O Provisional - edu.xunta.gal · Chega a Galicia no ano 1963 ... O Provisional, que chega...

12
Rematou unha nova ampliación Xornal de Información Xeral do Instituto de Educación Secundaria "María Sarmiento" O Provisional Ano XXIV - Número 67 Viveiro, 21 de decembro de 2017 PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS - CURSO 2003-04 Despois de sucesivos retrasos e do cambio de empresa construtora, Rematou unha nova ampliación O 15 de setembro, coincidindo coa data de comezo do curso escolar 2017- 2018, estreamos un novo edificio que incrementa en catro o número de aulas do centro, polo que contamos neste mo- mento con 36 espazos comúns e varias aulas materia, talleres e laboratorios. No acto de presentación estiveron presentes, ademais de autoridades polí- ticas, a directora Helena Pérez Inés e a inspectora Branca Guerreiro Muñóz. En principio, eses novos espazos e equipamentos destínanse a dous grupos de 1º e 3º de ESO, un curso de Adminis- tración e outro de F. P. básica, tamén da familia de Administración A obra pecha, definitivamente, a am- pliación do 1992, dándolle ao centro un aspecto estético mellorado na facha- da sur, cara á avenida da Misericordia. LETRAS GALEGAS 2018 María Victoria Moreno Márquez Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941 Pontevedra, 2005 Chega a Galicia no ano 1963 enriquecendo as nosas Letras tanto na narrativa infantil e xuvenil, como nos estudos literarios, no ensaio, na poesía e na didáctica da lingua e da literatura galegas. • Hora de lectura semanal • Reunión de ex-alumnos • Entrevista: Susana Quintela • Proxecto Voz Natura • Rematou Eduemprende 2016/17 • Samaín 2017 Zocas e zoqueiros • Cómic: Hallowen • Estamos contra os incendiarios • A punta de Socastro • Non toleramos a violencia SUMARIO:

Transcript of O Provisional - edu.xunta.gal · Chega a Galicia no ano 1963 ... O Provisional, que chega...

Page 1: O Provisional - edu.xunta.gal · Chega a Galicia no ano 1963 ... O Provisional, que chega puntual-mente, cada fin de trimestre, ... empregado no Pais Vasco

Rematou unha novaampliación

Xornal de Información Xeral do Instituto de Educación Secundaria "María Sarmiento"

O Provisional Ano XXIV - Número 67 Viveiro, 21 de decembro de 2017

PREMIO NACIONAL ÁS MELLORES PRÁCTICAS EDUCATIVAS - CURSO 2003-04

Despois de sucesivos retrasos e do cambio de empresa construtora,

Rematou unha novaampliación

O 15 de setembro, coincidindo coadata de comezo do curso escolar 2017-2018, estreamos un novo edificio queincrementa en catro o número de aulasdo centro, polo que contamos neste mo-mento con 36 espazos comúns e variasaulas materia, talleres e laboratorios.

No acto de presentación estiveronpresentes, ademais de autoridades polí-ticas, a directora Helena Pérez Inés e a

inspectora Branca Guerreiro Muñóz.En principio, eses novos espazos e

equipamentos destínanse a dous gruposde 1º e 3º de ESO, un curso de Adminis-tración e outro de F. P. básica, tamén dafamilia de Administración

A obra pecha, definitivamente, a am-pliación do 1992, dándolle ao centroun aspecto estético mellorado na facha-da sur, cara á avenida da Misericordia.

LETRAS GALEGAS2018

María VictoriaMoreno Márquez Valencia de Alcántara, Cáceres, 1941

Pontevedra, 2005

Chega a Galicia no ano 1963enriquecendo as nosas Letras tanto

na narrativa infantil e xuvenil, comonos estudos literarios, no ensaio, na

poesía e na didáctica da lingua eda literatura galegas.

• Hora de lectura semanal• Reunión de ex-alumnos

• Entrevista: Susana Quintela• Proxecto Voz Natura

• Rematou Eduemprende 2016/17• Samaín 2017

• Zocas e zoqueiros• Cómic: Hallowen

• Estamos contra os incendiarios• A punta de Socastro

• Non toleramos a violencia

SUMARIO:

Page 2: O Provisional - edu.xunta.gal · Chega a Galicia no ano 1963 ... O Provisional, que chega puntual-mente, cada fin de trimestre, ... empregado no Pais Vasco

EDITORIALEDITORIALEDITORIALEDITORIALEDITORIAL

Traballando con ilusiónTraballando con ilusiónTraballando con ilusiónTraballando con ilusiónTraballando con ilusión

Páxina 2 O Provisional 21 de decembro de 2017

A Directora: Helena Pérez Inés

O obxectivo de mellorar a convivencia expresado eneditoriais anteriores, tomando como referente o mandatoda Dirección para o cuatrienio, avanza paseniñamente.

Por unha banda, acabamos de poñer en marcha osnovos espazos da nova ampliación que nos permitenunha mellor organización e, polo tanto, mellorar taménnas relacións humanas.

Outro aspecto ten que ver cunha nova liña de forma-ción interna do profesorado que fixa como obxectivotraballar aspectos como a empatía, a asertividade ou amediación; todo coa idea de estendelo, posteriormente,ao alumnado, principalmente da ESO.

Tamén, tentamos divulgar entre a comunidade educa-tiva, -principalmente de cara ao colectivo de pais- to-das aquelas accións que levan á mellora das relaciónscomo camiño á formación integral da persoa, obxecti-vo educativo de primeiro orde.

Son cosnciente de que todo isto é un labor difícil delevar a cabo, e difícil de ver tamén. Os nosos recursosde comunicación son moi específicos e limitados: temoso periódico escolar, O Provisional, que chega puntual-mente, cada fin de trimestre, aos fogares do noso alum-nado; nel intentamos dar a coñecer as actividades quelevamos a cabo, os nosos proxectos e temas transver-sais. Queremos engadir, a través do magnífico progra-ma que se está levando a cabo dende a biblioteca, aradio escolar como outro elemento de difusión, para ocal xa contamos con referencias moi positivas levadas acabo moutros centros; sería moi importante para nóspoder logralo neste curso, ímolo intentar.

O xornal "O Progreso" tamén nos ofrese a posibili-dade de maquetar unhas páxinas para publicar a fi-nais de curso; estamos traballando na formación doequipo de traballo.

En resumo, seguimos cheos de ilusión de cara á me-llora diaria do noso traballo.

Felices Festas e bo Aninovo a todos.

O compromiso do centro, -co apoio do Claustro e do ConselloEscolar-, para mellorar a comprensión lectora dos nososalumn@s e a súa capacidade para aprender por si mesmos ex-présase, un ano máis, coa participación no Plan de Mellora deBibliotecas Escolares de Galicia.

Un dos mecanismos que se poñen en marcha dende a bibliotecaconsiste en que todos os alumnos do Instituto lean á mesma hora,comezando na semana do 16 de outubro, o luns á primeira hora,continuando na semana seguinte, o luns a 2ª hora de clase, e asísucesivamente. Polo tanto, a principios de xuño atoparémonoslendo nas horas de clase do venres. Seguindo esta temporaliza-ción, cada profesor adicará unha ou dúas horas da súa materia(durante todo o curso) con cada grupo a ese fin.

Nesta ocasión, ampliamos o proxecto a todos os niveis (agás2º de Bacharelato), é dicir, ESO, 1º de BAC, FP Básica e todosos Ciclos de Grado Medio e Superior.

Cada profesor organiza esa hora, existindo varias posibilida-des de acción:

* Biblioteca de aula: cada alumn@ escolle na biblioteca dousou tres exemplares en distintos idiomas e xéneros literarios,sempre axeitados ao seu nivel. (Recoméndanse tamén cómics,revistas, libros de relatos, etc). Durante unha hora realizarán alectura individualizada na aula.

*Aulas específicas: cómpre que as aulas de Música, Plástica,Laboratorios, etc., teñan os seus propios libros dispoñibles paraque os alumn@s poidan facer nelas a lectura.

*Selección de textos, relacionados coa materia que impartecada profesor. Pódese facer unha lectura e reflexión grupal envoz alta a través da pantalla dixital.

*Prensa: escrita ou dixital, de calquera temática.*Lexislación: case sempre, relacionada coa materia ou módu-

lo que estude o alumn@.

HORA DE LECTURA SEMANAL

Page 3: O Provisional - edu.xunta.gal · Chega a Galicia no ano 1963 ... O Provisional, que chega puntual-mente, cada fin de trimestre, ... empregado no Pais Vasco

O Provisional Páxina 3

REUNIÓN DE EX-ALUMNOS DE FAI 50 ANOS

O pasado 11 de agosto, reuníronse nun xantar de confraternidade antigos alumnos do curso 1967-68,época na que comezaban as súas carreiras profesionais en diferentes ámbitos produtivos e docentes

21 de decembro de 2017

Días non lectivos aprobadospolo Consello Escolar para

este curso

30 de abril e 18 demaio de 2018

37 34 30

28 22 19

18

20 16 14 10 08

09 11

12

13

07

06 05 04

03 02 01

27 24

26

25 29

31 32 41

35

36

38 40 43

42

39

23

21

17

33

01- Juan Bautista López Mariña, Profesor na Univ.Laboral de Xixón.02- Fernando Mendaña Rodríguez, empregado público03- Jesús Fernández Álvarez04- José Manuel Gómez García05- Jaime Orol Chao06- Manuel Martínez Martínez07- Manuel Pérez Varela, empresario do moble (Xove)08- Manuel Vale Riveira, empregado de Alcoa09- Francisco Canto Durán10- Felipe Abadín Díaz, empregado no Pais Vasco11- Tomás Hermida Chao, empregado na banca12- Urbano Bouza Canto, empresario da madeira13- Manuel Paz Paz14- Bautista Pérez Gómez, empregado de Alcoa

16- Luís Rolle Rodríguez, empresario agro-forestal17- Nilo López Martínez, empregado de Alcoa18- José Ramón Paz Paz19- Roberto Vázquez Vidal20- Xosé Manuel Cociña Regal, Prof. Técnico de F.P.21- Manuel Rodríguez González, empregado de Alcoa22- Francisco Pernas Coldeira, empregado de Alcoa23- Danián López Canoura, empregado de Alcoa24- Daniel Bouza Canto, empregado de Alcoa25- Jesús Pernas Sánchez, empregado de Alcoa26- Eusebio Miuña Cajigal, empregado no Pais Vasco27- Francisco Alonso Docal, empregado de Alcoa28- Néstor Dovale Mariño, empregado de Alcoa29- Tomás Bouza, empregado de Alcoa30- Miguel García González, Prof. F.P. Ocupacional

31- Pedro Morado López, empregado sector naval32- Celestino García Paz, concelleiro en Viveiro33- Manuel Albao Mon, empregado de Alcoa34- Joaquín Mendez Bouza35- Andrés Basanta, empregado sector eléctrico -Madrid36- J. Otero Rubiños, empregado de Alcoa37- José Luis Pérez Fraga, Director do CFP Ocupac. deViveiro38- Manuel Álvarez Otero, Profesor Técnico de F.P.39- José Antonio Rapa Galdo, empregado de Alcoa40- Javier López Orol, empresario alimentación41- Jesús López Pigueiras, empresario da madeira42- Juan José Gomez García, empregado de Alcoa43- Daniel Fraga Martínez, carpinteríaFoto: Antonio García, empregado de Materiais Cerámicos de Burela

Page 4: O Provisional - edu.xunta.gal · Chega a Galicia no ano 1963 ... O Provisional, que chega puntual-mente, cada fin de trimestre, ... empregado no Pais Vasco

O ProvisionalPáxina 4

ENTREVISTA:

* * *

Cómo é que asumiu a funciónde coordinadora da biblioteca,un traballo fundamental para obo funcionamento pedagóxicodo centro educativo?

Fai seis anos, Xan (o anteriorresponsable da biblioteca),propuxo que despois de 15 anosque levaba el no cargo, alguéncon novas ideas se fixese cargo.Por diferentes motivos acabeiaccedendo consciente de que olabor era difícil, sobre todo poloexcelente labor e gran nivel queo meu compañeiro lle impuxeraao servizo, dado que comezoucase en ruínas, e acabou pordeixar esta magnífica bibliotecaque agora temos.

Durante esa etapa ampliose o

Comezou na docencia comoProfesora de Lingua Castelá eLiteratura, no ano 2004, naComunidade de Extremadura.Dende o curso 2009/2010 éprofesora do noso Institutoonde, ademais, é a responsableda biblioteca escolar e dosdiferentes clubs de lectura.

21 de decembro de 2017

espazo ocupando agora máis de150 metros cadrados, adquiriusemobiliario, codificouse segundoa CDU e informatizouse todo ofondo existente, tantobibliográfico como filmográficoe documental. Vaia por diante omeu recoñecemento a eseintenso labor que fixo Xan.

Como foron os comezos do seutraballo ao fronte da biblioteca?

Bueno, en principiocontinuamos cos labores quepodemos denominar "habituais":

-Detección de necesidadesbiliográficas, procura dasmesmos, divulgación, animacióná lectura, servizo de préstamo delibros, DVDs, vídeos e outros

fondos, aberto a toda acomunidade educativa.

-Coordinación das gardas doequipo de profesores de apoio, -actualmente son dez-, sen oscales sería imposible que istofuncionase. A bibliotecapermanece aberta pola mañá; enhorario vespertino e nocturno(onde non hai persoal suficientepara cubrir todo o horario)tamén se pode usar solicitandopermiso na conserxería.

Ao tempo que faciamos eselabor de continuidade, iniciamosde seguido novos proxectos.Podo resaltar, pola súa boaacollida, os puzzles xigantesfeitos entre todos ao longo dedous anos e que agoraengalanan os corredores docentro; deseño de batas para otraballo diario ou, tamén, o dedeseño de mascota e outrosdebuxos cos que nos agasallacada ano o noso compañeiro, odebuxante Primitivo Marcos.

