OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS

13
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS EQUIPO DE DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA. Alumnado de 5º de Primaria. CEIP. López Ferreiro (Santiago de Compostela). Curso 2016/2017

Transcript of OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS

Page 1: OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS

OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS

EQUIPO DE DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA.Alumnado de 5º de Primaria.CEIP. López Ferreiro (Santiago de Compostela).Curso 2016/2017

Page 2: OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS

Jacques Delors. Os catro pilares da educación.

■ APRENDER A COÑECER. Pode considerarse que a ensinanza básica ten éxito se achega o impulso e as bases que permitirán seguir aprendendo durante toda a vida.

■ APRENDER A FACER. Fai referencia ás competencias clave. Aprender a coñecer e aprender a facer son, en gran medida, indisociables, pero moitas veces camiñan por separado.

■ APRENDER A VIVIR XUNTOS/AS. A educación debe seguir dúas orientacións: o descubrimento do/a outro/a (coñecerse a un mesmo e observar e aceptar as diferencias entre os demais) e participar en proxectos comúns.

■ APRENDER A SER. É importante fomentar a imaxinación e a creatividade tanto no/a neno/a como no adulto. O obxectivo da escola será dar todas as oportunidades de descubrir e experimentar.

Page 3: OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS

QUE SON AS COMPETENCIAS CLAVE?

Son unha combinación de coñecementos, capacidades e actitudes adecuadas ao contexto. Son aquelas que todas as persoas precisan para a súa realización e desenvolvemento persoal. Ocupan un papel esencial para exercer a cidadanía activa e lograr a inclusión social e laboral.

Page 4: OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS

A EDUCACIÓN DESENVÓLVESE AO LONGO DE TODA A VIDA.

Competencias clave para a aprendizaxe permanente. Recollidas, coa LOMCE, no currículum de Primaria e na ESO.

Competencias clave da sociedade do coñecemento, globalizada, tecnolóxica e multicultural.

1. Comunicación na lingua materna.

2. Comunicación en linguas estranxeiras.

3. Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía.

4. Competencia dixital.

5. Aprender a aprender.

6. Competencias sociais e cívicas.

7. Sentido da iniciativa e espírito de emprendedor.

8. Conciencia e expresión cultural.

Page 5: OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS

Javier. M. Valle, Doutor en Ciencias da Educación, é un dos maiores estudosos da Educación Comparada Internacional e das Competencias clave nestes momentos. Sinala, como requisitos para a adquisición de cada unha delas:

1. Interacción verbal e autoconfianza.

2. Falar, ausencia de timidez e de medo a errar.

3. Traballar con números, medidas, desenvolver operación básicas, ser curiosos/as

e ser capaces de buscar razóns ou hipóteses.

4. Achegarse ás diferentes aplicacións e ferramentas dixitais e desenvolver o

pensamento crítico e reflexivo.

5. Coñecer estratexias de aprendizaxe e estar motivados/as.

6. Posuír coñecementos sobre os códigos de conduta, dereitos... e amosar

actitudes de respecto ao interculturalismo, á diversidade, de respecto aos demais.

7. Iniciativa, creatividade e liderazgo.

8. Coñecementos das diferentes expresións culturais e artísticas, creatividade,

actitude aberta.

Page 6: OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS

COMPETENCIAS SOCIAIS E CIVICAS

Fan referencia ás competencias persoais, interpersoais e interculturais.

Son as formas de comportamento que preparan as persoas para participar de xeito eficaz e constructivo na vida social e profesional, e para resolver, de ser o caso, conflitos.A competencia cívica prepara as persoas para participar plenamente na vida cívica e democrática grazas ao coñecemento de conceptos e estruturas sociais e políticas.

ESTA COMPETENCIA CLAVE, VERTEBRADORA DAS OUTRAS COMPETENCIAS, ESIXE, SOBRE TODO, HABILIDADES SOCIAIS.

Page 7: OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS

QUE SON AS HABILIDADES SOCIAIS?

Son as capacidades que nos permiten interactuar de xeito socialmente aceptable.Son sentimentos, crenzas, valores... que nos permiten relacionarnos ben cos/coas demais.Constitúense na arte de establecer relacións co mundo que nos rodea e acadar un/uns obxectivo/s.O desenvolvemento destas habilidades está integrado, como xa sabemos, nas competencias sociais e cívicas, a competencia máis transversal da nosa lexislación educativa.

Page 8: OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS

TIPOS DE HABILIDADES SOCIAIS

As habilidades sociais poden ser:

Básicas:As habilidades básicas inclúen saber escoitar e facer preguntas, dar as grazas, iniciar e manter unha conversa, presentarse, saber despedirse, eloxiar, etc.

Complexas:As habilidades complexas inclúen condutas como saber disculparse e pedir axuda, admitir os erros, afrontar as críticas, convencer aos/ás demais, etc.

O DESENVOLVEMENTO DAS PRIMEIRAS É IMPRESCINDIBLE PARA ACADAR AS SEGUNDAS.

Page 9: OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS

Os programas para traballar as habilidades sociais son una ferramenta ao servizo dun modelo de convivencia pacífico baseado na participación, na colaboración e no diálogo. Entre outros, nós pretendemos acadar os seguintes obxectivos:

■ Desenvolver a cohesión e a confianza no grupo.■ Desenvolver a capacidade de escoita activa.■ Promover a capacidade de comunicación verbal e non verbal de xeito positivo.■ Impulsar actitudes de aprecio e recoñecemento dos sentimentos e das calidades propias e das dos demais.■ Achegarse a conceptos básicos de igualdade, solidariedade, empatía, asertividade…■ Desenvolver a capacidade de toma de decisións■ Favorecer a capacidade de observación e análise do conflito.

QUE PRETENDEMOS ACADAR?

Page 10: OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS

Coñecementos:

► Códigos de conduta e xeitos de comportarse.► Conceptos básicos: igualdade, solidariedade, participación, compromiso, empatía, asertividade... Dereitos e deberes establecidos na nosa sociedade.

Destrezas:

► Comunicación construtiva.► Expresión e comprensión de diferentes puntos de vista, incluído o propio.► Negociación e consenso.► Cumprimento cos requirimentos sociais, académicos...

Actitudes:

► Respecto aos/ás demais.► Disposición ao compromiso.► Xeitos de relacionarse con asertividade.► Comportamento empático.► Disposición a tomar parte nas actividades da comunidade escolar.

ASPECTOS QUE TRABALLAREMOS

Page 11: OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS

Actividades:

Farase sempre antes de cada xogo e/ou actividade e ao remate unha pequena asemblea de inicio e presentación da actividade e de remate e avaliación da mesma.■ Xogos de presentación.■ Xogos de autoestima e afirmación.■ Xogos de “etiquetado” de emocións.■ Análise e textos: artigos da Constitución, artigos do Estatuto de Autonomía, artigos da Declaración Universal de Dereitos Humanos e outros textos.■ Xogos de dramatización e valoración, a través de textos literarios (ex: “O episodio da escaleira” da obra Das cousas de Ramón Lamote).

Metodoloxía:

A organización destas actividades, individuais, de pequeno e gran grupo, pretende impulsar a construción de aprendizaxes significativas.Os contidos, que se presentarán case sempre, a través de xogos e de textos e pretenden ser moi motivadores. Deberán ser funcionais e tentarán promover o cambio no alumno/a, favorecendo a construción persoal.

COMO TRABALLAMOS AS HABILIDADES SOCIAIS?

Page 12: OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS

Avaliación:

Avaliarase todo o programa: os obxectivos, a relación cos contidos, as propostas metodolóxicas…Tamén se avaliará o proceso de aprendizaxe do alumnado participante, o grao de implicación, a motivación…Farase unha avaliación inicial, unha avaliación ao final de cada sesión e outra ao final do programa.

Este proceso levarase a cabo a través dunhas rúbricas de seguimento que cada alumno/a e a mestra posuirán e que servirán para valorar a idoneidade do obradoiro.Non se esquecerá a triangulación de fontes aportadas pola observación e pola coavaliación que se leve a cabo en cada sesión.

COMO AVALIAREMOS O OBRADOIRO?

Page 13: OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS