Orientación 2º eso

10
CADERNO DE INFORMACIÓN ACADÉMICA 2º DE ESO Departamento de Orientación IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas Orientación 2013/14 Lourdes Otero Rodríguez

Transcript of Orientación 2º eso

 

 

CADERNO  DE  INFORMACIÓN  ACADÉMICA  2º  DE  ESO  

 

 

 

 

 

Departamento  de  Orientación  IES  Plurilingüe  Xosé  Neira  Vilas  Orientación  2013/14  Lourdes  Otero  Rodríguez      

 

       

13-­‐14   14-­‐15   15-­‐16   16-­‐17  

5º  EP  

6º  EP  

1º  ESO  

2º  ESO  

3º  ESO  

6º  EP  

1º  ESO  

2º  ESO  

3º  ESO  

4º  ESO  

1º  ESO  

2º  ESO  

3º  ESO  

4º  ESO  

1º  BACH  

2º  ESO  

3º  ESO  

4º  ESO  

1º  BACH  

2º  BACH  

AVALIACIÓN  FINAL  Sin  efectos  acad.  

AVALIACIÓN  FINAL  Sin  efectos  acad.  

Ultima  PAU  

1.  CALENDARIO  da  IMPLANTACIÓN  da  LOMCE  en  ED.  SECUNDARIA  FP  

   

1º  FPB  

2º  FPB  

1º  CFGM  

1º  CFGM  

2º  CFGM  

 

2.  ESTRUCTURA  DO  SISTEMA  EDUCATIVO         3º  ESO

4º  ESO

TiTULO  ESO

1º  BACHARELATO

2º  BACHARELATO

TÍTULO  DE  BACHAREL  Superar  

Bacharelato(60%)máis  avaliación  final  40%

GRAO  UNIVERSITARIO

MÁSTER

Titulo  de  Técnico  (  nivel  1  )

PRUEBA  DE  ACCESO  A  CICLOS  DE  GS

2º  FP  CICLO  SUPERIOR  Titulo  de  Técnico  Superior  (  nivel  

3)  

19    anos

4º  ESO

TiTULO  ESO

1º  BACHARELATO

2º  BACHARELATO

GRAO  UNIVERSITARIO

MÁSTER

DOCTORADO

1º  FP  CICLO  MEDIO

2º  FP  CICLO  MEDIO

1º  FP  CICLO  SUPERIOR

2º  FP  CICLO  SUPERIOR  T.  de  Técnico  Superior  (  nivel  3)  

19    anos

MUN

DO  LABORAL

3. ELECCIÓN DE MATERIAS EN 3º DE ESO

   MATERIAS   Nº  DE  HORAS  Bioloxía  e  Xeoloxía   2  Ciencias  Sociais,  Xeografía  e  Historia                         3  Educación  Física   2  Educación  Plástica  e  Visual   2  Física-­‐Química   2  Lingua  Galega  e  Literatura   3  Lingua  Castelá  e  Literatura   3  Primeira  Lingua  Estranxeira   3  Matemáticas   4  Música   2  Tecnoloxías   2  Relixión/  Alternativa   1  Titoría   1  Optativa   2  

   4. CONTIDOS BÁSICOS DAS MATERIAS OPTATIVAS DE 3º DE ESO

Latín

1º TRIMESTRE

1. A orixe e a evolución do latín. Clasificación das linguas indoeuropeas.

2. Abecedario e a pronunciación clásica e posclásica do latín. A regra da penúltima sílaba.

Diferenza entre vocais breves e longas.

3. O latín como lingua flexiva. Os casos e os seus principais valores sintácticos. Recoñecemento

das diferenzas e similitudes básicas entre a estrutura da lingua latina e a das linguas

romances utilizadas polo alumno.

4. Clases de palabras. A flexión nominal e verbal. Recoñecemento das categorías gramaticais da

flexión latina e comparación cos elementos flexivos das linguas actuais.

5. Compoñentes grecolatinos nas linguas romances. Identificación de lexemas, sufixos e prefixos

grecolatinos usados na propia lingua: préstamos, derivación, composición e analoxía

como mecanismos de enriquecemento do vocabulario.

6. O significado etimolóxico das palabras como guía para a adecuada utilización do vocabulario.

7. O marco xeográfico e histórico da sociedade romana. Gallaecia e o resto da Hispania. As

vías romanas de Hispania e as grandes vías modernas: medio de difusión dunha

civilización uniforme, de unidade política e económica e de relación humana. Uso de fontes

primarias e secundarias para coñecer o pasado.

8. Lectura e interpretación de textos en latín de dificultade progresiva creados nunha

variedade de contextos e situacións en que as palabras e as estruturas teñan sentido, de

tal xeito que todo se deduza, sen ambigüidade, do contexto en que aparezan.

