Orde DOG Mércores, 28 de marzo de 2012 -...

9
DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10923 ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia III. OUTRAS DISPOSICIÓNS CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR ORDE do 8 de marzo de 2012 pola que se modifica a Orde do 8 de xuño de 1998 pola que se establece o procedemento para a obtención das tarxetas de identi- dade profesional náutico-pesqueira e os seus modelos. O Real decreto 1519/2007, do 16 de novembro, polo que se establecen os coñecemen- tos e requisitos mínimos para exercer a actividade profesional de mariñeiro nos buques de pesca, crea a tarxeta profesional de mariñeiro pescador e os contidos mínimos e formato que debe ter, e, ademais, extingue o certificado de competencia de mariñeiro. O Real decreto 2008/2009, do 23 de decembro, polo que se modifica o Real decre- to 930/1998, do 14 de maio, sobre condicións xerais de idoneidade e titulación de deter- minadas profesións da mariña mercante e do sector pesqueiro, publica un novo modelo de tarxeta profesional para as titulacións náutico pesqueiras, definidas polo devandito real decreto que modifica. Este real decreto ten por obxecto establecer criterios de homoxe- neidade no texto e o formato das tarxetas profesionais de buques pesqueiros, expedidas en todo o Estado español, ampliando o contido mínimo do Real decreto 930/1998 e adap- tándoo ao regulado polo Convenio internacional sobre normas de formación, titulación e garda para o persoal de buques pesqueiros (STCW-F 95) da Organización Marítima Internacional. En febreiro de 2009 depositouse o instrumento de adhesión do Estado español ao Con- venio (STCW-F 95) perante a Dirección Xeral da Organización Marítima Internacional, e o pasado 29 de setembro de 2011 tíñano asinado quince estados sen reservas, requisito necesario para que se produza a súa entrada en vigor aos doce meses a partir desta data, é dicir, o próximo 29 de setembro de 2012, polo que se considera conveniente implantar o formato das titulacións expedidas en virtude da citada norma internacional antes da súa entrada en vigor. Procede, por tanto, adaptar a normativa vixente para a expedición das tarxetas profesio- nais naqueles aspectos modificados pola normativa estatal. A Consellería do Medio Rural e do Mar ten asumidas todas as competencias en materia de ensinanzas e titulacións náutico e marítimo-pesqueiras e náuticas de lecer a través dos decretos 287/1997, do 9 de outubro, e 324/1999, do 16 de decembro. CVE-DOG: r3wjzlc5-v7q2-dha5-3wl1-kfewil26hhn0

Transcript of Orde DOG Mércores, 28 de marzo de 2012 -...

DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10923

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

ORDE do 8 de marzo de 2012 pola que se modifica a Orde do 8 de xuño de 1998 pola que se establece o procedemento para a obtención das tarxetas de identi-dade profesional náutico-pesqueira e os seus modelos.

O Real decreto 1519/2007, do 16 de novembro, polo que se establecen os coñecemen-tos e requisitos mínimos para exercer a actividade profesional de mariñeiro nos buques de pesca, crea a tarxeta profesional de mariñeiro pescador e os contidos mínimos e formato que debe ter, e, ademais, extingue o certificado de competencia de mariñeiro.

O Real decreto 2008/2009, do 23 de decembro, polo que se modifica o Real decre-to 930/1998, do 14 de maio, sobre condicións xerais de idoneidade e titulación de deter-minadas profesións da mariña mercante e do sector pesqueiro, publica un novo modelo de tarxeta profesional para as titulacións náutico pesqueiras, definidas polo devandito real decreto que modifica. Este real decreto ten por obxecto establecer criterios de homoxe-neidade no texto e o formato das tarxetas profesionais de buques pesqueiros, expedidas en todo o Estado español, ampliando o contido mínimo do Real decreto 930/1998 e adap-tándoo ao regulado polo Convenio internacional sobre normas de formación, titulación e garda para o persoal de buques pesqueiros (STCW-F 95) da Organización Marítima Internacional.

En febreiro de 2009 depositouse o instrumento de adhesión do Estado español ao Con-venio (STCW-F 95) perante a Dirección Xeral da Organización Marítima Internacional, e o pasado 29 de setembro de 2011 tíñano asinado quince estados sen reservas, requisito necesario para que se produza a súa entrada en vigor aos doce meses a partir desta data, é dicir, o próximo 29 de setembro de 2012, polo que se considera conveniente implantar o formato das titulacións expedidas en virtude da citada norma internacional antes da súa entrada en vigor.

Procede, por tanto, adaptar a normativa vixente para a expedición das tarxetas profesio-nais naqueles aspectos modificados pola normativa estatal.

A Consellería do Medio Rural e do Mar ten asumidas todas as competencias en materia de ensinanzas e titulacións náutico e marítimo-pesqueiras e náuticas de lecer a través dos decretos 287/1997, do 9 de outubro, e 324/1999, do 16 de decembro.

CV

E-D

OG

: r3w

jzlc

5-v7

q2-d

ha5-

3wl1

-kfe

wil2

6hhn

0

DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10924

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Por todo o exposto, conforme as atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 8 de xuño de 1998 pola que se establece o pro-cedemento para a obtención das tarxetas de identidade profesional náutico-pesqueira e os seus modelos.

A Orde do 8 de xuño de 1998, pola que se establece o procedemento para a obtención das tarxetas de identidade profesional náutico-pesqueira e os seus modelos, queda modi-ficada do seguinte modo:

Un. O artigo 1 queda redactado como segue:

«As tarxetas de identidade profesional náutico-pesqueira acreditativas das titulacións de mariñeiro pescador, patrón local de pesca, patrón costeiro polivalente, patrón de pesca local, patrón de segunda clase de pesca litoral, mecánico de litoral, patrón de altura, me-cánico maior naval, patrón de litoral, mecánico naval, capitán de pesca, patrón de pesca de altura, patrón de 1.ª clase de pesca litoral, mecánico naval maior, mecánico naval de 1.ª clase e mecánico naval de 2.ª clase serán emitidas, logo da solicitude do interesado, de acordo co establecido nesta orde e no Real decreto 930/1998, do 14 de maio, no Real decreto 662/1997, do 12 de maio, e no Real decreto 1519/2007, do 16 de novembro».

Dous. O artigo 2 queda redactado como segue:

«As tarxetas de identidade profesional náutico-pesqueira correspondentes serán emi-tidas pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro a través da súa Sección de Rexistro de Titulacións Náutico Pesqueiras».

Tres. O artigo 4 queda redactado como segue:

«As tarxetas son válidas en todo o territorio español segundo o establecido no Real decreto 662/1997, do 12 de maio, polo que se establecen os requisitos mínimos para exer-cer a actividade profesional de patrón local de pesca e de patrón costeiro polivalente, no Real decreto 930/1998, do 14 de maio, sobre condicións xerais de idoneidade e titulación

CV

E-D

OG

: r3w

jzlc

5-v7

q2-d

ha5-

3wl1

-kfe

wil2

6hhn

0

DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10925

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

de determinadas profesións da mariña mercante e do sector pesqueiro, no Real decre-to 1519/2007, do 16 de novembro, polo que se establecen os coñecementos e requisi-tos mínimos para exercer a actividade profesional de mariñeiro nos buques de pesca, e no Real decreto 1378/1997, do 29 de agosto, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ensinanzas náutico-pesqueiras».

Catro. O artigo 5 queda redactado como segue:

«As tarxetas emitidas pola Comunidade Autónoma de Galicia corresponderanse segun-do as titulacións cos modelos e características que se establecen nos anexos I, III e IV, da seguinte forma:

Anexo I: patrón local de pesca, patrón costeiro polivalente, patrón de pesca local, patrón de 2.ª clase de pesca litoral, mecánico de litoral, mecánico naval de 2.ª clase, electricista naval maior, electricista naval de 1.ª clase e electricista naval de 2.ª clase.

Anexo III: capitán de pesca, patrón de altura, patrón de pesca de altura, patrón de litoral, patrón de 1.ª clase de pesca litoral, mecánico maior naval, mecánico naval maior, mecáni-co naval e mecánico naval de 1.ª clase.

Anexo IV: mariñeiro pescador».

Cinco. O artigo 9, no seu número 7, queda redactado como segue:

«Certificado expedido polo ISM de non ser pensionista nin por xubilación nin por invali-dez, ou pola Tesouraría da Seguridade Social, na súa falta».

Seis. O artigo 13 queda redactado como segue:

«Créase o Rexistro de Titulacións Náutico Pesqueiras coas funcións de anotación, se-guimento e control das tarxetas emitidas, e a súa custodia corresponderá á Sección de Rexistro de Titulacións Náutico Pesqueiras da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pes-queiro.

No caso de vacante, ausencia ou enfermidade da persoa titular da Sección de Rexistro de Titulacións Náutico Pesqueiras, as súas funcións relativas ao Rexistro de Titulacións

CV

E-D

OG

: r3w

jzlc

5-v7

q2-d

ha5-

3wl1

-kfe

wil2

6hhn

0

DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10926

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

Náutico Pesqueiras que figuran no parágrafo anterior e a emisión das tarxetas, serán asu-midas, en canto dure a situación, pola persoa titular do Negociado de Titulacións Náuti-co Pesqueiras».

