Olaría de bonxe 2

4
Rosalía Fernández Barcón 5º A A olaría de Bonxe 1. Introdución. A olaría ou olería é a arte de fabricar olas ou outros obxectos de barro segundo di o Dicionario da R.A.G. Os alumnos de 5º do CEP Lois Tobío fixemos unha viaxe á olería de Bonxe o pasado 25 de outubro para ver un Taller- Museo e este é o meu traballo. Utilicei un vídeo e mais as fotos que saquei na visita. 2. Bonxe. Bonxe é un pobo do concello de Outeiro de Rei na provincia de Lugo. Neste pobo faise olería desde moi antigo porque se aproveitaban as terras desta zona da Terra Chá, que lles dá esa cor tan recoñecible. No século pasado había moitos talleres no pobo, pero hoxe case desapareceron porque as pezas foron substituídas por outras de plástico.

Transcript of Olaría de bonxe 2

Page 1: Olaría de bonxe 2

Rosalía Fernández Barcón

5º A

A olaría de Bonxe

1. Introdución.

A olaría ou olería é a arte de fabricar olas ou outros obxectos de barro segundo di o Dicionario da R.A.G.

Os alumnos de 5º do CEP Lois Tobío fixemos unha viaxe á olería de Bonxe o pasado 25 de outubro para ver un Taller- Museo e este é o meu traballo. Utilicei un vídeo e mais as fotos que saquei na visita.

2. Bonxe.

Bonxe é un pobo do concello de Outeiro de Rei na provincia de Lugo. Neste pobo faise olería desde moi antigo porque se aproveitaban as terras desta zona da Terra Chá, que lles dá esa cor tan recoñecible.

No século pasado había moitos talleres no pobo, pero hoxe case desapareceron porque as pezas foron substituídas por outras de plástico.

Page 2: Olaría de bonxe 2

3. Tipos de pezas.

Vimos moitos tipos de pezas; algunhas son para decoración na actualidade, pero antes eran para uso cotián: olas, xerras, botixos,...

Das pezas que nos explicaron recordo as seguintes:

• Molde para queixos de San Simón : recipiente con

furadiños polos que escorre o soro e que lles dá forma peculiar aos queixos.

• Penzoneira: peza para extraer o leite do peito das nais

(nunha época na que falecían moitos nenos, e así evitábanse enfermidades ).

Page 3: Olaría de bonxe 2

• Conexo : recipiente para ouriñar os cabaleiros que

están na cama por vellos ou enfermos.

• Cacheleira: recipiente con orificios na base, onde se

botan os cachelos para que escorran.

• Nateira: batedor de leite para facer manteiga.

4. Imaxes.

Botixo tradicional

Detalle da boca do botixo

Page 4: Olaría de bonxe 2

Formas modernas para decoración