Orientación académica PCPI

12
ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL Programa Cualificación Profesional Inicial. Curso 2013-14

Transcript of Orientación académica PCPI

Page 1: Orientación académica PCPI

ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Programa Cualificación Profesional Inicial.

Curso 2013-14

Page 2: Orientación académica PCPI

COUSAS PREVIAS QUE DEBEMOS LEMBRAR

O programa ten unha duración de 2 cursos

A matrícula no 1º curso dá dereito a unha única convocatoria por cada módulo.

Se non se superan todos os módulos de 1º, poderase repetir, só por unha vez, todo o programa. Na repetición poderase cambiar o perfil profesional.

Para a matrícula no 2º curso, é necesario ter aprobados todos os módulos de 1º.

Page 3: Orientación académica PCPI

COUSAS PREVIAS QUE DEBEMOS LEMBRAR

AVALIACIÓN

No 1º curso do PCPI, hai 3 avaliacións parciais e unha avaliación final.

A 3ª avaliación, realizarase a finais de maio.

A avaliación final, realizarase a finais de xuño.

Entre a 3ª avaliación e a final, manterase o horario do instituto e do centro de traballo.

Nese tempo, faranse tarefas de recuperación de módulos pendentes ou de preparación para o 2º curso.

Page 4: Orientación académica PCPI

CANDO REMATE O 1º CURSO PODO…

Se non teño aprobados todos os módulos de 1º…

E non repetín, podo repetir 1º de PCPI, completo

Se xa repetín 1º de PCPI:

Se superei a proba de acceso a CM, cursar un CM Se superei a proba de obtención por libre do

Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, cursar un CM

Se teño 18 anos ou mais, matricularme na Educación de Adultos, para obter o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

OLLO!LOMCE

Page 5: Orientación académica PCPI

CANDO REMATE O 1º CURSO PODO…

Se teño aprobados todos os módulos de 1º, podo…

Solicitar matrícula en 2º, nos centros autorizados. Esta opción é obrigatoria para o alumnado que iniciou o PCPI con 15 anos.

Solicitar acreditación das competencias profesionais adquiridas en relación ao Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional

Tamén podo… Se superei a proba de acceso a CM, cursar un CM Se superei a proba de obtención por libre do Graduado

en Educación Secundaria Obrigatoria, cursar un CM

Page 6: Orientación académica PCPI

CANDO REMATE O 1º CURSO PODO…

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS

Se cando remate 1º, teño aprobados todos os módulos profesionais aprobados, podo solicitar no centro unha certificación de competencias profesionais adquiridas en relación co Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional.

Page 7: Orientación académica PCPI

2º ANO DO PCPI

Componse dos módulos formativos para a obtención do Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

Módulos: Formativos de carácter xeral: orientados ao

desenvolvemento das competencias básicas que posibiliten cursar con éxito un ciclo formativo de grao medio. 1º ano do PCPI + 1º cuadrimestre de 2º.

Voluntarios: módulos conducentes á obtención do Título en Educación Secundaria Obrigatoria.

Page 8: Orientación académica PCPI

2º ANO DO PCPI: 1º cuadrimestre

Módulos de carácter xeral:

Competencia comunicativa e dixital II

Sociedade e Cidadanía II

Científico-Matemático II

Formación complementaria de acceso a ciclos

Titoría e orientación

Page 9: Orientación académica PCPI

2º ANO DO PCPI: 2º cuadrimestre

Módulos voluntarios:

Ámbito de Comunicación: aspectos básicos do currículo de lingua galega, lingua castelá e 1ª lingua estranxeira.

Ámbito Social: aspectos básicos do currículo de ciencias sociais, xeografía e historia, educación para a cidadanía e aspectos de percepción recollidos no currículo de EPeV e Música.

Ámbito científico-tecnolóxico: aspectos básicos do currículo de ciencias da natureza, matemáticas e tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural do currículo de Educación Física.

Page 10: Orientación académica PCPI

2º ANO DO PCPI

A superación dos módulos formativos de carácter xeral: os do 1º ano + os do 1º cuadrimestre do 2º ano, dará dereito a unha certificación académica que permitirá o acceso aos ciclos formativos de grao medio.

A superación de todos os módulos do programa: os do 1º ano + os do 2º ano, dará dereito á obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

Page 11: Orientación académica PCPI

CENTROS AUTORIZADOS PARA CURSAR O 2º ANO DO PCPI

CENTROS PRÓXIMOS

IES JOHAN CARBALLEIRA – Bueu IES de RODEIRA – Cangas IES CHAN DO MONTE – Marín IES A PARALAIA – Moaña IES FREI MARTÍN SARMIENTO – Pontevedra IES POLITÉCNICO – Vigo IES RICARDO MELLA – Vigo IES de TEIS - Vigo

Page 12: Orientación académica PCPI

E SE AÍNDA TES DÚBIDAS…

Consulta ao Departamento de Orientación ou ao teu titor

Tamén podes consultar as seguintes ferramentas web:

www.edu.xunta.es/fp www.edu.xunta.es

Blog do Departamento de Orientación