual?}

No que parecen cismar os socialistas, como xa acontecerá no pri-meiro Bienio Republicano, é en saber quen vai controlar ese procesoautonómico ou quen o vai facer realidade. Esta preocupación é a mes-ma dos anos 1931 a 1933 cando o feito de se negaren a colaborar no la-bor autonomista viñera dado en boa medida pola desconfianza verbodas persoas que o estaban a impulsar, non merecentes para eles do tí-tulo de progresistas: Otero polo seu catolicismo, Paz Andrade polassúas relacións coa patronal pesqueira, Castelao por publicar no monár-quico Faro de Vigo, Pórtela Valladares por ter gobernado coa Monar-quía...

Aínda na primavera de 1936 seguen a porfiar na mesma vértola, efan constar ñas xuntanzas do CCA o seu temor de que o Estatuto fosedeturpado polos poderes locáis xaciquís. Temerán os socialistas nosprimeiros anos trinta que a implantación dun modelo territorial des-centralizado puidese servir para manter o poder local a aqueles que operderán no conxunto do país coa chegada da República: os poderestradicionais da Restauración4. Isto explicaría, nun reflexo pendular,que, como indica Bozzo, os comités provinciais pro-autonomía chega-ran a se confundir eos existentes de FP, sendo alcuñados, xa que logo,polos seus inimigos políticos de monopolizaren tal proceso. Tal xorneesquerdista era case que inevitable dado o triunfo das esquerdas o 16de febreiro. Dada pois a dirección do proceso autonómico polas es-querdas, o PSOE Vai esquecendo as súas reticencias para con certasforzas políticas e vai defender máis decididamente o Estatuto. O defi-

3. Matizando o desinterese socialista ver Cores Trasmonte, B. Ramón Suáres^ Picallo. Socialis-mo, Galleguismo y acción de masas en Galicia, A Coruña 83, p. 102, citando unha autocrítica de Ed.Lorenzo. Con posterioridade ES 29-IV-1936 p. 5 recolle as xestións da FP de Santiago, da queforma parte o PSOE evidentemente, cabo do CCA para "... que se active la labor preliminar enorden al inmediato plebiscito del estatuto Gallego". El Obrero, Ferrol, 16-V-36, Vilagarcía in ElPueblo Gallego, 19-V-36.

4. Edelmiro Dios, PSOE, e M. Martínez, PCE, deixan unha xuntanza en Pontevedra trasunha tirapuxa con membros do Partido Radical e de Dereita Galeguista {La Vo^ de Galicia 28-III-36). Máis críticas ás dereitas caciquís en El Obrero 23-V-36. Canto á postura comunista, semellan-te á socialista nesta xuntanza do CCA de 17 de maio, pois A. Romero Cachinero, Jesús A. Ga-rrote e Ed. Araujo oporán o Estatuto das esquerdas, o do FP, ó das dereitas e caciques (El Pue-blo Gallego 19-V-36).

Page 4: Os socialistas galegos perante o Estatuto do 36 / Manuel ...

258 Manuel González Probados

nitivo escorar á esquerda do PG, entrando na FP, e o apoio de repu-blicanismo azañista-casarista son as outras caras desa conxuntura polí-tica que fixo posible o Estatuto'.

Se reparamos na área municipal, onde algúns socialistas foran unfácho de oposición ó Estatuto, as calas que temos feito amosan agora,no 1936, unha nova fasquía. Así os concellais polo PSOE en Ponteve-dra, xunto con comunistas e republicanos, acordan sumarse,-mesmocrematísticamente, á campaña pro-Estatuto. Outro tanto acontece enOurense onde era alcalde o socialista Manuel Suárez.

Máis significativo é o caso de Vigo, agora con alcalde socialista: asúa argumentación remonta ó apoio ós Concellos vascos, pro-autonomistas, por parte da minoría socialista no Concello en setembrode 1934 explicado como defensa da autonomía municipal e por oposi-ción ó Gobernó central, daquela en mans das dereitas. Asemade faiseconstar o apoio ó autonomismo catalán, mais non pola súpeta crenzanel, senón porque os acontecementos revolucionarios -de outubro de1934 amosaran que era un autonomismo progresista e polo tanto sos-tén dun rexurdimento da conxunción dos socialistas eos republicanosde esquerda. Sexa como for, a declaración institucional do concello,rexido polo socialista Martínez Garrido, o día da plebiscitación amosaunha receptividade certa do meirande núcleo socialista galego ante es-ta temática (Ver Apéndice documental).

Igualmente significativo é o apoio económico expresado polo con-cello de Ferrol e o seu alcalde Antonio Santamaría, quen explícitamen-te ñas páxinas do voceiro socialista e uxetista local expon o seu refren-do á autonomía galega6.

Con todo, tal postura a prol do Estatuto ten máis que ver co con-texto no que se dá, o formar parte dun programa frontepopulista, quecun sentimento galeguista.

;. Por localidades tales xuntanzas pro-Autonomía convocarías: A Coruña: FP e JuventudRepublicana (La Vo^ de Galicia 3-VI-1936); Pontevedra: FP e Federación Provincial Agraria, Fe-deración Comarcal Agraria F. P. de Juventudes. Polo PSOE Antonio Blanco e Ramiro Paz (LaVo^ de Galicia e El Pueblo Gallego 2-VI-36); Lugo, as noticias que temos sobre o Comité Provin-cial de Autonomía, comité de propaganda, este incluía a PG, PSOE e PCE faltando os partidosrepublicanos. Polo PSOE Manuel Coba e J. Calvo (El Progreso 29-V-36, El Pueblo Gallego 30-V-36); Ourense: FP. O PSOE ó que parece, non chegou a estar na cominsión executiva mais si oPCE (La Voz <* Calida e El Pueblo Gallego 2-VI-36); Ferrol: FP (VG 5-VI-5 6 p. 9 e 16); Monfor-te, na xuntanza pro-Autonomía intégrano os' frentepopulistas IR, PG e PSOE, sendo vócais so-cialistas Patricio Vijande e Graciano Leiras (El Progreso 17-VI-36).

Para críticas á monopolización esquerdista do Estatuto ver a xuntanza de Lugo a fináis dexuño, onde se reúnen Partido de Centro de Pórtela Valladares, Partido Conservador, Agrarios,Agrarios Republicanos, Acción Popular e Bloque Nacional, e Dereita Galeguista (La Vo% de Ga-licia 27-VI-36 e El Progreso 26-VI-36).

6. AMV (Actas Municipais Vigo) 6-V-36 fol. 265. Ver tamén El Socialista 17-V-36; ver AMV7-OX-1934 fol. 387, Ferrol, in El Obrero, 13-VI-36.

Page 5: Os socialistas galegos perante o Estatuto do 36 / Manuel ...

Os socialistas galegos perante o Estatuto do 36 259

A CAMPAÑA ESTATUTARIA DOS SOCIALISTAS

Foi curta dada a precipitación coa que se levou o proceso, sen dú-bida para aproveitar o momento favorable que supuxera a recente vic-toria ñas urnas. X. Quintanilla (Ferrol), Amado Guiance (Pontevedra)e Ramón Beade (Betanzos), aínda que na realidade intervirían máis, fo-ron os oradores designados polos socialistas para tal campaña doCCA. Vexámola.

O deputado pola Coruña Edmundo Lorenzo intervirá no mitin quetivo lugar na capital da República, xunto con Emilio González Lópeze Francisco del Riego. Tras pedir desculpas por non se saber expresarcon corrección en galego, citou a resolución do Congreso socialistagalego de Monforte no outono de 1931 e a postura levada á Asembleade Santiago, matizando que se ben non apoiaron daquela o Estatutotampouco as súas posturas abstencionistas choían o camino á vía auto-nomista. Atacará arestora ós que opinan que debido á persistencia docaciquismo Galicia non poderá autogobernarse:

... porque esta razón se torna en contra de lo que se quiere afir-mar (...). Porque si Galicia está sometida al caciquismo es precisa-mente por la ausencia de los gallegos en la administración de supropia vida política y social, y cuando los gallegos en la administra-ción de su propia vida política y social, y cuando los gallegos esténviviendo esos problemas concretos entonces crecerá su capacidadciudadana...-7

Lembremos que tal argumento fora empregado polos socialistashabía tan só uns anos mais en sentido contrario, para noh outorgareno seu apoio á campaña autonomista.

