O río A R T A B R O S - Sociedad de Montaña Ártabros · Ruta do Contrabando, Nogueira(OR) √ 16...

2
28 de ENERO de 2017 O RIO ANLLONS POLA LARACHA SOCIEDADE DE MONTAÑA A R T A B R O S Descripción do percorrido. O río Anllóns é a arteria que da vida a comarca de Bergantiños percorrendoa de leste a oeste. Nace nos montes do Xalo, a uns 400 metros de altitude e desemboca no Atlántico na Ría de Corme e Laxe, onde forma un amplo esteiro, tras drenar os concellos de Cerceda, A Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana e Ponteceso. O seu percorrido é de 54,4 Km., dos que nós camiñaremos un pe- queno tramo, aproximadamente seis, os máis cercanos a vila da Laracha punto de saída da nosa excursión. As ribeiras e zonas inundadas do Anllóns están ocupadas por bosques de ribeira. As árbores máis frecuentes son o amieiro (sempre en charcos e cerca do curso da auga), o bidueiro (nas ladeiras máis altas), o salgueiro e o freixo. Como especies acompa- ñantes atopanse o salgueiro branco, as cerdeiras e as abeleiras co- múns. Ainda que a meirande parte do territorio está adicado as actividades agrícolas e madeireiras, ainda quedan pequeñas fragas, bosques atlánticos húmidos e caducifolios formados maiormente por carballos acompañados de castiñeiras, loureiros, piñeiros e por suposto eucaliptos, algún deles dun diámetro considerable. A fau- na está representada fundamentalmente por anfibios e pequenos mamíferos, destacando a gran variedade de aves que habitan tanto na ribeira como no interior, non sería estrano ver algún merlo de río voando a rente das augas. O home leva aproveitando estas terras dende moi antigo e ainda perviven pola zona numerosas pontes e bonitos e feiticeiros muíños que tempo atrás eran lugar de traballo e lecer das xentes. O autobús deixaranos na rúa Manuel Murguía frente o I.E.S. Agra de Leborís, dende aquí cada quen desplazarase para almorzar e facer as compras que precise, o pobo dispón de varias cafeterías, panaderías, e tendas de coméstibles. Despois do aprovisionamento voltaremos o mesmo lugar no que nos deixou o bus, para comen- zar a nosa andaina. Descendemos en dirección sur ata a pasarela de madeira que, bai- xando pola beira dereita do río, ven dende Gabenlle. Continua- mos por ela dirección oeste, alternando entre as duas beiras do río, ata atoparnos coa estrada AC-2404 onde remata a pasarela. Pasa- mos unha ponte baixo o asfalto e continuamos pola beira do río ata chegar a ponte Da Balsa onde deixaremos de mo- mento ó Anllóns, para en dirección sur bordeando o monte de Fragundi, achegarnos o seu afluente o Acheiro e con- templar a sua fermosa contorna, na que destaca un conxun- to de pequenos muíños que fan deste un lugar especial. Deixamos este fermoso val na busca dos montes do Escalo, dende onde poderemos contemplar unha ampla pánorámica da vila da Laracha, e dende aquí baixar cara o Anllóns. Atopámonos agora, na marxe contraria da pasarela, na beira esquerda do río, nun tramo dos máis fermosos. A contraco- rrente, por un bonito sendeiriño encamiñámonos a área recreativa de Gabenlle que atravesada polo río é un lugar agradable onde pasar o día. Despois dun ben merecido descanso, xa fixemos aproximadamente 13 Km., continuamos pola beira do río cara o lugar de Muiños de Abaixo. Pouco antes de chegar aquí, deixamos definitivamente o Anllóns, ascendendo pola fraga das Gándaras e tras pasar pola Ferrulleira, rematamos a nosa ruta per- to da aldea das Meneiroas, na estrada que dende o Xalo baixa cara A Laracha. Distancia aproximada: 16,5 Km. Tempo: 7 horas. Dificultade: media. Aconsellase levar roupa adecuada, e calzado con bo agarre Teléfono: 981 213115 Correo: [email protected] Teléfono Servicio asistencia 902136524 (Mapfre) Privado.981260320 .Monitor: 627854051 PROXIMAS ACTIVIDADES 2018 11 de febrero: Sendero do Aciveiro (PO) 11 marzo: Península do Morrazo, costa Sur (PO) 29 de marzo a 1 de abril: Serra de Bejar (SA) 8 de abril: Serra do Candan (PO) 21 y 22 de abril: Val de Fornela (LE) 6 de mayo: Ruta do Contrabando, Nogueira(OR) 16 a 20 de mayo: PP.EE. M. Occidental, Sajambre (AS) 2 y 3 de junio: Corno de Bico, Portugal 17 de junio: De Vilabade a Mirandela, Castroverde (LU) 30 de junio a 1 julio: Polos picos de Europa 8 de julio: Illa Cortegada, Sendeirismo e Kayaks (PO) 26 julio a 5 de agosto: Tirol, Austria 16 de septiembre: Rota de Xulio Verne 30 de septiembre: Ruta dos Poetas, Celanova (OR) 12,13 y14 de octubre: A pobra de Trives (OR) 28 de octubre: Polo castro Castañoso, Fonsagrada (LU) 10 y 11 de noviembre: Outono na Ribeira Sacra 25 de noviembre: O Mandeo por Terras de Aranga (C) 16 de diciembre: As Fervenzas de Bergantiños e Xantar

Transcript of O río A R T A B R O S - Sociedad de Montaña Ártabros · Ruta do Contrabando, Nogueira(OR) √ 16...

Page 1: O río A R T A B R O S - Sociedad de Montaña Ártabros · Ruta do Contrabando, Nogueira(OR) √ 16 a 20 de mayo:PP.EE. M. Occidental, Sajambre (AS) √ 2 y 3 de junio:Corno de Bico,

28 de ENERO de 2017

O RIO ANLLONS POLA LARACHA

SOCIEDADE DE MONTAÑA

A R T A B R O S

Descripción do percorrido.

O río Anllóns é a arteria que da vida a comarca de Bergantiños percorrendoa de leste a oeste. Nace nos montes do Xalo, a uns 400 metros de altitude e desemboca no Atlántico na Ría de Corme e Laxe, onde forma un amplo esteiro, tras drenar os concellos de Cerceda, A Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana e Ponteceso. O seu percorrido é de 54,4 Km., dos que nós camiñaremos un pe-queno tramo, aproximadamente seis, os máis cercanos a vila da Laracha punto de saída da nosa excursión. As ribeiras e zonas inundadas do Anllóns están ocupadas por bosques de ribeira. As árbores máis frecuentes son o amieiro (sempre en charcos e cerca do curso da auga), o bidueiro (nas ladeiras máis altas), o salgueiro e o freixo. Como especies acompa-ñantes atopanse o salgueiro branco, as cerdeiras e as abeleiras co-múns. Ainda que a meirande parte do territorio está adicado as actividades agrícolas e madeireiras, ainda quedan pequeñas fragas, bosques atlánticos húmidos e caducifolios formados maiormente por carballos acompañados de castiñeiras, loureiros, piñeiros e por suposto eucaliptos, algún deles dun diámetro considerable. A fau-na está representada fundamentalmente por anfibios e pequenos mamíferos, destacando a gran variedade de aves que habitan tanto na ribeira como no interior, non sería estrano ver algún merlo de río voando a rente das augas. O home leva aproveitando estas terras dende moi antigo e ainda perviven pola zona numerosas pontes e bonitos e feiticeiros muíños que tempo atrás eran lugar de traballo e lecer das xentes. O autobús deixaranos na rúa Manuel Murguía frente o I.E.S. Agra de Leborís, dende aquí cada quen desplazarase para almorzar e facer as compras que precise, o pobo dispón de varias cafeterías, panaderías, e tendas de coméstibles. Despois do aprovisionamento voltaremos o mesmo lugar no que nos deixou o bus, para comen-zar a nosa andaina. Descendemos en dirección sur ata a pasarela de madeira que, bai-xando pola beira dereita do río, ven dende Gabenlle. Continua-mos por ela dirección oeste, alternando entre as duas beiras do río, ata atoparnos coa estrada AC-2404 onde remata a pasarela. Pasa-

mos unha ponte baixo o asfalto e continuamos pola beira do río ata chegar a ponte Da Balsa onde deixaremos de mo-mento ó Anllóns, para en dirección sur bordeando o monte de Fragundi, achegarnos o seu afluente o Acheiro e con-templar a sua fermosa contorna, na que destaca un conxun-to de pequenos muíños que fan deste un lugar especial. Deixamos este fermoso val na busca dos montes do Escalo, dende onde poderemos contemplar unha ampla pánorámica da vila da Laracha, e dende aquí baixar cara o Anllóns. Atopámonos agora, na marxe contraria da pasarela, na beira esquerda do río, nun tramo dos máis fermosos. A contraco-rrente, por un bonito sendeiriño encamiñámonos a área recreativa de Gabenlle que atravesada polo río é un lugar

agradable onde pasar o día. Despois dun ben merecido descanso,

xa fixemos aproximadamente 13 Km., continuamos pola beira do río cara o lugar de Muiños de Abaixo. Pouco antes de chegar aquí, deixamos definitivamente o Anllóns, ascendendo pola fraga das Gándaras e tras pasar pola Ferrulleira, rematamos a nosa ruta per-to da aldea das Meneiroas, na estrada que dende o Xalo baixa cara A Laracha.

Distancia aproximada: 16,5 Km. Tempo: 7 horas.

Dificultade: media.

Aconsellase levar roupa adecuada, e calzado con bo agarre

Teléfono: 981 213115

Correo: [email protected]

Teléfono Servicio asistencia 902136524 (Mapfre)

Privado.981260320

.Monitor: 627854051

PROXIMAS ACTIVIDADES 2018

√ 11 de febrero: Sendero do Aciveiro (PO)

√ 11 marzo: Península do Morrazo, costa Sur (PO)

√ 29 de marzo a 1 de abril: Serra de Bejar (SA)

√ 8 de abril: Serra do Candan (PO)

√ 21 y 22 de abril: Val de Fornela (LE) √ 6 de mayo: Ruta do Contrabando, Nogueira(OR) √ 16 a 20 de mayo: PP.EE. M. Occidental, Sajambre (AS) √ 2 y 3 de junio: Corno de Bico, Portugal √ 17 de junio: De Vilabade a Mirandela, Castroverde (LU) √ 30 de junio a 1 julio: Polos picos de Europa

√ 8 de julio: Illa Cortegada, Sendeirismo e Kayaks (PO)

√ 26 julio a 5 de agosto: Tirol, Austria √ 16 de septiembre: Rota de Xulio Verne

√ 30 de septiembre: Ruta dos Poetas, Celanova (OR) √ 12,13 y14 de octubre: A pobra de Trives (OR)

√ 28 de octubre: Polo castro Castañoso, Fonsagrada (LU) √ 10 y 11 de noviembre: Outono na Ribeira Sacra

√ 25 de noviembre: O Mandeo por Terras de Aranga (C)

√ 16 de diciembre: As Fervenzas de Bergantiños e Xantar

Page 2: O río A R T A B R O S - Sociedad de Montaña Ártabros · Ruta do Contrabando, Nogueira(OR) √ 16 a 20 de mayo:PP.EE. M. Occidental, Sajambre (AS) √ 2 y 3 de junio:Corno de Bico,

16,5 kms.