Sete. A disposición derradeira segunda queda redactada como segue:

«Facúltase a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro para ditar os actos de execución necesarios para o desenvolvemento e aplicación da presente orde».

Oito. Substitúese o anexo II da Orde do 8 de xuño de 1998 polo anexo II que acompaña esta orde.

Nove. Engádense á Orde do 8 de xuño de 1998 os anexos III e IV que acompañan esta orde.

Disposición transitoria.

Os duplicados das tarxetas de identidade profesional náutico-pesqueira que, de acordo co artigo 5, deben ser emitidas no formato que regula o anexo III, seguirán expedíndose no formato previsto no anexo I, ata a data de entrada en vigor do convenio STCW-F 95.

Poderán expedirse duplicados das tarxetas de identidade profesional náutico-pesqueira co formato previsto no anexo III a aquelas persoas interesadas que acrediten a necesidade da nova tarxeta para poderen traballar en augas de terceiros países, mediante un certifi-cado da empresa armadora onde preste os seus servizos profesionais, xunto coa demais documentación requirida.

Disposición derradeira. Entrada en vigor.

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2012.

P.A. (Decreto 83/2012, do 29 de febreiro; DOG núm. 44, do 2 de marzo) Alfonso Rueda Valenzuela

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CV

E-D

OG

: r3w

jzlc

5-v7

q2-d

ha5-

3wl1

-kfe

wil2

6hhn

0

DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10927

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

PROCEDEMENTO

SOLICITUDE DA TARXETA DE IDENTIDADE PROFESIONAL NÁUTICO-PESQUEIRA

CÓDIGO DO PROCEDEMENTO

PE616B

DOCUMENTO

SOLICITUDE

ANEXO II

DATOS DO SOLICITANTE

NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO DNI/NIE

ENDEREZO LOCALIDADE

CÓDIGO POSTAL PROVINCIA CONCELLO

TELÉFONO

1.º-DESEXA A (*) DA TARXETA DE IDENTIDADE PROFESIONAL NÁUTICO-PESQUEIRA DE:

*) EXPEDICIÓN, RENOVACIÓN, DUPLICADO, VALIDACIÓN OU TROCO

MARIÑEIRO PESCADOR

PATRÓN LOCAL DE PESCA

PATRÓN COSTEIRO POLIVALENTE

PATRÓN DE 2.ª CLASE DE PESCA LITORAL

PATRÓN DE PESCA LOCAL

MECÁNICO DE LITORAL

CAPITÁN DE PESCA

PATRÓN DE PESCA DE ALTURA

PATRÓN DE ALTURA

PATRÓN DE 1.ª CLASE DE PESCA LITORAL

PATRÓN DE LITORAL

MECÁNICO NAVAL MAIOR

MECÁNICO NAVAL DE 1.ª CLASE

MECÁNICO NAVAL DE 2.ª CLASE

MECÁNICO MAIOR NAVAL

MECÁNICO NAVAL

ELECTRICISTA NAVAL MAIOR

ELECTRICISTA NAVAL DE 1.ª CLASE

ELECTRICISTA NAVAL DE 2.ª CLASE

LUGAR ONDE REALIZOU O EXAME DATAS

DOCUMENTACIÓN QUE SE ACHEGADOCUMENTACIÓN COMÚN

UNHA FOTOGRAFÍA XUSTIFICANTE DE ABOAMENTO DAS TAXAS CORRESPONDENTES FOTOCOPIAS COMPULSADAS DO DNI/NIE E DA 1.ª FOLLA DA LIBRETA DE INSCRICION MARÍTIMA

EXPEDICIÓNCERTIFICADO ACREDITATIVO DE TER EFECTUADOS OS DÍAS DE EMBARQUE OU PERÍODOS DE EMBARQUE

CERTIFICADO DO EXAME

DOCUMENTACIÓN QUE ACREDITE OS REQUISITOS EXIXIDOS EN CADA TITULACIÓN

RENOVACIÓN

TARXETA ANTIGA

CERTIFICADO DO ISM DE NON SER PENSIONISTA, TANTO POR XUBILACIÓN COMO POR INVALIDEZ OU, SE FOR O CASO, DA SEGURIDAD SOCIAL

CERTIFICADO DE RECOÑECEMENTO MÉDICO

DUPLICADO

DECLARACIÓN RESPONSABLE DE EXTRAVÍO, DESTRUCIÓN OU ROUBO

FOTOCOPIA COMPULSADA DAS FOLLAS DA LIBRETA ONDE APAREZA A TITULACIÓN

CERTIFICADO DE RECOÑECEMENTO MÉDICO

VALIDACIÓN OU CAMBIO

FOTOCOPIA COMPULSADA DAS TARXETAS QUE MOTIVAN A VALIDACION OU O CAMBIO

DA LIBRETA DE INSCRICIÓN MARÍTIMA FOTOCOPIAS DA 1.ª FOLLA, DA SECCIÓN DE TITULACIÓNS E DO RECOÑECEMENTO MÉDICO

DOCUMENTACIÓN QUE ACREDITE OS REQUISITOS EXIXIDOS PARA A VALIDACIÓN

Autorizo a consellería, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro e a Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de xullo de 2009 que o desenvolve, para a consulta dos meus datos de identidade no Sistema de Verificación de Datos de Identidade.

