O zodíaco e a mitoloxía

14
O Zodíaco Características e orixe mitolóxica de cada signo

Transcript of O zodíaco e a mitoloxía

Page 1: O zodíaco e a mitoloxía

O ZodíacoCaracterísticas e orixe

mitolóxica de cada signo

Page 2: O zodíaco e a mitoloxía

Aries

Aries, na mitoloxía Crisómalo, un carneiro dourado, foi creadopor Hermes e Zeus. Segundo o mito salvou a Fixio e a Hele dasúa madrasta Ino. Descendeu do Olimpo, montounos na súaespalda e voou con eles por riba do mar. Hele non se agarrouben e caeu nun lugar ó que agora chaman Helesponto. Fixiochegou a Cólquida, no Mar Negro, onde sacrificou o carneiroen honra a Zeus.

Nacidos entre o 21 de marzo e o 21 de abril

Son valentes, listos, seguros, impulsivos, orgullosos e agresivos.

Page 3: O zodíaco e a mitoloxía

Tauro

Os tauro son persoas prácticas, conservadoras, obstinadas e moi decididas.

O signo tauro reflexa a transformación que Zeus adoptou para

seducir a Europa, unha princesa mítica de Fenicia. Desta unión

nacen Minos, Radamantis e Sarpedón.

Nacidos entre o 22 de abril e o 21 de maio

Page 4: O zodíaco e a mitoloxía

Xéminis

Na mitoloxía grega, os xemelgos son Cástor (mortal fillo do rei Tíndaro) e Pólux (inmortal fillo de Zeus) nacidos dun ovo posto por Leda despois de unirse a Zeus, transformado en cisne. Os xemelgos tiveron unha disputa cos seus curmáns Idas e Linceo. Idas asasinou a Cástor, ao que Pólux respondeu matando a Linceo. Zeus interviu e matou a Idas. Pólux rexeitou a inmortalidade se non a podía compartir con Cástor, por iso Zeus os situou entre as constelacións.

Nacidos entre o 22 de maio e o 22 de xuño

Son vivaces, cheos de enerxía, humanistas, intelixentes, xoguetóns; tamén son infieis e cambiantes

Page 5: O zodíaco e a mitoloxía

Cáncer

A creación do símbolo Cáncer ten relación cundos doce traballos de Heracles (Hércules). A pelexaba coa temible serpente Hidra. Sen embargo, Heracdeusa Hera, inimiga acérrima de Heracles enviou un caranguexo xigante para acabar ca vida deste mentres les resultou vitorioso. Como recompensa polos seus esforzos a deusa formou as constelacións do Cangarexo e da Hidra no ceo.

Nacidos entre o 23 de xuño e o 22 de xullo

Son emocionais e cariñosos, protectores e simpáticos. Polo lado negativo, desordenados, susceptibles e autocompasivos.

Page 6: O zodíaco e a mitoloxía

Leo Nacidos entre o 23 de xullo a 22 de agosto

A constelación Leo simboliza o quinto traballo de Heracles. Ao heroe foille encomendado matar ao león de Nemea e quitarlle a pel. Mais a pel da fera era indestrutible, polo que Heracles tivo que aforcalo coas súas poderosas mans e logo arrancarlle a pel cunha das súas unllas. Con esta pel fixo un manto e un casco.

Son orgullosos, dominantes, posesivos, protectores e moi sensibles.

Page 7: O zodíaco e a mitoloxía

Virgo

A versión mitolóxica máis extendida di que Virgo é a representación de Dice, deusa da xustiza, filla de Zeus e Temis, nacida mortal e posta na terra para administrar xustiza. Viviu cos mortais durante a Idade de Ouro e a de Prata, pero ao nacer a Raza de Bronce, á que odiaba, deixou a terra e subiu ao ceo, onde pasou a ser unha das tres Horas ou Titáns e a más notable entre as deusas virxes.

Nacidos entre o 23 de agosto e o 23 de setembro

Son traballadores, esixentes, pulcros, humanos e perfeccionistas; son tamén críticos, escépticos, distraidos e un pouco mezquiños.

Page 8: O zodíaco e a mitoloxía

Libra

Libra é o séptimo signo do zodiaco. O que pretende este signo é crear un equilibrio entre a súa persoa e o resto dos individuos. O que Libra representa son as unións das persoas (o matrimonio e as asociacións). O elemento asociado con Libra é o aire. Libra esfórzase para establecer a paz e a armonía. Isto convérteo no signo máís xusto do zodiaco.

Nacidos entre o 24 de setembro e o 23 de outubro

Este signo é o único que non é un personaxe. Trátase da balanza da xustiza, que representa á deusa Xustiza, (filla de Zeus e Temis). Vixía os actos dos seres humanos e vela polo cumprimento das leis por parte dos xuíces.

Page 9: O zodíaco e a mitoloxía

Escorpio

A orixe mitolóxica deste signo atópase no intento de violación deArtemisa por parte de Orión, un xigante cazador. Artemisareclamou a axuda dun escorpión, que matou ó xigante e liberouá deusa. Os deuses elevaron a Orión e ó escorpión á bóvedaceleste, pero colocáronos en extremos opostos, de xeito quecando Escorpio sae polo horizonte, Orión ocúltase fuxindo doanimal que o matou.

Nacidos entre o 24 de outubro e o 22 de novembro

Son persoas apaixonadas, protectoras, magnéticas, inxeniosas emotivas e perseverantes, pero tamén vingativas, arrogantes e celosas.

Page 10: O zodíaco e a mitoloxía

Saxitario

A constelación Saxitario (o Arqueiro) é a imaxe do centauro Quirón, de grande sabedoría e coñecementos, nado dos amores entre Cronos e a ninfa Filira. Era metade home, metade cabalo, porque seu pai tivo que converterse en cabalo para enxendralo.Quirón foi ensinado por Apolo e Artemisa na arte da medicina e da caza e educou a numerosos heroes. No trancurso dun combate foi ferido por unha frecha, e morreu pouco despois.

Nacidos entre o 23 de novembro e 21 de decembro

Son fogosos, extrovertidos, comprensivos, xenerosos e xustos, pero tamén esaxerados, bruscos, charlatáns e agresivos.

Page 11: O zodíaco e a mitoloxía

CapricornioNacidos entre o 22 de decembro e o 20 de xaneiro

Capricornus representa á ninfa Amaltea, metade cabra, metade peixe, con cornos. Cando un deles quebrou, enchérono de froitos para ofrecerllo a Zeus: é o famoso Corno de Amaltea, símbolo da abundancia. A partir dese suceso, Zeus colocouna nunha constelación do ceo.Outra versión reza que Pan (Dionisio), perseguido pola serpe Tifón, escapou lanzándose ao río Nilo, converténdose en metade peixe metade macho cabrío.

Son seguros e cautos; traballadores, responsables e persistentes no seu obxectivo, son tamén dominadores, fatalistas, obstinados e un chisco egoístas.

Page 12: O zodíaco e a mitoloxía

Acuario

A mitoloxía identifica Acuario con Ganímedes, o xove de quenZeus se namora perdidamente e rapta, transformado en aguia,para levalo ó monte Olimpo e unirse a el. No Olimpo convérteseen servinte e augador dos deuses, por iso o signo acuario sepresenta como unha cunca derramando as súas augas ousimplemente auga deslizándose.

Nacidos entre o 21 de xaneiro e o 19 de febreiro

Son independentes, inxeniosos, tolerantes, lóxicos, humanos e altruístas, pero tamén fríos, temperamentais, tímidos, excéntricos e obstinados.

Page 13: O zodíaco e a mitoloxía

Piscis

Piscis representa, segundo as versións máis extendidas, os peixes nos que se converteron Afrodita e o seu fillo Eros para fuxir e esconderse en Exipto cando Zeus e Tifón iniciaron a súa loita polo poder. Outras versións (Higinio) din que os dous peixes apareceron no ceo como consecuencia da caída dun ovo ao río Éufrates.

Nacidos entre o 20 de febreiro e o 20 de marzo

Son soñadores, creativos, imaxinativos, intuitivos, tímidos e melancólicos.

Page 14: O zodíaco e a mitoloxía

Autoras: Virna, Cristina, Doa, Laura, Marta, Cris, Sonia, Ánxela e Lucía, alumnas de 4º ESO.

Maquetación:Lucía

IES de Melide Xaneiro de 2009