Susana Quintela Díaz

A biblioteca do IES MaríaSarmiento conta, na

actualidade, cun fondo de máisde 27.000 volumes

Page 5: O Provisional - edu.xunta.gal · Chega a Galicia no ano 1963 ... O Provisional, que chega puntual-mente, cada fin de trimestre, ... empregado no Pais Vasco

O Provisional Páxina 5

ENTREVISTADOS ANTERIORMENTE:

Jessica LashCatalina Rivera LópezRamón Martínez Pego

Helena Pérez InésDavid e Valeria Fernández

Atilio Díaz LuacesAlicia Figueiras Icasuriaga

Narciso Pillo GuerreiroUxío Rodríguez García

Patricia Amigo CarunchoÓscar Rolle Calvo

Javier Mariño ChaoAdrián Ben MontenegroJuan A. Menéndez RochaEric Rodríguez WolpersManuel Mira Martínez

Manuel Fernández LópezGonzalo Dablanca Blanco

Rebeca Bermudez RamudoÁngel Rodríguez Vázquez

Patricia Mariño BouzaJosé Rodríguez Costa

Pedro Álvarez ExpósitoDolores Núñez EstévezFrancisco Basanta Barro

Euloxio Xesús Rubert Méndez

-REDACCIÓN-

21 de decembro de 2017

Tamén nos encargamos dacoordinación e funcionamentodas bibliotecas de aula, daformación dos usuarios, aorganización das lecturasobrigatorias, etc.

Cónstanos que un dosproxectos, nos que Vde. está moiimplicada, é a "microrede debibliotecas escolares", da cal sesinte moi satisfeita?

Efectivamente. Fai xa variosanos que comezamos nesteproxecto común cinco centrosda Mariña; hoxe son xa trece;unha comunidade que abarcadende O Vicedo ata Alfoz.

Como se traballa, e queactividades se realizan?

Os responsables dasbibliotecas dos distintos centrosimplicados reunímonos aocomezo de cada curso paraelaborar unha programaciónanual, común a todos, que sedesenvolve en parte cunhametodoloxía colaborativa eoutra co traballo individual.Desta programación sae un tematransversal a desenvolver aolongo do curso; por exemplo: "Orefraneiro de Cervo a Viveiro","Primavera de poesía", ou o quetemos prantexado para este anoacadémico "A Mariña enfeminino".

Collendo como referente esetema, salientando ocoñecemento, a reflexión e atradición cultural e etnográficada nosa contorna, imosadaptándoo a diferentes

conmemoracións como pode sero día contra a violencia dexénero en novembro, día dolibro en abril ou a semana dasLetras Galegas; trátase dun fíocondutor común a todos oscentros que conclúe, a finais decurso, con diferentes postas encomún: exposións no Concellode Viveiro, actuacións musicaise teatrais no Pastor Díaz, etc.

Dentro deste proxecto teñencabida tamén aaccións máispuntuais coma a celebración doconcurso de disfraces nocarnaval (tamén cun tema dereferencia: cine, arte, etc) ou omercado solidario de librosaportados polo alumnado eprofesorado que vendemos adous euros para colaborar cunhaprotectora de animais e o bancode alimentos de Viveiro.

Todo isto ten un significado:abrir a biblioteca a múltiplesaccións e usuarios,dinamizándoa co fin deconvertila nun lugar de encontroe referencia tanto a nivel decentro coma da propiacomunidade educativa.

Respecto aos recursos, xa sedesprende que se necesitaríamáis horas de apertura, peroque ocorre cos mediosmateriais e económicos?

Neste ámbito podemos dicirque estamos cubertos.

Contamos con axudasinherentes aos diferentesprogramas da Consellería deEducación dos queparticipamos; por exemplo:Plambe ou os clubes de lectura;tamén, contamos cun presupostointerno derivado dos propiosorzamentos do centro.

E o futuro, tanto persoal, como

Hai establecido un servizode préstamo gratuíto de libros,películas e outros documentos

da biblioteca da que vemos sesente moi apaixoada?

Como profesora de Lingua eLiteratura Castelá é seguro quecontinuarei moitos anos.

No referente ao cargo deresponsable da biblioteca, podeque xa sexa hora de que se fagacargo outra persoa que aportenovas ideas e inquitudes paramanter, e mesmo mellorar.

Convido aos meuscompañeiros a que se animenneste labor.

Moitas grazas!

Page 6: O Provisional - edu.xunta.gal · Chega a Galicia no ano 1963 ... O Provisional, que chega puntual-mente, cada fin de trimestre, ... empregado no Pais Vasco

O ProvisionalPáxina 6

iesMASAPA

E

21 de decembro de 2017

Pandilla de veraneantes en Viveiro. Blog "El Deseado".

Foto sacada no Naseiro de 1960

¡ADIVIÑADE QUEN É O RAPAZ QUE ESTÁPRIMEIRO POLA ESQUERDA!

(solución na páxina 23)

CU

RIO

SO

Proxecto Voz Natura

Ao longo deste curso 2017/18,seguindo as liñas marcadas polaconvocatoria nº 21 do Programa"Voz Natura" da Fundación Santia-go Rey-Fernández Latorre, presen-tamos un novo proxecto relaciona-do, nesta ocasión, co noso patri-monio etnográfico e a educaciónambiental.

Ademais do seu valor histórico eetnográfico, as fontes e lavadeirosconstitúen o principal acceso pú-blico a un recurso de vital impor-tancia como é a auga. Xa sexa paralavar, para regar ou para beber, aauga debe cumprir uns requisitosmínimos de salubridade, sendoestes de máxima esixencia candose emprega no consumo humano.Por iso, co noso proxecto, preten-

CATALOGACIÓN DE FONTES E LAVADOIROSNA CONTORNA DE VIVEIRO

demos unha aproximación trans-versal dende diferentes áreascomo son a fotografía, análise dacalidade das augas, toponimia, his-toria, realizando roteiros (xeoloca-lizacións), etc.

Remataremos, a modo de produ-to acabado, coa elaboración dunhapáxina web e unha aplicación para"smartphones" para situar todosestes datos sobre o terreo.

Finalmente, indicar que nestaprimeira fase do traballo limitá-monos somente ao Concello deViveiro pero coa intención de con-tinuar, máis adiante, cos concelloslimítrofes dos que é orixinario amaioría do noso alumnado (O Vi-cedo, Ourol e Xove).

O coordinador do proxecto é oprofesor de Educación Física, Fran-cisco Basanta Barro, que conta coacolaboración dun grupo de traba-llo do claustro e alumnado.

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

AXENCIA DE DOAZÓNDE ÓRGANOS

E SANGUENa última estancia do equipode extracción de sangue noIES "María Sarmiento", o 26de outubro, realizáronse 14doazóns, 5 delas foron depersoas que o fixeron por

primeira vez.Sentímonos orgullosos decolaborar co Centro de

Transfusión de Galicia (eagora co ADOS) dende o

1994, acadando dende aquelaun total de

1.108 doazóns

MÁIS INFORMACIÓN EN:[email protected]

DOA SANGUE 900 100 828

DEAD

Page 7: O Provisional - edu.xunta.gal · Chega a Galicia no ano 1963 ... O Provisional, que chega puntual-mente, cada fin de trimestre, ... empregado no Pais Vasco

O Provisional Páxina 721 de decembro de 2017

O léxico da morte, tan importante nunha cultura, procede, no noso idioma, maiorita-riamente do mundo clásico: Tánatos era o deus grego da morte e asi hoxe temos tanato-rio, tanatoloxía,... Para os antigos gregos, cando as persoas morrían comezaban unhaviaxe que os levaba ao inframundo, o Hades. Alí tiñan que cruzar un río coa axuda dobarqueiro Caronte, cunha barcada que era unha moeda posta na boca do morto.

INFERNO. 1) Lugar onde residían, segundo algunhas relixións, as almas dos mortos. 2)Lugar onde, segundo o cristianismo, as almas dos condenados recibirán castigo eterno.

INFRAMUNDO. Outras culturas teñen inframundos ou ultramundos a onde os mortaisvan para non volver /a Gehenna ou Xeol para os xudeos, o Naraka budista, o Tir na nOgcéltico, o Barsakh islámico, o Mictlán azteca, o Xibalba maia), como destino de castigopara os malditos.

ZOMBI. Persoa morta que, segundo certas crenzas populares de América Central,volve á vida e se move de maneira autómata sen ter conciencia dos seus actos.

TÁRTARO. Lugar da mitoloxía grecolatina onde residían as almas dos mortos.ORCO. Lugar onde se cría que ían parar as almas dos mortos. A súa orixe é Orcus, que

en latín significa "ultratumba" e que denominaba tamén un dos deuses do inframundo(como pasaba no caso de Tártaro). Probablemente veña do nome grego Horkos, o deusdos xuramentos, que castigaba quen os incumpría.

LOBISHOME. Home que segundo as crenzas populares se converte en lobo; licántropoé forma máis culta. A transformación é consecuencia dunha maldición da que sonvitimas por transgrediren algún tipo de lei natural ou norma social.

VAMPIRO. Persoa morta que, segundo a crenza popular dalgúns lugares, sae da tumbapolas noites para chuparlles o sangue aos vivos.

AVERNO. 1) Lugar onde residían as almas dos mortos, segundo algunhas relixiónsantigas e na mitoloxía. 2) Lugar onde as almas dos condenados recibirán castigo eterno,segundo o cristianismo.

ESTADEA. Aparición, visión fantasmal, Malia que é afeccionada aos camiños escu-ros da noite, non debe confundirse estadea e Santa Compaña, xa que, a primeira éunha figura solitaria mentres que os mortos da Santa Compaña non se aparecen senon é en procesión.

PURGATORIO. Lugar onde as almas dos que morren na graza de Deus acabande purgaros seus pecados antes de ir ao ceo.

O seu concepto é o do lugar onde residen aquelas persoas que non son santas abondopara entraren no paraíso mentres penan agardando a que se lles permita subir ao ceo.

A súa existencia segue a ser defendida polo catolicismo e polos coptos, mais nonpolas outras igrexas cristiás. Os infernos do islam e do zoroastrismo teñen conceptossemellantes a esta visión.

MEIGA. Muller á que se lle atribuía un pauto co demo, do que recibía poderes pararealizar meigallos, adiviñar o futuro, etc. É coñecidísima meiga chuchona, que debilitabapouco a pouco as súas vitimas chuchándolles o sangue.

DEMO (Sinónimos): demoño, diabo, diabro, diantre, diaño, ...

FRASES FEITAS:Arre demo! Como chove!Non sei que levas na bolsa, pero pesa coma un demo.Comíano os demos porque lle dixeron que non podía pasar.Dou ao demo se o vín! Dou ao demo se quero algo seu!Berraron cos veciños e alí houbo as do demo.Cando repartiron a herdanza, aí houbo o demo polas pernas.A colleita deste ano levouna o demo.O demo nos leve! Que o demo me leve se non digo a verdade!

SAMAÍN 2017SERES TERRORÍFICOS QUE VEÑEN DO INFERNO

-Sabela-

DECORACIÓN DE CABAZAS(alumnos de1º de ESO)

Page 8: O Provisional - edu.xunta.gal · Chega a Galicia no ano 1963 ... O Provisional, que chega puntual-mente, cada fin de trimestre, ... empregado no Pais Vasco

O ProvisionalPáxina 8 21 de decembro de 2017

O pasado 15 de xuño tivolugar, no IES Porta da Auga deRibadeo, a clausura do proxec-to Eduemprende no que cola-bora El Progreso xunto coaFundación Alcoa e a Conselle-ría de Educación.

O noso centro estivo repre-sentado polos alumnos de 2ºcurso do Ciclo Superior de Ad-ministración e Finanzas, coor-dinados pola profesora Yolan-da Fernández López, presen-tando na feira as súas propos-tas empresariais, creadas e des-envolvidas durante o curso pa-sado, e poñendo fin a un anoacadémico cheo de traballo,entrega e emocións.

EDUEMPRENDE 2016/17 REMATOU CUN ÉXITO DE PARTICIPACIÓN

Albergadilla Aventura, defendida porCecilia, Dana e Noelia, unha empresa

adicada ao turismo de aventura con sedeen Xove e cuxo obxectivo é explotar a

natureza, a cultura e a paisaxe dascomarcas da Mariña

Marnupi, empresa creadapor Judit, Laura e Carmen,adicada á organización de

todo tipo de eventos…

Decoracións Anai, creada porAida e Antía, nace como unha

empresa para o deseño deinteriores con materiais reciclados

Mariña Gaming, creada por Ivan, Jorge e Andrés, nace como unha entidade paraa compra-venda e alugueiro de videoxogos e, tamén, para a compra e venda de

móbiles de segunda man

Page 9: O Provisional - edu.xunta.gal · Chega a Galicia no ano 1963 ... O Provisional, que chega puntual-mente, cada fin de trimestre, ... empregado no Pais Vasco

O Provisional Páxina 921 de decembro de 2017

Outro ano máis, nun día gris deoutono, xuntámonos na pista polide-portiva para "bailar" o peón e facer de-mostracións, concursos de filigranas,baile e decoración.

De todos os participantes, resultaronsignificativas as filigranas que fixeronJulen Pernas e Kevin Manzano; tamén,a decoración dos peóns de AlbaRosanes, Laura Ríos e Ángela López;mentres, no apartado de resistencia, osmellores foron Kevin Manzano e NicoDovale. Os premios para os primeiros

DÍA DO PEÓNO venres, 9 de novembro, celebramos o

LOTARÍA

O persoal do IES María Sarmientoxoga este ano 2017 na lotaría de

Nadal uns 11.000 euros ao número

68.293

clasificados foron sendos vales para acompra de material didáctico.

Entre os obxectivos desta actividadepropostos polos organizadores(Vicedirección e o Departamento deEducación Física) están os de divul-gar, recuperar e conservar unha das ac-tividades lúdicas tradicionais máissalientables, favorecendo a relaciónentre os alumnos e profesores, ou o dediversificar a oferta de actividades quemáis promoven o exercicio físico e oxogo cooperativo.

Xubilacións:Clara Pernas BlancoErnesto Varela Freire

A nosa compañeira Clara, profesorade Ciencias Sociais, vén de xubilarsedespois de 35 anos de intensa e voca-cional adicación á docencia. Antes devir para o IES "María Sarmiento" estivodestinada en diferentes colexios deEducación Primaria de Ortigueira, Ca-riño, O Barqueiro e, tamén, de Viveiro.

