O prerrexurdimento

25
O PRERREXURDIMENT O

Transcript of O prerrexurdimento

O PRERREXURDIMENTO

CONTEXTO HISTÓRICO• Dous acontecementos históricos determinantes:1.- Invasión napoleónica: en Galicia organízase a mobilización contra os franceses a través da «Xunta Superior do Reino de Galicia». Utilízase o galego con fins propagandísticos e comeza a xurdir unha certa conciencia de diferencialismo.2.- Revolución liberal: Principia coa recuperación para a cultura escrita da lingua popular por parte dunha promoción de intelectuais progresistas e galeguistas organizada politicamente no Provincialismo.

INVASIÓN FRANCESA

Segundo período

Desamortización de Mendizábal

Adquisición das terras pola burguesía

Emigración

Comandante Miguel

Solís

Comandante

A Constitución española

A Constitución de 1812 era un dos temas que se trataban nos textos dialogados da literatura de circunstancias

PROVINCIALISMO

Características

Reivindicaba a antiga provincia como realidade política e

cultural única e diferenciada fronte ás catro provincias en que

se divide o reino de Galicia, administradas por separado

dende Madrid.

Aportacións culturais

-Fundación da «Academia Literaria e o «Liceo de la

Juventud»-Labor de concienciación a

través de periódicos culturais como «El idólatra de Galicia», «El Porvenir»

e «El Recreo Compostelano».

En 1846 produciuse unha revolta contra o poder central, o levantamento de Antonio Solís, que tivo como consecuencia o fusilamento de un grupo de rebeldes: "O fusilamento dos mártires de Carral"

ACADEMIA LITERARIAFaraldo, Francisco

Añón, Neira Mosquera

LICEO DE LA JUVENTUDManuel Murguía, Aurelio

Aguirre, Eduardo Pondal, os irmáns Antonio e Francisco

de la Iglesia, Rosalía de Castro.

OS TEXTOS PROPAGANDÍSTICOSO

s es

crito

s de

gue

rra - Proclama anónima

de «Un labrador que foi sarxento aos

soldados do novo alistamento», de 1808, romance de 48 versos.- «Proezas de Galicia»

de Xosé Fernández Neira, de 1810,

exaltación da guerrilla en forma de diálogo

Folle

tos

- «Os rogos dun galego establecido en Londres»

de Manuel Pardo de Andrade, romance que

critica a Inquisición.- «La tertulia de la

Quintana», diálogo onde se critia a postura intransixente da Igrexa. Li

tera

tura

de

prop

agan

da

«Tertulia de Picaños», entremés que defende a

Constitución.

XOSÉ FERNÁNDEZ NEIRA

TEXTOS LITERARIOS

Panxoliñas (riqueza léxica)

Poesías satíricas, obras de

circunstancias

NICOMEDES PASTOR DÍAZ: «Alborada», «Égloga de Belmiro e Benigno».

ANTONIO BIEITO FANDIÑO: «A

casamenteira»: casamentos amañados

No 1812 escríbese a primeira peza dramática do século XIX que conservamos, o autor é

Antonio Bieito Fandiño, e trata dos casamentos amañados.

PRECURSORES DO REXURDIMENTO

XOÁN MANOEL PINTOS VILLAR: primeiro libro en galego: «A gaita gallega»

FRANCISCO AÑÓN, o poeta máis importante. Himno dedicado a Galicia nos Xogos Florais: «A

Galicia»

ALBERTO CAMINO: composicións elexíacas

Coordinado por Antonio María de la

Iglesia

XOGOS FLORAIS NA CORUÑA EN

1861

40 poemas en galego

Añón, Rosalía, Pintos, Marcial Valladares, Alberto Camino,

Pondal...

«Álbum de la

Caridad» en 1862.

OS XOGOS FLORAIS• Os organizadores daquel evento —Xoana de

Vega, condesa de Espoz e Mina e mais Benito Vicetto— non idearon inocentemente o mesmo. A súa foi unha acción orquestrada, que tivo na imitanza dos Jocs Florals cataláns --celebrados dous anos antes- o seu guieiro principal e, por tanto, a súa intención

de dar pulo á literatura producida en Galicia.

OS XOGOS FLORAIS

• Un ano despois atoparon na figura do benefactor Pascual López Cortón o patrocinador de acaída sensibilidade que fixo posible a publicación dos textos premiados e aínda doutros que, por xunto, acabaron por constituír o referencial Álbum de la Caridad, primeira grande mostra antolóxica da nosa literatura nos tempos modernos.

OS XOGOS FLORAIS

• Cómpre non esquecer que entre os textos galardoados inseridos no Álbum de la Caridad unicamente o poema “A Galicia” de Francisco Añón figuraba na nosa lingua, polo que o interese literario deste volume veu dado, sobre todo, pola engádega dun “mosaico poético dos nosos vates galegos contemporáneos” que coordinou Antonio de la Iglesia, responsable último da selección de nomes e textos.

OS XOGOS FLORAIS• A escolma abriu para as letras galegas do seu tempo

perspectivas que ata entón nin se imaxinaran, como reunir baixo unha mesma cabeceira as máis sobranceiras voces prerrexurdimentistas e os poetas daquela máis mozos, chamados logo a protagonizar o Rexurdimento pleno da nosa escrita. Iso é o que explica que a carón dos versos de Xoán Manuel Pintos, Alberto Camino, Vicente Turnes ou Marcial Valladares, por citar só uns cantos nomes significados, se lean tamén nas súas planas os duns rapazolos Eduardo Pondal ou Rosalía Castro, que apenas se contaban entón con vinte e poucos anos, o que tamén fai do Álbum de la Caridad o canto de cisne dunha época literaria (o Prerrexurdimento) e o alborexar dunha nova etapa (o Rexurdimento en sentido máis estrito).

OS XOGOS FLORAIS• Aínda nosos días, a centuria e media de distancia, asombra a

variedade de temas e estéticas que se deron a man naquela ventureira publicación. Abraia ver que o costumismo dalgúns versos de Antonio e Francisco María de la Iglesia ou Xoán Manuel Pintos convivía harmonicamente cos poemas de maior dimensión social e ton denunciador de Vicente Turnes ou Xoán Gómez do Ferrol, que a poesía aúlica de Xosé García Mosquera, Quintín García Calvo, Domingo Gómez ou Santiago Montenegro Villamar alternaba coas composicións intimistas de Alberto Camino, Marcial Valladares ou Manuel Fernández Magariños e aínda coas poesías pastorís de Ramón Barros Sivelo, Francisco Fernández Anciles, Xosé López de la Vega e Manuel Murguía e mais os vilancetes de Antonio María de Castro e Neira ou Lois Corral.