Os nomes galegos das focas, manatís e dugongos€¦ · 6. Orde: Carnívoros (Carnivora) Familia:...

14
Os nomes galegos das focas, manatís e dugongos 2020 2ª ed.

Transcript of Os nomes galegos das focas, manatís e dugongos€¦ · 6. Orde: Carnívoros (Carnivora) Familia:...

Page 1: Os nomes galegos das focas, manatís e dugongos€¦ · 6. Orde: Carnívoros (Carnivora) Familia: Otarídeos (Otariidae) : leóns mariños (ou otarias), lobos mariños, oso do mar

Os nomes galegosdas focas, manatíse dugongos20202ª ed.

Page 2: Os nomes galegos das focas, manatís e dugongos€¦ · 6. Orde: Carnívoros (Carnivora) Familia: Otarídeos (Otariidae) : leóns mariños (ou otarias), lobos mariños, oso do mar

Citación recomendada / Recommended citation:

A Chave (20202): Os nomes galegos das focas, manatís e dugongos.http://www.achave.gal/wp-content/uploads/achave_osnomesgalegosdas_focas_manatis_e_dugongos_2020.pdf

Para a elaboración deste documento contouse coa colaboración de Lois de la Calle Carballal.

Fotografía: foca común ( Phoca vitulina ). Autor: Jordi Bas.

Esta obra está suxeita a unha licenza Creative Commons de uso aberto, con recoñecemento da autoría e sen obra derivada nin usos comerciais.

Resumo da licenza: https://creativecommons.org/licences/by-nc-nd/4.0/deed.gl.

Licenza completa: https://creativecommons.org/licences/by-nc-nd/4.0/legalcode#languages.

1

Page 3: Os nomes galegos das focas, manatís e dugongos€¦ · 6. Orde: Carnívoros (Carnivora) Familia: Otarídeos (Otariidae) : leóns mariños (ou otarias), lobos mariños, oso do mar

Notas introdutorias

O que contén este documento

Na primeira edición deste recurso léxico (2016) fornecéronse denominacións galegas para as focas,

manatís e dugongos, que suman un total 41 especies. Inclúense os nomes de 3 especies extintas; os

restantes 38 nomes son os de todas as especies vivas que habitan hoxe o planeta. Achéganse tamén

denominacións galegas para algunhas subespecies.

Na segunda edición (2020) incorpórase o logo da Chave ao deseño do documento e reescríbense as

notas introdutorias.

A estrutura

En primeiro lugar preséntase unha clasificación taxonómica que considera as familias de focas, manatís e

dugongos, incluídas en dúas ordes: Carnívoros e Sirenios. Nesta clasificación taxonómica, de maneira xeral,

apúntanse os nomes galegos das especies que hai en cada familia.

A seguir vén o corpo do documento, unha listaxe onde se indica, especie por especie, alén do nome

científico, os nomes galegos e ingleses das focas, manatís e dugongos. Nesta listaxe específica, destácanse

con fondo azul claro as especies que ocasionalmente se teñen observado en augas galegas.

Ao final inclúese unha listaxe de referencias bibliográficas que foron utilizadas para a elaboración do

presente documento. Nalgunhas desas referencias recóllense ou propóñense nomes galegos para estes

mamíferos, quer xenéricos quer específicos. Outras referencias achegan nomes para eles noutras linguas,

que tamén foron tidos en conta. Ademais, inclúense algunhas referencias básicas a respecto da

metodoloxía e dos criterios terminolóxicos empregados.

2

Page 4: Os nomes galegos das focas, manatís e dugongos€¦ · 6. Orde: Carnívoros (Carnivora) Familia: Otarídeos (Otariidae) : leóns mariños (ou otarias), lobos mariños, oso do mar

Tratamento terminolóxico

Procurouse en primeiro lugar nos nomes vernáculos galegos. Existen no acervo lingüístico galego algúns

nomes xenéricos populares para estes mamíferos acuáticos, como foca, lobo mariño ou lobo do mar (ou os

sinónimos becerro mariño e becerro do mar).

Para especies relativamente coñecidas, cando menos nos medios de divulgación, téñense aplicado en

galego os mesmos nomes que, coincidentes, teñen en diversos idiomas. Así, de máis recente incorporación

nos nosos dicionarios son outros nomes como morsa (orixinariamente da Laponia, do saami morsa), león

mariño (documentado xa para esas especies en inglés en 1595-1605), ou manatí (orixinariamente das

Antillas, do taíno manatín).

Outro recurso que ten usado o galego é recorrer aos nomes científicos, en latín, de modo paralelo ás

denominacións desas especies noutras linguas. Por exemplo, o nome xenérico otaria, utilizado como

sinónimo de león mariño (familia Otariidae) e así recollido nalgúns dicionarios.

Ademais, o léxico galego referido a estes mamíferos desenvolveuse desde finais do século XX

nomeadamente coas achegas da bibliografía zoolóxica en lingua galega e tamén con propostas feitas en

traballos terminolóxicos galegos. Por exemplo, téñense formulado e utilizado nomes específicos como foca

de capelo (para Cystophora cristata), foca barbuda (Erignathus barbatus), foca leopardo (Hydrurga

leptonix), foca de Weddell (Leptonychotes weddellii ), foca de Ross (Ommatophoca rossi ), foca anelada (Pusa hispida, = Phoca hispida), elefante mariño austral (Mirounga leonina ) etc.

Alén dos nomes presentes na tradición e dos tomados da zooloxía especializada, para a elaboración deste

recurso léxico recorreuse á lusofonía, seguíndomos o criterio recollido nas Normas ortográficas e

morfolóxicas do idioma galego (RAG e ILG) do ano 2004: “Para o arrequecemento do léxico culto,

nomeadamente no referido aos ámbitos científico e técnico, o portugués será considerado recurso

fundamental, sempre que esta adopción non for contraria ás características estruturais do galego”. Deste

xeito incorporouse o popular nome brasileiro de peixe boi, como sinónimo de manatí.

Finalmente, cómpre mencionar que na adaptación de empréstimos lingüísticos, para os que terminan en

–ng procúrase xeralmente en galego unha solución para evitarmos o gue final. No caso do mamífero de

nome científico Dugong dugon (familia Dugongidae), por súa vez derivado do nome malaio duyong, chamado dugong na maioría das linguas cuxo consonantisno final adopta habitualmente a terminación -ng

(inglés: dugong ; francés: dugong ; catalán: dugong) , na Chave adaptámolo coa forma dugongo, máis acorde

coa fonética e co léxico propio do galego (igualmente en portugués: dugongo). Harmonizámolo desta

maneira con denominacións galegas de especies doutros grupos faunísticos, como binturongo (Arctictis

binturong, carnívoro que noutras linguas recibe o nome binturong), siamango (Symphalangus syndactylus, primate que noutras linguas recibe o nome siamang) etc.

3

Page 5: Os nomes galegos das focas, manatís e dugongos€¦ · 6. Orde: Carnívoros (Carnivora) Familia: Otarídeos (Otariidae) : leóns mariños (ou otarias), lobos mariños, oso do mar

Máis dun nome para unha especie

Ás veces hai máis dunha denominación galega para unha especie. Así, por exemplo, en diferentes fontes ou

recursos bibliográficos podemos atopar as denominacións foca monxe do Mediterráneo, foca

mediterránea, lobo mariño do Mediterráneo e lobo mariño da Madeira, por exemplo, para Monachus

monachus .

Todos os nomes achegados neste documento son correctos, pódese usar calquera deles. Recoméndase,

porén, o primeiro nome como preferente. O seguinte –ou seguintes– aparecen marcados coa abreviatura

sin., que indica que son sinónimos do primeiro nome, que sería o principal, de acordo cos criterios da Chave.

No exemplo dado, o preferente sería foca monxe do Mediterráneo, aínda que calquera deles é válido, e

dependería do contexto e do criterio de cada persoa usar un ou outro nome, ou facer referencia a máis

dun deles.

Agradecemento

O equipo da Chave quere expresar o seu agradecemento a todas as persoas que a través da sección

contacte do sitio web envían comentarios, suxestións, puntualizacións... a respecto dos contidos dos

recursos léxicos sobre a fauna e a flora. Todas as opinións son lidas con atención e interese. Aínda que non

todas son tidas en conta, algunhas serven para puír ou enriquecer o xa publicado, e nalgún caso mesmo

nos levaron a unha nova edición do documento. Moitas grazas, e animamos a todos os usuarios/as a

continuar con esta retroalimentación positiva e construtiva.

Así mesmo e de maneira particular, queremos agradecer a colaboración do Jordi Bas, que achegou a

fotografía da foca común (Phoca vitulina) para a ilustración d' Os nomes galegos das focas, manatís e

dugongos.

