Os axentes sociais e o reto da converxencia en Europa no 2010

14
29/11/2007 1 Os axentes sociais e o reto da converxencia en Europa no 2010 FORMACIÓN, ORIENTACIÓN E COMPETENCIA “La libertad no hace felices a las personas, las hace sencillamente personas" Manuel Azaña (traducido a linguaxe non sexista)

description

“La libertad no hace felices a las personas, las hace sencillamente personas" Manuel Azaña (traducido a l i ngua x e no n sexista). Os axentes sociais e o reto da converxencia en Europa no 2010. FORMACIÓN, ORIENTACIÓN E COMPETENCIA. - como estratexia  - como obxectivo. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of Os axentes sociais e o reto da converxencia en Europa no 2010

Page 1: Os  axentes sociais  e o reto da  converxencia  en Europa no 2010

29/11/2007 1

Os axentes sociais e o reto da converxencia en Europa

no 2010FORMACIÓN, ORIENTACIÓN E COMPETENCIA

“La libertad no hace felices a las personas, las hace sencillamente personas" Manuel Azaña (traducido a linguaxe non sexista)

Page 2: Os  axentes sociais  e o reto da  converxencia  en Europa no 2010

29/11/2007 2

DIÁLOGO SOCIAL

  - contribuír a consolidar un goberno de progreso  - realizar os cambios estruturais necesarios     . para máis autogoberno     . para máis competencias     . para lograr os obxectivos básicos de Lisboa (innovación e coñecemento)     . para mellorar a actividade produtiva aumentando o investimento en I+D+i - converxer coa media europea a española

COMPROMISO PROGRESISTA

- como estratexia - como obxectivo

Page 3: Os  axentes sociais  e o reto da  converxencia  en Europa no 2010

29/11/2007 3

Índice de asuntos

Que é converxencia? PIB fronte a coñecemento I+D+i? Salarios e demografía As cualificacións no modelo que buscamos

Os avances do diálogo social Reflexións para a mellora

Avaliación de actuacións e análise Capital social e axentes sociais

Indicios para un moderado optimismo

Page 4: Os  axentes sociais  e o reto da  converxencia  en Europa no 2010

29/11/2007 4

Que é converxencia? PIB fronte a coñecemento

É necesario para o país un esforzo en formación para cubrir o diferencial con Europa? Si, pero…1. O problema actual en Galicia xa non é o paro masivo senón o tipo de emprego que se crea.2. Servizos e construción seguen a ser o motor do crecemento. 3. Máis do 80% do novo emprego creado o ano pasado foi nos servizos, mentres que na industria o emprego apenas aumentou.4. Os servizos que máis medran son os que demandan menor cualificación, a hostalaría, actividades de limpeza e de seguridade. Os empregos de baixa cualificación son máis do 50% dos creados. 5. O noso sistema produtivo está xerando empregos, pero pouco cualificados. 6. Os empregos están a cubrirse basicamente con mulleres e con poboación inmigrante. 7. Retroaliméntase a segregación ocupacional e a desigualdade laboral.

Page 5: Os  axentes sociais  e o reto da  converxencia  en Europa no 2010

29/11/2007 5

Que é converxencia?

Coa salvidade da baixa cualificación as leis de igualdade e a dependencia están, pese a todo, a mellorar o emprego feminino e poden facelo máis aínda, pero polo de agora estamos lonxe das taxas europeas.Datos Eurostat, INE e IGE2º semestre 2007

Page 6: Os  axentes sociais  e o reto da  converxencia  en Europa no 2010

29/11/2007 6

Que é converxencia? I+D+i

Hai vontade por parte da Administración, hai aumentos orzamentarios, pero…:1. O investimento público parte de niveis moi baixos, aínda que aumente significativamente, e as empresas investiron menos.2. En 2006 Galicia caeu do sexto ao oitavo posto en porcentaxe do PIB investido en I+D. A Xunta sorpréndese, pero os números son os números.3. Estamos a piques de pasar a un novo grupo do mapa.

Page 7: Os  axentes sociais  e o reto da  converxencia  en Europa no 2010

29/11/2007 7

Que é converxencia?

Estatística sobre actividades en I+D. Ano 2006. (Resultados provisionais) INE, 20/11/2006 (a táboa é unha copia).

En 2004 a porcentaxe do PIB adicado a I+D para a UE 25 era do 1,86, para a UE 15 era do 1,92 e dende entón continuou medrando.

