Observatorio Turístico de Santiago de Compostela...Observatorio Turístico de Santiago de...

18
Metodoloxía Observatorio Turístico de Santiago de Compostela Ano 2009

Transcript of Observatorio Turístico de Santiago de Compostela...Observatorio Turístico de Santiago de...

Page 1: Observatorio Turístico de Santiago de Compostela...Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 5 Os tres criterios fundamentais empregados para diferenciar os visitantes dos

Metodoloxía

Observatorio Turístico de

Santiago de Compostela

Ano 2009

Page 2: Observatorio Turístico de Santiago de Compostela...Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 5 Os tres criterios fundamentais empregados para diferenciar os visitantes dos

Centro de Estudios Turísticos (CETUR)

Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 2

Introdución

A estatística é unha ferramenta coa que se elabora información facendo

proxeccións sobre o comportamento das variables a estudar e permite a toma de

decisións respecto ás políticas de turismo que se levan a cabo nun determinado ámbito.

A crecente importancia que ten a actividade turística crea a necesidade de levar a cabo

unha análise pormenorizada sobre o comportamento que teñen os visitantes no lugar de

destino. Dentro de toda a información que se pode recoller respecto ao turismo vaise

centrar na demanda turística. Partindo desta necesidade de información, é preciso

establecer unha serie de definicións e criterios previos para comezar a elaboración de

estatísticas de turismo.

Definición de turismo

Segundo a definición da OMT, “o turismo é o conxunto de actividades das

persoas que viaxan e permanecen en lugares diferentes ao seu entorno habitual durante

un máximo dun ano consecutivo por ocio, traballo ou outras razóns”. O turismo é unha

subdivisión da viaxe, cando a viaxe se entende nun sentido amplo co significado de

movemento dun lugar a outro. Por definición algúns movementos involuntarios son

excluídos como viaxes: estancias en hospitais e outros establecementos médicos, ou

servizo militar.

En relación cun país dado podemos distinguir tres formas de turismo:

� Turismo interno: o que comprende as actividades dos residentes

nun país determinado que viaxan e permanecen en lugares só nese

país, pero fora do seu entorno habitual.

� Turismo receptor: o que comprende as actividades dos non

residentes dun país determinado que viaxan e permanecen en

lugares dese país fora do seu entorno habitual.

� Turismo emisor: o que comprende as actividades dos residentes

dun país determinado que viaxan e permanecen en lugares, fora

dese país e fora do seu entorno habitual.

Page 3: Observatorio Turístico de Santiago de Compostela...Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 5 Os tres criterios fundamentais empregados para diferenciar os visitantes dos

Centro de Estudios Turísticos (CETUR)

Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 3

Estas formas de turismo poden combinarse para obter outras categorías:

1. Turismo interior = Turismo interno + Turismo receptor

2. Turismo nacional = Turismo interno + Turismo emisor

3. Turismo internacional = Turismo receptor + Turismo emisor.

Residencia

Unha persoa é residente dun lugar si:

� Viviu polo menos un ano (ou os doce meses anteriores) nese

lugar.

� Viviu nese lugar menos tempo e teñen intención de volver a ese

lugar antes de que pasen doce meses.

As persoas que residen no estranxeiro e regresan ao seu país de nacionalidade en

visita temporal clasifícanse na categoría de visitantes non residentes. A nacionalidade

figura no pasaporte da persoa (ou en calquera outro tipo de documento de identidade),

mentres que o país de residencia hai que determinalo mediante preguntas ou deducilo.

Viaxeiro

Toda persoa que viaxa entre dous ou mais países ou entre dous ou mais lugares

dentro do seu pais de residencia

Pernoctacións

Corresponde a cada unha das noites que un viaxeiro permanece ou está

rexistrado nun establecemento de aloxamento colectivo ou nun aloxamento turístico

privado, sendo innecesaria a súa presenza física. As persoas que chegan despois de

medianoite e que marchan o mesmo día inclúese no grupo das pernoctacións

Visitante

Toda persoa que viaxa a un lugar diferente ao do seu entorno habitual

permanecendo nel menos de doce meses consecutivos cando o obxectivo principal da

viaxe non é o exercicio dunha actividade remunerada dende o lugar visitado.