4

Page 6: Os nomes galegos das focas, manatís e dugongos€¦ · 6. Orde: Carnívoros (Carnivora) Familia: Otarídeos (Otariidae) : leóns mariños (ou otarias), lobos mariños, oso do mar

Á procura do nome galego dunha foca, manatí ou dugongo neste documento

Para consultarmos axiña o nome galego dunha foca, dun manatí ou dalgunha outra especie deste grupo

de mamíferos na que poidamos estar interesados :

Se sabemos o seu nome científico, unha boa opción é ter o recurso léxico descargado en formato PDF e

introducir no buscador do PDF o nome latino do xénero dese mamífero mariño, que é o primeiro dos que

forman o seu nome científico. Ao clicarmos no xénero latino introducido no buscador, vainos aparecer onde

é que está ese xénero no documento, destacándoo con algún tipo de sombreado. Se estamos na listaxe

específica, o nome do xénero verémolo na esquerda da fila, e ao lado, no centro da fila, veremos o seu

nome en galego, con letra máis grande e azul.

Pode ser que atopemos varias focas ou manatís co mesmo xénero latino : daquela hai que saber o nome

latino completo, o xénero e mais a especie, para acharmos o nome galego da que nos interesa.

Outra opción é se coñecemos o nome inglés desa foca ou manatí : podemos escribilo no buscador do PDF e vannos ir aparecendo os nomes das focas ou manatís que teñan ese nome en inglés (á beira, no centro

da fila, con letra máis grande e azul, habemos atopar o seu nome en galego).

Por moitos e diversos motivos, non se inclúen os nomes en castelán das focas e manatís. Para sabermos

cal é a correspondencia entre o nome castelán dun destes mamíferos e o nome galego, necesitamos

coñecer o seu nome científico . Así, por exemplo, a especie que en castelán se chama foca de casco ten o

nome científico Cystophora cristata ; se escribimos Cystophora cristata no buscador do PDF aparécenos

o lugar do documento onde se encontra ese nome científico, e á beira, no centro da fila, atopamos o seu

nome en galego : foca de capelo.

Co buscador do PDF tamén podemos procurar o nome dunha familia. Así, por exemplo, se escribimos

Otariidae (ou se escribimos Otarídeos), aparécenos o lugar do documento onde se encontra o nome desta

familia: na listaxe da clasificación taxonómica (no inicio do documento) ou na listaxe das especies (no corpo

propiamente do documento). Clicando outra vez no buscador, imos dun lugar para o outro.

5

Page 7: Os nomes galegos das focas, manatís e dugongos€¦ · 6. Orde: Carnívoros (Carnivora) Familia: Otarídeos (Otariidae) : leóns mariños (ou otarias), lobos mariños, oso do mar

Orde: Carnívoros (Carnivora)Familia: Otarídeos (Otariidae) : leóns mariños (ou otarias), lobos mariños, oso do mar

Familia: Focídeos (Phocidae) : focas, focas monxe, elefantes mariños

Familia: Odobenídeos (Odobenidae) : morsa

Orde: Sirenios (Sirenia)

Familia: Triquequídeos (Trichechidae) : manatís (ou peixes boi)

Familia: Dugonxídeos (Dugongidae) : dugongos

6

Page 8: Os nomes galegos das focas, manatís e dugongos€¦ · 6. Orde: Carnívoros (Carnivora) Familia: Otarídeos (Otariidae) : leóns mariños (ou otarias), lobos mariños, oso do mar

Orde: Carnívoros (Carnivora)

Familia: Otarídeos (Otariidae) : leóns mariños (ou otarias), lobos mariños, oso do mar

Eumetopias jubatus león mariño de Steller Steller sea lionSteller's sea lion

Neophoca cinerea león mariño australiano Australia sea lion

Otaria flavescens león mariño da Patagonia South American sea lion

Phocarctus hookeri león mariño da Nova Zelandiasin.: león mariño de Hooker

New Zealand sea lionHooker’s sea lion

Zalophus californianus león mariño da California California sea lion

Zalophus japonicus (extinto)

león mariño xaponés Japanese sea lion

Zalophus wollebaecki león mariño das Galápagos Galapagos sea lion

Arctocephalus australis lobo mariño suramericanosin.: lobo mariño do sur

South American fur seal

Arctocephalus forsteri lobo mariño da Nova Zelandia New Zealand fur seal southern fur seal

Arctocephalus galapagoensis lobo mariño das Galápagos Galapagos fur seal

Arctocephalus gazella lobo mariño antárticosin.: lobo mariño das Kerguelen

Antarctic fur seal

Arctocephalus philippii lobo mariño das Juan Fernández Juan Fernandez fur seal

Arctocephalus pusillus lobo mariño afro-australiano Afro-Australian fur sealbrown fur seal

