Os piratas de infantil

24
OS PIRATAS! Aula de infantil. CEIP San Clodio Curso 2014-15

Transcript of Os piratas de infantil

Page 1: Os piratas de infantil

OS PIRATAS!

Aula de infantil.

CEIP San Clodio

Curso 2014-15

Page 2: Os piratas de infantil

Xustificación

Este proxecto levóuse a cabo no 1º trimestre na aula de infantil con nen@sde 3 a 5 anos. Para inicialos nametodoloxía de traballo por proxectosna que aprenden de maneira máismotivadora porque son copartícipes naelección, realización e toma de decisións sobre as tarefas e actividades que se realizan.

Page 3: Os piratas de infantil

ALAAA… UN COFRE DO TESOURO!

Un bo día cando chegamos á nosaclase tiñamos enribada mesa unhasorpresa. Era un cofre do tesouro!.

Enviáranolo a nosaamiga Moura a fada do outono xunto co seulibro de recordos.

Page 4: Os piratas de infantil

O CONTIDO DO BAÚL

Abrímolo e vimos que dentro había unha morea de cousas interesantes: un barco pirata, un conto, disfraces, un caderno de bitácora, unha botella cunha mensaxe, xogos mariños, cunchas….

Page 5: Os piratas de infantil

DIALOGAMOS NA ASEMBLEA

Falando, falando… decidimos investigar sobre aqueles regaliñose o que máis nos gustou foi a idea de aprender cousas sobre piratas.

Page 6: Os piratas de infantil

EMPEZAMOS!

Para empezar estivemos averiguando que sabíamos xa sobre piratas. E pouco a pouco foron aparecendo algunhas cousiñas máis que queríamos saber.

Page 7: Os piratas de infantil

CARTA ÁS FAMILIAS

Decidimos poñernos a buscar información, obxectos e cousas relacionadas cos piratas en libros e contos, na biblioteca da aula, en internet, en pelis…. E entre todos redactamos e escribimos unha carta para pedirlles axuda ás nosas familias.

Page 8: Os piratas de infantil

RECANTO DOS PIRATAS

Aos poucos días xa tiñamos unha morea de obxectospara o recanto dos piratas que montamos na aula: libros que contan cousas da vida e dos barcos piratas, roupas e complementos de piratas, a bandeira negra cos ósos e a caveira, armas, películas, e contos, mooooitos contos de Piratas, Peter Pan…

Page 9: Os piratas de infantil

A BIBLIOTECA PIRATA

Chegaronnostantos libros, pelis, xogos e documentos que montamos unhabiblioteca pirata na aula, e investigando aprendemos un montón de cousas novas.

Page 10: Os piratas de infantil

CARTA DO PIRATA METEPATA

Na seguinte semana chegou á nosa clase unha carta do pirata Metepata contándonos que sabía pola súa amiga “Campanilla”, a dos contos de Peter Pan, que estabamos interesados en saber cousas sobre a vida dos piratas. Así que nos invitaba a convertirnos en piratas e formar parte da súa tripulación.

Page 11: Os piratas de infantil

XURAMENTO E CARNET DE PIRATA

Para iso tiñamos que facer o xuramento pirata e cambiar os nosos nomes por outros máis axeitados para os piratas. E así fixemos o noso carnet de piratas.

Page 12: Os piratas de infantil

O NOSO BARCO PIRATA

Convertémonos en Piratas e subímonos ao noso barco, navegando rumbo aos mares do Sur. Na procura de aventuras!.

Page 13: Os piratas de infantil

MENSAXE NUNHA BOTELLA

Logo duns días máischegou á clase unhamensaxe nunhabotella. Era a mensaxe dunnáufrago, contándonos que os piratas o abandonaran nunha illa deserta onde tiñan agochadoun tesouro.

Cada un de nós fixo a súa propia e un mensaxe segredopara meter na botella.

Page 14: Os piratas de infantil

BEBERAXE CONTRA O ESCORBUTO

A nosa amiga a pirata Malapata escribíunos unha mensaxecontándonos que estaba enferma debido ás malas condicións da vida que levan os piratas no mar. Pois como pasan tanto tempo no barco comen moi mal, e xa que non probou verduras nen froitasen moitos meses enfermou de ESCORBUTO e agora non pode navegar.

Como está preocupada por nósenvióunos unha receita para que nós preparemos na clase unhabeberaxe contra esta terrible enfermidade á que todos os piratas temen.

E así o fixemos!: con mel e zumede laranxa repleto de vitamina C non temos medo ningún a pillar o escorbuto.

Page 15: Os piratas de infantil

O NOSO COFRE DO TESOURO!

Todo bo pirata ten o seu cofre particular.

Nós non imos ser menos, así mans á obra con materiais de reciclaxe e adornos sinxelos creamos o noso propio.

Nel iremos gardandoaqueles pequeniñostesouros que día a día imos xuntando naescola.

Page 16: Os piratas de infantil

O BARCO NINJAGOU

Despois de investigar sobre como se fan os barcos decidímonos a construir o noso propio, así foi como nos embarcamos nunproxecto matemático para construilo naclase.

Page 17: Os piratas de infantil

O BARCO NINJAGOU

Page 18: Os piratas de infantil

MURAL DOS PIRATAS

Cada día somos piratas máis expertos. E como xa sabemos tantas cousas decidimos facer un mural con todo o que fomos vendo e aprendendo, onde recollemos información sobre ónde viven, cómo visten, qué comen, nomes de piratas famosos, tipos de piratas…

Page 19: Os piratas de infantil

O LIBRO DOS PIRATAS

Ademais con toda a información imos completando unha morea de páxinas coas que creamos o noso propio libro de piratas.

Page 20: Os piratas de infantil

CONTOS PIRATAS: El tesoro de Barba Negra

e O Pirata xigante

Unha das cousas que máis nos gustan son os contos.

Atopamos un ben fermoso e moi chistoso.

Tanto no gustou que nos puxemos a inventar outros novos a partir deste e logo a ilustraloscos nosos propios debuxiños e pasámoloen grande facéndoo.

Page 21: Os piratas de infantil

RIMAS PIRATAS

Como o conto se nos deu bastante ben decidimos logo intentalocoas rimas. E foiasí como co nosonome pirata cada un de nósinventou a súarima coa axudados compañeiros.

Page 22: Os piratas de infantil

A COLECCIÓN DE CUNCHAS

Como mariños que somos gústannosmoito as cunchas do mar e dedicámonosa facer unhacolección na nosaaula, para isotivemos que contalas, agrupalas, ordenalas, clasificalas por tamaños, formas ...

Page 23: Os piratas de infantil

Estamos xa a piques de rematar.

Esta foi unha grande aventura.

Agora é tempo de marchar pero non vos preocupedes que en novas historias nos volveremos atopar.

Page 24: Os piratas de infantil

ATA LOGO!