Orson Welles
-
Upload
fontexeriabib -
Category
Education
-
view
535 -
download
5
description
Transcript of Orson Welles
Naceu en Kenosha (Wisconsin, EEUU), un 6 de maio,aínda que ós 16 anos
atopábase en Dublín (Irlanda), onde comenzou a cultivar a súa vocación
teatral.
Un ano despois instálase en Nova York, onde
debuta con tan só 17 anos nunha representación de
Romeo e Xulieta, de William Shakespeare. O teatro engaiolárano, e pouco despois fundaba,
con outros actores, o Mercury Theatre, que
obtivo sona nos anos 30 pola imaxinación das súas
montaxes escénicas
Mais o talento de Welles buscaba novos medios de
expresión. En 1938, o Mercury Theatre realizaba unha versión radiofónica da novela A guerra dos mundos, de H. G. Wells,
que narraba unha invasión extraterrestre na Terra. Debido ó verismo da emisión, moitos oíntes creron que a invasión era
real. O éxito foi tan grande que a compañía
cinematográfica RKO contratou a Welles e
deulle carta branca para facer dúas películas
A máis imporante das dúas foi Cidadán Kane (Citizen Kane, 1941), na que Welles asumiu os papeis de coguionista, director, productor e
intérprete principal. O film contaba a historia dun
gran magnate da prensa, a través de
acontecementos da súa vida privada relatados
segundo diferentes testemuñas. Para iso introduciu algunhas
innovacións na narrativa cinematográfica, moi
influentes en anos posteriores
O éxito de crítica e público que tivo diminuíu ó longo da década de 1940, e ademais embarcouse en proxectos cinematográficos para os que lle era difícil atopar financiación, dado que eran moi persoais e era pouco dado a rebaixar as súas pretensións artísticas. Non obstante, deixou fitos da sétima arte como La dama de Shanghai (The Lady From Shanghai, 1948), Sed de mal (Touch
Of Evil, 1958), ou as tres películas sobre o seu idolatrado Shakespeare: Macbeth (1948), Otelo (Othello, 1952) e Campanadas a medianoche (Falstaff,
1966)
Welles foi un home de gran talento artístico e grandes paixóns, o que
probablemente motivou que non rematara moitos
proxectos, entre eles un para levar á pantalla grande o Quixote, en
quen sen dúbida vía un reflexo.
Foi tamén un namorado de España e da
tauromaquia. De feito, un ano despois da súa morte, e por expreso
desexo seu, as súas cinzas foron enterradas na
propiedade do matador Antonio Ordóñez, en
Ronda (Málaga)
AUTOR: Alfonso Blanco MÚSICA: Overture, da BSO de Cidadán Kane, por Bernard Herrmann