Page 4: Observatorio Turístico de Santiago de Compostela...Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 5 Os tres criterios fundamentais empregados para diferenciar os visitantes dos

Centro de Estudios Turísticos (CETUR)

Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 4

O termo de visitante podemos dividilo en dous termos:

� Turista: Os visitantes que pernoctan en aloxamentos colectivos

ou privados no lugar do país visitado.

� Excursionista (ou visitante do día): Os visitantes que non

pernoctan en aloxamentos colectivos ou privados no lugar ou país

visitando.

Os criterios fundamentais empregados para diferenciar os visitantes dos demais

viaxeiros son os seguintes:

O grupo de visitantes que entran nas estatísticas son os denominados visitantes

entrantes. Dentro destes podemos clasificalos en dous termos diferentes. Por un lado a

súa orixe, se son residentes nacionais ou non, e por outro lado polo motivo principal da

visita.

Page 5: Observatorio Turístico de Santiago de Compostela...Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 5 Os tres criterios fundamentais empregados para diferenciar os visitantes dos

Centro de Estudios Turísticos (CETUR)

Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 5

Os tres criterios fundamentais empregados para diferenciar os visitantes dos

demais viaxeiros son os seguintes:

1. A viaxe debe efectuarse a un lugar diferente ao do entorno habitual, o que

exclúe o transporte local a curta distancia e os traslados entre domicilio e

o traballo, isto é os viaxes mais ou menos regulares entre o lugar de

traballo ou estudos e o lugar de residencia.

2. A estancia no lugar visitado non debe durar máis de doce meses

consecutivos, doutro xeito o visitante converteríase en residente en dito

lugar a efectos estatísticos.

3. O motivo principal das visitas debe ser diferente do exercicio dunha

actividade remunerada dende o lugar visitado, o que exclúe os

movementos migratorios laborais.

Entorno habitual

O entorno habitual dunha persoa fai referencia ás proximidades directas do seu

fogar e o seu lugar de traballo ou estudo e nos outros lugares que visita con frecuencia.

Este concepto ten dúas dimensións, a proximidade e a frecuencia. Os lugares situados

preto do lugar de residencia dunha persoa forman parte do seu entorno habitual aínda

que os visite rara vez. Os lugares visitados con frecuencia, de xeito regular, forman

parte do seu entorno habitual aínda que estea a unha distancia considerable do lugar de

residencia. Unha persoa só ten un entorno habitual. As persoas que traballan en medios

de transporte (camioneiros, ferroviarios, pilotos,...), os viaxantes e axentes comerciais

inclúense en turismo como viaxeiros de negocios. Sempre que as súas viaxes consistan

en frecuentes viaxes de rutina poden excluírse de acordo co criterio de entorno habitual.

Ademais da definición que aparece na directiva da Unión Europea sobre

estatísticas de turismo, podemos ampliar o concepto coa definición que aparece na

metodoloxía de táboas input-output da Unión Europea. Para esta, correspóndese aos

límites xeográficos dentro das cales un individuo se despraza na súa vida cotiá. O

entorno habitual dunha persoa consiste nos arredores do seu fogar e do seu lugar de

traballo ou centro de estudos e outros lugares visitados frecuentemente.

Page 6: Observatorio Turístico de Santiago de Compostela...Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 5 Os tres criterios fundamentais empregados para diferenciar os visitantes dos

Centro de Estudios Turísticos (CETUR)

Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 6

As organizacións nacionais de estatística poden establecer as fronteiras do

entorno habitual en termos estatísticos, en función da distancia percorrida, frecuencia

das visitas, ou os límites formais de localidades ou outras unidades territoriais

administrativas.

