O sistema solar

14
SISTEMA SOLAR

description

TIC 1º BACH

Transcript of O sistema solar

Page 1: O sistema solar

SISTEMA SOLAR

Page 2: O sistema solar

CORPOS DO SISTEMA SOLAR

• 1ª Categoría: Planetas

• 2ª Categoría: Planetas enanos

• 3ª Categoría: Corpos menores

A Unión Astronómica Internacional aprobou, en agosto do 2006, unha nova clasificación dos corpos do Sistema Solar.

Mercurio Venus Terra Marte Xúpiter Saturno Urano Neptuno

Plutón Ceres Xena

Asteroides Cometas Outros

Page 3: O sistema solar

DISTRIBUCIÓN DOS PLANETAS

Page 4: O sistema solar

MERCURIO    É o planeta máis difícil de recoñecer a simple vista,

xa que queda oculto polo deslumbramento que produce a luz do Sol.

• Non ten atmosfera que o protexa da gran cantidade de radiación solar que recibe, e que suavice a gran diferenza de temperatura entre o día (400 ºC) e a noite (-200 ºC).

• Non ten satélites; a enorme gravidade do Sol fai imposible que Mercurio atrape calquera corpo que pasa cerca del.

• A súa superficie está chea de cráteres debido ós fortes impactos de meteoritos que recibiu durante a formación do Sistema Solar.

Page 5: O sistema solar

VENUS    É o segundo planeta máis próximo ó Sol, é o máis estudado e admirado dende a antigüidade. Algunhas

veces chámanlle luceiro da alba e outras luceiro vespertino.• Está cuberto por un denso

manto de nubes de vapor de auga e ácido sulfúrico, que impiden ver a súa superficie.

• Os ventos que se orixinan nela (1000 km/h) foron a causa do destrozo das sondas espaciais que se enviaron durante anos para estudala.

• O manto de nubes actúa case coma un cristal que vai quentando a súa superficie e fai que se alcancen temperaturas de 460 ºC e unha presión 100 veces maior ca da Terra.

Page 6: O sistema solar

A TERRADende o espazo mostrase coma un fermoso

planeta de tamaño medio e de cor azul.

• Presenta unha atmosfera cun 21% de osíxeno, e a súa superficie está ocupada nun 70% por auga.

• A distancia da Terra ó Sol é suficiente para manter un clima suave, durante o día e a noite.

• A súa masa e gravidade permitiron unha atmosfera gasosa, que forma unha barreira fronte as radiacións UV e IR do Sol.

• A imaxe nocturna da Terra caracterízase polas alfombras de luces que tapizan as cidades.

Page 7: O sistema solar

MARTE    É o cuarto planeta; é máis pequeno que a Terra e de cor vermella. Debido a súa cor, bautizouse na mitoloxía

co nome do deus da guerra, e os seus satélites con nomes como Fobos (medo) e Deimos (terror).

• Marte ten a súa superficie surcada de cráteres, pero destaca, sobre todos, o monte Olimpo, un enorme volcán cunha altura de 25 km.

• A súa atmosfera está formada nun 95% por dióxido de carbono e, aínda que presenta casquetes polares, son de xeo seco, é dicir de CO2, non de auga.

Page 8: O sistema solar

XÚPITER    Foi o primeiro planeta que estudou Galileo, quen descubriu tamén os seus catro satélites principais:

Europa, Calisto e Ganímedas.

• Ten unha masa 300 veces maior que a da Terra, pero a súa densidade é catro veces menor.

• É un xigante gasoso composto nun 90% por helio, con un pequeno núcleo rochoso.

• O seu período de rotación é de tan só 10 horas, o que fai que se produzan grandes correntes e tormentas na súa superficie. A máis coñecida é a Gran Mancha Vermella, de 30000 km de lonxitude.

Page 9: O sistema solar

SATURNOÉ, debido ós seus brillantes aneis, o máis espectacular dos planetas do sistema solar. O seu satélite principal é Titán.

• É un planeta moi lixeiro composto por hidróxeno, helio e outros gases como metano e amoníaco.

• A súa masa, tan pequena en comparación co seu enorme tamaño, fai que teña unha densidade menor que a da auga (podería flotar nela).

• Os seus aneis están formados por anacos de xeo de diferentes tamaños, e presentan distintas posicións debido á variación do eixe de rotación do planeta.

Page 10: O sistema solar

URANO    Debido á súa lonxana situación, non foi descuberto ata

que se atoparon bos telescopios.

• É un planeta xigante verde azulado que presenta aneis débiles.

• O máis característico é a súa inclinación de 98º respecto o plano da súa órbita, polo que parece rodar mentres xira ó redor do Sol.

• O seu tamaño é moito menor que o de Xúpiter ou Saturno, pero a súa atmosfera é moi similar.

• Os seus satélites principais son: Miranda, Umbriel, Ariel, Oberón e Titania.

Page 11: O sistema solar

NEPTUNO    Foi buscado polos astrónomos para explicar a as

perturbacións atopadas na órbita de Urano.

• Ten unha cor azul viva, presenta na súa superficie unha gran tormenta, a Gran Mancha Negra.

• En tamaño e composición é similar a Urano.

• Posee dous satélites principais: Tritón e Nereida. Tritón xira en sentido contrario á rotación de Urano.

Page 12: O sistema solar

PLANETAS ANANOSPor o de agora, son tres os planetas catalogados como ananos, aínda que pronto pode cambiar.

• Plutón: Pose unha órbita elíptica tan

excéntrica que en ocasións atópase máis lonxe do Sol que

Neptuno. O seu satélite, Carote, é candidato a ser considerado como outro planeta anano.

• Eris (Xena) É o maior planeta anano, maior que plutón.• Ceres É o máis pequeno; órbita entre Marte e Xúpiter, no cinturón de asteroides.

Page 13: O sistema solar

PlanetasDistancia ó Sol (millóns de km)

Período de rotación

Mercurio 57.9 88 días

Venus 108.2 224.7 días

Terra 149.6 365.26 días

Marte 227.9 287 días

Xúpiter 778.3 11.87 días

Saturno 1427 29.46 días

Urano 2896 84 días

Neptuno 4496 164.8 días

DATOS DOS PLANETAS

Page 14: O sistema solar

TAMAÑOS ASTROS SISTEMA SOLARImaxe a escala.