O público é teu: sálvao! - ccoo.gal · do libre me rcado son o fantasma q ue percorre a nosa...

8
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 47 - decembro de 2013 P or mor da política neo- liberal do PP, corren serio perigo os servi- zos públicos, elementos fundamentais para a cohe- sión social, a redistribución da riqueza e unha saída xusta da crise. Por esta razón, CCOO inicia unha campaña en defensa do pú- blico que procura concien- ciar e implicar a cidadanía nesta loita, para que non nos arrebaten o que logrou tan- tos anos construír e o entre- guen aos intereses privados. O público é teu: sálvao! O público é teu: sálvao!

Transcript of O público é teu: sálvao! - ccoo.gal · do libre me rcado son o fantasma q ue percorre a nosa...

Page 1: O público é teu: sálvao! - ccoo.gal · do libre me rcado son o fantasma q ue percorre a nosa xeografía en santa cruzad a, cun afán desafo - rado por eliminar o rol cpúblico

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 47 - decembro de 2013

Por mor da política neo-liberal do PP, correnserio perigo os servi-

zos públicos, elementosfundamentais para a cohe-sión social, a redistribuciónda riqueza e unha saída

xusta da crise. Por estarazón, CCOO inicia unha

campaña en defensa do pú-blico que procura concien-ciar e implicar a cidadaníanesta loita, para que non nosarrebaten o que logrou tan-tos anos construír e o entre-guen aos intereses privados.

O público é teu:sálvao!

O público é teu:sálvao!

Page 2: O público é teu: sálvao! - ccoo.gal · do libre me rcado son o fantasma q ue percorre a nosa xeografía en santa cruzad a, cun afán desafo - rado por eliminar o rol cpúblico

GALIcIA SINdIcAL Número 47 - decembro de 2013

2

www.galicia.ccoo.es

EDITA: S. N. de CCOO de Galicia / Secretaría de Comunicación / COORDINACIÓN: Gabinete de Comunicación / REVISIÓN: Gabinete de Normaliza-ción Lingüística / COLABORARON NESTE NÚMERO: Benxamín Rocha Coladas (O Retrovisor), X. Rodríguez (opinión), Ángel Cameselle, Luz López e RamiroOtero (análise), B. Rocha, Yolanda Quintiá, Castor Fdez. Soto e Benxamín Vences (foto) / CONTACTO: [email protected] / PECHE: 13/12/2013

Nunca choveu quenon escampase

Os nosos dirixentes políticosdin con fachendosa ousa-día que están preparando o

sector público para un novo ciclocaracterizado pola globalizacióneconómica e o esmorecementoda capacidade de actuación dopoder político.Os dogmas da globalización e

do libre mercado son o fantasmaque percorre a nosa xeografía ensanta cruzada, cun afán desafo-rado por eliminar o rol público doEstado e o gasto social, comi-nando, pola contra, as Adminis-tracións a transferir a mansprivadas servizos públicos, pen-sións e ata recursos naturais.Neste obxectivo, os Gobernos

central e autonómico están ac-tuando con dilixencia ao servizodos mercados, ao mostrárenseinsensibles ante a desprotecciónmáis absoluta de moreas de des-herdados da terra, parados senfuturo e unha mocidade abocadaá emigración mini job. Como podemos entender, se

O RETROVISOR · por Benxamín Rocha

non, que con Feijóo os orzamen-tos da Xunta de Galicia se redu-ciran un 38%, o gasto social un16%, o investimento público un55%, os gastos en sanidade en370 millóns de euros, os de edu-cación en 358 millóns e as políti-cas de emprego en 238 millóns?Ah!, si, para reducir o déficit

público! Pero resulta que este ca-balo de Troia se desbocou desdeos 3.922 millóns de euros de haicatro anos ata os 9.397 millónsactuais. Non importa, as contascádranlles: uns poucos multipli-can as súas ganancias en detri-mento da maioría. Ese é oobxectivo. Son ben mandados.No fondo de todo isto hai un

gravísimo problema que vai aléndas condicións económicas:catro poderosos estanse apro-piando da Democracia, dos re-sortes do «poder do pobo», parautilizalos na súa comenencia ebeneficio. De nós depende facerbo o refrán: «Nunca choveu quenon escampase».

SEN COMENTARIOS

Arriba, mobilización comarcal en Ferrol en defensa do sector naval. Abaixo,concentración de cargos do PP diante da SEPI, en Madrid

Page 3: O público é teu: sálvao! - ccoo.gal · do libre me rcado son o fantasma q ue percorre a nosa xeografía en santa cruzad a, cun afán desafo - rado por eliminar o rol cpúblico

3

www.galicia.ccoo.es

GALIcIA SINdIcALNúmero 47 - decembro de 2013

OSindicato Nacional deComisións Obreiras deGalicia inicia unha cam-

paña para implicar a cidadaníana defensa dos servizos públi-cos. Desenvolverase nos pró-ximos meses so o lema «Épúblico, é teu. Sálvao» e pre-tende concienciar das repercu-sións negativas dos recortes eda deterioración destes servi-zos sobre as condicións devida da maioría da sociedadegalega.Nesta campaña participan as

federacións do Ensino, Sani-dade, Servizos á Cidadanía eServizos Privados, pero impli-cará o resto da estrutura doSindicato Nacional CCOO deGalicia, xa que se trata dunhacuestión que afecta a todos osgalegos e galegas, sexa cal foro seu sector de actividade ousituación laboral.Para CCOO, os servizos pú-

blicos son o piar do estado dobenestar e esenciais polopapel que cumpren á hora deredistribuír a riqueza que ostraballadores e as traballadoraproducen co seu esforzo noscentros de traballo; son funda-mentais para que a saída dacrise sexa xusta e equitativa.Porén, os orzamentos do Es-

tado e os autonómicos para o2014 representan un pasomáis na política de recortes edeterioración duns servizospúblicos que nos últimos anosse viron xa moi minguados. Istoprovocará o empeoramentodas condicións de vida dossegmentos de poboación máisdesfavorecidos e acelerará oempobrecemento da cidada-

nía. A crise económica está aser aproveitada como coartadapara demoler o modelo socialeuropeo, que é o que recolle anosa Constitución. Daquela, adefensa dos servizos públicossupón defender o futuro danosa sociedade e do noso país,polo que non podemos permitirnin a súa deterioración nin asúa desaparición.Iniciamos esta campaña

para frear a destrución do sec-tor público, conscientes de quea súa recuperación non che-gará se non vai acompañadado apoio social. Apoio como,por exemplo, o que se viu o pa-sado día 10 nas manifesta-cións masivas a prol dasanidade pública, colofón adúas xornadas de folga sanita-ria. Recortar na sanidade sig-nifica perder a universalidadeda atención sanitaria, amais deser a primeira medida paradesacreditar o sistema públicosanitario e proceder ao seudesmantelamento, logo da pri-vatización da súa xestión. Estesrecortes provocan o peche oua redución de centros, servizos,quirófanos e a camas hospita-larias, o incremento das listasde espera, o colapso das ur-xencias e a creación de novoscopagamentos. Supoñen, enresumo, unha prestación sani-taria cada vez peor que prexu-dica especialmente a quen nonpode permitirse pagar polaatención na sanidade privada.Canto ao ensino, os recor-

tes debilitan a escola pú-blica, aquela que garante auniversalización do dereito áeducación. Nos últimos

EDITORIAL

É público, é teu. Sálvao

forestal que asolou o parquenatural do Xurés. Esta deterio-ración chega tamén ao ámbitomáis próximo pola reforma daAdministración local, a máisachegada á cidadanía.Por todo isto, CCOO consi-

dera que hai políticas alterna-tivas, por iso lles esiximos aosGobernos central e autonómicounha mellor xestión dos fondospúblicos, máis eficaz e trans-parente; que os ingresos reca-dados mediante os impostosse utilicen para ampliar a co-bertura do estado do benestar,non a crear negocio privado;que arrequenten os ingresospúblicos mediante o combateá fraude fiscal e reformando afiscalidade para que paguemáis quen máis ten; que haxamaior control e vixilancia dascondicións dos concertos econcesións dos servizos públi-cos; que se revertan ás Admi-nistracións públicas servizospúblicos esenciais e, final-mente, unhas Administraciónspúblicas próximas á cidadanía.