Un exemplo de como se pode definir o entorno habitual é o Sistema de

Información Turístico de Asturias (SITA). O SITA engloba dentro da enquisa de

demanda turística a persoas que están dentro do concello pero que realizan algún tipo de

gasto turístico. Para eles o gasto en destino debe terse en conta á hora de decidir sobre o

concepto de entorno habitual. Entón neste caso inclúese todas as persoas que residan

nun establecemento colectivo, residan ou non no mesmo entorno habitual. Esta

concepción en principio é incompatible coa definición que se recomenda dende

institucións internacionais. No caso dos turistas aloxados en aloxamentos privados, ás

persoas que non residen en Asturias enténdese que están fora do seu entorno habitual e

deben ser consideradas como turistas, sempre que non leven a cabo unha actividade

remunerada e independentemente da duración da estancia e da frecuencia con que

acoden a ese lugar. Neste caso tamén parece que é incompatible dado que admiten unha

frecuencia de máis dunha visita semanal. Os principais motivos para admitilos é a

seguinte: Os viaxeiros aportan rendas en destino adquiridas no seu lugar de orixe, e a

estancia en destino deste tipo de viaxeiros xera a necesidade dunha adecuación das

infraestruturas públicas e privadas, ao non estar contabilizados nin como residentes nin

como turistas.

Finalmente, a recomendación da OMT, é marcar unha distancia de referencia de

160 kilómetros, a partir da cal un xa se atoparía fora do seu entorno habitual (Cooper et

al, 2007).

Page 7: Observatorio Turístico de Santiago de Compostela...Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 5 Os tres criterios fundamentais empregados para diferenciar os visitantes dos

Centro de Estudios Turísticos (CETUR)

Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 7

Á hora de definir o entorno habitual no estudo da demanda turística en Santiago

de Compostela emprégase un dobre criterio para ver se a persoa debe ser obxecto da

enquisa:

� Consideramos que non é unha persoa obxecto de estudo se resposta afirmativamente

ás seguintes cuestións:

1. Reside en Santiago de Compostela?

2. Traballa en Santiago de Compostela?

3. Estuda en Santiago de Compostela ao longo do ano?

4. Ven por motivos de Saúde (Centros de Saúde ou Centro Hospitalario)?

5. Ven habitualmente de compras a ou a diferentes xestións á cidade?

Esta serie de preguntas previas fai o enquisador delimite o concepto

� Utilízase o criterio do emprego para definir o entorno habitual da cidade. Para

delimitar este concepto dispoñemos de datos que proveñen do censo e que nos

permite estudar á poboación residente fora da cidade. A través do censo podemos

dispoñer dos datos completos a través dos cales se pode estudar o volume de

perdoas que viven fora da cidade de Santiago pero traballan nela. Para poder estimar

o volume de persoas que se despraza de xeito habitual a Santiago de Compostela por

motivos laborais, considerouse un conxunto de variables: Densidade de poboación

por metro cadrado; Crecemento da poboación dende o ano 2001 ata o 2006-2007;

Volume de migracións por concello; Taxa de paro municipal; Taxa de actividade

municipal; Taxa de poboación ocupada que se despraza mais de 30 minutos para

chegar ao lugar de traballo1.

1 Para calcular o entorno habitual das persoas residentes nos diferentes concellos de Galicia, estes índices combínanse do seguinte xeito: Primeiro descártanse aqueles concellos que dada a súa evolución poboacional non se deban considerar (porque perderon poboación ao longo do tempo debido a emigración non compensada pola inmigración). Para iso calculamos a suma do crecemento da poboación entre o 2001 e o 2007, o saldo migratorio e a densidade de poboación. Si esta suma é positiva o concello é seleccionado. Para ver o entorno habitual das persoas residentes nos concellos, calcúlase a suma de: proporción de poboación ocupada que tarda mais de 30 minutos para chegar ao seu posto de traballo e taxa de actividade. A esta suma réstaselle a taxa de paro. Si esta operación é superior a cero os concellos son seleccionados. A partir de aquí obtense un mapa no cal podemos identificar o entorno habitual das persoas segundo o grupo de concellos que se forman.

