ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 4º ESO

2
FRANCÉS Na sociedade da globalización a formación multilingüe co dominio de dúas ou máis linguas estranxeiras permite unha maior integración e interrelación no mundo. Nesta etapa preténdese que os alumnos/as desenvolvan unha competencia comunicativa básica que lles permita expresarse nesa lingua en situación próximas, acordes coa súa idade e intereses TIC Traballaremos con : HARDWARE: arquitectura de un PC, compoñentes básicos, periféricos. SOFTWARE: sistemas operativos, aplicacións (antivirus, optimización, …) procesadores de texto, folla de cálculo, presentacións, internet, edición de imaxe, de vídeo e de son. CULTURA CLÁSICA Esta materia optativa poderase cursar unha soa vez en 3º ou 4º de ESO. A maior parte dos pobos de Occidente basean a súa cultura nas culturas grega e latina. Esta materia optativa pretende que os alumnos/as estuden: Mitoloxía: Deuses e heroes. Descubrir a súa presenza na cultura actual. A pegada de Grecia e Roma na nosa sociedade e na vida cotiá actual. Espectáculos en Grecia e Roma. Influencias do alfabeto grego e romano nas nosas linguas. EDUCACIÓN PLÁSTICA, VISUAL E AUDIOVISUAL Está dirixida a todos aquel alumnado que queira atopar un canle para a expresión artística na súa vida. Recoméndase para interesados en Arquitectura, Belas Artes e todas as ramas de Deseño. Vense importantes movementos artísticos coma o Futurismo (movemento), Fauvismo (color), Surrealismo (mundo interno), Por Art (cartelismo, comics, publicidade), Abstracción xeometría e cubismo, texturas, pintura xestual (grafismo caligráfico). Todos os traballos son abordados desde a vivencia e a expresión persoal. O material que se usa é gratuito. CULTURA CIENTÍFICA O Universo a Terra e o medio ambiente, Seres vivos e contaminación, Saúde. Avances científicos e tecnolóxicos do último século: biotecnoloxía, materiais e tecnoloxías da comunicación, aplicacións e repercusións para a sociedade. Priorizarase o traballo en grupo, a investigación e realización de debates. MÚSICA Trabállanse aspectos musicais moi diversos: a música do mundo , a música popular urbana (pop, rock ...), a música contemporánea en Galicia e en España, as profesións da música (intérprete, director de orquestra, letrista, musicólogo, programador musical, mestre de IES PEDRO FLORIANI Rúa Pedro Floriani nº 2, C.P.: 36800 REDONDELA (Pontevedra) Telf: 886 120 416 - 886 120 413 Correo electrónico: [email protected]

Transcript of ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 4º ESO

Page 1: ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 4º ESO

FRANCÉSNa sociedade da globalización a formación multilingüe co dominio de dúas ou máis linguas estranxeiras permite unha maior integración e interrelación no mundo. Nesta etapa preténdese que os alumnos/as desenvolvan unha competencia comunicativa básica que lles permita expresarse nesa lingua en situación próximas, acordes coa súa idade e intereses

TICTraballaremos con : HARDWARE: arquitectura de un PC, compoñentes básicos, periféricos. SOFTWARE: sistemas operativos, aplicacións (antivirus, optimización, …) procesadores de texto, folla de cálculo, presentacións, internet, edición de imaxe, de vídeo e de son.

CULTURA CLÁSICA Esta materia optativa poderase cursar unha soa vez en 3º ou 4º de ESO. A maior parte dos pobos de Occidente basean a súa cultura nas culturas grega e latina. Esta materia optativa pretende que os alumnos/as estuden: Mitoloxía: Deuses e heroes. Descubrir a súa presenza na cultura actual. A pegada de Grecia e Roma na nosa sociedade e na vida cotiá actual. Espectáculos en Grecia e Roma. Influencias do alfabeto grego e romano nas nosas linguas.