2º TRIMESTRE

1. Clases de palabras. A flexión pronominal. Recoñecemento das categorías gramaticais da

flexión latina e comparación cos elementos flexivos das linguas actuais.

2. Definición de palabras a partir dos seus étimos.

3. vocabulario da ciencia e da técnica. Os étimos gregos e latinos nas terminoloxías específicas.

O significado etimolóxico das palabras como guía para a adecuada utilización do

vocabulario.

4. Latinismos e locucións latinas. Recoñecemento das expresións latinas incorporadas á lingua

falada e escrita.

5. As institucións e a vida cotiá. Ocio e negocio. Relación entre o relixioso e o festivo.

Interpretación dos seus referentes desde a nosa perspectiva sociocultural. Comparación e

análise crítica das estruturas sociais e familiares.

6. As pegadas materiais da romanización: o foro e a arquitectura do ocio en relación coa

concepción do urbanismo posterior, a importancia do arco e a bóveda na arquitectura

posterior. Valoración da conxunción da magnificencia e o xenio práctico. Emprego dos

medios audiovisuais e das TIC para coñecer o patrimonio artístico e arqueolóxico.

Observación directa. O papel de Roma na historia de Occidente, o patrimonio

arqueolóxico, artístico e literario. Coñecemento especial do herdado en Galicia.

7. Lectura e interpretación de textos en latín de dificultade progresiva creados nunha variedade

de contextos e situacións en que as palabras e as estruturas teñan sentido, de tal xeito que todo

se deduza, sen ambigüidade, do contexto en que aparezan.

3º TRIMESTRE

1. As estruturas oracionais básicas. A concordancia e a orde flexible de palabras. Nexos

coordinantes máis frecuentes.

2. Valoración da lingua latina como principal vía de transmisión e continuidade do mundo clásico e

instrumento privilexiado para unha comprensión profunda do sistema das linguas

romances.

3. Latín culto e latín vulgar: lingua de cultura e lingua de comunicación. O proceso de redución

morfolóxica e sintáctica no latín vulgar. A formación das linguas romances. Análise dos

procesos de evolución das linguas romances.

4. A evolución fonética. Termos patrimoniais, semicultismos e cultismos. Explicación dos cambios

fonéticos máis frecuentes. Relación semántica entre palabras dunha mesma raíz latina e

evolución fonética diferente.

5. A achega léxica do latín ás linguas modernas non derivadas del.

6. Os temas e argumentos mitolóxicos na literatura e nas artes plásticas e visuais.

Recoñecemento de elementos da mitoloxía clásica en manifestacións culturais de todo

tipo e interpretación do seu significado.

7. Lectura e interpretación de textos en latín de dificultade progresiva creados nunha variedade

de contextos e situacións en que as palabras e as estruturas teñan sentido, de tal xeito que

todo se deduza, sen ambigüidade, do contexto en que aparezan.

Cultura Clásica

Todo o que somos o mundo occidental non é mais ca o produto do que fixeron hai case tres mil

anos os homes duna pequena vila de Italia, Roma. Nos deixaron, non so a súa obra, senón que

tamén actuaron como vehículos de transmisión da cultura doutro pobo, o grego. Ambas culturas

se fundiron no que hoxe coñecemos como mundo clásico A lingua, a relixión cristiá, a literatura,

as artes, os espectáculos, as técnicas de guerra, o dereito, a inxenería, a mitoloxía son herdanzas

dese pobo, que se estendeu por todo o mundo coñecido e incluso lle deu nome a esta parte,

onde para eles se acababa a terra, Finisterrae.

O que tratamos de conseguir en cultura clásica é que o alumno se achegue a todos eses

aspectos da cultura destes pobo e perciba a pervivencia deles no mundo actual.

1º TRIMESTRE

· O mito fronte á razón: o espazo xeográfico mítico fronte ao real. A lenda fronte á historia.

O pensamento mítico fronte ao lóxico. O heroe fronte ao home. A guerra de Troia. A lenda

de Rómulo e Remo.

· A pervivencia da mitoloxía clásica.

· A relixión en Grecia e Roma.

· Linguas clásicas e a súa orixe. Sistemas de escritura. Do alfabeto ao abecedario. As

familias lingüísticas. O indoeuropeo. As linguas romances. As linguas flexivas. A evolución

das linguas. O latín como orixe de galego e castelán.

2º TRIMESTRE

· A infancia no mundo clásico. A educación.

· A muller en Grecia e en Roma. O matrimonio. A vestimenta.

· O home no mundo clásico. O traballo. A xornada diaria. A vestimenta. A comida.

· A organización e o cómputo do tempo.