Page 8: Observatorio Turístico de Santiago de Compostela...Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 5 Os tres criterios fundamentais empregados para diferenciar os visitantes dos

Centro de Estudios Turísticos (CETUR)

Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 8

Dados estes criterios o entorno habitual xeográfico da cidade de Santiago de

Compostela engloba os concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Noia, Oroso, Padrón

e Teo. Tendo en conta que son límite co concello de Santiago de Compostela tamén

hai que incluír, Val do Dubra, Trazo, Vedra e O Pino. No caso destes concellos, o

índice construído non parece indicar que pertenzan ao entorno habitual da cidade.

No caso de Val do Dubra, e O Pino as taxas de crecemento da poboación entre o

2001 e o 2007 son negativas, e ademais do saldo migratorio. Consecuentemente o

peso que reciben no índice é negativo. No caso de Trazo e Vedra o crecemento da

poboación é positivo pero é negativo o saldo migratorio fortemente e contrarresta o

crecemento positivo do concello.

Establecementos turísticos de aloxamento colectivo

O establecemento de hospedaxe presta servizos de aloxamento ao viaxeiro

ofrecendo habitacións ou outro acomodo para pasar a noite, pero este servizo debe

contar cun número de prazas superior a un mínimo determinado para colectivos de

persoas que sobrepasan a unha soa unidade familiar e dispoñer, aínda que non teña fins

de lucro, dunha administración de tipo comercial común para todas as prazas dun

mesmo establecemento. Os establecementos privados inclúen os establecementos

privados de aluguer e os de non aluguer. Os establecementos colectivos inclúen hoteis e

similares establecementos, establecementos especializados e outro tipo de

establecementos colectivos. Hoteis e establecementos similares é un dos tipos de

establecementos de turismo colectivo. Así mesmo, os números en hoteis e

establecementos similares son sempre proporcionais ao número de todas as prazas dos

establecementos nunha rexión específica.

Page 9: Observatorio Turístico de Santiago de Compostela...Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 5 Os tres criterios fundamentais empregados para diferenciar os visitantes dos

Centro de Estudios Turísticos (CETUR)

Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 9

Dentro dos “Hoteis e establecemento similares” diferéncianse dous grupos:

1. Hoteis: Aqueles establecementos que ofrecendo aloxamento, con ou sen

comedor e outros servizos complementarios, ocupen a totalidade dun ou

varios edificios, ou unha parte independizada deles, constituíndo as súas

dependencias un todo homoxéneo con accesos, escaleiras e ascensores de

uso exclusivo e que reúnan os requisitos técnicos mínimos en función da

súa categoría, determinados regulatoriamente.

2. Establecementos similares (Hostal/Pensións entre outros): Aqueles

establecementos que, ofrecendo aloxamento con ou sen comedor e outros

servizos complementarios, teñen unha estrutura e unhas características

Page 10: Observatorio Turístico de Santiago de Compostela...Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 5 Os tres criterios fundamentais empregados para diferenciar os visitantes dos

Centro de Estudios Turísticos (CETUR)

Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 10

que lles impiden acadalos requisitos e condicións esixidos para hoteis.

Dentro deste grupo tamén se inclúe a categoría de pousadas

(establecementos propiedade da Xunta de Galicia, que en todo caso

deberán reunir especiais características en canto á súa localización en

lugares de beleza ou ben unha tipoloxía arquitectónica acorde co estilo e

tipismo da súa zona).

Dentro de outros establecementos colectivos

Albergues

Incluímos dentro deste grupo a dous tipos de albergues:

1. Albergues turísticos: Aqueles albergues nos que se cobra unha cantidade

polo servizo prestado.

2. Albergues de peregrinos: Aqueles albergues nos que non necesariamente

se cobra polo servizo prestado.

Gasto turístico

Neste punto consideramos dous aspectos na enquisa de demanda turística de Santiago

de Compostela:

� Orzamento da viaxe: É un concepto equivalente ao gasto total que se emprega en

FAMILITUR. Engloba o gasto previo, posterior e os feitos durante a viaxe.

Emprégase o termo presuposto en vez de gasto total, dado que moitas das persoas

enquisadas na cidade atópanse ao comezo da súa viaxe polo cal non saben cal é o

gasto efectivo que van realizar. Co termo presuposto, englobamos o gasto total

esperado que pensan facer os visitantes na cidade, algo que é mais fácil de calcular,

dado que polo xeral todo visitante o ten feito antes de comezar a viaxe.

� Gasto total do día: Este é un concepto no que se recolle o gasto total que o visitante

leva a cabo ao longo dun día. Refírese ao gasto feito por persoa e día.

Page 11: Observatorio Turístico de Santiago de Compostela...Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 5 Os tres criterios fundamentais empregados para diferenciar os visitantes dos

Centro de Estudios Turísticos (CETUR)

Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 11

Cálculo do número de enquisas

O colectivo global de individuos de interese para unha investigación, coñecémolo como

poboación mentres que o conxunto mais reducido de individuos que se vai estudar

mostra. O seu tamaño defínese como tamaño mostral. Para a determinación do número

de enquisas para este estudo empregamos a fórmula:

2

2

e

pqzn =

� =n é o tamaño da mostra., é dicir o número de enquisas a realizar.

� =z é un estatístico dos que temos xa os valores nunhas táboas.

� =p probabilidade de que ocorra un suceso, neste caso o suceso é que a

persoa a quen se dirixe a enquisadora sexa un visitante.

� =q é a probabilidade de que a persoa a quen se lle dirixa a enquisa non

sexa un visitante.

� =e erro que queremos acadar no proceso.

A mostraxe faise trimestralmente para logo obter unha mostra representativa a longo do

trimestre e do ano. Para repartir as enquisas ao longo do tempo, tívose en conta o

volume de visitas ás oficinas de turismo e as pernoctacións en establecementos

hoteleiros de Compostela ao longo do ano 2007 (como non rematou o 2008, non se

dispón de datos sobre o mesmo ano).

Tendo en conta que non coñecemos o volume de poboación a estudar, consideramos

unha probabilidade de qp = , cun nivel de confianza do 95%. Aplicamos as

porcentaxes por trimestres co seu correspondente erro seguindo o seguinte cadro:

Erro Mostra

1º trimestre 5,00% 384

2º trimestre 4,50% 474

3º trimestre 4,00% 600

4º trimestre 5,00% 384

Erro anual dados os diferentes trimestrais

2,28% 1.843

O reparto semanal faise con respecto o dato do mes de xeito lineal e considerando

meses de catro semanas.

Page 12: Observatorio Turístico de Santiago de Compostela...Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 5 Os tres criterios fundamentais empregados para diferenciar os visitantes dos

Centro de Estudios Turísticos (CETUR)

Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 12

BIBLIOGRAFÍA:

COOPER, C.; FLETCHER, J.; FYALL, A.; GILBERT, D.; WANHILL, S. (2007): “Turismo.

Teoría y práctica”. Editorial Síntesis. Madrid.

Decisión da Comisión do 9 de decembro de 1998 sobre procedementos de aplicación da

Directiva 95/57/CE do 23 de Novembro sobre a recollida de información

estatística no ámbito do turismo. DOL 9 do 15.1.1999:23

Directiva 95/57/CE do Consello do 23 de novembro de 1995 sobre a recollida de

información estatística no ámbito do turismo. Diario oficial das Comunidades

Europeas nº L 291/32.

Galicia. Decreto 267/1999, do 30 de setembro, polo que se establece a ordenación dos

establecementos hoteleiros. Diario Oficial de Galicia, 18 de outubro de 1999,

núm. 201, p. 12328.

Galicia. Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia. Diario Oficial de

Galicia, 19 de decembro de 2008, núm. 246, p. 22642.

INSTITUTO DE ESTUDIOS TURÍSTICOS (2000): “El concepto de entorno habitual en la

estadística Familitur” ,XI Reunión del grupo de trabajo sobre estadísticas

regionales del sector turístico. Castelldefels, abril.

MENÉNDEZ, J.M., TORRES, E., VALDÉS, L. (2002): “Análisis del concepto de entorno

habitual de las estadísticas de demanda turística en destino” , IV Congreso

“Turismo y tecnologías de la información y las comunicaciones” TuriTec 2002.

TURISMO DE BARCELONA (2008): “Estadísticas de Turismo en Barcelona 2007”,

Barcelona

WORLD TOURISM ORGANIZARTION (2008): “2008 Tourism Satellite Account:

Recommended Methodological Framework”, United Nations publication.

Page 13: Observatorio Turístico de Santiago de Compostela...Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 5 Os tres criterios fundamentais empregados para diferenciar os visitantes dos

Centro de Estudios Turísticos (CETUR)

Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 13

ENLACES DE INTERESE:

http://www.europeancitiestourism.com

http://www.tourmis.wu-wien.ac.at

http://www.iet.tourspais.es

Page 14: Observatorio Turístico de Santiago de Compostela...Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 5 Os tres criterios fundamentais empregados para diferenciar os visitantes dos

Centro de Estudios Turísticos (CETUR)

Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 14

ANEXO:

Enquisa de Demanda Turística. SANTIAGO DE COMPOSTELA

Nº Cuestionario: Lugar de realización: Data:

P.1 ¿Cal é o seu lugar de residencia habitual?

País: ___________________ CC.AA./Rexión: ___________________ Municipio: ___________________

P.2 ¿Cal é o seu lugar de nacemento?

País: ___________________ CC.AA./Rexión: ___________________ Municipio: ___________________

P.3 Cal é a súa idade? __________

P.4 Sexo

0 Ns/Nc

1 Muller

2 Home

P.5 ¿En cantas ocasións visitou esta cidade? (resposta única)

0 Ns/Nc

1 Esta é a miña primeira visita á cidade

2 Estiven entre 2 e 5 veces na cidade

3 Estiven máis de 5 veces na cidade

4 Veño de xeito habitual ao longo do ano

P.6 ¿Cal é o motivo principal desta visita / viaxe a Santiago de Compostela? (resposta única).

0 Ns/Nc 6 Saúde

1 Vacacións/Ocio 7 Motivos relixiosos

2 Traballo/Negocios 8 Peregrinaxe

3 Congresos/Feiras 9 Evento cultural

4 Visita a familiares/amigos 10 Outro: __________

5 Estudos

P.7 ¿Cal destas afirmacións define mellor cómo encaixa a súa visita a Santiago coa súa viaxe?

0 Ns/Nc

1 Santiago é o meu único destino durante esta viaxe

2 Santiago é o meu destino principal durante esta viaxe pero vou visitar outros lugares

3 Santiago é un dos meus destinos durante esta viaxe

4 Visito Santiago camiño do meu destino principal ou dende o meu destino principal

5 Outros: _______________________

P.8 No caso de visitar outros lugares de Galicia, podería indicarnos cal o cales:

1 ___________________________________________________________

2 ___________________________________________________________

3 ___________________________________________________________

P.9 ¿Considera que Santiago de Compostela é un destino turístico atractivo e de interese?

0 Ns/Nc

1 Sí

2 Non

Page 15: Observatorio Turístico de Santiago de Compostela...Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 5 Os tres criterios fundamentais empregados para diferenciar os visitantes dos

Centro de Estudios Turísticos (CETUR)

Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 15

P.10 ¿Volvería vostede a esta cidade?

0 Ns/Nc

1 Sí, con seguridade

2 Probablemente Sí

3 Probablemente Non

4 Non, en ningún caso

P.11 ¿Cales son -para vostede- los principais atractivos da cidade como destino turístico? (máximo de 3 respostas).

0 Ns/Nc 6 A universidade

1 A catedral e o seu entorno 7 A riqueza natural e paisaxística do entorno

2 O patrimonio histórico - artístico 8 A gastronomía

3 O conxunto da cidade histórica 9 O ambiente tranquilo e hospitalario

4 O camiño de Santiago 10 Outros: ________________________

5 A cidade (en xeral)

P.12 ¿Recomendaría este destino a outras persoas?

0 Ns/Nc

1 Sí

2 Non

P.13 ¿Cómo coñeceu o destino turístico de Santiago de Compostela? (resposta múltiple).

0 Ns/Nc 5 Por cultura xeral

1 Recomendación de familiares/amigos 6 Anuncios publicitarios (prensa, televisión)

2 Recomendación dunha axencia de viaxes 7 Feiras e exposición

3 Experiencia propia - Unha visita anterior 8 Internet (WEB: ___________________)

4 Folletos turísticos 9 Outros: __________

P.14 ¿Cómo organizou a súa viaxe a Santiago de Compostela? (resposta única).

0 Ns/Nc 3 A través dunha axencia de viaxes

1 Pola súa conta 4 A través da súa empresa ou asociación

2 Pola súa conta (a través de internet) 5 Outras: __________

P.15 No caso de organizar a viaxe a través da Axencia, ¿qué servizos contratou? (resposta múltiple).

0 Ns/Nc 3 Manutención

1 Transporte 4 Servizos turísticos

2 Aloxamento 5 Outros: __________

P.16 ¿Qué medio de transporte empregou para chegar ata Galicia? (resposta única)

1 Autobús de liña regular 5 Vehículo propio (automóbil, moto…)

2 Autobús contratado 6 Automóbil de aluguer

3 Tren 7 Taxi

4 Avión 8 Bicicleta

(Compañía: _________________________ ) 9 A pé (peregr.)

(Aeroporto: ________________________ ) 10 Outros: __________

P.17 ¿Qué medio de transporte empregou para chegar ata Santiago de Compostela? (resposta única)

1 Autobús de liña regular 5 Vehículo propio (automóbil, moto…)

2 Autobús contratado 6 Automóbil de aluguer

3 Tren 7 Taxi

4 Avión 8 Bicicleta

(Compañía: _________________________ ) 9 A pé (peregr.)

(Aeroporto: ________________________ ) 10 Outros: __________

Page 16: Observatorio Turístico de Santiago de Compostela...Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 5 Os tres criterios fundamentais empregados para diferenciar os visitantes dos

Centro de Estudios Turísticos (CETUR)

Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 16

P.18 ¿Cal foi/será a duración da estancia en Santiago de Compostela?

I Horas: __________

II Si pernocta

A ¿Cantas noites? __________

B ¿En qué tipo de establecemento se aloxa actualmente?

0 Ns/Nc 5 Camping/C. vacac.

1 Hotel 6 Casa propia

2 Hostal/Pensión 7 Con familiares/amigos

3 Albergue 8 Outros: ___________

4 Casa rural

C En qué réxime alimenticio?

0 Ns/Nc 3 Media pensión

1 Só aloxamento 4 Pensión completa

2 Aloxamento e almorzo

D Valore os seguintes elementos relativos ao establecemento onde está aloxado

(1- moi mal; 5- moi ben).

Valoración

1 Localización e entorno 1 2 3 4 5

2 Confort/Comodidade 1 2 3 4 5

3 Servizo e atención do persoal 1 2 3 4 5

4 Servizos complementarios (ocio, …) 1 2 3 4 5

5 Servizos de comidas 1 2 3 4 5

6 Limpeza e hixiene do establecemento 1 2 3 4 5

7 Relación calidade/prezo 1 2 3 4 5

P.19 Pode indicarnos que tipo de actividades realizou (ou pensa realizar) durante a súa estancia en Santiago de Compostela:

(resposta múltiple)

1 Visitar a catedral e o seu entorno histórico - artístico

2 Comer nalgún restaurante da cidade

3 Visitar algún museo (Indique cales: ____________, ____________, ____________)

4 Asistir a algunha actividade cultural (concerto de música, teatro, exposición, etc.)

5 Pedir información na oficina de turismo

6 Ir de compras (agasallos, recordos,...)

7 Pasear polo centro da cidade

8 Participar nunha visita guiada pola cidade

9 Excursión fora da cidade

10 Ocio nocturno

11 Outras: _______________________________________________________________

P.20 Podería sinalarme os principais problemas detectados ou as accións a implantar

para mellorar a oferta turística da cidade.

1 ___________________________________________________________

2 ___________________________________________________________

3 ___________________________________________________________

P.21 ¿Con quen veu nesta viaxe? [Indicar cantos, incluíndo á persoa entrevistada] (resposta única)

0 Ns/Nc 4 Con amigos ______

1 Só 5 En grupo organizado ______

2 En parella 6 Con compañeiros de traballo ______

3 Coa familia ______ 7 Outros: ______

Page 17: Observatorio Turístico de Santiago de Compostela...Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 5 Os tres criterios fundamentais empregados para diferenciar os visitantes dos

Centro de Estudios Turísticos (CETUR)

Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 17

P.22 Nivel de estudos:

0 Ns/Nc

1 Estudos primarios

2 Estudos secundarios

3 Estudos superiores

P.23 Cal é a súa situación profesional actual?

0 Ns/Nc

1 Asalariado

2 Traballador por conta propia

3 Parado

4 Xubilado

5 Estudante

6 Outras situacións diferentes das anteriores

P.24 ¿Pode indicarme en qué intervalo de ingresos (mensuais) se atopa vostede?

0 Ns/Nc 4 Entre 900 e 1.300 €

1 Non percibo ingresos 5 Entre 1.300 e 2.000 €

2 Gano menos de 600 € 6 Máis de 2.000 €

3 Entre 600 e 900 €

P.25 ¿Cal é o seu presuposto para esta viaxe? ___________________

P.26 Se non sabe a resposta exacta, pode darnos un intervalo?

0 Ns/Nc

1 Menos de 400 €

2 Entre 400 e 700 €

3 Entre 700 e 1000 €

4 Entre 1000 e 1300 €

5 Máis de 1300 €

P.27 Para cantas persoas está pensado este presuposto? __________

P.28 ¿Cal é, aproximadamente, o gasto total que realiza ou estima

realizar nun día de estancia en Santiago? ____________________

P.29 Si non sabe a resposta exacta, pode darnos un intervalo?

0 Ns/Nc

1 Menos de 25 €

2 Entre 25 e 50 €

3 Entre 50 e 75 €

4 Entre 75 e 100 €

5 Máis de 100 €

P.30 Para cantas persoas está pensado este gasto? ________________

Page 18: Observatorio Turístico de Santiago de Compostela...Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 5 Os tres criterios fundamentais empregados para diferenciar os visitantes dos

Centro de Estudios Turísticos (CETUR)

Observatorio Turístico de Santiago de Compostela 18

P.31 Do total de gasto diario, ¿é posible indicar qué parte destina ou ten previsto destinar aos seguintes conceptos?

(Indique en valores absolutos ou porcentaxes)

Euros Porcentaxes

En aloxamento

En hostalería (almorzos, comidas y cenas)

En desprazamento (taxi, aluguer vehículo, parking)

En compras

En ocio

Outros: _____________________________________

P.32 Valore o seu grao de satisfacción en relación aos seguintes elementos da cidade de Santiago de Compostela.

(1-Moi mala,5-Moi boa)

Valoración

1 Conservación do patrimonio histórico - artístico 1 2 3 4 5

2 Calidade do entorno natural e paisaxístico 1 2 3 4 5

3 Oferta de aloxamento 1 2 3 4 5

4 Restauración e gastronomía 1 2 3 4 5

5 Oferta cultural e espectáculos (teatro, música…) 1 2 3 4 5

6 Museos 1 2 3 4 5

7 Sinalización turística (rutas e lugares de interese) 1 2 3 4 5

8 Oficinas de información 1 2 3 4 5

9 Dotación de espazos libres e zonas verdes 1 2 3 4 5

10 Oferta comercial 1 2 3 4 5

11 Limpeza da cidade 1 2 3 4 5

12 Seguridade cidadán 1 2 3 4 5

13 Mobilidade peonil 1 2 3 4 5

14 Dotación de aparcamentos públicos 1 2 3 4 5

15 Hospitalidade/Amabilidade 1 2 3 4 5

16 Relación calidade/prezo como destino turístico da cidade 1 2 3 4 5

17 Valoración global 1 2 3 4 5

Observacións: