O RAPTO DE PROSERPINA

23

Transcript of O RAPTO DE PROSERPINA

Page 1: O RAPTO DE PROSERPINA
Page 2: O RAPTO DE PROSERPINA
Page 3: O RAPTO DE PROSERPINA
Page 4: O RAPTO DE PROSERPINA
Page 5: O RAPTO DE PROSERPINA
Page 6: O RAPTO DE PROSERPINA
Page 7: O RAPTO DE PROSERPINA

• Tifeo é o causante de todo este mito. Este era un xigante que Xúpiter levou ao inferno para facerlle pagar pola súa soberbia.

Page 8: O RAPTO DE PROSERPINA

• Tifeo estaba enterrado baixo Sicilia e de cando en vez este tentaba liberarse facendo mover así o chan da illa e quebrando a terra.

Page 9: O RAPTO DE PROSERPINA

• Cada vez que Tifeo facía vibrar a terra, Plutón saía preocupado porque non quería que se fixese unha fenda tan grande como para que puidese pasar a luz do sol ao inframundo.

Page 10: O RAPTO DE PROSERPINA

• Nunha desas visitas de Plutón por Sicilia quedou prendado da beleza de Proserpina, á que viu preto do río.

Page 11: O RAPTO DE PROSERPINA

• E aínda que as ninfas o intentaron impedir, Plutón raptou a Proserpina.

Page 12: O RAPTO DE PROSERPINA

• Ceres, a nai de Proserpina, cando se deu conta da súa falta, comezou a gritar desconsolada na súa busca.

Page 13: O RAPTO DE PROSERPINA

• Foi ao río onde adoitaba estar a súa filla e alí atopou o cinto dourado que levaba Proserpina o día do rapto.

Page 14: O RAPTO DE PROSERPINA

• Ceres, como deusa da terra, estaba moi enfadada co mundo porque non lle dicía onde estaba a súa filla.

Page 15: O RAPTO DE PROSERPINA

• Desta maneira, caeu unha maldición sobre a terra que fixo que as selvas fosen desertos, os mares se convertesen en xeo, e a fame comezou a propagarse polos pobos e cidades.

Page 16: O RAPTO DE PROSERPINA

• Xúpiter, como pai de todos os deuses, tiña que facer algo porque Ceres o ameazara con acabar coa vida da terra. Así, Xúpiter enfrontábase a Plutón pedíndolle que lle devolvese a Ceres a súa filla.

VS

Page 17: O RAPTO DE PROSERPINA

• Plutón non estaba moi convencido e, como é típico dos deuses, fixo un trato co que puidese saír beneficiado.

Page 18: O RAPTO DE PROSERPINA

• Plutón vira a Poserpina comer os froitos do inferno, seis sementes de granada. Polo tanto, díxolle que se comese eses froitos nunca máis ía poder volver á vida normal por completo.

Page 19: O RAPTO DE PROSERPINA

• Desta maneira obrigaba a Proserpina a pasar seis meses do ano coa súa nai, Ceres, e seis meses do ano con el.

• Un mes por cada semente que comera.

Page 20: O RAPTO DE PROSERPINA

• Así nace a primavera. Cando Proserpina regresa coa súa nai. Esta decora a terra de froitos, follas verdes, árbores, flores…

Page 21: O RAPTO DE PROSERPINA

• Pola contra, cando chega o outono significa que Proserpina volveu con Plutón ao inframundo.

Page 22: O RAPTO DE PROSERPINA

• Esta é, entón, a explicación mitolóxica da existencia das estacións.

Page 23: O RAPTO DE PROSERPINA

Realizado por Laura Martínez Carrodeguas

1ºA de bacharelato

Nº13