anos, os Gobernos da dereitareduciron as medidas deapoio ao alumnado, incre-mentaron as taxas universi-tarias, reduciron o profeso-rado a un ritmo maior do quese repuxo. Coa chegada daLOMCE a situación empeorará,xa que se imporá un sistemaeducativo clasista e romperáco principio básico da igual-dade de oportunidades.En definitiva, os recortes

afectan a todas as administra-cións públicas, desde a Xeraldo Estado á autonómica ou álocal. Ademais, vívese un pro-ceso en que se están a desviarcara ao sector privado funciónsencomendadas a traballadorase traballadores públicos, comoacontece co cambio normativopara a seguridade privada. Nosúltimos tres anos destruíronsemilleiros de empregos no sec-tor público galego, o que su-mado aos recortes económicose materiais derivou nunhaprestación deficiente; comoproba, por exemplo, o incendio

Page 4: O público é teu: sálvao! - ccoo.gal · do libre me rcado son o fantasma q ue percorre a nosa xeografía en santa cruzad a, cun afán desafo - rado por eliminar o rol cpúblico

GALIcIA SINdIcAL Número 47 - decembro de 2013

4

www.galicia.ccoo.es

Educación pública:recortes, conflitos

Para ninguén é novidade quedesde hai meses estamosen continuo conflito coas

autoridades educativas que máisnos afectan. Loxicamente, refí-rome ao ministro Wert e ao con-selleiro Vázquez. Cada un no seuámbito e os dous en perfecta co-ordinación, conseguiron que todaa comunidade educativa deamosunha resposta conxunta.Que se esprema os Erasmus;

que se recorten as bolsas ata opunto de que o alumnado teñaque renunciar a seguir estudandopor unhas décimas na súa notamedia e pase a engrosar as listasdos servizos de emprego sen es-peranzas nin formación; que re-duzan e desaparezan as bolsasda Administración para accederaos comedores escolares, candoas distancias no rural fan impo-sible que o alumnado vaia xantará casa e se reincorpore a tempoás clases da tarde; que se modi-fiquen as políticas de préstamosde libros de texto que garantían agratuidade; que as condiciónsde traballo do profesorado e dopersoal non docente sexan de-

gradadas; que se insinúe queata o de agora non se traba-llaba e que eles nos poñen aandar; que as aulas estaban ba-leiras e había que aumentar oalumnado; que…A nosa concepción do ser-

vizo público educativo obríga-nos a nos enfrontar co retró-grado da LOMCE. É unha granmanobra ideolóxica que o neoli-beralismo privatizador avanzouaquí, en Madrid e en Valencia, eque na educación e a sanidadequere estender ao resto da po-boación. Todo iso adubado cunsacordos con Rouco Varela cosque a Conferencia Episcopal botafoguetes, malia que aínda sequeixa de que os nenos de infan-til e os adolescentes de bachare-lato quedan desamparados dasúa tutela doutrinal.Falando da LOMCE, mentres que

a LOE pretendía educar cidadás ecidadáns democráticos, respon-sables, libres, críticos e conside-raba que a boa educación é unhariqueza e o maior recurso dunpaís, a LOMCE quere unha cidada-nía competitiva e considera a

educación unha aposta polo cre-cemento económico.A lei que acaban de aprobar

non ten xustificación: non seacompaña dunha análise rigo-rosa do sistema educativo, quexebre as partes que funcionane as que non funcionan paramodificar estas. Está destinadaa mercantilizar aínda máis osistema educativo, pois nume-rosas medidas teñen como fi-nalidade encuberta promovermáis a súa privatización. É se-xista, xa que permite os cole-xios que segregan por sexo e oseu concerto educativo.A LOMCE é tamén unha lei que

ataca o galego e é recentraliza-dora –quita competencias ás co-munidades autónomas–, amaisde converter o sistema educativonunha carreira de obstáculos,con reválidas que terán notablesrepercusións no alumnado enos centros: os alumnos teránque superalas para non repetir,que non apareza no seu expe-diente ou poder obter o título deESO ou de bacharelato. Cos resul-tados desas reválidas publicaraseunha clasificación de centros; osque ocupen os primeiros postosrecibirán máis recursos e asímanterán a súa posición e serános escollidos por máis familiaspara escolarizar os seus fillos.Na mesma liña que as actua-

cións do PP, estamos ante unhalei autoritaria, que faculta a Admi-nistración a escoller a persoa quedirixa un centro e outórganlletodo o poder de decisión. O Con-sello Escolar, no que está repre-sentada toda a comunidadeeducativa, queda relegado a sim-ple órgano consultivo.Denunciamos tamén o carácter

segregador dunha lei que, paragarantir bos resultados nas pro-bas internacionais, vai apartandoo alumnado que non acada os

obxectivos cara a uns «progra-mas de mellora da aprendizaxe».Este alumnado non terá reforzoeducativo para lograr os obxec-tivos propostos, terá difícil a súaincorporación en vindeiros cur-sos canda os seus compa-ñeiros. Obriga o alumnado a de-cidir o seu futuro académico en3.º da ESO.Por último, é unha lei que

impón unha disciplina alternativaá relixión para garantir esta na es-cola e que desprestixia a forma-ción profesional: crea unha FPbásica, na que obteñen unha ca-pacitación mínima con vistas aomercado, facendo que no graomedio se teñan que impartir ma-terias como matemáticas e lin-gua, restándolles horas áspropias da especialidade, o quesupón un retroceso no que se lo-grara ata o de agora na FP. Asímesmo, endurécense os requi-sitos de acceso aos ciclos degrao superior ao ter que pasartodo o alumnado por unhaproba de acceso.

Máis desigualdadeA LOMCE plasma no papel o

que se vén aplicando en Galicia,Madrid e Valencia desde hai unsanos, e os resultados non sonbos: acaban coa atención á di-versidade; non se constrúen es-colas públicas pero si se llescede solo público aos centrosprivados; o abandono educativotriplicouse e aumentou o nú-mero alumnado que repitecurso; os resultados escola-res dependen cada vez máisdo estrato social de proceden-cia, daquela, a escola deixa decompensar desigualdades. ALOMCE e as políticas do PP enmateria educativa pretendencambiar o modelo social a travésdo cambio de modelo educativo. Por todo isto, non estamos de

acordo con esta contrarreformaeducativa que ensanchará asdesigualdades sociais, deixaráfóra do sistema o alumnado conproblemas e necesidades edu-cativas especiais, e todo a proldunha ideoloxía neoliberal.

Luz LópezSecretaria xeral da Federación do Ensino e coordinadora da Área Pública de CCOO

Page 5: O público é teu: sálvao! - ccoo.gal · do libre me rcado son o fantasma q ue percorre a nosa xeografía en santa cruzad a, cun afán desafo - rado por eliminar o rol cpúblico

5

www.galicia.ccoo.es

GALIcIA SINdIcALNúmero 47 - decembro de 2013

A sanidade é servizo,o privado é beneficio

Oequipo presidido por Al-berto Núñez Feijóo leva sócinco anos á fronte da

Xunta, pero nunca ninguén fixotanto dano en tan pouco tempoao sistema sanitario público ga-lego: en tres anos perdéronse300 millóns de euros nos orza-mentos e, nos últimos docemeses, destruíronse ao redor de2.000 postos de traballo.Apoiado primeiro en Pilar Far-

jas e agora en Rocío Mosquera,o xefe do Executivo galego teimaen desmantelar a sanidade pú-blica, en empeorar o servizo á ci-dadanía para xustificar despois aprivatización. Nos cinco anos queleva de presidente, Feijoó com-portouse como un auténtico li-quidador do público. Un exemplodisto é a privatización do novohospital de Vigo. O novo centroconstrúese con atraso, con re-corte de camas, servizos e me-tros cadrados, custará catroveces máis ca se fose integra-mente público e, por último, pri-

vatízanse boa parte dos servizos,ao tempo que os restantes seránxestionados por intereses priva-dos, polo menos vinte anos.A Lei de garantías sanitarias é

outro paso máis na dirección pri-vatizadora. Primeiro, recórtase asanidade pública ata límitesnunca antes imaxinados –recor-tes de persoal, de camas, de qui-rófanos, etc.– para incrementaras listas de espera. Despois, ar-gallan unha lei que fixa uns pra-zos de atención que, no caso deque o sistema público non ospoida cumprir, provocará a deri-vación de doentes para a sani-dade privada… pero a cargo dodiñeiro público.Veremos o que acontece pro-

ximamente coa implantación dasunidades de xestión clínica, quenon son senón microempresasprivadas creadas nos hospitaispúblicos. Microempresas, ade-mais, que competirán entre elaspara lograren maiores beneficios,o que se acadará en detrimento

da calidade asistencial. E cómprefalar tamén da privatización daalta tecnoloxía dos hospitais, quereportará notables beneficios ásconstrutoras e bancos rescata-dos co diñeiro público.Simultaneamente, a Xunta

practica unha falsa austeridade:din que non hai cartos para redu-cir listas de espera, pero hainospara construír un hospital de xes-tión privada que resulta catroveces máis caro e que terámenos camas e servizos ca sefose totalmente público.Parece clara a intención de

abrir vías de negocio á custa doservizo público, mesmo á custados recursos públicos, isto é, ácusta dos nosos impostos. Aotempo, implantan xa non o copa-gamento, senón o repagamentosanitario. Daquela, ademais do fi-nanciamento a través dos impos-tos, temos que volver pagar aprestación sanitaria pondo donoso peto diñeiro para fármacos,material ortoprotésico, ambulan-cias... Un gasto que se ceba enquen menos recursos ten.Xa abonda de intromisión dos

grupos de presión e das empre-sas no noso sistema público desaúde. Esiximos que se destinená sanidade todos os recursos pú-blicos posibles; queremos aapertura inmediata das máis deduascentas camas pechadas enGalicia e que nos meses de veránestea dispoñible o 100 % delas,non como nos últimos anos. Asaúde non se vende: deféndese!E témola que defender as per-soas que cremos nela, queapostamos por unha sanidadepública, universal, de calidadee gratuíta no momento deusala, porque xa a financiamoscos nosos impostos. Non que-

Ángel CameselleSecretario xeral da Federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios

nApoiado primeiro en Farjas e agora en Mosquera, Feijóo pilota o desmantelamento da sanidade pública

remos un futuro en que o mer-cado expulse da prestación sa-nitaria milleiros de doentes sópor careceren de recursos eco-nómicos.Queremos que abran polas tar-

des os servizos centrais: quirófa-nos, laboratorios, radioloxía,consultas… Non é de lei termosservizos infrautilizados ao tempoque o Sergas concerta coa sani-dade privada, que si funcionanese horario. Instamos a que secubran os postos de traballo dopersoal con vacacións ou baixastemporais, así como a que se re-poñan os efectivos que se xubi-laron. Esta medida axudará tantoa combater o desemprego comoas escandalosas listaxes de es-pera. Esiximos a aplicaciónestrita da lexislación sobreincompatibilidades e a elimi-nación das peonadas. Por úl-timo, queremos que á fronteda sanidade pública galegaestean persoas que crean noservizo público, non persoassometidas a grupos de pre-sión con intereses espurios.Por todo isto e máis, os pasa-

dos días 9 e 10 de decembro, astraballadoras e traballadores dasaúde fomos á folga en Galicia,48 horas de paro para rexeitaruns recortes que prexudican a ci-dadanía e que consolidan ocamiño da privatización da sani-dade, deteriorando ata niveisnunca vistos a prestación dunservizo público fundamental. Nonestivemos sós, non estivemossoas: milleiros de persoas mani-festáronse connosco o martes 10nas prazas e rúas de trece locali-dades galegas. A cidadanía tenoclaro: a sanidade é servizo, o pri-vado é beneficio. Beneficio dosde sempre, abofé!

Page 6: O público é teu: sálvao! - ccoo.gal · do libre me rcado son o fantasma q ue percorre a nosa xeografía en santa cruzad a, cun afán desafo - rado por eliminar o rol cpúblico

GALIcIA SINdIcAL Número 47 - decembro de 2013

6

www.galicia.ccoo.es

Abolir os servizos públicos:aposta ideolóxica do PP

Nos últimos anos, a cidada-nía galega vén sufrindo, enconsonancia co resto do

Estado, políticas de recortes pro-fundos en todos os servizospúblicos; recortes que teñensimilitudes cos executadospolo Goberno central, perotamén moitas singularidadesna nosa comunidade.Precisamente, o Goberno do

Partido Popular na Xunta de Ga-licia, contrariamente ao que sendúbida cren fóra das nosas fron-teiras, vén demostrando ser oideólogo avanzado do PP á horade aplicar medidas de recorte su-plementarias ás que aplica o Go-berno central.Abonda con se fixar un chisco

nos orzamentos xerais de Galiciapara decatarse de que todas aspartidas de responsabilidade di-recta da Xunta de Galicia que íandirixidas, dun xeito ou doutro, aservizos públicos de toda índole,sufriron reducións substanciaisano tras ano; reducións que inci-

den directamente na perda cons-tante de calidade de vida das ga-legas e dos galegos, e xa vancinco anos seguidos.Os recortes son fondos e con-

tinuados e están a mudar e dete-riorar totalmente a cantidade e acalidade dos servizos e das ad-ministracións públicas. As pro-pias cifras e datos que oMinisterio de Facenda e Adminis-tracións Públicas recolle sobre anosa comunidade autónoma, enrelación ás tres administracións,son concluíntes ao respecto.En termos de persoal, entre

xaneiro de 2010 e decembrode 2012, os concellos galegosperderon 6.279 postos de tra-ballo estruturais dun total de31.317, o que significa unhaperda do 22,14% do total. Es-ta enorme mingua de persoalpor forza afecta á cantidade e acalidade dos servizos que seprestaban, coa conseguinte re-percusión sobre a poboación e,fundamentalmente, sobre as

clases máis necesitadas.Que servizos se ven atangui-

dos? En primeiro lugar, todos osque dependían do financiamentodas Administracións central e au-tonómica; servizos de proximi-dade que ninguén máis ofrece eque, nunha alta porcentaxe, coin-ciden cos que entrañan unenorme compromiso social e, aodesapareceren, deixan inermes eabandonados á súa sorte os sec-tores da poboación máis febles enecesitados (servizos para a de-pendencia, axuda a domicilio, co-laboración social, atención ádrogodependencia, equipos deinclusión social, servizos sociaiscomunitarios, axuda e colabora-ción social, plan xitano…), servi-zos que se foron adelgazandoano tras ano ata quedaren aobordo da desaparición. Por poñeralgún exemplo, as porcentaxesde redución dos orzamentos nes-tes tres últimos anos superan o38 % cando falamos dos servizossociais en xeral, ou o 80 % demedia se nos referimos á axudano fogar. O mesmo está a acon-tecer con outros moitos servizosprestados desde os concellos,como as axudas ao deporte, o tu-rismo, a limpeza de praias, asemerxencias (Grumir).A todo isto sumarase agora a

nefasta reforma que o Gobernocentral pretende aplicar unila-teralmente á Administraciónlocal. Unha reforma que llesimpedirá aos concellos com-plementar os servizos de edu-cación, cultura, saúde, e quefará desaparecer, entre outros,a prestación dos esenciais ser-vizos sociais á cidadanía. Ade-mais, prevé eliminar milleiros depostos de traballo, o que com-portará unha perda aínda mei-

Ramiro OteroSecretario xeral da Federación de Servizos á Cidadanía

n Á fronte da Xunta, o PP galego é o ideólogo dos recortes nos servizos públicos en todo o Estado

rande de calidade nos servizos.O escenario tórnase dantesco

se a estes recortes lles engadi-mos a imposibilidade legal dosconcellos para crearen emprego,pola imposición dunha taxa dereposición que, na práctica, sig-nifica que todos os postos quequeden vacantes non poderáncubrirse e se extinguirán, e taméno adelgazamento de servizos pú-blicos de titularidade municipalpor mor da continuada privatiza-ción (recollida do lixo, limpezaviaria e de instalacións e edificios,seguridade, mantemento, servizode augas, tramitación de multase sancións…).Onde quedou o famoso Pac-

to Local, que recoñecía e pre-tendía achegar e incrementaros servizos de proximidadenos concellos?Na mesma dirección actúa a

Administración pública estatal enGalicia: a política de amortizaciónde prazas e de recortes de per-soal traduciuse nunha perda de1.742 empregos entre 2010 e2012 (719 no último ano), supe-rando a media estatal nun 60 %.Tampouco a Administración

autonómica é allea aos recortes,que os aplica de múltiples for-mas: desde o que impuxo ao seucadro de persoal –unha perdaacumulada de 2.279 empregosestruturais no mesmo período–,á continua perda de dereitos e re-baixas salariais, moi superioresestas ás estatais. Mais taménsobre servizos sensibles e funda-mentais para a cidadanía, comatal os servizos de ambulancias:nos dous últimos anos están nasmans de concesionarias priva-das, pero é a cidadanía quen ospaga cos seus impostos, e pordecisión do Goberno da Xunta

Page 7: O público é teu: sálvao! - ccoo.gal · do libre me rcado son o fantasma q ue percorre a nosa xeografía en santa cruzad a, cun afán desafo - rado por eliminar o rol cpúblico

7

www.galicia.ccoo.es

GALIcIA SINdIcALNúmero 47 - decembro de 2013

foron sufrindo múltiples recortes(diminución do número de am-bulancias, redución dos servizosnocturnos, gran rebaixa do orza-mento ou o futuro copagamentodo servizo).Outro exemplo son os tremen-

dos recortes aplicados nas polí-ticas de defensa do medionatural, vital na nosa comuni-dade. Por un lado, ponse enmans privadas a xestión da loitacontra o lume, e, por outro, des-regúlanse, deterióranse e redú-cense os dispositivos humanos,técnicos e materiais, así como osorzamentos para este fin. O re-sultado son os graves acontece-mentos que xa vivimos esteúltimo verán, pero que se veñanrepetindo ano a ano nos períodosestivais.A Administración de Xustiza

tamén está a sufrir os recortesque repercuten de maneira di-recta na cidadanía, dificultando egravando o acceso a ela. A lei detaxas, a privatización dos rexis-tros civís, a carencia de medioshumanos e técnicos, as medidasde restrición para acceder á xus-tiza plasman as reformas legaisque afastan a cidadanía, non xada xustiza, senón do dereito de-mocrático a ela.Tampouco fican fóra dos re-

cortes os servizos aeroportuariospúblicos. Na súa carreira de des-mantelamento do público, a de-cisión de privatizar AENA abun-da sobre esta cuestión, encare-cendo o servizo á cidadanía econvertendo unha prestaciónpública noutro negocio, que re-percutirá nos aeroportos gale-gos ao encarecer os seusservizos notablemente.Non debemos esquecer os re-

cortes impostos en Galicia nosúltimos tres anos sobre os servi-zos ferroviarios de viaxeiros (13estacións pechadas este ano e 26en anos anteriores; 1.162 para-das menos, 94 servizos suprimi-dos e 185.000 persoas usuariasafectadas cada ano). Estas medi-das están a limitar, condicionar eencarecer a mobilidade da po-boación galega, sobre todo a do

rural e as pequenas vilas. Amaisdisto, a liberalización prevista su-porá, sen dúbida ningunha, unhamaior deterioración do noso ser-vizo ferroviario, todo iso aga-chado tras unha aparencia demodernización coa implantaciónsen data definitiva do AVE á custado ferrocarril de proximidade.Os traballadores e traballado-

ras dos portos dependentes doMinisterio de Fomento (Ferrol, ACoruña, Vilagarcía, Marín e Vigo)veñen sufrindo os mesmos re-cortes de salarios, dereitos e faltade creación de emprego ca oresto da Administración, aíndaque non están sufragados polosorzamentos do Estado, senónque son entes autofinanciados, eque as autoridades portuariasachegan ao Estado uns benefi-cios de máis de 200 millóns.O sector postal público de co-

rreos leva os últimos anos some-tido a un ataque sistemático porparte de grupos de presión priva-dos que pretenden o acceso libreá rede postal para captar os ni-chos rendibles do mercado e dei-xarlle a Correos a parte deficitaria.Isto tería graves consecuenciasen Galicia onde, con 315 conce-llos cunha elevada dispersiónxeográfica, boa parte dos servi-zos non serían rendibles e deixa-ría a moitos galegos e galegasexcluídos dos servizos postais.Canto aos medios de comuni-

cación social públicos, á CRTVGaplicáronselle nos últimos anosprofundos recortes, ampara-dos por normativas específi-cas aprobadas polo Goberno daXunta, coa indiscutible intenciónde adelgazala, pechar servizos eprivatizala.O feito de non se librar dos re-

cortes nin un só dos servizos pú-blicos existentes, parece indicarque a crise é a desculpa dos go-bernos, central e autonómico,para facer desaparecer uns oupara adelgazar ou deteriorar ou-tros moitos. Pretenden eliminaro noso precario estado do benes-tar e abrirlle o camiño á iniciativaprivada. A súa aposta é, non cabedúbida, unha cuestión ideolóxica.

Na imaxe superior, cadea humana ao redor do Concello da Coruña hai unhas se-

manas contra o proxecto de reforma da administración local. Na imaxe central,

concentración en Vigo do sector da Xustiza contra a lei de taxas xudiciais e a pri-

vatización dos rexistros civís. Na inferior, concentración do persoal da CRTVG

diante do Parlamento de Galicia en defensa do servizo público de radiotelevisión

Page 8: O público é teu: sálvao! - ccoo.gal · do libre me rcado son o fantasma q ue percorre a nosa xeografía en santa cruzad a, cun afán desafo - rado por eliminar o rol cpúblico

Número 47 - decembro de 2013

Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

No último mes e medio,Galicia mobilizouse endúas ocasións coa plata-

forma Nunca Máis para rexei-tar a sentenza do casoPrestige, fin dun proceso xudi-cial que acabou sen culpables.A sociedade galega vestiu,unha vez máis, o traxe da dig-nidade para amosar o seu re-xeitamento a esta resolución eesixir responsabilidades polamaior catástrofe ambiental danosa historia.A maioría social do noso país

ten a convicción de que aquelacatástrofe se podía evitar senon fose por un cúmulo de de-cisións políticas inadecuadas.Outro tanto se podería dicir dainstrución do caso, que deixoufóra do banco dos acusadosos principais responsables: acompañía clasificadora que lledera ao Prestige licenza parapara navegar.Sexa como for, neste país sa-

bemos moito de catástrofesque se podían evitar. CCOOleva anos a esixir melloras noservizo público de defensacontra incendios fores-tais. Entre as principais reivin-dicacións está unha maior do-tación material e humana parasufocar os lumes. Outra dasdemandas do sindicato é que,dunha vez por todas, a Xuntaacometa unha política de pre-vención que debe comezar xano inverno. Por exemplo, o finaldo inverno do 2012 destacoupolas poucas precipitacións, ea finais de marzo dese ano ar-deron as fragas do Eume. Opasado 30 de novembro, CCOOdenunciou o despedimento de610 persoas dese servizo, de-cisión que chamou «temeri-dade». Aos poucos días, ardeuo parque natural do Xurés. Osrecortes nos servizos públicosdesatan estas desgrazas.

Arde Galicia conlume forestal

O PUNTO XE

Por X. Rodríguez