En 2006, no conxunto de España a media foi 1,20

Page 8: Os  axentes sociais  e o reto da  converxencia  en Europa no 2010

29/11/2007 8

Que é converxencia? Salarios e demografía

1. A situación mellora, pero a diferenza salarial con España aínda é moi grande. 2. Os traballadores cualificados buscan en moitas ocasións oportunidades fóra de Galicia3. Para reter o talento axudarán, sen dúbida, mellorar salarios e condicións de traballo4. Sen medidas adicionais a cualificación por si mesma pode non ser abondo

Page 9: Os  axentes sociais  e o reto da  converxencia  en Europa no 2010

29/11/2007 9

Os avances do diálogo social Logros

Boa parte dos obxectivos fixados no diálogo social abordáronse con mellor ou peor fortuna. Lembrámolos:

1. Proporcionarlles aos traballadores a formación axeitada.

2. Determinación clara das prioridades de formación.

3. Asumir competencias na formación continua. 4. Creación dunha entidade de xestión paritaria e

tripartita da formación para o emprego. 5. Establecer un sistema áxil e flexible de

homologación de especialidades de formación.6. Conectar a planificación da formación coas

necesidades. 7. Definir un sistema participativo que teña como

eixe fundamental as organizacións empresariais e sindicais máis representativas.

8. Deseñar e iniciar a implantación dun sistema de acreditación de competencias que sexa áxil e xeneralizable.

9. Equilibrio de oferta formativa e posta en valor da formación de activos.

Page 10: Os  axentes sociais  e o reto da  converxencia  en Europa no 2010

29/11/2007 10

Reflexións para a mellora Avaliación de actuacións e análisesCremos necesario

1. Mellorar as análises e os instrumentos de planificación, para poder avaliar a rendibilidade social das actuacións.

2. Unha mellor determinación das prioridades de formación.

3. A creación, por fin, dunha entidade de xestión paritaria e tripartita da formación para o emprego.

4. Investir máis recursos en mellorar a planificación e a impartición, reducindo a carga de xestión pura e dura e as rixideces administrativas.

5. Sobre todo, integración das formacións profesionais no marco do sistema de cualificacións.

Page 11: Os  axentes sociais  e o reto da  converxencia  en Europa no 2010

29/11/2007 11

Reflexións para a mellora Capital social e axentes sociais

Entendemos o capital social, como un concepto que:1. Subliña o valor das relacións sociais, a cooperación entre iguais e a confianza para o logro de resultados.2. Podería resumirse como "non só é importante o que sabes, ou o que tes, senón a quen coñeces". 3. Igualmente, refírese ao valor colectivo das redes sociais. 4.As comunidades con máis capital social son as de maior desenvolvemento, Galicia é a quinta pola cola.5.O capital social pode axudar a paliar os tres déficits do cambio estrutural: a baixa lealdade institucional, a diminución da confianza informal e o debilitamento do coñecemento institucional.6. Os axentes sociais de Galicia e as administracións implicadas na FP temos unha tarefa neste eido.

Page 12: Os  axentes sociais  e o reto da  converxencia  en Europa no 2010

29/11/2007 12

Indicios para un moderado optimismo

O II Plan galego de formación profesional está abordando como liñas estratéxicas moitas das cuestións que se propoñen.

O grupo de traballo que o redacta está, en si mesmo, aumentando o capital social entre os axentes e as administracións que participan.

Todos vostedes son profesores de FP. Pois ben, un estudo sobre a opinión dos docentes publicado hai pouco sinala que, en Madrid, só os profesores de FP cren que mellorou a educación. É un sinal?

Page 13: Os  axentes sociais  e o reto da  converxencia  en Europa no 2010

29/11/2007 13

Grazas

CÓMPRE NON PERDERMOS O TEMPO

-Inserir a Galicia nos países máis desenvolvidos

-Utilizar os recursos europeos neste período 2007-2013

-Fomentar a complicidade social, implicando os axentes sociais

Page 14: Os  axentes sociais  e o reto da  converxencia  en Europa no 2010

29/11/2007 14

Para cambiar o actual patrón de crecemento é necesario inverter máis e mellor na formación profesional, e prever as necesidades a medio prazo. Xa non serven nin a improvisación, nin a formación e a cualificación que non se poden aplicar, recoñecer e retribuír no sistema produtivo. É necesario que a formación e o emprego “se atopen”, e a integración de toda a formación profesional nun sistema único ten un papel principal nese achegamento.

A resposta á pregunta coa que iniciamos esta intervención é que si hai un desaxuste entre os sistema produtivo e a formación e cualificación da poboación, pero se debe a que o sistema crea demasiados empregos pouco cualificados, e non á falta xeneralizada de persoas cualificadas, aínda que cada vez escoitamos máis voces empresariais interesadas, dicindo que en España falta esta mao de obra e que é necesario recorrer á inmigración laboral cualificada. Hoxe por hoxe o que hai detrás desa demanda empresarial é o desexo de abaratar o custo laboral e de “desregular” as relacións laborais.

Conclusións