Na cidade herculina Marcial Fernández, en nome da FederaciónProvincial, e en castelán, porfía en que os socialistas non son arrastra-dos por ninguén nesta campaña. Cabo del, na mesa de oradores do tea-tro Rosalía Castro, estaban Castelao, Anxel Casal, G. Montero e os lí-deres locáis de UR, IR, e Partido Sindicalista: César Alvajar, L. Huicie Manuel Fernández. Boa mostra certamente dos valedores do Estatu-to, as organizacións que asinaran os pactos de Fronte Popular. O diri-xente socialista sinalou- que cando o Congreso de Monforte non im-pulsaran o proxecto autonomista porque tal problemática nonpreocupaba ós asalariados. Á hora de sintetizar a postura socialista fi-xo referencia ó xeito de solucionar o problema nacional na URSS e átradición da II Internacional noutras latitudes.

Na semana anterior ó plebiscito falará X. Quintanilla referíndose áinxustiza fiscal que se viña cometendo con Galicia, pois que tributaba

7. El Pueblo Gallego 23-VI-36 ES 20 e 23-VI-36; Mundo Obrero 22-VI-36. Sobre a xuntanza doCCA de principios de xuño ver La Vo^ de Galicia 10-VI-36. Os restantes partidos que asistironforon todos de ésquerdas IR, UR, PCE, PS e Partido Federal de Izquierda Gallega.

Page 6: Os socialistas galegos perante o Estatuto do 36 / Manuel ...

260 Manuel González Probados

máis do que o Estado investía nela: co Estatuto poderíase evitar taldiscriminación. Considérao asemade como un medio para construirunha Galicia máis ricaz ó permitir desenvolver a súa economía facen-do que os beneficios económicos revertesen sobre o país.

Fernando Barcia, en castelán, explicará, en Ferrol e Santiago, comoós nenos ñas escolas se lies indica onde está Pequín, mais non a propiaxeografía, ou unha chea de batallas de Castela contra os mouros maisnon as orixes das revoltas irmandiñas. En xeral este mestre abonda nosvieiros que a Autonomía abriría para a cultura galega, superadores doabafante centralismo cultural.

En Lugo, M. Fernández teima, máis unha vez, en que os socialistasnon van a remolque de ninguén, en concreto dos republicanos, na súaangueira estatutaria, o que nos fai cismar en que así era en certa medi-da ou en que así o crían moitos oíntes, se cadra mesmo moitos socialis-tas. Na provincia sabemos do mitin de Viveiro no que toman parteCésar Margolles, do PSOE de Ribadeo, e Jacinto Calvo, secretario daCasa do Pobo de Lugo. Este compara, ó igual que ó falar en Lugo, asposibilidades que abre o Estatuto coa resolución do problema nacionalna URSS. En Vilalba afirmará que naquel intre histórico os asalariadossi tiñan certas inquedanzas perante a cuestión estatutaria. O PSOEdesde logo preocupábase do tema en moita maior medida do que unsanos antes8.

En Ourense foi Ramón Fuentes Canal quen amosou a súa esperan-za de que unha vez Galicia autónoma e con tal poder ñas mans das es-querdas remataría axiña o andazo do caciquismo. Sinalou asemade asvantaxes para o país galego de poder lexislar de seu de cara a resolveros seus singulares problemas.

Na boa vila do Lérez Quintanilla explica como a Internacional ad-mitía no seu seo partidos socialistas que non se correspondían cun es-tado, velaí o partido socialista dos xudeos en Polonia ou o dos ale-máns en Checoslovaquia. Puxo como punto de referencia do proceso

8. Ver para toda A Coruña La Vo% de Galicia e El Pueblo Gallego 9-VI-36, A Nosa Terra, 12-VI-36, El Pueblo Gallego 5-VI-36, no mitin da Coruña cabo de Edmundo Lorenzo participan Cas-telao, A. Casal alcalde de Santiago, César Alvajar da UR, Huici, e G. Montero, comunista, e Ma-nuel Fernández do Partido Sindicalista. Para mitin con Quintanilla La Voz de Galicia 25-VI-36 eEl Pueblo Gallego 24-VI-1936. Para Ferrol El Pueblo Gallego 10-VI-36 e 16-VI-36. Nos arredoresda capital da provincia consta a participación de líderes socialistas en mitins no Burgo (Sayanes),Sada (M. Fernández), Oza (Naya), Paiosaco-Laracha, Abegondo e Betanzos (Marcial Fernández)eOrtigueira (Quintanilla) (Ver La Vot^de Galicia 12, 19 23, 24, Z5-VI-36).

