O VOLEIBOL - IES Concepción Arenal1949, con motivo do Primeiro Campionato del Mundo de Voleibol. A...

18
1 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL. Este tema é unha introdución a Voleibol. Leo e intenta responder ao cuestionario adxunto. O VOLEIBOL 1. Definición: Deporte colectivo que se xoga nunha cancha dividida á metade por unha rede, onde se enfrontan dous equipos de 6 xogadores/as, e o seu obxectivo é pasar o balón por encima da rede ao campo contrario, cun mínimo de 1 golpe e un máximo de 3, con intención de que bote no campo contrario ou que non sexa devolto polo equipo contrario. 2. Historia: O voleibol foi creado en 1895 por William G. Morgan. Era entón director de Educación Física na asociación Young Men’s Christian Association (YMCA) no estado de Massachussets (EE.UU). Morgan precisaba deseñar exercicio sen que este fora demasiado agresivo ou intenso. Notaba que o xogo de baloncesto, a pesar de ser moi popular, resultaba demasiado esgotador. Quería una alternativa na que non fose necesario dar tantos golpes ou sacudidas, de xeito que se adaptara a un público máis amplo. Morgan tomou ideas de diversos deportes, como a pelota do baloncesto, a rede do tenis, o uso das mans do balonmán e o concepto de entradas do béisbol. Orixinalmente chamábase “mintonette” pero, durante unha demostración, notaron que o voleo del balón sobre a rede describía a esencia do xogo e por iso comezárono a chamar “volley ball”. En 1952, a Asociación Norteamericana de Voleibol unificou as palabras para denominalo de xeito oficial “volleyball”.

Transcript of O VOLEIBOL - IES Concepción Arenal1949, con motivo do Primeiro Campionato del Mundo de Voleibol. A...

Page 1: O VOLEIBOL - IES Concepción Arenal1949, con motivo do Primeiro Campionato del Mundo de Voleibol. A estrutura do voleibol débese, en gran parte, á posibilidade de facelo igual que

1 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.

Este tema é unha introdución a Voleibol. Leo e intenta responder ao cuestionario

adxunto.

O VOLEIBOL

1. Definición:

Deporte colectivo que se xoga nunha cancha dividida á metade por unha

rede, onde se enfrontan dous equipos de 6 xogadores/as, e o seu obxectivo

é pasar o balón por encima da rede ao campo contrario, cun mínimo de 1

golpe e un máximo de 3, con intención de que bote no campo contrario ou

que non sexa devolto polo equipo contrario.

2. Historia:

O voleibol foi creado en 1895 por William G. Morgan. Era entón director de

Educación Física na asociación Young Men’s Christian Association (YMCA)

no estado de Massachussets (EE.UU).

Morgan precisaba deseñar exercicio sen que este fora demasiado agresivo

ou intenso. Notaba que o xogo de baloncesto, a pesar de ser moi popular,

resultaba demasiado esgotador.

Quería una alternativa na que non fose necesario dar tantos golpes ou

sacudidas, de xeito que se adaptara a un público máis amplo. Morgan

tomou ideas de diversos deportes, como a pelota do baloncesto, a rede do

tenis, o uso das mans do balonmán e o concepto de entradas do béisbol.

Orixinalmente chamábase “mintonette” pero, durante unha demostración,

notaron que o voleo del balón sobre a rede describía a esencia do xogo e

por iso comezárono a chamar “volley ball”. En 1952, a Asociación

Norteamericana de Voleibol unificou as palabras para denominalo de xeito

oficial “volleyball”.

Page 2: O VOLEIBOL - IES Concepción Arenal1949, con motivo do Primeiro Campionato del Mundo de Voleibol. A estrutura do voleibol débese, en gran parte, á posibilidade de facelo igual que

2 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.

Nas súas orixes, o “mintonette” resultaba bastante diferente ao desempeño

do voleibol que se coñece na actualidade. Xogábase nunha cancha máis

pequena, cun balón moi pesado, unha rede máis baixa e demasiados

xogadores/as que golpeaban o balón unha cantidade ilimitada de veces.

Nos seus inicios, o xogo de voleibol alcanzou ampla aceptación grazas ao

apoio e á difusión da asociación YMCA, alentada por dúas escolas

profesionais de educación física: Springfield Collage e George Williams

Collage.

A comezos de 1900 Canadá foi o primeiro país estranxeiro que adoptou o

xogo como deporte para ser practicado en diversas institucións. Pronto

seguírono Xapón (1908) e Filipinas (1910), onde foi incluído no programa

dos primeiros Xogos do Extremo Oriente, en 1913. Así comezou a súa

expansión a nivel mundial.

En 1914 foi incluído no programa de educación e recreación das forzas

armadas de Norteamérica. En 1916 YMCA logrou que a poderosa asociación

NCAA (National Collegiate Athletic Association) contribuíra á rápida difusión

do voleibol entre os estudantes universitarios de Estados Unidos, a través

da publicación dunha serie de artigos sobre o seu regulamento.

Alí anunciouse, por exemplo, que o número de xogadores/as por equipo se

limitábase a seis e máis tarde, en 1922, limitouse a tres o número de toques

do balón por xogada. Sen embargo, ata principios de 1930 o voleibol

resultaba un xogo de ocio e recreación, con poucas presentacións

competitivas a nivel mundial e cun regulamento que variaba segundo o país

onde se xogaba.

Page 3: O VOLEIBOL - IES Concepción Arenal1949, con motivo do Primeiro Campionato del Mundo de Voleibol. A estrutura do voleibol débese, en gran parte, á posibilidade de facelo igual que

3 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.

En 1947 creouse en Francia a Federación Internacional de Voleibol (FIVB).

Este organismo mundial encárgase de regular as normas a nivel competitivo

e de celebrar encontros de maneira periódica.

Nos Xogos Olímpicos de París en 1924 xogouse por primeira vez ao voleibol

tradicional como deporte de demostración. Pero en 1964 pasou a formar

parte das especialidades olímpicas nos xogos celebrados en Tokío.

Hoxe o voleibol é un dos deportes populares máis practicados a nivel

mundial, con competicións como, o Campionato Mundial FIVB, a Liga

mundial FIVB, o Gran Premio Mundial FIVB e os Xogos Olímpicos. É un

deporte competitivo de alto rendemento físico e técnico que presenta

algunhas variantes aceptadas de xeito oficial:

O voleibol de praia. Xógase sobre a area e dende 1996 forma parte das

disciplinas olímpicas, a partir dos xogos celebrados en Atlanta que contou

cun estadio construído especialmente sobre a praia.

O voleibol sentado. Practícase especialmente entre os deportes de persoas

con discapacidade e en 1980 foi incorporado aos Xogos Paraolímpicos.

O voleibol chega a España, aproximadamente, cara o ano 1920, como xogo

recreativo, practicado nas praias catalás, por influencia europea-occidental.

A pesar da pouca práctica do voleibol, a Escola de Educación Física de

Toledo edita, en 1925, o primeiro regulamento de voleibol, tradución do

que se utilizaba por entón en Europa. O certo é que ata pasado o período

da Guerra Civil, e cando se organizaba o deporte oficial e non contando

aínda co voleibol como deporte, este empézase a practicar a nivel escolar, a

través da organización da Fronte de Xuventudes e da Sección Feminina. Non

foi ata pasados 7 ou 8 años cando as autoridades deportivas, observando

que o voleibol practicábase por todo o territorio e que, por outro lado, era

un deporte con Federación Internacional, cun gran número de países

afiliados, con proxección a ser incluído no Comité Olímpico Internacional

(1957), propúxose organizar oficialmente o voleibol, creando os seus

órganos de goberno, federacións provinciais, etcétera. Non obstante, a

organización do deporte español non pasou por crear unha Federación

Española de Voleibol, senón por agregalo á Federación Española de

Balonmán. Durante este período (1948-50), apenas houbo actividade, xa

que a Federación de Balonmán, tiña que atender dúas modalidades, o

balonmán en sala e no campo. Realmente, resultaba difícil nestas

Page 4: O VOLEIBOL - IES Concepción Arenal1949, con motivo do Primeiro Campionato del Mundo de Voleibol. A estrutura do voleibol débese, en gran parte, á posibilidade de facelo igual que

4 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.

circunstancias promover e estruturar un deporte que non era nin parecido

ao seu.

A principios do ano 1950, a Delegación Nacional de Deportes pide á

Federación Española de Baloncesto que encadre dentro do seo da súa

federación ao Voleibol. Ao principio, quíxose declinar tal responsabilidade,

xa que en aqueles momentos a Federación de Baloncesto tiña moita

actividade e non sabían se poderían atender este deporte. A Delegación

Nacional de Deportes, con ánimo de acelerar a posta en marcha do

voleibol, determina que será l Federación Española de Baloncesto a que

dirixirá o voleibol español, indicando que será con carácter provisional,

recibindo a axuda económica correspondente. Así mesmo, pediu que a

Federación de Baloncesto propuxera un plan de organización viable e

compatible, xa que na próxima temporada, 1950-51, deberían organizarse

competicións oficiais. El 22 de xuno de 1950, noméase a Benito López

Arjona, membro da Federación Española de Baloncesto, vicepresidente da

Sección de voleibol.

As regras de xogo, das cales se tiña coñecemento aquí en España, non eran

as vixentes naquel momento. A actualización puido facerse grazas ao

periodista Josechu Piñedo, que, presentándose na Federación Española de

Baloncesto pedindo información referente ao voleibol, e ao ser informado

de que non había apenas documentación, nin información técnica,

etcétera..., suxeriu que, aproveitando unha viaxe a París, e coa posibilidade

de contactar coa Federación Francesa de Voleibol, intentaría recoller a

máxima información posible. Así foi, e entre a documentación aportada

estaba o regulamento oficial vixente, redactado no Congreso de Praga en

1949, con motivo do Primeiro Campionato del Mundo de Voleibol.

A estrutura do voleibol débese, en gran parte, á posibilidade de facelo igual

que a Federación de Baloncesto, deporte moi practicado en España e con

todo o organigrama federativo en funcionamento. Isto supuxo completar os

órganos da Sección de Voleibol; así mesmo, crear as Seccións nas distintas

Federacións Provinciais de Baloncesto. O certo é que foi un período de gran

actividade e colaboración por parte de todos os implicados, conseguindo un

dos propósitos máis interesantes, a organización do Primeiro Campionato

de España de voleibol federado, participando na fase final, que se celebrou

en Madrid, os seguintes equipos: Agrupación Deportiva Bombeiros, de

Page 5: O VOLEIBOL - IES Concepción Arenal1949, con motivo do Primeiro Campionato del Mundo de Voleibol. A estrutura do voleibol débese, en gran parte, á posibilidade de facelo igual que

5 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.

Barcelona; Club Natación Canoe, de Madrid e o Club Galgo, de Toledo. O

equipo da Agrupación Deportiva Bombeiros, de Barcelona, proclamouse

primeiro campión de España de Voleibol.

En febreiro de 1953, o Comité Directivo da Federación Española de

Baloncesto acordou efectuar os trámites necesarios para afiliar á Sección de

voleibol á Federación Internacional de Voleibol.

Despois dos primeiros anos, 1950-56, nos que a Federación de Baloncesto

conseguira que o voleibol empezara a funcionar, seguiulle un período,

1957-59, no que aparece un descenso do interese e falta de organización

nas Federacións Provinciais, manifestando a Federación de Baloncesto non

poder realizar máis esforzo que o que permite a boa vontade dos directivos

comprometidos e os poucos medios de que dispón a Sección. Estando a

punto de iniciarse la temporada 1958-59, decídese integrar ao voleibol

dentro da Federación de Rugby, mantendo a mesma estrutura e

organización que se tiña na Federación de Baloncesto. O certo é que non

houbo apenas actividade deportiva; tan só, e para salvar a continuidade,

celebrouse o Noveno Campionato de España, ocupándose de toda a

organización a Sección de Voleibol.

En decembro de 1959, a Delegación Nacional de Deportes decide crear a

Federación Española de Balonvolea/Voleibol, cuxo presidente será Benito

López Arjona, que viña desempeñando a vicepresidencia da Sección desde

1950. O día 26 de i de 1960, a Federación Española de Voleibol queda

constituída en su primeira reunión como órgano federativo.

3. O campo de xogo:

Mide 9m de ancho por 18m de longo.

Cada campo está dividido pola Zona de Defensa(6m) e Zona de

Ataque (3m).

A altura da rede está a 2,43 m. en homes e 2,24m. en mulleres.

Page 6: O VOLEIBOL - IES Concepción Arenal1949, con motivo do Primeiro Campionato del Mundo de Voleibol. A estrutura do voleibol débese, en gran parte, á posibilidade de facelo igual que

6 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.

4. Regulamento.

Entre as regulas básicas do voleibol destácanse:

- A puntuación. Dispútase á mellor puntuación de cinco sets de xogo.

O equipo que acumula tres sets ganados será o vencedor, para o que

debe alcanzar en cada set vinte e cinco puntos e cunha vantaxe de

dous puntos respecto ao adversario (por exemplo, vinte e cinco

contra vinte e tres puntos). No caso de que os equipos alcancen unha

puntuación de vinte e cinco contra vinte e catro, deben xogar ata

lograr unha diferenza de dous puntos. Por iso, a duración dos

partidos de voleibol varía tanto.

Page 7: O VOLEIBOL - IES Concepción Arenal1949, con motivo do Primeiro Campionato del Mundo de Voleibol. A estrutura do voleibol débese, en gran parte, á posibilidade de facelo igual que

7 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.

- O saque. É a acción que da comezo a cada partido, realízase co

xogador ou coa xogadora situado detrás da liña de fondo e o resto do

equipo situado nos límites do campo. Se un xogador ou unha

xogadora saca e o adversario non logra atallar o balón, o/a xogador/a

anota un punto a favor do seu equipo. No caso de que o saque

resulte errado (toca a rede e cae no seu propio campo ou vaise fora

da área), a quenda de saque pasa ao adversario.

- Área de xogo. Está delimitada por un rectángulo de dezaoito metros

de longo, por nove metros de ancho, e divídese no centro por unha

rede que separa as dúas áreas de xogo. A designación dos campos

para cada equipo sortease antes do partido e en cada novo set

intercámbianse as áreas.

- Zona de ataque. A liña central que se sitúa debaixo da rede divide o

campo de xogo en dúas zonas iguais, de nove metros por nove

metros cada una. A tres metros de distancia da liña central, outra liña

delimita a zona de ataque para cada área, onde se encontran

limitadas as acciones dos xogadores e das xogadoras.

- A rede. Sitúase no centro do campo de xogo a unha altura de 2,43

cm. para a categoría masculina e a 2,24 cm. para a categoría

feminina. Se o balón toca a rede, non se considera unha falta e, ao

rebotar, pode continuar coa xogada.

- Regras básicas:

o Cada equipo o compoñen 6 xogadores ou xogadoras.

o Cada equipo dispón como máximo de 3 toques (sen contar o

bloqueo) para pasar o balón ao campo contrario e un mínimo

de un toque.

o Un mesmo xogador/a non pode dar dous toques consecutivos

ao balón salvo tras un bloqueo.

o O balón non pode botar.

o Non se pode reter, acompañar ou arrastrar o balón.

o Pódese golpear o balón con calquera parte do corpo.

o Cada xogador/a ten unha posición concreta saca o equipo

contrario.

Page 8: O VOLEIBOL - IES Concepción Arenal1949, con motivo do Primeiro Campionato del Mundo de Voleibol. A estrutura do voleibol débese, en gran parte, á posibilidade de facelo igual que

8 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.

o Pódese realizar 6 cambios en cada set, 1 vez para cada

xogador que inicia o set e desfacer o cambio polo seu

substituto/a

o Se rota no sentido das agullas do reloxo sobre a posición, cada

vez que se recupera o saque.

- Sancións:

o Falta de posición ou de rotación: cando no momento do

saque un xogador/a non está na súa zona.

o Falta de saque: se o xogador ou xogadora que saca, pisa a liña

ou invade o seu campo no saque.

o Dobres ou Falta por retención. Cando se retén (cóllese

brevemente) o balón no toque de dedos.

o Invasión: se un xogador/a pasa ao campo contrario ou se toca

a rede (sempre e cando interveña na xogada).

o Falta de defensor/a: Se un defensor ou unha defensora

rematan dentro da zona de 3 m. (é dicir, golpea o balón por

encima da altura de la rede).

- Puntuacións:

o Conséguese 1 punto:

Cando o equipo contrario non devolve o balón.

Cando conseguimos que bote no campo contrario.

Cando o balón bota fóra tras toque do contrario.

Cando un equipo da máis de tres toques na mesma

xogada (sen contar el bloqueo).

Cando un xogador/a da u toques consecutivos. Un

xogador ou unha xogadora pode dar dous toques na

Page 9: O VOLEIBOL - IES Concepción Arenal1949, con motivo do Primeiro Campionato del Mundo de Voleibol. A estrutura do voleibol débese, en gran parte, á posibilidade de facelo igual que

9 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.

mesma xogada se o fai de forma alternativa, é dicir, se

lle da o primeiro e o terceiro toque.

- Posicións dos xogadores ou xogadoras:

o Posición 3: Pasador/a.

o Posicións 4–2: Atacantes ou dianteiros/as (Rematadores/as).

o Posicións 5 –6 –1: Defensas.

5. A técnica.

o O SAQUE: O saque é a forma que teu un xogador/a de voleibol de

poñer en xogo o balón para que comece unha xogada.

O saque baixo: É o saque máis básico, moi seguro, que

busca colocar a pelota nunha zona determinada do campo

contrario. Antes de golpear, colocámonos orientados/as

cara o campo, co pé contrario ao brazo que saca

adiantado, sostendo o balón coa man contraria á que

golpea. Estendemos o brazo cara atrás e golpeamos ao

balón coa man (en forma de culler) tensa.

Saque alto, ou saque de tenis: É un saque cunha

execución máis complicada que o anterior. Non se busca

a precisión e colocación, senón a potencia no saque.

Page 10: O VOLEIBOL - IES Concepción Arenal1949, con motivo do Primeiro Campionato del Mundo de Voleibol. A estrutura do voleibol débese, en gran parte, á posibilidade de facelo igual que

10 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.

Antes de golpear, orientámonos cara o campo e

adiantamos a perna contraria ao brazo que saca.

Lanzamos o balón cara arriba, elevamos o brazo e o

levamos atrás para golpear ao balón co brazo estendido.

Saque en suspensión, Saque en salto: Este saque constitúe

unha técnica máis esixente e poderosa de poñer o balón en

xogo, pois a persoa que o realiza está exposta a un gran

número de factores que inflúen na súa execución. É a máis

poderosa porque é como un remate pero dende nove

metros.

Depende do tipo de impulso para o saque, tendo como

condición regulamentaria a necesidade de golpear o balón

antes de apoiarse no solo.

O xogador/a pode partir dende unha posición próxima á

rede e realizar a batida do salto vertical ou separarse ata 2

ou 3 m. do campo se vai tomar impulso para a batida.

A altura do lanzamento do balón para o golpeo é máis

curta ou máis longa dependendo do obxectivo do saque.

Canto máis alto lancemos o balón máis difícil será a

coordinación para o saque.

A rotación adiante do balón no lanzamento mellora a

efectividade do saque.

A pegada efectúase coas pernas paralelas e separadas á

anchura da cadeira fronte á liña de fondo. As costas parten

Page 11: O VOLEIBOL - IES Concepción Arenal1949, con motivo do Primeiro Campionato del Mundo de Voleibol. A estrutura do voleibol débese, en gran parte, á posibilidade de facelo igual que

11 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.

de posición vertical, impulsando o corpo mediante a

extensión da cadeira, xeonllos e nocellos, que contribúe

para alcanzar unha maior velocidade na batida para realizar

o salto.

O brazo que remata ármase e esténdese sobre vertical

golpeando o balón cara adiante. A man realiza un

movemento similar ao saque de tenis, o outro brazo se

reláxase compensando o corpo no momento do salto.

O balón deberá ser golpeado coa palma da man e cos dedos

abertos.

o O TOQUE DE ANTEBRAZOS: Normalmente utilízase nas

recepcións, é dicir, no primeiro toque de un equipo que

recibe a pelota. Aínda que tamén pode ser un pase orientado

e ser a primeira acción ofensiva dun equipo.

O Golpeo: O balón diríxese cos ombros, e o movemiento vai

acompañado cunha extensión da perna. O balón é golpeado co el

antebrazo.

Posición básica antes de golpear: Colocámonos orientados/as

cara onde queremos enviar o balón. Os antebrazos colócanse

o máis xuntos posible (coos cóbados xuntos) para ofrecer

unha superficie de contacto ampla. Os brazos forman 90º co

tronco e 45º co solo. A colocación das mans é fundamental:

crúzanse as palmas, colocando o dorso dunha man sobre a

palma da outra e se unen os polgares mirando cara adiante

Page 12: O VOLEIBOL - IES Concepción Arenal1949, con motivo do Primeiro Campionato del Mundo de Voleibol. A estrutura do voleibol débese, en gran parte, á posibilidade de facelo igual que

12 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.

colocando un ao lado do outro. Aspernas colócanse

semiflexionadas e separadas para dar estabilidade.

o TOQUE DE DEDOS: Este pase utilizaríase no segundo golpeo da

xogada, despois da recepción mediante o toque de antebrazos e

como preparación do remate. É unha acción técnica non moi

complicada pero require dunha gran precisión.

Posición básica antes de golpear: Colocámonos debaixo do

balón e orientados/as cara onde queremos enviar o balón.

Pernas lixeiramente flexionadas e separadas á altura dos

ombros. Mans diante dos ollos, coas palmas cara o balón.

Golpeo: Golpease coas primeiras falanxes dos

dedos que se colocan abertos e lixeiramente

flexionados adoptando a forma do balón en

triángulo. No momento do contacto co balón,

prodúcese unha pequena extensión das pernas

e cóbados. O golpeo pode ser curto e seco ou

máis amortiguado.

Page 13: O VOLEIBOL - IES Concepción Arenal1949, con motivo do Primeiro Campionato del Mundo de Voleibol. A estrutura do voleibol débese, en gran parte, á posibilidade de facelo igual que

13 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.

o O REMATE: Serve para enviar o balón ao campo contrario coa

potencia e colocación suficiente como para que o equipo rival non

poida devolvelo e anotemos un punto.

Posición básica antes de golpear: É moi importante coordinar a

carreira de batida co golpeo, levar os brazos arriba e atrás para

coller impulso. O brazo libre (que non golpea) vai cara abaixo

antes de que o u brazo realice o golpeo do balón.

O golpeo: Golpease cando a pelota alcanza a súa máxima

altura. É importante golpear ao balón na súa parte superior

para que a traxectoria do mesmo sexa de arriba cara abaixo,

sempre que a altura á que se encontre o permita.

o O BLOQUEO: É unha das principais accións defensivas de calquera

equipo. Consiste en intentar interceptar por parte dos

Page 14: O VOLEIBOL - IES Concepción Arenal1949, con motivo do Primeiro Campionato del Mundo de Voleibol. A estrutura do voleibol débese, en gran parte, á posibilidade de facelo igual que

14 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.

xogadores/as dianteiros/as, a pelota que provén do campo

contrario.

Posición básica antes de golpear: É moi importante a colocación

adecuada na zona da rede máis precisa para executar esta

acción. Pernas flexionadas uns 90º para despois estenderse e os

dous brazos á fronte e elevados á altura dos ombros.

O golpeo: Brazos estendidos e corpo estirado. Mans abertas e

separadas de forma que o balón n pase entre elas, a orientación

das mans ha de ser cara o solo.

6. A táctica.

A táctica é a faceta do xogo que se ocupa da disposición dos

xogadores/as no campo e dos movementos que estes/as realizan para

intentar anotarse un punto en cada xogada. A táctica debe utilizarse

aproveitándose da técnica e respectando sempre o regulamento.

En voleibol danse tres fases no xogo: unha primeira cando un

equipo recibe o saque do equipo contrario, a seguinte fase sería

preparar o ataque e por último realizar a defensa do ataque dos/as

opoñentes.

En consecuencia, preséntanse tres situacións tácticas, que orixinan a

aparición de tres sistemas ou formas de realizar cada fase; sistemas

de recepción para recibir o saque, sistemas ofensivos para organizar

o ataque e sistemas de defensa para defender o ataque dos/as

adversarios.

o Sistema de Recepción do Saque: Son as formacións que se

utilizan, para recibir o saque do equipo contrario e poder

Page 15: O VOLEIBOL - IES Concepción Arenal1949, con motivo do Primeiro Campionato del Mundo de Voleibol. A estrutura do voleibol débese, en gran parte, á posibilidade de facelo igual que

15 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.

organizar o ataque. Hai varios sistemas, pero todos teñen unha

característica común, polo menos un xogador, o pasador ou

pasadora, non realiza ningunha función.

Sistema recepción en W: É o que máis sole utilizarse nas

primeiras etapas da aprendizaxe. Chamado así, por que é la

figura ou forma que adoptan os/as xogadores/as no campo.

O/A pasador/a se nunha 1º liña moi cerca da rede. Os/as

cinco xogadores/as restantes repártense a zona defensiva

da seguinte forma: 3 formando unha 2º liña e 2 formando

unha 3º liña. Neste sistema o/a pasador/a nunca recibe.

Sistema recepción en semicírculo: O/A pasador/a tamén

se sitúa cerca da rede e tampouco debe recibir o saque.

Os/As 5 xogadores/as restantes sitúanse na zona de

defensa describindo un semicírculo. O equipo que

realiza o saque colocase cos tres dianteiros/as pegados/a á

rede (posto que o primeiro que farán será intentar

bloquear o ataque contrario).

Page 16: O VOLEIBOL - IES Concepción Arenal1949, con motivo do Primeiro Campionato del Mundo de Voleibol. A estrutura do voleibol débese, en gran parte, á posibilidade de facelo igual que

16 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.

o Sistemas de Ataque: Son a forma es que se organizan os equipos

para poder realizar un ataque máis eficaz. O nome do sistema

ven determinado, polos tipos de xogadores/as que o compoñen

e a súa función no campo. Tendo en conta que as funcións que

poden realizar os/as xogadores/as, denomínanse das seguintes

maneiras:

Rematador/a: Xogador/a quena fase de ataque

normalmente só remata.

Pasador/a: Este/a xogador/a é o/a que realiza o pase de

dedos, para que remate un dos/das seus/súas

compañeiros/as.

Universal: Pode realizar as dúas funcións.

Segundo o anterior, existen diferentes sistemas. Os máis

utilizados son:

Pasador/a a quenda: É a forma de organización máis

utilizada para os/as que empezan a xogar ao voleibol.

En ela, o/a dianteiro/a que ocupa a posición 3 é o/a

pasador/a e encárgase de colocar os balóns aos/ás

rematadores/as (por zona 2 e 4), unha vez recibido o balón

por un/unha compañeiro/a, é dicir, no segundo toque.

Polo tanto cada vez que recuperemos o saque e se efectúe

a rotación haberá un/unha novo/a pasador/a e dous/dúas

novos/as rematadores/as.

Page 17: O VOLEIBOL - IES Concepción Arenal1949, con motivo do Primeiro Campionato del Mundo de Voleibol. A estrutura do voleibol débese, en gran parte, á posibilidade de facelo igual que

17 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.

Outros sistemas:

o 2 Pasadores/as - 4 Rematadores/s (2 C -4 R).

o 1 Pasador/a - 5 Rematadores (1 C -5 R).

o 1 Pasador/a -1 Universal -4 Rematadores/as (1 C -1 U

-4 R).

o Sistemas de Defensa. Son as formacións que se toman cando

un/unha xogador/a do equipo contrario vai realizar un remate. O

nome do sistema, está determinado polo número de xogadores/as que

compoñen cada liña da defensa. Así en case todos os sistemas, na

primeira liña (a que realiza o bloqueo por estar máis cerca da rede),

está composta por 3 xogadores, as que varían son a segunda e

terceira liña. Os máis típicos son:

Sistema 3-1-2: É o sistema que se sole adoptar nas

primeiras etapas, no que a primeira liña está formada por

tres dianteiros/as situados/as moi próximos/as á rede. A

segunda liña formada por un só/soa xogador/a situado/a

xusto no centro del terreo de xogo e unha terceira liña

formada por 2 xogadores/as cubrindo o fondo.

Page 18: O VOLEIBOL - IES Concepción Arenal1949, con motivo do Primeiro Campionato del Mundo de Voleibol. A estrutura do voleibol débese, en gran parte, á posibilidade de facelo igual que

18 IES CONCEPCIÓN ARENAL. Departamento de Educación Física. O VOLEIBOL.

Sistema 3-2-1: a primeira liña formada por 3

dianteiros/as, pero a diferenza é que a segunda liña la

forman dous xogadores/as e a terceira un só/soa

xogador/a que xoga no fondo do terreo de xogo. En función

da zona da rede, por onde o equipo contrario realice o

remate, os/as xogadores/as de 1ª liña de defensa, (2 –3 –4),

colocaranse segundo os debuxos:

O ataque ou remate por zona 3, pódese defender tamén cun bloqueo triple,

por parte dos/das tres xogadores/as que ocupan a rede.