O texto publicitario

7
O TEXTO PUBLICITARIO Publicidade: Arte ou acción de influír na psicoloxía da xente con fins comerciais, e actividade, medios e técnicas que se empregan con este propósito. Sinónimo: propaganda Propaganda: Actividade organizada para difundir as calidades, propiedades ou o valor de alguén, dunhas ideas ou dun produto comercial. Material ou medio (anuncios, carteis etc.) utilizado para ese fin. OBXECTIVO DA PUBLICIDADE: Promover a venta de bens e servizos. Está dirixida a grandes grupos.

Transcript of O texto publicitario

Page 1: O texto publicitario

O TEXTO PUBLICITARIO

Publicidade:

Arte ou acción de influír na psicoloxía da xente con fins comerciais, e

actividade, medios e técnicas que se empregan con este propósito.

Sinónimo: propaganda

Propaganda:

Actividade organizada para difundir as calidades, propiedades ou o

valor de alguén, dunhas ideas ou dun produto comercial.

Material ou medio (anuncios, carteis etc.) utilizado para ese fin.

OBXECTIVO DA PUBLICIDADE:

Promover a venta de bens e servizos. Está dirixida a grandes grupos.

Page 2: O texto publicitario

Os anuncios publicitarios son mensaxes constituídas por signos de

distinta natureza: lingüísticos e non lingüísticos, que varían

segundo a súa canle de transmisión.

Neste proceso de comunicación o emisor non é un único suxeito,

senón unha axencia; o receptor, o potencial consumidor; a

mensaxe, o anuncio;, a canle, pode variar igual que pode variar o

contexto, e o código todos os elementos que utiliza e como os

utiliza, é dicir, a linguaxe publicitaria.

Nas mensaxes publicitarias poden aparecer polo tanto:

Elementos verbais, tanto orais como escritos (mensaxe

lingüística)

Elementos non verbais, en especial a imaxe (mensaxe

icónica) e o son (diálogo, ruídos e música, nos spots

publicitarios)

Page 3: O texto publicitario

En ambos tipos de mensaxes distínguense un contido denotativo e

uns contidos simbólicos (os valores que nos vende a publicidade:

sensualidade, a mocidade, éxito social, etcétera).

Se analizamos o discurso publicitario atopámonos con que

frecuentemente son textos de tipo argumentativo e que adoitan

estar formados por:

-texto informativo no que se incluirían datos do produto -

características, vantaxes-, do punto de venda., etc.

-slogan, un dos elementos máis significativos do texto publicitario. O

valor dun slogan é que a xente se identifique con el, o que explica

que grandes compañías manteñan o slogan durante anos.

Slogan de Apple "Pensa diferente"

slogan "Sempre" e logo

Page 4: O texto publicitario

-logotipo, marca distintiva dunha compañía, produto, servizo.

A LINGUAXE PUBLICITARIA

Na elaboración de textos publicitarios utilízanse numerosos recursos:

gráficos e fónicos

morfosintácticos

léxico-semánticos

Todo tipo de figuras retóricas, refráns, expresións populares,

imperativos, uso da segunda persoa singular ...

A linguaxe ten que de ser:

CURTA

MEMORABLE

BRILLANTE

IMPACTANTE

CREÍBLE

RELEVANTE

Page 5: O texto publicitario

TEXTOS PARA COMENTAR

http://www.pinterest.com/isabelmbs/traballando-coa-publicidade-na-aula/

SLOGAN IMAXE

TEXTO SECUNDARIO

Page 6: O texto publicitario
Page 7: O texto publicitario