ORDENANZA FISCAL DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS DE INSPECCIÓN, DIRECCIÓN E COORDINACIÓN DE...

3

Click here to load reader

Transcript of ORDENANZA FISCAL DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS DE INSPECCIÓN, DIRECCIÓN E COORDINACIÓN DE...

Page 1: ORDENANZA FISCAL DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS DE INSPECCIÓN, DIRECCIÓN E COORDINACIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE DAS OBRAS CONTRATADAS POLO CONCELLO DA BAÑA

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVIZOS DEINSPECCIÓN, DIRECCIÓN E COORDINACIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE DAS OBRASCONTRATADAS POLO CONCELLO DA BAÑA

Exposición de motivos.

Os contratos de obra pública son, ademais de un instrumento de intercambio, un mecanismo deasignación ou reparto de riscos e, consecuentemente, tamén de retribucións. Para que talintercambio sea xusto, é preciso procurar a maior correlación posible entre os riscos que cadaparte asume e as retribucións que percibe, de maneira tal que cada unha corra cos riscos quemellor pode controlar. Así, a correlación entre o control dos riscos asignados e as retribuciónsou perdas é o mellor acicate para a dilixencia das partes no estricto cumprimento das súasobligacións e a garantía máis eficaz da innovación e o bon facer, tanto na xestión de recursoscomo nas aplicacións tecnolóxicas.

O Concello da Baña entende a función de inspección, dirección e coordinación de seguridade esaúde das obras municipais non só como un conxunto de instruccións e solucións técnicas,ademais da actividade de control material da execución, senón como un eficaz mecanismo depermanente interlocución entre o Concello e o contratista, garantindo a coordinación dosprogramas sen interferencias indesexables na actividade xeral do Concello e dos particularesafectados, as boas prácticas constructivas e a sensibilidade medioambiental. De igual xeito,debe facilitar a función fiscalizadora interna, para garantir a transparencia e a eficiencia naxestión dos recursos públicos. E finalmente, anticipar e correxir prácticas que puderan afectar áresponsabilidade patrimonial subsidiaria do Concello da Baña.

Por todo eso, o Concello da Baña resolveu establecer a presente Ordenanza e aprobar oseguinte texto articulado.

Artigo 1.–Fundamentos e natureza.

En uso das facultades conferidas por los arts. 133.2 y 142 da Constitución e polos artigos 105 eseguintes da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidadeco artigo 57, en relación co 20, do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que seaproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais o Concello da Baña establece ataxa por prestación de servizos de asistencias técnicas de inspección e dirección de obra, quese rexerá pola presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.–Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación de traballos facultativos dos servizos deinspección, dirección e coordinación de seguridade e saúde das obras de competenciamunicipal de calquera natureza, prestados polos Técnicos e funcionarios que o Concellodesigne, legalmente capacitados para asumir tales funcións.

Artigo 3.–Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos, e están obligados ó pago da taxa regulada nesta Ordenanza, oscontratistas ou empresarios adxudicatarios das obras e os concesionarios de calesquera obrasde competencia municipal.

Page 2: ORDENANZA FISCAL DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS DE INSPECCIÓN, DIRECCIÓN E COORDINACIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE DAS OBRAS CONTRATADAS POLO CONCELLO DA BAÑA

Artigo 4.–Responsables.

1. Responderán solidariamente das obligacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicase xurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades, os interventores ouliquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e coalcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5.–Devengo.

A taxa devéngase dende o momento en que se reciba no rexistro do Concello a correspondentecertificación de obra expedida polo técnico designado ou, cando sexa o caso, acta deinspección, o que acredita a prestación dos servizos expresados no artigo 1 desta Ordenanza.

Artigo 6.–Base impoñible.

A base para a determinación das taxas estará constituida polo importe da execución material daobra según o prezo de adxudicación. Cando se trate de obras exclusivamente suxetas ainspección, consideraráse o prezo de execución material que se conteña no proxecto aportadopolo contratista ou concesionario, sen prexuízo da valoración técnica municipal que no seu casoproceda.

Artigo 7.–Tipos de gravamen.

A contía da taxa regulada nesta Ordenanza é a seguinte

1. Por inspección de obra 1% da base impoñible.2. Por dirección de obra da 3% da base impoñible.3. Por coordinación de seguridade e saúde 1% da base impoñible.

Artigo 8.–Exencións e bonificacións.

Procederán as exencións e bonificacións que así sexan recollidas na normativa de xeralaplicación, correspondendo ó suxeito pasivo aportar a documentación acreditativa que en cadacaso corresponda.

Artigo 9.–Xestión, liquidación e ingreso da taxa.

1. A liquidación desta taxa estará a cargo da Intervención municipal e practicarase en cadacertificación de obra ou acta de inspección que se someta a aprobación dos órganoscompetentes do Concello.

2. Se as obras foran dirixidas e inspeccionadas por técnicos funcionarios ou contratados enréxime de Dereito Laboral, sen dereito a percibir honorarios, o importe da taxa de honorariosingresarase a favor do Concello. No suposto de que os técnicos designados para dirixir einspeccionar as obras non sexan empregados do Concello, procederase ó pago aos citadostécnicos dos importes correspondentes.

Page 3: ORDENANZA FISCAL DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS DE INSPECCIÓN, DIRECCIÓN E COORDINACIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE DAS OBRAS CONTRATADAS POLO CONCELLO DA BAÑA

Artigo 10.–Infraccións e sancións

En todo o relativo a infraccións tributarias, así como as sancións que correspondan en cadacaso, estaráse ó disposto na Lei xeral tributaria e R.D. 2063/2004, do 15 de outubro, polo quese aproba o regulamento xeral do réxime sancionador tributario.

Disposición adicional.

Os servicios económicos e técnicos do Concello elaborarán, no prazo dun mes dende a data deentrada en vigor desta ordenanza, unha guía de circulación documental que garanta a eficazcoordinación de cara á fiscalización de todas as incidencias e permita anticipar, no seu caso, asdecisións financieiras correspondentes. Elaborarán, como mínimo os seguintes documentosestandarizados:

– Folla-control de execución. Cronograma e desviacións.– Folla-control de incidencias. Explicación, alcance e solucións.– Propostas de modificación e avaliación. Explicación e proposta.– Folla de fiscalización e aprobación de modificacións.– Acta de Inspección.

Autorízase ó alcalde para a súa aprobación e, no seu caso, publicación.

Disposición final.

A presente ordenanza fiscal entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no BoletínOficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

A Baña, 1 de agosto de 2016.

O Alcalde,

José Andrés García Cardeso