Arctocephalus pusillus pusillus lobo mariño do Cabo South African fur sealCape fur seal

Arctocephalus pusillus doriferus lobo mariño australiano Australian fur seal

Arctocephalus townsendi lobo mariño da Guadalupe Guadalupe fur seal

Arctocephalus tropicalis lobo mariño de peito branco subantarctic fur seal

Callorhinus ursinus oso do marsin.: urso do marsin.: lobo mariño do norte

northern fur seal

7

Page 9: Os nomes galegos das focas, manatís e dugongos€¦ · 6. Orde: Carnívoros (Carnivora) Familia: Otarídeos (Otariidae) : leóns mariños (ou otarias), lobos mariños, oso do mar

Familia: Focídeos (Phocidae) : focas, focas monxe, elefantes mariños

Cystophora cristata foca de capelosin.: foca de cristasin.: lobo mariño de capelosin.: lobo mariño de crista

hooded seal

Erignathus barbatus foca barbuda bearded seal

Halichoerus grypus foca cincentasin.: lobo mariño cincento

grey sealgray seal

Histriophoca fasciata(=Phoca fasciata)

foca de bandas ribbon seal

Hydrurga leptonix foca leopardo leopard sealsea leopard

Leptonychotes weddellii foca de Weddell Weddell seal

Lobodon carcinophagus foca caranguexeira crabeater sealkrill-eater seal

Ommatophoca rossi foca de Ross Ross seal

Pagophilus groenlandicus(=Phoca groenlandica)

foca da Groenlandia harp sealsaddleback seal

Phoca largha(=Phoca vitulina largha)

foca pintadasin.: foca manchada

spotted seallarga seal

Phoca vitulina foca comúnsin.: lobo mariño común

common seal harbour seal

Pusa caspica(=Phoca caspica)

foca do Caspio Caspian seal

Pusa hispida(=Phoca hispida)

foca anelada ringed sealjar seal

Pusa sibirica(=Phoca sibirica)

foca do Baikal Baikal seal

Monachus monachus foca monxe do Mediterráneosin.: foca mediterráneasin.: lobo mariño do Mediterráneosin.: lobo mariño da Madeira

monk sealMediterranean monk seal

Neomonachus schauinslandi(=Monachus schauinslandi)

foca monxe hawaiana Hawaiian monk seal

Monachus tropicalis (extinta)

foca monxe do Caribe Caribbean monk seal

Mirounga angustirostris elefante mariño boreal sin.: elefante mariño do norte

northern elephant seal

Mirounga leonina elefante mariño austral sin.: elefante mariño do sur

southern elephant seal

8

ocasional nas augas galegas

Page 10: Os nomes galegos das focas, manatís e dugongos€¦ · 6. Orde: Carnívoros (Carnivora) Familia: Otarídeos (Otariidae) : leóns mariños (ou otarias), lobos mariños, oso do mar

Familia: Odobenídeos (Odobenidae) : morsa

Odobenus rosmarus morsa walrus

Odobenus rosmarus rosmarus morsa do Atlántico Atlantic walrus

Odobenus rosmarus divergens morsa do Pacífico Pacific walrus

Odobenus rosmarus laptevi morsa do mar de Láptev Laptev Sea walrus

9

Page 11: Os nomes galegos das focas, manatís e dugongos€¦ · 6. Orde: Carnívoros (Carnivora) Familia: Otarídeos (Otariidae) : leóns mariños (ou otarias), lobos mariños, oso do mar

Orde: Sirenios (Sirenia)

Familia: Triquequídeos (Trichechidae) : manatís (ou peixes boi)

Trichechus senegalensis manatí africanosin.: peixe boi africano

African manateeWest African manatee

Trichechus manatus manatí mariñosin.: manatí do Caribesin.: peixe boi mariño, peixe boi do Caribe

West Indian manatee

Trichechus inunguis manatí da Amazoniasin.: peixe boi da Amazonia

Amazonian manatee

Familia: Dugonxídeos (Dugongidae) : dugongos

Dugong dugon dugongo dugong

Hydrodamalis gigas

(extinto)

dugongo de Stellersin.: vaca mariña de Steller

Steller's sea cow

10

Page 12: Os nomes galegos das focas, manatís e dugongos€¦ · 6. Orde: Carnívoros (Carnivora) Familia: Otarídeos (Otariidae) : leóns mariños (ou otarias), lobos mariños, oso do mar

Referencias bibliográficas

Alonso Estravís, Isaac (2020): Dicionário Eletrónico Estraviz.

http://www.estraviz.org/

Cabré, M. Teresa (dir.) / Rosa Estopá (coord.) (2004): Metodología del trabajo en neología: criterios, materiales

y procesos. Barcelona: Universitat Pompeu Fabra / IULA.