Tamén se xubila Ernesto, profesor deMantemento de Vehículos, que se in-corporou neste mesmo curso ao IESMaría Sarmiento e que, anteriormen-te, desenvolveu a súa carreira docenteno CEIFP Ferrolterra, no CEIFP Somesoda Coruña e, tamén, no IES A Xunquei-ra de Pontevedra.

Desexámoslles aos dous moita sortenesta nova etapa vital.

Page 10: O Provisional - edu.xunta.gal · Chega a Galicia no ano 1963 ... O Provisional, que chega puntual-mente, cada fin de trimestre, ... empregado no Pais Vasco

O ProvisionalPáxina 10 21 de decembro de 2017

S O P A D E L E T R A S(localiza cinco ríos galegos)

A U X U X NB L I S O SP L S A B AE A C L A LP A O D E LR L E I R II E G E B NR O Ñ I M AO M D U A BS A N E T AA C A R O S

Subida a San Roque paracelebrar o magosto...

Dende fai xa máis de dúas décadas, non faltamos á cita anual do magosto. Primeirofacíase no patio, pero agora aproveitamos a celebración para facer unha ruta ao airelibre e subimos a pé ata o cumio do monte de San Roque; aínda que o esforzo é grandepara chegar ata a capela, compensa sobradamente comer as castañas asadas quen-tiñas que nos dan enerxía para xogar a lanzalas uns aos outros e mancharnos a caracoa cinza. O venres 17 de novembro de 2017, celebramos o magosto cos meus amigosde 1º de ESO e os profes Alicia, Fran, Sabela, Mariluz, Óscar, Susana, Ana e Pilar.

Un ano máis, a responsable daBiblioteca promove este proxec-to, que levamos a cabo todos oscursos dende fai unha década.

Preténdese con esta accións queos alumnos adquiran hábitos e do-minen a lectura comprensiva, aexpresión oral, a reflexión e o tra-ballo en equipo, ademais de ache-galo aos múlltiples valores conti-dos na literatura. Destacar que éunha actividade diferente á de"lectura semanal", aínda que per-segue obxectivos similares.

A metodoloxía xeral consiste enrealizar dúas ou tres actividadesgrupais por cada libro propostoao longo do curso. Os participan-tes poden optar entredúas obrasou unha selección de textos rela-cionados coas materias dieferen-tes que se imparten no centro. Ta-mén hai actividades, xuntanzascon outros clubes de lectura, ro-teiros literarios, "ginkanas" lite-rarias, visitas a outros centros edu-cativos, museos, bibliotecas, etc."As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro "

CLUBES DE LECTURA

XORNADA SOBRECIBERSEGURIDADE

O Instituto Nacional de Ciberse-guridad (INCIBE), a través da iniciativa"Internet Segura for Kids" dispuxo asegunda edición do programa"Xornadas escolares para un usoseguro e responsable da Rede", coobxectivo de promover o uso seguro eresponsable da internet entre osmenores de idade, dirixidas aoprofesorado e alumnado de educaciónprimaria e secundaria.

CHARLA SOBRE OS INCENDIOSEN GALICIA

Dirixida ao alumnado de 3º dePMAR, 4º de ESO e 1º Bacharelato,o xoves 30 de novembro ás 11:30, nosalón de actos, celebrouse unhacharla informativa sobre os incendiosen Galicia dentro do Programa "APonte" do Campus de Lugo.

A ctividade estivo coordinada polaprofesora de Bioloxía e Xeoloxía,Belén Pérez Pérez.

O ProvisionalPRÓXIMA PUBLICACIÓN: Nº 68 - 22 de marzo de 2018

b v* * *

Page 11: O Provisional - edu.xunta.gal · Chega a Galicia no ano 1963 ... O Provisional, que chega puntual-mente, cada fin de trimestre, ... empregado no Pais Vasco

O Provisional Páxina 1121 de decembro de 2017

INTRODUCIÓN:Ao igual que sucede cos artigos

publicados anteriormente, "O oficiode ferreiro" (1), "O carro do país"(2), ou o adicado a "O arado depau" (3), o obxectivo deste brevetraballo sobre "zocas e zoqueiros"é facer unha introdución sobre esteaspecto etnográfico da nosa cultu-ra popular para favorecer a reflexiónsobre o tema entre o alumnado eos seus pais e avós e, humilde-mente, contribuír a que non se es-quenza; polo tanto, é divulgativo.

* * * *Segundo o dicionario de Xerais

da Lingua Galega, "zoca" é o cal-zado de madeira dunha soa peza erematado en forma de punta máisou menos aguzada. Ten o tacónaxeitado para impedir que a auga ouo barro cheguen ao pé; madreñas,galochas. Nalgúns lugares de Gali-cia, zoco.

Mentres "zoco", que na anteriordefinición parece ser sinónimo de"zoca", aparece como: calzado decoiro con piso de madeira.