EDUCACIÓN PLÁSTICA, VISUAL E AUDIOVISUAL Está dirixida a todos aquel alumnado que queira atopar un canle para a expresión artística na súa vida. Recoméndase para interesados en Arquitectura, Belas Artes e todas as ramas de Deseño. Vense importantes movementos artísticos coma o Futurismo (movemento), Fauvismo (color), Surrealismo (mundo interno), Por Art (cartelismo, comics, publicidade), Abstracción xeometría e cubismo, texturas, pintura xestual (grafismo caligráfico). Todos os traballos son abordados desde a vivencia e a expresión persoal. O material que se usa é gratuito.

CULTURA CIENTÍFICAO Universo a Terra e o medio ambiente, Seres vivos e contaminación, Saúde. Avances científicos e tecnolóxicos do último século: biotecnoloxía, materiais e tecnoloxías da comunicación, aplicacións e repercusións para a sociedade. Priorizarase o traballo en grupo, a investigación e realización de debates.

MÚSICATrabállanse aspectos musicais moi diversos: a música do mundo , a música popular urbana (pop, rock ...), a música contemporánea en Galicia e en España, as profesións da música (intérprete, director de orquestra, letrista, musicólogo, programador musical, mestre de música, profesor de instrumento e canto,...), as músicas escénicas (ópera, zarzuela, ballet, ...) e a música e os medios.

FILOSOFÍAOs contidos son: o coñecemento (a ciencia, os mitos, os sentidos e a razón), psicoloxia (a aprendizaxe: memoria e intelixencia, a personalidade: o inconsciente e os soños, o desenvolvemento da persoa) e a ética e sociedade (principais explicacións do comportamento humano. Os dereitos humanos). No traballo na aula buscarase a comprensión dos conceptos e a mellora da expresión oral e escrita pero tamén os traballos de grupo destinados a mellorar a expresión plástica e visual, musical e artística en xeral, como confección de murais, análise de cancións e películas de cine, dramatizacións, debate e moitas outras cousas.

TECNOLOXÍAOs contidos son: as instalacións nas vivendas, a iniciación a electrónica, neumática e hidráulica. Realización de proxectos. Interesante para facer enxeñerías ou CS de electricidade, mecánica, automática, ...

NOTA: Este documento ten un carácter simplemente informativo e orientador

IES PEDRO FLORIANI

Rúa Pedro Floriani nº 2, C.P.: 36800

REDONDELA (Pontevedra)Telf: 886 120 416 - 886 120 413Correo electrónico: [email protected]

4º ESO

Page 2: ORIENTACIÓN ACADÉMICA PARA 4º ESO

OPCIÓNS EN 4º ESO

1. ENSINANZAS ACADÉMICAS para a iniciación ao BACHARELATO.

2. ENSINANZAS APLICADAS para a iniciación á FP

PROMOCIÓN

O alumnado terá promoción de curso no caso de superaren todas as materias cursadas ou teren avaliación negativa en dúas materias como máximo, e repetirán curso cando teñan avaliación negativa en tres ou máis materias, ou en dúas materias que sexan simultaneamente Lingua Galega e Matemáticas, ou Lingua Castelá e Literatura e Matemáticas.

Quen teña promoción sen superar todas as materias deberá matricularse das materias non superadas, seguirá os programas de reforzo que estableza o profesorado.

Ao final de etapa entregaráselles ao pai/nai/titor legal un CONSELLO ORIENTADOR que incluirá unha proposta do itinerario máis adecuado para seguir, así como a identificación do logro dos obxectivos da etapa e de adquisición das competencias.

AVALIACIÓN FINAL DA ESO

Ao finalizar 4º ESO, o alumnado realizará unha avaliación individualizada pola opción de ensinanzas académicas ou pola de ensinanzas aplicadas. Os alumnos/as poderán realizar a avaliación por calquera das dúas opcións. os que non superasen a avaliación ou desexen elevar a súa cualificación final da ESO poderán repetir a avaliación en convocatorias sucesivas.

Para obter o título de graduado na ESO cumprirá a superación da AVALIACIÓN FINAL.