SI NON (Neste caso, deberase xuntar fotocopia compulsada do DNI en vigor ou, se é o caso, xustificante da súa renovación)

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, infórmoo/a de que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro, para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, mediante un escrito dirixido á Consellería do Medio Rural e do Mar como responsable do ficheiro.

LEXISLACIÓN APLICABLE Orde do 8 de marzo de 2012 pola que se modifica a Orde do 8 de xuño de 1998 pola que se establece o procedemento para a obtención das tarxetas de identidade profesional náutico-pesqueira e os seus modelos.

DIRECCIÓN XERAL DE DESENVOLVEMENTO PESQUEIRO Rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños 15701 Santiago de Compostela

SINATURA DO SOLICITANTE

, de de

CV

E-D

OG

: r3w

jzlc

5-v7

q2-d

ha5-

3wl1

-kfe

wil2

6hhn

0

DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10928

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO III Deseño do formato das titulacións profesionais de acordo co Real decreto 930/1998, do 14 de maio, sobre condicións xerais de idoneidade e titulación de determinadas

profesións da mariña mercante e do sector pesqueiro

1. Formato de seguridade do soporte e impresión da tarxeta profesional.

As dimensións que deben ter as tarxetas profesionais son as correspondentes ao tama-ño DINA4.

A gramaxe será de 100 gr/m2.

A composición deberá garantir a resistencia e durabilidade do documento.

Marca de auga: co escudo constitucional e fibras luminescentes.

Fondos de seguridade: incluirán tinta invisible, microtextos e impresión codificada, for-mando ondas de fondo.

En tinta invisible, visible á luz ultravioleta, figurará a inscrición «tarjeta profesional náuti-co-pesquera» e «professional card marine-fishery».

A cor dos fondos: será Pantone 542 (azul).

No anverso, na esquina superior dereita figurará a bandeira de España e o escudo cons-titucional e no reverso na esquina superior esquerda a bandeira de Galicia.

Na esquina superior esquerda do anverso sitúase o espazo para a fotografía, cuxo ta-maño será de 21×29 mm.

Todos os documentos emitidos deberán estar numerados, co fin evitar usos fraudulen-tos. A numeración arábiga secuencial figurará na esquina inferior dereita.

2. Personalización: datos impresos.

Os datos da base conterán a información indicada no anexo I do Real decreto 2008/2009, do 23 de decembro, para o anverso e o reverso da tarxeta profesional.

Na parte superior levan impreso «ESPAÑA» «TARJETA PROFESIONAL NÁUTICO-PES-QUERA», en Arial 18 e Arial 14 grosa, respectivamente, baixo esta inscrición imprimirase «MARINE-FISHERY PROFESSIONAL CARD» e baixo desta «TARXETA PROFESIONAL NÁUTICO-PESQUEIRA», separando ambas mediante unha liña, en Arial 10. Centradas con respecto á anterior.

O texto restante imprimirase en castelán, inglés e galego.

Modelo da tarxeta profesional náutico pesqueira (Real decreto 930/1998, do 14 de maio).

CV

E-D

OG

: r3w

jzlc

5-v7

q2-d

ha5-

3wl1

-kfe

wil2

6hhn

0

DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10929

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

CV

E-D

OG

: r3w

jzlc

5-v7

q2-d

ha5-

3wl1

-kfe

wil2

6hhn

0

DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10930

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

CV

E-D

OG

: r3w

jzlc

5-v7

q2-d

ha5-

3wl1

-kfe

wil2

6hhn

0

DOG Núm. 61 Mércores, 28 de marzo de 2012 Páx. 10931

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

ANEXO IV Modelo da tarxeta profesional de mariñeiro pescador de acordo co Real decreto 1519/2007,

do 16 de novembro, polo que se establecen os coñecementos e requisitos mínimos para exercer a actividade profesional de mariñeiro nos buques de pesca

CV

E-D

OG

: r3w

jzlc

5-v7

q2-d

ha5-

3wl1

-kfe

wil2

6hhn

0