Destacamos pois que ao ímos re-firir á zoca por ser diferente zoco,báasicamente porque a primeira étoda de madeira, se acaso menoselaborada, e o segundo incorpora

zocas e zoqueiros

o coiro na súa maior parte, sendosó a sola de madeira.

Ata fai unhas décadas o uso habi-tual de zocas e zocos como calza-do cotiá no ámbito rural de Galiciaera algo habitual. A construción daszocas integramente en madeira fanque sexa un calzado ideal para am-bientes húmidos e fríos, pois illanperfectamente do chan; ademais, aspopulares zocas chinelas podenusarse cunhas zapatillas de pano noseu interior, resultando así quentese confortables e dotándoas da co-

modidade que lles falta ao ser, evi-dentemente, ríxidas.

A zoca galega é moi semellanteá madreña asturiana (4) que ten trestacós, dous diante e un atrás, o quelle dá estabilidade, ou á galocha(5); tamén se parece á alberca cán-tabra (moi decorada) ou ás leone-sas e vascas, aínda que con cer-tas particularidades: na forma, au-sencia en moitos casos de tacónsou na decoración.

Semella tamén que o seu uso eprocedencia pode ter certos para-

(1) publicado o 22 de decembro de 2006, no número 37(2) nº 54 do 21 de decembro de 2012(3) nº 57 do 20 de decembro de 2013)(4) etimolóxicamente “de madeira”(5) este calzado é unha especie de sandalia coa suela de madeira. Fidalgo Santamariña (2001) fala incluso do oficio de galocheiro ouchanqueiro diferentes do de zoqueiro porque fabrica a alzada en coiro e pode encargar a suela a outro artesán coma o zoqueiro

○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○ ○

Tío Lo

urenz

o

Page 12: O Provisional - edu.xunta.gal · Chega a Galicia no ano 1963 ... O Provisional, que chega puntual-mente, cada fin de trimestre, ... empregado no Pais Vasco

O ProvisionalPáxina 12 21 de decembro de 2017

lelismos coa holandesa, danesa,sueca ou mesmo alemá e, proba-blemente, os máis entendidos poi-dan seguir as súas pegadas ata omesmo "socci" dos romanos.

Por diversas razóns: o uso espe-cífico, a zona xeográfica e mesmoaspectos culturais, foi evolucionan-do en diferentes tipos; a zoca deMondoñedo e a chinela foron, sendúbida, das máis usadas na Mari-ña luguesa.

Na actualidade o uso deste cal-zado quedou relegado a algunhaspequenas aldeas e lugares, adqui-rindo unha categoría case "friqui" daman de artesáns zoqueiros tan re-coñecidos coma Alberto Geada (6)que elevan o seu valor de obxectocotiá a mesmo artístico.

Tamén desapareceu, salvo esasexcepcións, o oficio. Fai só medioséculo había en Galicia un zoquei-ro en cada lugar; de tal pegada, fa-milias enteiras eran coñecidas enmoitos lugares polos "do zoquei-ro". Agora os máis mozos raramen-te coñecen como era o seu traba-llo e o que ten representado nanosa cultura popular, social e mes-mo productiva.

MADEIRAS E FERRAMENTAS

Na fabricación das zocas úsansenormalmente madeiras coma a bi-dueira, ameneiro ou cerdeira (7).Tampouco se necesitan unhas fe-rramentas moi especiais; describi-mos a continuación as que enume-ra Xoaquín Lourenzo (2002):

Machada. Na nosa zona coñeci-da coma brosa. Fai cachelas e utilí-zase para labrar a forma inicial poloexterior da zoca.

Cabalete de tesoiras. Vén ser unsoporte para apoiar a torada de ma-deira e cortala á medida evitandoter que aguantala ca man para quenon ser mova ao traballala.

Burro de desbastar, ripeiro. Ban-co do zoqueiro, no medio ten unhafenda transversal onde se colocaa zoca en bruto, aguantada coascuñas, para facer o traballo interiorevitando que se mova durante oproceso.

Serrón. Serve para cortar a ma-deira, ferramenta cun mango que seusa cunha soa man.

Serra de corda. Ténsase medianteunha corda entrenzada na parte su-perior do arco; serve para cortar astoradas en bruto á medida da zoca.

Retora. Ferramenta de corte, cunfío máis longo e vasto que o da se-rra ou o do serrón. Ten mango po-los dous extremos dado que nor-malmente é manexada por dúas per-soas; serve para talar as árbores nomonte ou para fender tablóns.

Mazo. Martelo de madeira co man-go tamén de madeira, serve paragolpear sobre outras ferramentascoma as gubias ou para asentar ascuñas que aguantan da zoca sobreo burro ou banco do zoqueiro.

(6) No seu taller do Alfoz tamén hai un "museo da zoca" particularmente interesante para os escolares

(7) Son madeiras brandas, lixeiras, fáciles de traballar e non ten córos