De la Calle Carballal, Lois (2016): "Nomes galegos dos mamíferos 1. Cetáceos e fócidos", Debullando a fala.

http://debullandoafala.blogspot.com/2016/01/nomes-galegos-dos-mamiferos-1.html

Carballeira Anllo, Xosé María et al. (2009): Gran dicionario Xerais da lingua galega, 2 vols. Vigo: Xerais.

Colomer, Rosa (dir.) / Xavier Fargas (coord.) (2005): Manlleus i calcs lingüístics en terminologia. Vic /

Barcelona: Eumo Editorial / TERMCAT.

Colomer, Rosa (dir.) / Xavier Fargas (coord.) (2012): Difusió i ús dels termes. Vic / Barcelona: Eumo Editorial /

TERMCAT.

Daviña Facal, Luís (1993): Problemas do léxico científico. Algunhas propostas de solucións. Santiago de

Compostela: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Daviña Facal, Luís (1999): Lingua e ciencia. Vigo: Xerais.

Daviña Facal, Luís (2000): "O problema da adaptación ó galego de cultismos científicos de orixe grega e latina",

Viceversa 6, 113-129.

Díaz da Silva, Juan Ignacio / Yosy Cartelle (2007): Guía dos mamíferos de Galicia. A Coruña: Bahía Edicións.

Enciclopedia galega universal. Vigo: Ir Indo Edicións, 1999.

Garrido, Carlos / Carles Riera (20112): Manual de galego científico. Santiago de Compostela: Através Editora.

International Union for Conservation of Nature (2016): The IUCN Red List of Threatened Species.

http://www.iucnredlist.org/

Lahuerta Mouriño, Fernando / Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos

acuáticos. CRPIH: Santiago de Compostela.

Noia Campos, María Camiño et al. (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.

11

Page 13: Os nomes galegos das focas, manatís e dugongos€¦ · 6. Orde: Carnívoros (Carnivora) Familia: Otarídeos (Otariidae) : leóns mariños (ou otarias), lobos mariños, oso do mar

Pena Romay, Xosé Antonio et al. (2004): Gran dicionario Cumio da lingua galega. Vigo: Do Cumio.

Penas-Patiño, Xosé Manuel / Antonio Piñeiro Seage (1989): Cetáceos, focas e tartarugas mariñas das costas

ibéricas. Santiago de Compostela: Consellería de Pesca – Sociedade Galega de Historia Natural.

Real Academia Galega (2020): Dicionario da Real Academia Galega.

https://academia.gal/dicionario

Ríos Panisse, María do Carme (1983): "Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II Mamíferos,

aves y algas", Verba, anexo 19.

Rodríguez González, Eladio (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Vigo: Galaxia.

Rodríguez Río, Xusto A. (2003): Metodoloxía do traballo terminográfico puntual en lingua galega. Santiago de

Compostela: Consello da Cultura Galega.

Rodríguez Río, Xusto A. (2003): Os préstamos na producción lexicográfica, terminográfica e enciclopédica

galega actual. En: Álvarez de la Granja M. e E. X. González Seoane (eds.): A estandarización do léxico, 419-446.

Santiago de Compostela: Instituto da Lingua Galega - Consello da Cultura Galega.

Santamarina Fernández, Antón L. (coord.) (2020): Dicionario de dicionarios.

http://sli.uvigo.es/DdD/

Sarmiento, Martín (1746-1755): Catálogo de voces y frases de la lengua gallega. Salamanca: Universidad de

Salamanca (ed. de José Luis Pensado Tomé, 1973).

TERMCAT (1990): Formació de termes amb elements cultes. Barcelona: Generalitat de Catalunya.

Translation Bureau / Bureau de la traduction (2016): Termium Plus. Otawa: Travaux publics et Services

gouvernementaux / Public Works and Government Services.

http://www.btb.termiumplus.gc.ca/

12

Page 14: Os nomes galegos das focas, manatís e dugongos€¦ · 6. Orde: Carnívoros (Carnivora) Familia: Otarídeos (Otariidae) : leóns mariños (ou otarias), lobos mariños, oso do mar

23

Deseño gráfico: tangram3.com

www.achave.gal