Os liques completo

6
OS LIQUES SARA GARRIDO GULÍAS YAGO LESTIDO CARDAMA 1ºB

Transcript of Os liques completo

Page 1: Os liques completo

OS LIQUES

SARA GARRIDO GULÍAS

YAGO LESTIDO CARDAMA

1ºB

Rosalía de Castro.

Page 2: Os liques completo

OS LIQUES1. Que son os liques? Os liques son organismos constituídos pola simbioses entre un fungo chamado micobionte e unha alga ou cianobacteria chamada ficobionte. A asociación destes dous organismos pode ser moi variada podéndose diferenciar varios tipos estruturais moi diferentes. Os liques xogan un papel moi importante dentro dos ecosistemas. Son os primeiros seres en comezar a colonización de novos terreos e o primeiro ser en comezar a formar una capa de solo que poderán sustentar á vexetación posteriormente. Os liques normalmente son bastante específicos á hora de elixir un substrato sobre o que desenrolarse. Ademais de vivir sobre as rochas, hai especies adaptadas a vivir exclusivamente na madeira morta, nas cortizas das árbores, sobre follas de plantas, sobre o solo espido, en zonas intermareais da costa, etc. así coma en calquera clima, por extremo que este sexa.

Son organismos moi sensibles á contaminación, especialmente ó SO2 e ós metais pesados. Pero esta sensibilidade á contaminación é diferente segundo os tipos de liques. Por iso se adoitan utilizar como indicadores biolóxicos da contaminación. Se estudamos zonas de aires puros, como por exemplo bosques, veremos que existe unha gran variedade de liques. Se buscamos liques nunha zona moi contaminada non encontraremos ningún. Estes dous extremos aparecen situacións intermedias. Buscaremos liques pola zona en que desexemos realizar a investigación. Lembra que os liques poden aparecer nos troncos das árbores, nos tellados, no chan, nas rochas, etc. O lugar sobre o que se asentan denominámolo sustrato. Podemos utilizar como guía orientativa a seguinte clasificación para coñecer de maneira xerala calidade do aire da nosa cidade, vila ou aldea e comparalo co de zonas próximas. É un sistema sinxelo, e sen custo ningún.

TIPOS DE LIQUES CALIDADE DO AIRE CANTIDADE DE SO2 (mg/m3)

Ausencia total de liques

Extremadamente contaminado

Superior a 175

Page 3: Os liques completo

Liques crustáceos Moi contaminado Aproximadamente 125

Liques foliáceos Pouco contaminado

30-70

Liques friticulosos Moi pouco contaminado

Inferior a 30

Nas zonas en que o aire é moi puro poden aparecer os tres tipos de liques, é dicir, crustáceos, foliáceos e fruticulosos. Nas zonas en que exista un índice de contaminación elevado soamente aparecerán liques crustáceos. Nunha situación intermedia están os lugares en que aparecen liques foliáceos e crustáceos. Se non aparece ningún tipo de lique, estamos ante unha zona con niveis moi altos de contaminación. É importante sinalar que este estudo unicamente nos servirá para comparar a calidade ambiental de zonas que teñen un clima parecido, xa que as características climáticas tamén inflúen no seu crecemento.

Exemplo dun brión nunha parede de cemento:

2. O seu tipo de vida: Os liques son organismos excepcionalmente resistentes ás condicións ambientais adversas e, polo tanto, capaces de colonizar diversos ecosistemas. A protección fronte á disecación e a radiación solar que aporta o fungo e a capacidade da fotosíntese da alga aportan ó simbionte características únicas dentro dos seres vivos. As chamadas sustancias liquénicas (a síntese de compostos unicamente presentes nestes organismos) permiten un mellor aproveitamento de auga, luz e da eliminación de sustancias prexudiciais para o lique.

Page 4: Os liques completo

3. Tipos de liques:

3.1.-Liques crustáceos: son os que están moi unidos á superficie das rochas. Aparecen como unha costra unida ó sustrato.

Exemplo:

3.2.-Liques foliáceos: teñen forma aplanada e fíxase ó sustrato. Teñen aspecto de follas máis ou menos engurradas.

Exemplo:

3.3.-Liques fruticulosos: teñen forma de arbusto. Son os máis escasos.

Exemplo

Page 5: Os liques completo

4º -Liques comúns na catedral de Santiago de Compostela. Un dos liques máis comúns nas fachadas da catedral de Santiago é o lique xeográfico (Rhizocarpon geographicum) que é crustáceo e dunha intensa cor amarela. Os liques producen rachaduras na pedra, fisuras, óxido e manchas de humidade. Estes efectos obrigan a limpar a catedral con asiduidade.