· O vocabulario. Palabras patrimoniais, semicultismos, cultismos, latinismos, helenismos,

prefixos, sufixos. Palabras procedentes doutras linguas: razón lingüísticas, históricas e

culturais.

3º TRIMESTRE

· A arte clásica. Restos arqueolóxicos.

· Xogos e espectáculos.

· Romanización de Europa: historia dun proceso. A supervivencia da cultura indíxena: ritos

ligados aos ciclos da natureza, festas, topónimos, tradicións...

· As fontes: as literaturas grega e romana: características xerais. Semellanzas e

diferenzas. A literatura clásica e a súa continuidade en Europa. Os principais xéneros.

TÉCNICAS BÁSICAS DE ELECTRICIDADE

OBXECTIVOS ESPECIFICOS:

1. Estudar as tecnoloxías de produccion, distribucción e consumo de enerxía eléctrica.

2. Analizar aparatos e compoñentes eléctricos e electrónicos.

3. Estudar as características dos diferentes tipos de condutores empregados nas instalacións

eléctricas domésticas.

4. Comprender o funcionamento dos sistemas de mando e protección das instalacións

eléctricas dunha vivenda.

5. Realizar cálculos sinxelos en circuítos eléctricos elementais.

6. Interpretas esquemas e símbolos empregados na representación de instalacións eléctricas.

7. Analizar con sentido crítico o uso racional dos sistemas eléctricos e electrónicos.

8. Coñecer e aplicar as normas básicas de seguridade nas instalacións eléctricas e a

aplicación de normas de hixiene e seguridade na manipulacion de ferramentas e materiais.

9. Explicación e interpretación das tarifas eléctricas.

Os obxectivos da materia atenden aos seguintes fins:

1. Dar una base para continuar estudos no Bacharelato Tecnolóxico e Científico.

2. Orienta e forma aos alumnos que opten por Ciclos Formativos relacionados coa

electricidade e electrónica.

3. Dar confianza aos alumnos nas súas habilidades relacionadas co manexo de ferramentas,

materiais, etc.

Contidos:

1. A enerxía

2. Electricidade estática.

3. Corrente eléctrica.

4. Liñas de distribucción

5. Transformadores.

6. Circuítos eléctricos básicos.

7. Xeradores de corrente.

8. Circuítos usados habitualmente nas vivendas.

9. Aparatos de mando e protección.

Metodoloxía:

Alternaremos as clases teóricas e prácticas, dando maior importancia ás prácticas. Como mínimo

o 70 % das clases serán prácticas.

Obradoiro de iniciativas emprendedoras  

Ten como obxectivo iniciar ao alumnado no coñecemento da importancia social

e económica das persoas emprendedoras, a idea de empresa e o valor e utilidade da realización dun proxecto empresarial.  

Bloque I  

A persoa emprendedora: habilidades e calidades persoais, sociais e empresariais.  

O traballo en equipo: concepto e clases de equipos. Vantaxes e inconvenientes do traballo en

equipo. Roles dentro dos equipos de traballo. Dinámicas de grupo.  

O proceso de comunicación na empresa. Comunicación verbal e non verbal. Habilidades e

técnicas de comunicación. A escoita activa, a empatía e a asertividade.  

A función de dirección. Niveis directivos. O comportamento do directivo: teorías X, Y e Z. O

liderado: teorías e estilos.  

Bloque II  

A solución de conflitos e a negociación. Elementos do proceso negociador. Fases e estilos de

negociación. O proceso de toma de decisións: fases e ferramentas.  

Factores do macroentorno empresarial: xurídico-económicos, sociais, tecnolóxicos, políticos, do

entorno natural e de recoñecemento social.  

Factores do microentorno empresarial: provedores, clientes, distribuidores, competencia,

entidades financeiras e socios.  

Xeración e formulación da idea emprendedora. O pensamento creativo. Técnicas para estimular a

creación de ideas. Inicio do proxecto de empresa. A actividade da empresa e os promotores.  

Investigación de mercados. Fontes de información primarias e secundarias. Investigación

cuantitativa e cualitativa. Ferramentas de investigación: enquisas, observación e experimentación.

Viabilidade do proxecto: técnica, institucional, persoal e financeira.  

Bloque III  

O plan de marketing. Obxectivos e estratexias. O marketing mix: produto, prezo, promoción e

distribución.  

O plan de organización e recursos humanos. Viabilidade persoal do proxecto de empresa.

Deseño da organización da empresa. Xestión de recursos humanos: contratación de persoal e

plan de formación.  

Plan económico-financeiro. Fontes de financiamento. Investimentos. Viabilidade económico-

financeira. O balance e o plan de tesourería.  

Área xurídica do proxecto: forma xurídica da empresa, protección xurídica, permisos e licenzas. A

prevención de riscos laborais.  

Avaliación e control do proxecto.