Curiosa adhesión é a do Sindicato de Oficios y Profesiones Varias de Trabajadores de la Tie-rra de Coristanco, UGT (Ver El Pueblo Gallego 17 e zi-VI-36). Para Lugo capital ver El PuebloGallego 10 e 12-VI-36 intervindo ademáis G. Montero, PCE, Lamas, IR, e Peña Novo entre ou-tros, Viveiro en El Pueblo Gallego 24-VI-36, El Progreso 21-VI-36 e 24-VI-36. O mitin seria o 21con UR, IR e PCE, Vilalba in Él Progreso 24-VI-36. Tamén sabemos da participación socialistaen actos en Ribadeo, con Margolles e Ubaldo Rodríguez, ou en Pontenova (El Pueblo Gallego 18-VI-36).

Page 7: Os socialistas galegos perante o Estatuto do 36 / Manuel ...

Os socialistas galegos per ante o Estatuto do 36 261

autonómico a nova constitución soviética que respectaba a soberaníados pobos. O ex-alcalde de Ferrol é dos poucos nos que as ideas ex-postas son consecuentes coas de anos anteriores, pois moitos dos per-sonaxes citados con anterioridade, eis o caso de R. Fuentes outrorapromotor da defensa do español verbo do catalán, son irrecoñeciblesnos seus discursos.

Tanto en Vigo, co presidente da agrupación socialista Apolinar• Torres, como en Teis, Ponteareas, Lavadores, Cotobade, Redondela,Vilagarcía... interviñeron en actos frontepopulistas adaís socialistas co-mo Casanovas, Muñoz, M. Garrido, José Donoso, S. Pereira, Quinta-nilla... o que nos permite afirmar o apoio socialista á campaña en cur-so. Mesmo algunha agrupación, Lavadores, salientou no labor depropaganda para levar o meirande número de persoas ás urnas e con-querir unha elevada participación. A Federación Provincial e o vocei-ro pontevedrés La Hora encargáronse de animar a campaña %

Con todo, o apoio non foi homoxéneo na prensa e ñas agrupaciónssocialistas. Quintanilla coida, a véspera do plebiscito, "... un poco im-prudente la indiferencia y hasta la hostilidad con que algunos socialis-tas, pocos sin duda, miran el problema del Estatuto gallego"10. De cer-to algúns, maiormente do núcleo vigués, vían con certo escepticismoo tema autonómico. Neste senso non foi divulgada declaración nin-gunha por parte da Federación Socialista Gallega. Os testemuños dal-gúns vellos militantes sinalan asemade un desinterese notorio no parti-do11.

O sobredito pode ser posto en relación coa atonía, sinalada en re-centes estudios, que acompañou a plebiscitación do Estatuto. No casodos socialistas non podía ser doutro xeito dada a súa tradicional cativa

, 9. Polo que fai a Ourense El Pueblo Gallego 10 e 16-VI-36. Para nos facer unha idea de mag-nitude da campaña na provincia digamos que El Socialista recollía a celebración na fin de semanaanterior ó plebiscito de mitins e actos en Ribadavia, O Carballiño, Ponte Cañedo, O Barco, Ruz,Larouco, Runde, Porto-Quintela, Lobeira, Entrimo, Tribes, Manzaneda, O Pinto e Pereiro (ES24-VI-36). Canto a Pontevedra La Hora 27-VI-36. Na verdade non parece que en toda a provin-cia se cumprisen as indicacións, pois no mitin de Ponteareas, enclave socialista, .non participaningún socialista pois aínda que o fai Benito Casanovas, este viña de se dar de baixa do Partido{Renovación I-VII-1936 p. I). O mitin da capital in El Pueblo Gallego 10, 13 e 16-VI-36, Mundo Obre-ro i;-VI-36 falarían Quintanilla M. Rico (PS), G. Montero (PCE) e Luís de Sáa (JJSS). En VigoEl Pueblo Gallego 23-VI-36 p. I, La Voz ^e Galicia 23-VI-36 e A Nosa Terra 4-VII-36, intervindotamén o comunista G. Montero.

A maiores ver El Socialista 12-VI-36; 28-VI-36. Descoñecemos o tratamento dado pola pren-sa socialista viguesa, Solidaridad, importante fonte non conservada que poderla obrigar a matizarb aquí dito.

10. El Obrero 27-VI-36 p. I.

11. Renovación 15-VII-1936. No número de I-VII, recoñecía que o plebiscito "... no es acogi-do con el debido calor, incluíndo á propia militancia". Entrevistas con Pastor Rodríguez (Vigo),Jacinto Calvo (Lugo) e Antonio Serrano (Miño-Coruña). Para tal desinterese: Castro, X. O gale-guismo na encrucillada republicana. Ourense 85 p. 698.

Page 8: Os socialistas galegos perante o Estatuto do 36 / Manuel ...

262 Manuel González Probados

fe galeguista aínda tendo en conta as rectificacións apuntadas neste ei-do no derradeiro ano republicano. Ó que parece a mensaxe galeguistanon é quen, mesmo nesta conxuntura tan favorable, de facerse escoitarno mundo operario. :

AS RAZÓNS SOCIALISTAS A PROL DO ESTATUTO EN 1936

A pesar de todo oexposto con anterioridade, eremos convenientesintetizar o discurso autonomista dos socialistas galegos. Farémolo,dándolle unha coherencia que quizáis non tivo no seu momento, encatro grandes apartados.

1) Sublíñanse as vantaxes que se esperan do Estatuto, tres en parti-cular:

O Estatuto ía ser unha ferramenta de loita anticaciquil: os textosaparecidos ñas tres publicacións galegas do PSOE que se conservanson unánimes. Nun editorial de Renovación, de Ponteareas, lemos:

... queremos el Estatuto para luchar decididamente contra la re-acción, contra ese terrible caciquismo que tanto mal nos ha hecho,de fama mundial y que a pesar del 31 y del 16 de febrero está arrai-gado y sigue al acecho de mejores tiempos12.

O Estatuto era a esperanza: "... de un resurgir ciudadano que hu-yendo del centralismo ansia incorporarse a una obra de edificación li-bre de dueños y caciques"1'. E non só contra os caciques senón mesmocontra o fascismo. Cavilemos na magnitude que naquel momento his-tórico acadaban os movementos dése tipo, que tiñan en parte os seusniños ñas "... Diputaciones y otros centros, nidos de burócratas, fas-cistas y caciquismo desenfrenado, sometidos siempre a la omnímodaautoridad de la representación del poder central"14. Como vemos moi-tos eixos de actuación política enguedellábanse co autonómico naquelaprimavera.

Unha segunda vantaxe do Estatuto constituíaa o ser un instrumen-to de loita económica. Pedro Longueira, sindicalista e deputado, expli-caba, desde Ferrol, con sinxeleza que: "Galicia es la región que máscontribuye a las cargas del Estado y la que menos se beneficia por par-te del poder central"1'. Semellante razoamento abonda no benqueridoargumento galeguista de que Galicia viña sufrindo unha aldraxante in-xustiza fiscal.

12. Renovación 15 -VII-36 p. 1.i}. El Obrero 27-VI-36 p. 1.

14. La Hora 27-VI-36 p. 1 "La Autonomía de Galicia", editorial.15. Renovación i;-VII-36 p. 1. Tamén El Obrero 27-VI-36 P. Longueira.

Page 9: Os socialistas galegos perante o Estatuto do 36 / Manuel ...

Os socialistas galegos perante o Estatuto do 36 263

Terceiramente o Estatuto sería o medio político para defender apersonalidade política e cultural de Galicia calificada de "nacionalidaddiferenciada", que ademáis estivo "desde.hace 400 años esclavizada",aínda que normalmente se fala'dela como "región" ou "Región Galle-ga". Recoñecerase a parroquia como baseamento para un futuro réxi-me local, tal como o Estatuto propuña. Polo que fai á lingua as postu-ras non son unánimes: uns venlle vantaxes didácticas ó emprego dogalego mentres outros reivindican ó castelán l6. Porén adíase tal pro-blema pois é opinión xeneralizada que no marco estatutario poderádarse expresión axeitada á cultura propia.

Quen con maior claridade afirma este conxunto de ideas, dándollesunha perspectiva cualitativamente diferente, é X. Quintanilla:

Admitida esta existencia [das "nacionalidades ibéricas"] es im-prescindible el reconocimiento del derecho de esas nacionalidades ala autodeterminación, al gobierno propio. Una de esas nacionalida-des, con derecho a gobernarse a si misma es Galicia17.

Outras voces socialistas hanse sumar "... a la conquista de las liber-tades de una región, hoy bajo la tutela del centralismo dominante",declarándose, como marxistas, consecuentes co lema: "Cada pueblodebe disponer libremente de si mismo" l8.

2) Outro eixo de actuación socialista vén dado pola defensa do Es-tatuto ante os ataques da reacción galega e española: na prensa socia-lista atopamos algún que outro artigo que retruca a campaña en contrado Estatuto por parte das forzas conservadoras, en concreto a levadapolo diario monárquico madrileño, ó que se lie di desde Pontevedra:"Tenemos capacidad señores de ABC, y otros de la región, para regir-nos propiamente sin precisar de elementos extraños, que siempre noshan tenido sumidos en la más espantosa miseria económica, artística ycultural..."1?

Canto ás dereitas galeguistas enxergamos unha xenreira centradanalgunha das súas personalidades, nomeadamente Otero Pedrayo eFilgueira Valverde. O que semella estar detrás desta crítica, tanto ásdereitas galegas como ás da capital da República, é a identificación deambas as dúas co tecido caciquil.

O semanario ferrolán El Obrero íaiá, ante os ataques do sobreditodiario madrileño, un chamamento para que sexan as esquerdas, léase aFP, quen leven adiante o Estatuto. Outra volta en 1936 enléanse dife-

16. La Hora II-VII-36 p. 1. J. Quintanilla "Nacionalidad" in El Obrero 27-VI-36. Tamén ElPueblo Gallego 28-VI-36 p. 2. Ver asemade La Hora 27-VI-36. Canto á lingua, respectivamente, LaHora II-VII-36 e Renovación 15-VII-36.'

17. El Obrero IJ-V1-Í6.

íS.La Hora 27-VI, II-VII-1936.

19. La Hora II-VII-36 p. 1.

Page 10: Os socialistas galegos perante o Estatuto do 36 / Manuel ...

264 - Manuel González Probados

rentes cuestións políticas pois identifícase dereita española con oposi-ción ó Estatuto, ou por outras palabras apoio ó Estatuto significabapsicoloxicamente oposición ás dereitas2O.

3) Na defensa do Estatuto apelarase á tradición socialista, é dicir ápráctica da II Internacional en centroeuropa que testemuña a posibili-dade dentro da organización obreira internacional de formar secciónsconsonte coas minorías nacionais respectivas. Lémbrase asemade co-mo Pablo Iglesias e Pi i Margall defenderán a independencia de Cuba,ou o apoio socialista en 1931 á Autonomía de Cataluña. Actualízase ta-mén a fórmula do congreso do PSOE de 1918: "Confederación Repu-blicana de las Nacionalidades Ibéricas".

Facho teórico citado arreo é a solución dos problemas nacionais naURSS, exemplo práctico das realizacións das doutrinas marxistas pro-letarias neste eido. Escoitémolo da boca de X. Quintanilla loando co-mo na nova constitución que se estaba a elaborar na URSS "... se de-clara, por primera vez en la historia política del mundo, comoprincipio constitucional, el derecho al separatismo" ".

Foi sen dúbida o xurdio militante do PSOE ferrolán quen tentouconxugar a tradición marxista e a galeguista das que el formaba parte.Neste senso dirá ós seus camaradas incrédulos perante o Estatuto quese.ía plebiscitar ó día seguinte:

Los trabajadores del mundo entero no tienen más que una pa-tria: la de la solidaridad común de explotados, en contra del capita-lismo explotador. Pero allí donde está un pueblo oprimido, allídonde exista un pueblo despojado de su libertad por la fuerza, allídonde haya un país sometido al extranjero y vejado en su lengua,en sus costumbres, en su manera peculiar de ser y de vivir, allí esta-rá o debe estar la ayuda de todos los hombres generosos y la simpa-tía y la devoción de los trabajadores conscientes que saben por ex-periencia, mejor que nadie, lo que significa la imposición de lafuerza bruta en contra de las legítimas libertades 22.

20. La Hora II-VII-36 "Baba sobre el estatuto", R. Rosendo. Otero é criticado en La HoraII-VII-36 p. 2. Sobre Filgueira podemos recoller un pequeño incidente habido na sesión de pro-clamación dos resultados definitivos do estatuto na Facultade de Medicina de Santiago, onde asJJMM (Juventudes Marxistas, inspiradas polo POUM), estiveron a piques deimpedir que falase(La Voz d' Galicia 7-VII-36 p. 2). Un asunto que nada ten que ver co Estatuto pódenos servirpara ver como conceptuaban os obreiros organizados a Vicente Risco: en xullo de 1936 é alcuña-do de "Destacado nacionalista de Derecha. Enemigo furioso del Frente Popular..." nunha inter-vención parlamentaria de Joaquín Maurin en defensa dun escrito da FP e da FETE da Coruñapor asuntos relativos ó maxisterio (Ver Diario Sesiones Cortes 8-VII-36 p. 1975-6).

Tamén El Obrero 4-VII-36 p. I "¿Las derechas insultan nuestro Estatuto? Las izquierdas de-bemos llevarlo adelante". '

21. La Hora II-VII e El Obrero 27-VI-36 reproduce a declaración congresual. Quintanilla inEl Obrero 27-VI-36.

22. El Obrero 27-VI-36 p. 1. Ver biografía de Quintanilla na Gran Enciclopedia Gallega (J. Llor-ca)..

Page 11: Os socialistas galegos perante o Estatuto do 36 / Manuel ...

Os socialistas galegos perante o Estatuto do 36 . 265

4) Finalmente os socialistas conciben unha Autonomía ó serviciodo pobo traballador. Saben que a Autonomía vai ser posible polo la-bor dos partidos integrantes da FP, é dicir os socialmente máis progre-sistas, e polo tanto ós seus intereses debería servir. O partidismo nonse agocha.

Os socialistas entendían esa Galicia desde a perspectiva ideolóxicada esquerda obreira dos anos trinta, que opuñan frontalmente a outrasteorizacións. Así, retrucando a unhas declaracións dé Otero Pedrayo,oporase á "Galicia eterna", baseada nun "idealismo filosófico", a vi-sión marxista de tal realidade. Fálase neste senso da "... nueva Galiciade nuestras concepciones marxistas", interpretada segundo o "mate-rialismo histórico". Son comúns, xa que logo, apelacións do tipo

' "nuestra Galicia proletaria y campesina", "una Galicia marxista", quefan descender esa Galicia literaria, folclórica e romántica de certa tradi-ción decimonónica, ó terreo da loita social e política.

Neste aspecto volve ser Quintanilla quen mellor albisque as pers-pectivas que o Estatuto abría "... a la clase explotada de Galicia". Ela-borará un programa común a considerar polo futuro Parlamento e quedebía beneficiar ós traballadores galegos maioritarios, os labregos: re-dención forzosa dos foros aínda existentes, melloras para os parceirose arrendatarios, escolas agrícolas e marítimas mesmo de nivel universi-tario, creación dun Banco de Crédito lábrego, desgravación arancelariado millo, Caixa de Seguros agrícolas e de gando...

Nese vieiro propuña a realización de contado dun congreso socia-lista para concretar as devanditas reivindicacións que os futuros depu-tados no Parlamento galego deberían defender. Tanto Quintanilla co-mo P. Longueira eren que a misión do PSOE era darlle á "...Autonomía un contenido social todo lo avanzado posible"2', por ou-tras palabras: introducir o principio da loita de clases no novo escena-rio territorial e institucional que ía supor a Autonomía.

CONCLUSIÓN

Quintanilla, antigo membro das Irmandades, é quen mellor repre-senta unha orientación socialista galeguista, se cadra o único. Mais te-memos que a súa acción ficase isolada na proverbial despreocupación

23. El Pueblo Gallego 28-VI-36 El Estatuto y los trabajadores. Ver tamén para todo isto LaHora II-VII-36 "¿Para quien la Autonomía?", reproducido no voceiro madrileño Claridad; LaHora II-VII-36 sobre la Autonomía.

Ver El Obrero 27-VI-36. En El Pueblo Gallego 28-VI-36 preguntábase pola "... sensibilidad delas clases burguesas ante los problemas de los obreros y los campesinos".

Page 12: Os socialistas galegos perante o Estatuto do 36 / Manuel ...

266 Manuel González Probados

socialista neste tema. Quizáis fose un deses militantes atento os cam-bios políticos e ideolóxicos que crían que, como di Balcells, ó PSOEnon lie quedaba máis remedio que refrendar os Estatutos, e así o fixona FP co galego, vasco e valenciano, "... si quería ser fiel al contenidoemancipador y revolucionario del movimiento socialista"24.

Daquela, o apoio socialista ós Estatutos de autonomía deseñousedentro, dunha campaña de achegamento a outras forzas políticas, nestecaso nacionalistas periféricas, coa finalidade de arrecadar o meirandenúmero posible de apoios para se opor á reacción militar-fascista que omáis retrógrado da sociedade española estaba a soerguer naquela pri-mavera de 1936.

O tacticismo no apoio ós nacionalismos periféricos, na utilizacióndos mesmos con outras finalidades políticas parece evidente nesa con-xuntura. A reivindicación galeguista era secundaria ou ancilar ñas pre-ocupacións estratéxicas socialistas. Sempre o fora.

M. G. P.

APÉNDICE DOCUMENTAL

Bando do Concello de Vigo, con alcalde socialista, co gallo da ple-biscitación do estatuto galego de Autonomía en 1936.

VIGUESES:Oxe é data de resolucións definitivas pra cibdadahia galega. Oxe,

pola vontade democráticamente eispresada de todos os galegos, vaise axulgar o futuro destiño da nosa Terra. Oxe irnos a escoller entre a li-bertade que siñifica unha Rexión orgaizada en réxime de Autonomía,ou o natural e secular sometimento que entraña un sistema centraliza-do.

Cando España, no inmorredoiro 12 de abril de 1931, acadou a Re-pública, non quixo eispresar somentes —como proclamou a verba es-grevia da S. E. o aitual Presidente do Estado español, don ManuelAzaña—, que desexaba un troque de sistema político, sinon que tina

24. Balcells. A. Marxismo y Catalanismo 1930-1936, B 77, p. 39-40. Alfonso Bozzo, op. cit. p.227. Ver Blas Guerrero, A. Nacionalismo e Ideologías políticas contemporáneas. M48, p. 109.

Page 13: Os socialistas galegos perante o Estatuto do 36 / Manuel ...

Os socialistas galegos petante o Estatuto do 36 267

de estructurarse tamén a política do sistema. De aquil outo e axeitadopensamento, nasceron as facultas que os artigos 11 e seguintes daConstitución conceden aos pobos que, como Galicia, teñen caracterís-ticas históricas, culturas i económicas pra artellar un núcleo político-administrativo dentro da República española.

O votar pol-o Estatuto, que propuxeron en Sant Yago todos osConcellos da Terra, votamos, sin dúbidas, por unha Galicia millor.Pro tamén por unha España millor. Por unha España, que vindo acontinuar a verdadeira e gloriosa tradición histórica, sexa a das liberta-des rexionales de Cataluña, de Vasconia, de Castela, de Valencia e deAragón. Por unha España que, en lugar dun uniformismo acañado eaferrollado, recoñeza a manifica variedade que tan rexo soa na auténti-ca Historia.

O que Galicia quere, en suma, e, con concencia da sua peculiarida-de económica, política e cultural, rexirse por leises propias i estar cin-guida, ao sesgo da sua Autonomía, vontariamente, fraternalmente atodos os demais paises da Iberia e do Mundo. Unida pol-o amor e nonpol-a imposición e pol-a forza.

VIGUESES: O voso alcalde popular, pensando en Galicia e praGalicia, ten a honra de facer iste chamamento a refleixión, o sentimen-to, o deber, a comenenza de todos os vecinos de Vigo a prol de soer-guer oxe ñas furnas a persoalidade de un Pobo con arelas de Vida e Li-bertade. ^

¡Por un manan mais ledo pra España, pra Galicia, pra Vigo!28 de xunio de 1936.O Alcalde, Emilio Martínez Garrido.

Fonte: El Pueblo Gallego, 28-VI-1936, p. 16

Page 14: Os socialistas galegos perante o Estatuto do 36 / Manuel ...